9, Novembro 2020

O grupo municipal de Espazo Común no concello carballiñés afirma "que dende que chegou á alcaldía no ano 2015, Fumega reservouse para sí mesmo o control absoluto das áreas de Urbanismo e Obras. Nestes xa máis de cinco anos, a inversión feita por estes departamentos é sustanciosa, sen embargo, as máis das veces, os resultados finais non van en consonacia co gasto realizado", aseveran.

E como exemplos poñen os seguintes:
-A rúa Aquilino Sánchez foi “arranxada hai apenas dous anos cun investimento de 120.000 € que foron contratados cunha empresa da provincia de Pontevedra. Tan só uns meses despois, comezaron os afundimentos e, a día de hoxe, está parcialmente pechada porque un dos carrís supón un perigo absoluto".
-O parque infantil da Alameda "recibiu unha reforma valorada en 170.000 € repartidos en dúas fases, a segunda delas, a de máis importe, foi contratada tamén cunha empresa da provincia de Pontevedra. Xa son de sobra coñecidos os retrasos na súa execución, co conseguinte perxuizo para os negocios do entorno e os usuarios e absurdos como a retirada ou non retirada das pirámides. A conclusión para moitos veciños foi que o resultado final non se corresponde demasiado co gasto feito dende as arcas públicas".
-As rúas que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa Avenida do Balneario, foron “melloradas” cunha inversión de 270.000 €, "como non contratados cunha empresa da provincia de Pontevedra. As chapuzas, os retrasos e a improvisación están aínda frescos na memoria de toda a veciñanza".
-A rúa Saleta e adxacentes "tamén padeceron o sistema Fumega de obrar. Había un proxecto prometido aos veciños, licitouse outro e executouse outro diferente. Por suposto non fai falla dicir de que provincia foi a empresa adxudicataria que levou 124.000 €", aeguran.

Espazo Común manifesta como "realmente necesario facer unha análise de que está a fallar na xestión dos cartos públicos á hora de contratar obras que son de vital importancia e que, de seguir por este camiño, o único que van supor é un maior gasto futuro para arranxar os arranxos de Fumega", e por para elo pretenden que se realice unha auditoria externa "para detectar os erros e correxilos de inmediato".

9, Novembro 2020

Tras a notable baixada de contaxios activos que nos deixaba a fin de semana no Carballiño (-26) hoxe lúns rexístrase un leve repunte e incrementanse en 3 no concello carballiñés, polo que a dia de hoxe son 58 as persoas enfermas de Covid-19 no Carballiño.

O Concello de San Cristovo de Cea tamèn sube, un contaxio máis que onte, son 9 contaxios activos, polo que se pon por diante de Boborás, que se queda con 8, un menos que onte domingo. Non hai alteracións no resto dos concellos da comarca, que manteñen os seguintes casos: Piñor (6) Beariz (3) Punxín /2) San Amaro (2) San Amaro (2) Maside (2)

9, Novembro 2020

Dende o BNG denuncian públicamente "o estado de sucidade e abandono en que se encontra o regato do Faxón ao seu paso polo núcleo urbano de Leiro".

Entenden e asi o manfestan a través dun comunicado dende a formación nacionalista "que a administración local debe coidar o mantemento das beiras do regato e limpar todos os restos de maleza acumulados na cunca do mesmo, para evitar desbordamentos nesta época de choiva".

Asemade, afirman que "a imaxe de abandono do Faxón é unha mostra máis do desleixo imperante no noso municipio e a falta de interese que o actual alcalde ten polo mantemento do noso patrimonio cultural e natural".

Por todo isto, o concelleiro do BNG en Leiro anuncia que vai solicitar no próximo pleno "que se nos explique a causa da situación actual do regato e solicitar que se efectúen as accións precisas para o seu mantemento".

9, Novembro 2020

O PSdeG-PSOE atraves do seu Portavoz Municipal Manuel Rodríuguez ven de propoñerlle ao Grupo de Goberno do Partido Popular de Leiro, que se leve acabo unha sinalizacion xeneralizada tanto do nome dos pobos como tamen dos accesos os mesmos xa que "hai pobos no noso Concello, que non teñen ningún tipo de señalización e os que a teñen estan en moi malo estado".

O portavoz socialista en Leiro "xa fixo referencia no ultimo pleno, a esta problemática de señalización o Goberno Municipal, na que lle indicou o rexidor municipal que alguns pobos do noso termo municipal, non dispoñian de ningun tipo de señalización e lle puxo o exemplo de A GROVA, VILAVERDE, EIRA DE MOUROS, BARZAMEDELLE ect… polo que e necesario e imprescindible señalizar os pobos, polos perxuicios que acarrea os veciñ@s que viven neste pobos, o non dispor de nome tanto nos pobos como tamen nos accesos,xa que e moi importante facilitarlle a labor a toda persona que veña de afora e non coñece o noso termo municipal”.

Engaden os socialistas que "se da unha imaxen de abandono, o non habendo unha señalización dos pobos e accesos, como tamen os que dispoñen de unha señalización pois esta en moi mal estado que apenas se percibe o nome do pobo, e todo debido a desidea e a deixadez das suas funcións de mantemento do Grupo de Goberno, que lle “interesa mais ven pouco que os nosos pobos non teñan señalización e os que a teñen que estea nun estado totalmente lamentable”, por eso dende o Grupo Municipal dos Sociaistas de Leiro propoñen un PLAN DE SEÑALIZACION XERAL dos lugares de todas as parroquias do concello.

8, Novembro 2020

Si vou comprar un pantalon, entro no comercio, escollo na estanteria, paso por a caixa pago e voume da tenda.
Si quero zapatos fago o mesmo, incluso xa os levo postos.
No super igual, na optica igual, na peluqueria non levo nada, mais ben deixo o pelo no chau.
Pero si quero comprar un cafe para levar para o meu curro, teño que pedilo na acera, pagalo na acera e marchar pronto, porque as aceras e ruas orededor dos bares teñen aforo limitado o, 0%
O coronavirus solo entra nos locais dedicados a hosteleria, gosta de emborracharse e xogar a tragaperras, pero circula, descalzo, desnudo, co pelo largo etc.
Que virus tan trouleiro
Podo entender que non se tome nada na barra de un bar, podo entender que non se poida tomar nada no interior de un bar, incluso podo entender que non se poida utilizar a terraza a un50% no exterior do mesmo bar.
Pero porque me teño que mollar na acera mentras o camarero me fai e tae o cafe a fora.
Por que non se pon un aforo maximo da cola no interior e asi poderse acercar o mostrador a recoller o pedido, como se fose un xarabe na botica, un perfume en unha drogueria ou unha barra de pan en unha panaderia, a que ben este trato degradante co sector mais perxudicado.

8, Novembro 2020

Tan so 24 horas despois, o Semáforo Covid do Sergas volve cambear a cor do Carballiño, pasando de laranxa a vermello, o que indica que nos últimos 7 dias rexistráronse máis de 21 novos contaxios.

Aínda asi, continúa descendo o número de persoas con infección activa, hoxe domingo son 4 menos que onte, e deixa a cifra actualizada en 55 casos no concello do Carballiño. Tamén ten hoxe dous contaxios activos menos que onte o concello de Cea, que se queda con 8, e un menos Maside, que rexistra 2. Boborás aumenta hoxe un caso e sitúase con 9 contaxios activos.

Sen cámbeos no resto de municipios: Piñor (6) Beariz (3) O Irixo (2) Punxín (2) e San Amaro (2)

7, Novembro 2020

Por vez primeira dende que no pasado mes de Outurbo a Xunta puxo en marcha esta ferramenta para  informar da incidencia do coronavirus en todos os concellos galegos, O Carballiño deixa a cor vermella, que é a de máxima alerta, e sitúase en cor laranxa, a 7 dias vista, o que reflicte o nivel 2 de alerta, ou o que é o mesmo, que se declararon entre 7 e 14 contaxios durante a última semana.

O resto dos concellos da comarca están en cor verde, nivel 0 de alerta, mentres que no Ribeiro continúa en vermello Ribadavia, que con 77  contaxios activos neste sábado dia 7 de Novembro supera a O Carballiño, que nesta última actualización de Sanidade quédase en 59.

7, Novembro 2020

A vertedura detectouse na tarde deste pasado venres, na zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, tinguindo de branco as augas do río Arenteiro, aínda que de momento non se advertiron danos medio ambientais, o presidente da Asociación de Pesca Deportiva Arenteiro que xestiona o couto de pesca confirmou a esta emisora de radio que "fixéronse as comprobacións oportunas tras poñer a vertedura en coñecemento do Seprona e as autoridades municipais, e non se advertíu mortandade no río".

Está por determinarse a orixe da vertedura, o Seprona abríu unha investigación, pero todo parece indicar que se trata de restos de pintura e escaiola procedentes dalgunha obra.

7, Novembro 2020

Extradorninarias novas as que nos trae este sábado dia 7 de Novembro, no que se rexistra a maior descenso nun dia  de persoas enfermas no Carballiño e Comarca dende a explosión vírica do pasado mes de Outubro. O concello do Carballiño rexistra hoxe 22 contaxios activos menos que onte, o que deixa a cifra actualizada en 59 casos. Tamén é moi siñificativa a baixada de enfermos no concello de Boborás, que pasa dos 14 casos de onte aos 8 que Sanidade notifica hoxe sábado, un descenso do 43% de contaxios activos en relación a onte.

Tamén continúa a tendencia á baixa desta semana o concello de Cea, que notifica hoxe 10 contaxios activos, 2 menos que onte. O único concello que empeora os datos de onte, aínda que levemente, é O Irixo que ten hoxe 3 casos, un máís que onte.

E sen novidade no resto do concellos, manteñen os mesmos contaxios deste dias: Beariz (3) Maside (2) Piñor (6) Punxín (2) e San Amaro (2). No conxunto dos nove concellos da comarca hai hoxe 95 persoas enfermas de Covid-19. 

7, Novembro 2020

A fonte do monumento “Munten”, do artista carballiñés Xesús Carballido, situada na Praza do Emigrante, conta con novos sistemas hidráulicos e lumínicos, permitindo ata catorce modos diferentes de funcionamento con sete cores fixas e sete secuencias de cores diferentes.
Para a súa posta en marcha elexiuse a modalidade fixa da cor violeta, característica da cocción do pulpo, nunha clara homenaxe á tradición pulpeira do Carballiño.
Trátase dunha iniciativa da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rita Soto, e que ten por obxectivo renovar as fontes da vila adaptándoas á normativa de eficiencia enerxética, así como a súa posta en valor como elementos de embelecemento das prazas e espazos públicos municipais.
Neste senso, esta fonte é a primeira que conta con todas as medidas medioambientais e de eficiencia enerxética establecidas, e que, polo tanto, está totalmente legalizada.
O proxecto incluiu, no tocante ao sistema hidráulico, a resposición da bomba autoaspirante con filtro, un prefiltro integrado para evitar a entrada de obxectos extraños que puideran dañar as partes hidráulicas, motores protexidos e acondicionados para soportar ambientes calurosos e niveis de humedade elevados, así como electroválvulas de enchido e baleirado. E, no tocante ao sistema lumínico, incorporouse un sistema de cambio de cor con LumiPlus Eco, un pulsador que permite 14 modos doferentes de funcionamento, con 7 cores fixas e 7 secuencias de cores diferentes, así como un cadro de control con ineterruptos horario.
O custe deste proxecto foi de 4.983,94 euros, sufragado polo concello dentro da partida orzamentaria de mantemento de xardíns da Concellería de Medio Ambiente.
O monumento “Munten”, obra do artista carballiñés Xesús Carballiño, rodeado por un estanque-fonte deseñado polo arquitecto ourensán Fernando Martínez Lamas, autor asimesmo do aparcamento soterrado e das prazas da Alameda e do Emigrante, inaugurouse no ano 2003 e foi restaurado nos anos 2014 e 2017.
O monumento, unha estrutura de ferro recuberta por 600 placas de cobre con signos arcaicos e actuáis grabados a man artesanalmente, alusivos ás culturas das máis de medio cento de cidades e países do mundo onde residen emigrantes carballiñeses, é unha homenaxe á fonda pegada da emigración no Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS