
O Grupo Municipal Socialista puxo en marcha atraves de un video nas Redes Sociais unha Campaña de apoio o pequeno comercio, hosteleria, autonomos e pemes para promover entre os ciudadans que nestas datas, nas que aumenta o consumo, as compras as fagan nas tendas, hosteleria e empresas do municipio.
Faixo o lema “Eu compro o 100% en Leiro” ten un obxetivo claro e non e outro que “defender tanto o comercio, hosteleria, autonomos, pemes”.
"Ainda que debemos mercar nos nosos establecementos todo o ano, nestas datas que facemos moitas compras on line, en grandes superficies, en franquicias, non debemos olvidar o mercado de toda a vida, o que nos coñecemos de pequenos, o que en moitos casos pasou de xeneración en xeneración, o que nos da unha calidade nos productos e na atención cercana que so ai en Leiro", remarcan.
O portavoz socialista Manuel Rodríguez pon en valor "que ademáis do trato e os productos que ofrece tanto o comercio como a hosteleria no noso concello, que son empresas que xeneran emprego, autonomos, emprendedores que con moito esforzo levantan as persianas dos seus negocios e fan que avance o noso Concello".
Subliñan que “é unha campaña moi modesta, pero que queremos desde o Grupo Municipal aporta o noso gran de area, de apoio a estos sectores do noso concello que o están pasando verdadeiramente mal debido a moitos factores, pero que este ano se recudece coa crise sanitaria que estamos a padecer en xeral, polo que desexamos que non solo teña un efecto para mellor esta campaña tan modesta nestas datas que senon que sirva para que teñamos conciencia de que ai que mercar e consumir no noso Concello todo o ano”

Cine e teatro no auditorio e un novidoso e sorprendente espectáculo circense, forman a proposta cultural para esta fin de semana no Carballiño.
"Reboiras, acción e corazón" a película galega que proxecta o Cine-Club
Será o venres 11 e o sábado 12, ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño. Con esta producción dirixida por Alberte Mera, que está presente e participará nun coloquio na sesión do sábado, a entidade cineclubista celebra o 10 aniversario dende que a finais de 2010 retomou as proxeccións semanais.
"O Carballiño, á luz da lúa"
O sábado 12 ás 18:00 horas na Praza da Veracruz. Trátase dun espectáculo de circo no que se pon en valor diferentes técnicas circenses, entre as que domina a acrobacia. Eso sí, no canto de realizar as acrobacias en estructuras, lévanse a cabo con 80 globos de helio de 1,5 metros de diámetro cada un. O espectáculo, programado polo concello do Carballiño, está patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Gratuíto.
"Mai, Mai", teatro infantil coa compañía Baobad Teatro
O domingo 13 ás 17:30 horas no auditorio do Carballiño. Unha representación teatrl para un público familiar e infantil recomendado a partir dos 5 anos en adiante. "Mai, Mai" é a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. Entrada: 3,5 euros.
Maravillosa a foto que se fixo o Alcalde e o Concelleiro de festas cos hosteleiros de Pontevedra. Que suerte teñen xa os apoiaron máis ca nos, os que pagamos impostos no pueblo e que loitamos por el.
Sempre son máis importantes os de afora. Triste o abandonados que nos teñen

Un muller de 100 anos de idade e un home de 86 anos faleceron cun intervalo de poucas horas no Complexo Hospitalario de Ourense, ambas foran diagnosticadas co Covid-19, eran residentes do xeriátrico de Beariz, afectado por un brote de coronavirus, que xa provocara a morte doutra residente na pasada semana, unha muller de 95 anos.
No informe de contaxios diarios, o concello de Beariz rexistra hoxe 18 casos, seguido do Carballiño con 6 contaxios activos, e Maside 3. Están libres de virus, sen casos activos, os concellos do Irixo, San Amaro, Piñor, Punxín, Boborás e San Cristovo de Cea.

O concelleiro de CompromisoXGalicia en Punxín, Eladio Fernández, quere que "se respecte a idea do fundador e que o edificio sirva para que os veciños de Punxin se formen para a vida e non esperen a morte, non é que teña nada en contra dos xeriátricos, pero a idea dun emigrante que non sabía ler era que a xente se formase para a vida, que tivera unha vocación docente o seu legado".
Fernández observa desta maneira "motivos especulativos" na extición da Fundación Benigno Quiroga. Asegurou que "tanto o alcalde, que o teñen prisioneiro, como o delegado territorial da Xunta non foron capaces de mostrarse un documento no que se acredite que o edificio pasará ao concello de Punxin, e non mo poideron mostrar porque non existe".
Según o concelleiro, o obxetivo final sería "destinar o edificio a un xeriátrico, están construíndo un de 24 prazas no antigo restaurante Cabaceiro, pero asi poderán amplialo co edifcio da Fundación". Eladio Fernández calcula que o valor do edificio pode alcanzar o millón de euros "aínda que a valoración que fan é moi inferior, de 400.000 euros".

ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro asinaron hoxe un novo convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica na comarca do Carballiño e do Ribeiro. O banco amosa así seu apoio aos traballadores e empresarios rurais desta zona do noroeste da provincia de Ourense, mantendo seu compromiso directo coa súa viabilidade, aínda máis nestas circunstancias tan especiais derivadas da crise sanitaria actual.
O convenio foi subscrito polo presidente do GDR Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández, e o director de zona de ABANCA en Ourense Oeste, Carlos Díez. Grazas a este convenio, o banco pon a disposición dos beneficiarios dos proxectos vinculados ao GDR un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades.
O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios destas comarcas contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos específicos para os proxectos agrogandeiros como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO, SGR galegas e axudas específicas derivadas da crise da COVID19.
Do mesmo xeito, os empresarios destas comarcas ourensás poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a disposición destes profesionais o seu servizo de banca electrónica.

Notable descenso de casos activos de coronavirus o que rexistra a comarca do Carballiño, neste martes dia 8 de Decembro. A maior caída de contaxios activos dase no concello de Beariz , 13 menos que onte, polo a cifra actualizada quédase en 21 casos. Sanidade tamén notifica 3 casos menos que onte no Carballiño, onde o número de persoas con infección activa descende ata as 5. Maside mantén 4 casos activos e Boborás quédase cun único caso.
Ademáis, San Cristovo de Cea súmase hoxe ao grupo de concello libres de virus da comarca, no que xa estaban San Amaro, Punxín, O Irixo e Piñor..

Está en marcha a campaña navideña na Praza de Abastos do Carballiño, que terá continuidade ata o próximo dia 23 deste mes de Decembro, ata esa data os clientes que realicen compras no mercado carballiñés recibirán participacións para o sorteo que se celebrará nesa mesma data, en véspera de noiteboa. Oito clientes serán premiados polo pracerios, con 7 cestas de nadal con productos do comercio local e unha caixa de viño Pazo Tizón.
No acto de presentación da campaña, a concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño lanzou unha mensaxe á toda a veciñanza "apoiar á Praza de Abastos é apoiar O Carballiño", dixo Silvia Baranda. Pola súa parte, en representación dos praceiros, Eligio González resaltou a importancia do sector primario para a economia local "aquí temos productos de calidade e de próximidade" e agradeu o apoio tanto do concello carballiñés para o desenvolvemento desta campaña "coa que recoñecemos a premiamos a fidelidade do pobo do Carballiño e comarca", subliñou.
Dende o Centro Comercial Aberto, o seu presidente, Julián Garriga animou a toda a veciñanza a apostar polo noso comercio local, do que a Praza de Abastos é un exemplo máis.
Vaia por diante, non olvidar que estamos nunha pandemia, na que fai pouco estivemos aislados e o mais importante, na que morre xente, por o virus e por imprudencias. Dito esto por se alguen se olvida e ante as normas de traballo en locais e hosteleria, vese como este local de forma reiterada, non respeta aforos nin dentro nin fora, ante o comentario e asombro dos paseantes, e o mais grave, sen mascara. Hai locais q cumplen, a maioria e si por eles fose tamen deixarian encher incluso abrir. Pero cumplen .despois o pasar o nadal cerraremos . E nadie dira de donde veñen os contaxios. Solo entenderemos as normas, o virus, cando nos morra alguen ben preto, enton , daremos volta a forma de facer. Tan idiotas somos?
Saudos
A Xunta de Galicia vén de adxudicar cun investimento de preto de 30.000 euros a segunda fase da restauración do reloxo mecánico do S.XVIII e do campanario de forxa do mosteiro de San Clodio, en Leiro, unha achega que suporá unha mellora estrutural deste ben catalogado e que se enmarca na colaboración que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén coa Diocese de Ourense para a conservación de varios inmobles eclesiásticos.
Esta restauración terá unha duración máxima de tres meses e con ela dáse continuidade aos traballos realizados pola Xunta de Galicia en 2017 nunha primeira fase de restauración. Naquel momento retirouse a capa de ferruxe que o cubría e que ocultaba as numerosas inscricións históricas que posúe e que dan información do seu valor histórico.
Agora, os traballos centraranse no reloxo que está en funcionamento pero cómpre iniciar unha segunda fase de restauración para devolverlle a súa funcionalidade como elemento sonoro. Para iso, será preciso restablecer a súa conexión cos martelos precursores responsables de dar as horas e os cuartos ao golpear as campás situadas nunha estrutura de ferro de forxa situada no alto da torre do campanario.
Debido ás modificacións efectuadas ao longo do tempo na cuberta, así como á posible localización orixinal das campás dentro do campanario (actualmente no alto da torre), a traxectoria dos tiros que accionaban os martelos da torre para o toque das campás viuse modificada e agora resultaba imposible, por causas técnicas, recuperar o sistema orixinal. Para solucionalo, optarase por utilizar fotocélulas para enviar un sinal eléctrico a uns motores situados no alto da torre.
Deste xeito, os traballos que se iniciarán nas vindeiras semanas manterán o principio mecánico que caracteriza os reloxos históricos, pero evitarán o incremento do tamaño das pesas e desgaste da maquinaria. As actuacións inclúen, entre outros traballos, a instalación de dúas fontes de alimentación así como contactores de manobra e a iluminación da cámara do reloxo mediante focos led activados por detector de movemento.
Tamén se prevé a desmontaxe das campás das horas e dos cuartos da súa estrutura para actuar sobre elas. Ademais, aplicarase unha capa anticorrosión ao conxunto da estrutura portante das campás, elementos decorativos e sistema de martelos de gravidade, entre outras actuacións.
Con estas actuacións o Goberno autonómico continúa reforzando o seu compromiso por poñer en valor e recuperar o patrimonio galego e que se reflicte nos orzamentos do vindeiro ano, onde a partida para actuacións de conservación e restauración se incrementa nun 19%. Neste caso, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade céntrase no mosteiro de San Clodio, declarado monumento histórico artístico e Ben de Interese Cultural na década dos 80.
A igrexa do mosteiro, que leva o nome da Santa María, é de estilo gótico e conta con tres ábsidas en correspondencia coas naves. A imaxe da Virxe ocupa o retablo maior e destaca a fachada barroca do antigo palacio abacial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- …
- seguinte ›
- última »