
As Residencias de Maiores de San Amaro e As Caldas de Partovia recibiron esta mañá de sábado a visita -por adiantado- dos Reis Magos, os equipos de enfermeiros do Sergas que administraron a primeira dose da vacina contra o coronavirus aos usuarios e traballadores de ambos xeriátricos, os primeiros que reciben a vacina nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, ambos non rexistraron positivos en Covid-19 durante a pandemia.
En canto aos datos falicitados por Sanidade correspondentes a este sábado dia 2 de Xaneiro sobre o número de contaxios activos nos concellos da comarca, apréciase estabalidade en relación aos últimos dias de 2020. No Carballiño contabilizanse 9 casos activos de coronavirus, un menos que o dia de fin de ano. Boborás continúa con 2 contaxios, Piñor con 1, e San Cristovo de Cea baixa a cifra de contaxios activos a 15. Continúan con cero casos Beariz, Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro.



O Carballiño despídese de 2020 cun repunte de contaxios activos de Covid-19, rexistra hoxe dia de fin de ano un aumento de 3 contaxios activos e alcanza os 10 casos, unha cifra que non rexistraba dende principios de mes, son o doble en relación ao dia de noiteboa. Tamén volve rexistrar un caso de coronavirus o concello de Piñor.
A boa noticia chega hoxe en Beariz, que logra despedirse do ano con cero contaxios activos, igual que o fan Maside, O Irixo, Punxin e San Amaro. Boborás continúa con 2 casos activos e finalmente, San Cristovo de Cea mantén 21 contaxios activos.

O ano 2020 deixanos unha "dictadura informativa do coronavirus" xa que das 10 noticias máis vistas en copecarballino.es, tan so unha delas non ten que ver coa pandemia, trátase da que daba conta do terceiro premio do millón do Euromillóns que tocaba no Carballiño nun intervalo de apenas 3 meses, unha noticia que difícilmente se vai repetir. As 9 noticias restantes teñen como argumento informativo a actualidade da Covid-19. Aquí está a relación completa:
1. Vista 37.345 veces: Unha carballiñesa de 69 anos, primeira veciña infectada polo virus que precisa hospitalización. http://copecarballino.es/novas/unha-carballinesa-de-69-anos-primeira-vec...
2. Vista 34.723 veces. Enterrado no cemiterio de Seoane o primeiro veciño da comarca vítima do coronavirus.http://copecarballino.es/novas/enterrado-no-cemiterio-de-seoane-o-primei...
3. Vista 31.323 veces. 39 positivos en tan so tres dias fan saltar as alarmas, O Carballiño sitúase como o municipio galego no que peor evoluciona a pandemia: http://copecarballino.es/novas/39-novos-positivos-en-so-tres-dias-fan-sa...
4. Vista 28.456 veces. As farmacias do Carballiño farán test rápidos gratuítos a todas as persoas que o soliciten:http://copecarballino.es/novas/farmacias-do-carballino-faran-test-rapido...
5. Vista 23.213 veces. 10 casos positivos no estudo de seroprevalencia do Sergan sitúan á comarca do Carballiño entre as de maior circulación do virus a nivel galego: http://copecarballino.es/novas/10-casos-positivos-rexistrados-no-estudo-...
6.-Vista 22.987 veces. Educación activa o protocolo do coronavirus no colexio da Uceira ao confirmarse un positivo nun 5º curso de primaria: http://copecarballino.es/novas/educacion-activa-o-protocolo-do-coronavir...
7.-Vista 22.567 veces. O millón do Euromillóns volve caer no Carballiño, o terciro no intervalo de tres meses, esta vez no Bar Paco: http://copecarballino.es/novas/non-hai-dous-sen-trese-era-certo-o-millon...
8.-Vista 20.189 veces. 78 contaxios activos de coronavirus, 39 deles nos últimos 3 dias, o alcalde Fumega reúnese co Conselleiro de Sanidade para avaliar a situación: http://copecarballino.es/novas/78-contaxios-activos-de-coronavirus-no-ca...
9. Vista 19.654 veces. Máis de 700 persoas da comarca do Carballiño serán chamadas dende Atención Primaria a partir deste xoves para participar no estudo galego de seroprevalencia: http://copecarballino.es/novas/mais-de-700-persoas-da-comarca-do-carball...
10. Vista 18.232 veces. Cuarto brote de coronavirus no Carballiño, de orixe familiar, afecta de momento a tres persoas: http://copecarballino.es/novas/cuarto-brote-de-coronavirus-no-carballino...
Ten a súa graza que Marina, diputada no Congreso, veña a alardear das súas "conquistas" de concelleira no ano 2016, e que repercuta unha dotación nos orzamentos do parlamento de Galicia para o ano 2021, a súa espectacular xestión. Pra non parar de rir.
O curioso e que non se lamente do que fixo onde realmente é competente para votar en contra dunhos orzamentos xerais do Estado que recortan os investimentos en Galicia un 11% sobre unhos investimentos que eran pírricos, os da era Rajoy. Aí sí é competente e aí é onde se viu o que aprecia a Galicia, e aos carballiñeses, votando a favor destes recortes drásticos nun contexto no que por exemplo increméntanse case un 50% os investimentos para Cataluña.
O de Fumega xa é un clásico. Quen ten potestade sancionadora, que veña a dicir que será duro, duro, duro, cando foi blando, blando, blando e permitiu todo tipo de excesos... Gustaríame preguntarlle qué faría se por exemplo viñesen Casado e Feijóo saltándose o da mascarilla e un posible peche perimetral. Sería tan duro, duro, duro??
É doado dicir que cruxes aos infractores cando non forman parte da casta política e pertencen ao pobo, pero agochar as orelliñas cando os infractores son da túa cor política, ou representantes doutra cor. De todolos xeitos calqueira cor política xa ten os seus palmeiros para sair na súa defensa a ultranza e choromicar porque se critica aos seus.

A Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei presentada do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que incorpore a reforma do Centro de Saúde de O Carballiño nos Orzamentos para 2021. A iniciativa, transaccionada cunha emenda do PP, incorpora o compromiso de incluír obras maiores dentro do futuro Plan de Infraestruturas Sanitarias.
A parlamentaria socialista alertou das necesidades sanitarias urxentes deste concello, unha das cabeceiras de comarca máis importantes de Ourense cunha poboación de 14.300 persoas pero que da servizos a case 30.000 habitantes da zona. Ortega lembrou as demandas de mellora das infraestruturas sanitarias e de dotación de persoal, que se remontan ao ano 2016, cando ela mesma fixo estas peticións como concelleira en O Carballiño.
As demandas levaron á Corporación Municipal a acordar unha proposta unánime en decembro de 2019 reivindicando un novo Centro de Saúde ou ben a reforma ampliación do actual. Sinala que os facultativos teñen que atender actualmente máis de 50 pacientes cada día, con listas de agarda que se estenden por máis de 10 días, con eivas sinaladas nos auxiliares de enfermaría ou persoal para o control de acceso e mesmo no servizo de atención telefónica.
Ortega reclamou así a ampliación e mellora do Centro de Saúde, ademais do aumento do persoal médico, de psicoloxía, fisioterapia, enfermaría, auxiliares e mesmo persoal administrativo. Tamén reclamou a mellora da central de chamadas para atender apropiadamente á poboación, que hoxe vese obrigada a desprazarse ao Centro de Saúde para facer calquera trámite, e melloras das infraestruturas, como a recuperación da sala de espera da Radioloxía, hoxe reconvertida en almacén.
A responsable socialista reclamou aumentar os recursos en Pediatría, Xinecoloxía ou Fisioterapia, e puxo o acento na necesidade de “non escatimar esforzos en Saúde Mental” cando, explicou, “no contexto da pandemia, estes servizos supoñen ata un 40 por cento das consultas en Atención Primaria”.
Advertiu ademais a necesidade de atender á poboación dunha comarca que encabeza o envellecemento e que polo tanto ten necesidades específicas de cara a unha sanidade de proximidade. Reivindicou unha “sanidade de calidade e cercana” en resposta ao “mérito, responsabilidade e esforzo demostrados polos veciños e veciñas” e saudou que “logo de moitos anos sexan recollidas as propostas que repercutan na saúde e benestar dos veciños e veciñas”.

O BNG felicítase do acordo de incremento da subvención do concello de Leiro á Entidade Local Menor de Berán, aprobado polo pleno da corporación municipal despóis dunha proposta do concelleiro nacionalista. Os socialistas critican as formas e mesmo falan de "pinza" entre PP e BNG no concello de Leiro. Reproducimos íntegros os comunicados de prensa de ambos.
COMUNICADO DE PRENSA DO BNG
Despois de ser aprobada en pleno municipal a proposta do BNG de incrementar a subvención que a ELM de Berán vai recibir en 2021, o concello pasará de destinar 4.000€ a 7.000€ anuais a esta institución. Este incremento vese motivado en compensación polo IBI que o concello está cobrando polos bens inmóbeis da ELM (cifrados nun valor de 2.400€ anuais). Na moción presentada polos nacionalistas tamén se recolle un punto que, baseándose nos informes técnicos da Deputación de Ourense, así como da Secretaría-Intervención municipal, exixe ao grupo de goberno a seguir traballando para que, coa maior brevidade posíbel se bonifiquen os inmóbeis da ELM de Berán, dadas as súas especiais características económicas, sociais e culturais.
Desde o BNG sabemos que hai diferentes inversións que a ELM hoxe en día non está podendo execu-tar, entre outros motivos, por sentirse afogada económicamente e, desde o concello débese axudar a que esta institución, case centenaria sobreviva. Entendemos que é un orgullo para Leiro contar coa única ELM da provincia de Ourense e é a nosa obriga traballar para mantela nos anos.
COMUNICADO DE PRENSA DO PSdeG-PSOOE
O PSdeG-PSOE de Leiro critica a pinza formada a estás alturas por BNG e Partido Popular, a cal non e a primeira vez e cun único obxectivo, “invadir” as competencias dun organismo autónomo como é a Entidad Menor de Beran. Os socialistas acusan a populares e nacionalistas de “tratar de solapar” as funcions a entidad menor. Os socialistas abstiveronse na votación da moción do BNG, porque non entendemos como se pode pisotear e pasar por encima da independencia de outra administración co único pretexto de ser protagonista non sei de que con un obxetivo claro do redito político e non polo ben do interés xeral, en todos los aspectos e que contou co inestimable apoio dos populares, que utilizan o bng de leiro “como conejillo de indias” e na que pedían incrementar a cantidade orzamentaria anual que recibe na actualidade a ELM de Beran, dos 4.000€ a 7.000€ coa suposta intención de “compensar o IBI”. Cousa que pasou no anterior mandato no que houbo un Presidente Socialista e tamen se subirón 3000€ e non se solaparon os intereses e a independencia da Entidad, esa e a gran diferencia de que estea no goberno un socialista e agora o Partido popular coa axuda neste caso do BNG de Leiro.
O voceiro socialista en Leiro considera que “sendo como e a entidad un organismo independente, debe ser ela a que faga as peticions pertinentes para exención do IBI, ou para unha bonificación ou axuda económica e non un membro da Corporación de Leiro neste caso o Portavoz do BNG coa apoio do Alcalde do PP, que para quedar ben ante o seu electorado fai “un brindis o sol” traiga este tipo de mocions, xunto co PP que quere remediar o seu entortó o non querer apoiar a proposta de desenrolo económico como e o paso do camino xacobeo e aforcan toda a posibilidade de autonomía económica para a Entidad.
O que si temos claro os socialistas e o reflexamos no Pleno que nos nos congratulamos coa subida económica, pero o que non pode ser xa que o imposto do IBI e estatal e o concello de Leiro e un mero recaudador do mesmo, que recibe unha compensación e que aplica unas tablas dos tantos por cen de mais a menos, pero esto mismo o pode facer a propia Entidad que e “pedir ou solicitar a sua exención, porque pola contra e estar solapando as suas funcions, e os membros da corporación non estamos lexitimados para actuar no seu, como si fixeron tanto o BNG e PP nesta moción” Tamen o noso portavoz municipal lle manifestou o Portavoz do BNG que quedara sobre a mesa e non se aprobara dita moción ata que a propia Entidad solicitara tanto a exención, bonificación ou axuda económica, cousa que rexeitou o representante do BNG.

O alcalde do Carballliño manifestou "comprender e compartir" varios comentarios de ointes de COPE O Carballiño que expresaban a súa preocupación polo incumprimento das nornas de prevención para evitar a propagación do coronavirus, e máis concretamente, co incumprimento das normas en algunhos locais da hostelería carballiñesa.
Fumega manifestou ver "comportamentos que non son normais e non axudan, non pode ser que unha parte do Caballiño cumpra e outra viva alegremente" e mesmo engadíu que son xa varios os locais "que están están en fase de peche, con propostas de sancións duras, ten que quedar claro que as normas son para todo o mundo, o que a faga vaina pagar", asegurou o alcalde, dando conta que por parte de Policia Local, Garda Civil e Policia Autonómica, son varios os expedientes sancionadores que tramitaron. Recordou que o concello do Carballiño adheríuse ao convenio da Xunta de Galicia para a tramitación e resolución das propostas de sanción por incumprimento nas normas do estado de alarma "e imoslle dar duro, duro, duro", dixo, "porque ou todos cumprimos ou como haxa dous que non o fagan, estragan o traballo que fai a maioria".
Tamén tivo o alcalde do Carballiño palabras de agradecemento "para a maioría do pobo, que si cumpre, e grazas eso temos estas boas cifras de contaxios, O Carballiño sigue sendo modelo, por eso non podemos permitir que unhos poucos desfagan o sacrificio da maioría", remarcou. Fumega aproveitou a súa intervención radiofónica para facer un chamento público a toda a veciñanza carballiñesa para celebrar a noitevella "con moito sentidiño" e "non ter que lamentarnos despóis".
Alucinado estos días coa desidia e imcompetencia rozando a prevaricación da policia local deste pobo.
Volvemos as andanzas, como no verán que nos levou ata onde nos levou. Salir esta semana a dar unha volda pola rúa principal e arredores do concello mete medo nos locáis de hostalaría.
O do 50% de aforo en interiores se eso para a seguinte pandemia, o de soamente grupos de 6 en cada mesa tamén para a seguinte pandemia, o de quitarse solo a masarilla no momento da consumición tamén para a seguinte pandemia. O de non estar a xente de pe nos interiores para a seguinte pandemia. E non señalo aun so local, son a maioría.
E o peor, e que as veces pasa a policía loca por díante deses locáis, que repito non e 1 nin 2 nin 3 que incumplen as normas e miran para outro lado. E paréceme normal que incumplan se se ve que nos outros locais tamén se incumple e os que teñen que facer cumplir están desaparecidos en combate.
¿Tanto lles costa pasarse e facer acto de presencia? Ninguén falta de multar, so de que estén por dios, ¿e que non teñen conciencia? Deberían sentir vergoña de non facer o seu traballo.
E terrible e roza a delincuencia. Está claro que nos como sociedade non nos sabemos comportar, pero as nosas forzas de seguridade e dirixentes que deberían dar exemplo e estar ahí para evitar que esto pase, xa non digo multar, e que nin advertir fan.
E ahora este fin de ano que pode vir xente de zonas con alta incidencia, se a cousa segué así vámola pagar cara, e os responsables das posibles traxedias e mortes que se aveciñan terán culplables claros.
Recordemos que non se necsita que haia ningún caso na vila para que esto explote e sexa unha traxedia, conque un veña de fora e contaxie a varios nun bar, cando nos queramos enterar dentro dunha semana xa será tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 302
- 303
- 304
- 305
- 306
- 307
- 308
- 309
- 310
- …
- seguinte ›
- última »