21, Novembro 2024

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, anunciou esta tarde no Parlamento de Galicia a inminente ampliación do persoal de enfermería nos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Carballiño, asi como nos do Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e Ourense, con 12 novos profesionais desta especialidade.

Así, e no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, o responsable do Servizo Galego de Saúde explicou que desde xaneiro de 2025 estes centros sanitarios de atención primaria verán incrementados os seus recursos humanos de acordo á demanda asistencial que rexistran na actualidade.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, José Ramón Parada remarcou que a planificación do persoal dos PAC realízase en función da poboación e das cargas de traballo, e non da equiparación entre persoal sanitario.

Neste sentido, apuntou que no caso da provincia ourensá “a súa dotación é semellante á do resto das áreas sanitarias galegas”. Actualmente, a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras conta con 14 Puntos de Atención Continuada, aos que se engaden dúas Zonas Especiais (A Gudiña-Mezquita e A Veiga-O Bolo).

Sobre este particular, e en alusión ás novas incorporacións de persoal, precisou que os PAC de Ourense, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e O Carballiño “terán unha equiparación completa”, no que atinxe á ratio médico-enfermeira.

21, Novembro 2024

O xoves 21 de novembro, levouse a cabo unha manifestación na Residencia de maiores da xunta , situada no cornuval , e con xestión privada, empresa Gesmedical .

As traballadoras e  usuarios, reclaman traballo e condicións dignas.

Parece que dende fai uns meses a cousa non é o que era e deixa moito que desexar a nova administración .

O Carballiño debía apoiar a estas traballadoras e os usuarios do centro

Que triste chegar a vello e que os coidados que recibes non sexan os máis adecuados

Que triste traballar e que nin recibas un trato digno  nin un soldo en tempo e forma

21, Novembro 2024

Polos estudios de COPE O Carballiño pasou o técnico do Polo de Emprendemento, Javier Pegito, un servizo da Xunta de Galicia que está ubicado no antigo Centro Comarcal, no Cornubal.

Presta asesoraramento personalizado gratuíto a todas a persoas que decidan emprender un proxecto empresarial, tamén contan cun escaparate de negocios minoristas dispoñibles para aquelas persoas que xa buscan iniciar un proxecto xa consolidado, facilitando a transmisión de empresas establecidas en Galicia.

Ademáis, tamén forman parte da Estratexia Retorna da Xunta, un paquete de medidas co obxetivo de favorecer a integración no mercado laboral das persoas retornadas, asi como a creación de empresas por persoas galegas retornadas.

Ecoita aquí a entrvista a Javier Pegito:

20, Novembro 2024

Para a próxima semana dan comezo as obres de construcción da futura residencia de maiores promovida polo concello de Piñor, no antigo centro social, unha edificación que será reformada e ampliada.

Ademáis, o alcalde piñorense repasa o resto da actualidade neste concello, facendo referencia ás obras de adecentamento da contorna do novo albergue de peregrinos no Arenteiro, o inminento inicio da activadede no Obradoiro de Emprego Ruta da Prata conxuntamente cos concellos de Vilamarín e San Cristovo de Cea, ou o proxecto de embelecemento da rotanda de acceso á autovia, no Reino.

Escoita a entrevista a José Luis González no PODCCAST de COPE O Carballiño:

19, Novembro 2024

En resposta a anterior denuncia en relacion a anterior denuncia quero informar por se alguen non se acorda, foron vendidos a mans privadas durante o goberno do señor Aznar, que ben sabido era do PP ( foi vendido por ADIF,  que ERA O SEU PROPIETARIO ATA AQUEL ENTON, e si, seria un sitio cojonudo para o novo centro de saude, ata un alto cargo da Xunta o dixo termpo atras, magoa que eso xa nunca vaia poder ser

19, Novembro 2024

O concelleiro de Espazo Común acudíu aos estudios de COPE O Carballiño para aclarar a postura do seu grupo en relación á polémica suscitada polo procedemento que está a seguirse no concello carballliñés para a constitución da mesa de contratación para licitar a adxudicación do servizo do ciclo da auga no concello do Carballiño.

Sen dúbida, o contrato máis importante da historia do Carballiño, xa que ascende a 60 millóns de euros para os próximos 20 anos.

Podes escoitar a entrevista íntegra a Pachi Vázquez no PODCAST de COPE O Carballiño.

19, Novembro 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Avión, Antonio Montero, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.

Manuel Pardo, trasladoulle ao rexedor o compromiso do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.

19, Novembro 2024

O que puxo o copenauta anterior non sei cal e pero e moi pequeno. Todo o carballiño sabe que o solar ideal era onde fixeron finalmente o mercadona e os esqueletos abandonados aqueles na estación. Pero peinaron intereses privados en vez dos públicos. E eso que goberna o PSOE jajaja. Quen o ia dicir. Socialistas regalando solares a empresarios.

19, Novembro 2024

En el tan cacareado centro de salud. Nadie vió este solar.

Fabuloso y al pié de la general y a 10 min  a pié del centro.

En que piensan estos que nos  gobiernan?

verguenza da este ayuntamiento

18, Novembro 2024

O Carballiño acolle a primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes, que colle o relevo do tradicional formato das XOCIVIGA, tras 40 anos de historia do certame cinematográfico carballiñés.

Consulta aquí toda a programación do Festival Internacional de Curtametraxes-Xociviga ano cero:

https://xociviga.com/

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS