22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".

22, Decembro 2020

A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño. Esta campaña está deseñada para fornecer con materiais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clientes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.).

En cada un dos folios inclúese o logotipo da institución Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz ou o parque municipal, enttre outros.

22, Decembro 2020

Se o quinto premio no Bar Estatequieto foi o primeiro do sorteo, o que visitou o Bar Lérida na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, foi dos máis tardíos, o penúltimo do sorteo xa soprepasada a unha da tarde. O 43.831 deixa outro "petisco" no Carballiño, un décimo (podería ser máis de un) premiados con 6.000 euros.

22, Decembro 2020

O 86.986, un dos quintos premios do tradiconal Sorteo Extraordinario do Nadal, visitou o Bar Estatequieto do Carballiño. Foi vendido na terminal de lotarias deste coñececido e céntrico bar carballiñés, na Praza do Emigrante. Está premiado con 6.000 ao décimo, pero non se sabe de momento si se trata dun único ou varios décimos. Está moi repartido por numerosas localidades de toda España, entre as que figuran 12 galegas.

21, Decembro 2020

Parece que algunhos solo queren ver "irresponsables" nun bando, están moi atentos, incluso aínda que sexan "cazados" un momento sen mascarilla e pidan disculpas públicas por elo, pero dos que acuden o consello de ministros estando en plena cuarentena parece que non se enteran...ou acaso non sexa grave, ou das que olvidan a mascarilla... parece que os unhos son perversos e e os outros son honestos. Sinceramente, somos moitos os que empezamos a estar fartos de tanta politiquería burda, aínda que co nivel que hai, nada extraña xa.

https://okdiario.com/espana/irene-montero-unica-sin-mascarilla-peloteo-c...

ttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/12/21/feijoo-da-negativo-covi...

21, Decembro 2020

Non, a culpa non é dos botellóns dos rapaces, nin da hostaleiría. Hai moito irresponsable en todos os estratos da sociedade. E aquí podemos ver dous.

O máximo representante da administración autonómica, que debería servir como exemplo, que debería comportarse como un cidadán exemplar, sae dun restaurante da Coruña co "líder" do principal partido da oposición, e fanno os dous sen mascarilla, e sen importarlles o risco ao que someten a profesionais que dan cobertura a un evento do PP.

Penso que hai moito charlatán descerebrado que pide sentidiño aos demáis cando eles non teñen nin o máis mínimo.

21, Decembro 2020

Unhos minutos antes das once da mañá recibíuse o aviso na central de Emerxencias 112, que de inmediato mobilizou ao bombeiros do Carballiño e Garda Civil, tamén se incorporaron ao operativo efectivos do Grupo de Emerxencias Municipal do concello do Carballiño e do 061 Urxencias Sanitarias.

O lume, por causas que se descoñecen, afectou a unha vivenda habitada na localidade de Dacón, aínda que no momento de declararse o incendio ningunha persoa se encntraba na mesma, polo que non houbo que lamentar ningunha incidencia para as persoas. Os bombeiros controlaron o lume, pero a vivenda sufríu importantes danos materiais, que a deixan inservible.

21, Decembro 2020

O brote declarado na Residencia de Maiores de Cea suma a maior parte dos 20 contaxios activos que notifica neste lúns 21 de Decembro O Sergas no concello de San Cristovo de Cea, cun incremento de 7 casos nas últimas 24 horas.

Tamén incrementa un caso O Carballiño, que ten hoxe 7 contaxios activos, os mesmos que tamén contabiilza o concello de Beariz. Cun único caso figura o municipio de Piñor.

A boa noticia da xornada é que, por vez primeira nos últimos meses, queda libre de virus o concello de Maside, que se suma así aos de Boborás, Punxín, San Amaro e O Irixo.

20, Decembro 2020

O Carballiño entra na semana de nadal nunha boa situación epidemiolóxica, con 6 contaxios activos de coronavirus, son dous casos máis que pasado xoves dia 17 cando alcanzou a cifra máis baixa dos últimos cinco meses, 4 casos, neste domingo son dous maís.

O municipio da comarca con máis contaxios activos é o de San Cristovo de Cea, que rexistra 13 casos, a maioria vinculados ao brote declarado na Residencia de Maiores da localidade. Beariz continúa con 7 casos, tamén asociados ao brote que se detectara o pasado dia 20 de Novembro na Residencia de Maiores bearicense.

Con 1 contaxio activo permanecen os concellos de Maside e Piñor. E sen contaxios activos continúan estando os municipios de Boborás, O Irixo, Punxín e San Amaro.

18, Decembro 2020

Unha fin de semana de tempo inestable e temperaturas diurnas con máximas no entorno dos 12 graos, e con diversidade de actividades, algunas delas ao aire libre.

Cine en O Carballiño e Leiro

O Cine-Club proxecta este domingo ás 19:00 horas no auditorio a película galega "Lúa Vermella", a última obra de Lois Patiño. No Novocine de Leiro cine de estrea coa película española "Hasta el Cielo", co galego Luis Tosar no reparto, en sesións -sábado e domingo- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

A cantante Lucía Pérez e Feitizo de Pau en Cea

O centro multiusos de San Cristovo de Cea acolle este sábado unha xornada de promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que abrirá o grupo de música tradicional Feitizo de Pau ás 11:30 horas. Despois terán lugar tres relatorios sobre diversos aspéctos do Camiño Xacobeo, para dar paso seguidamente a actuación da eurovisiva  Lucía Pérez, antes dunha degustación de productos locais. A xornada concluirá cunha visita a un forno de Cea e o mosteiro de Oseira.

Mercado Navideño en Maside

Con postos de artesanía, productos locais, ou reposteiría, que se ubicarán baixo unha carpa, en horario de 11:00 a 18:00 horas do domingo na Alameda de Maside. Haberá sorteos entre o público asistente e antes de finalizar o mercado, á media tarde, fará acto de presenza Papá Noel.

Visita guiada en Boborás

O domingo ás 10:30 horas os participantes están convocados a reunirse na Igrexa de San Martiño de Camexia (Na foto), onde comezará a visita guiada. Tras coñecer esta xoia do románico, os participantes achegaránse ata o Castro de Cameixa, e finalmente visitarán  a "Casa da Gafa", en Laxas. Margarita Estévez -guía turística- e Jorge Lamas -arqueólogo- guiarán esta cita coa arte e  a arqueoloxía.

Sáude e boa fin de semana !

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS