12, Novembro 2020

Con motivo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, dende o Concello de Piñor presentamos o proxecto PIÑOR+IGUALDADE, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio da Presidencia, relacións coas cortes e igualdade. Consiste no CERTAME DE CONTOS INFANTIL "A IGUALDADE NON É NINGÚN CONTO", no que poderán participar nenos e nenas do Concello de Piñor de entre 9 a 17 anos.

Para elo, deberase presentar unha obra en formato dixital ou en papel, cumprindo cos requisitos establecidos nas bases que rexen o concurso:

-BASES- Poderán concurrir ó Concurso de Contos, todol@s nen@s e xóvenes empadroad@s no Concello de Piñor, con obras orixinais e inéditas que non fosen premiadas, nin publicadas con anterioridade. O/A Autor/a responderá da autoría da mesma, así como de non ser copia nin modificación de obra allea. Categorías:  INFANTIL : de 9 a 13 anos.  XUVENIL: de 14 a 17 anos. Poderán presentar unha obra por participante, preferentemente en galego, podendo ir acompañada de ilustracións. A temática do conto debe contemplar algunha das seguintes:  As desigualdades existentes entre mulleres e homes nos distintos ámbitos: social, laboral, familiar, etc)  Aportacións de mulleres relevantes da historia galega, en sectores como a ciencia, a literatura, pintura, a economía…  Corresponsabilidade e reparto de tarefas como principios que fomentan a autonomía persoal, a igualdade....  A linguaxe no sexista.  A tolerancia cero á Violencia de Xénero.  O emprego da imaxe feminina nos medios de comunicación e nas campañas publicitarias  A relación de respecto e igualdade entre nenas e menos  A participación activa da muller na vida política, social, cultural e económica, cos mesmos dereitos que os homes.

Os contos presentaranse en formato folio a4, a dobre cara, ben en formato dixital ou a man. Deberá ter un título na portada e un pequeno resumo na contraportada. Pode levar ilustracións en branco e negro e/ou a toda cor. O conto terá unha extensión máxima de 12 páxinas e mínima de 5. O prazo de presentación será ata o 23 de novembro de 2020, inclusive. Para presentación en formato dixital no mail: info@serviturcea.es En formato papel; na casa do Concello nun sobre pechado, e no interior os datos do/da participante: nome e apelidos, idade, dirección postal el teléfono. O/A autor/a, cederá os dereitos da publicación ó Concello de Piñor, se resulta premiado/a.

XURADO: Estará composto por un representante Político do Concello, un representante de Servizos Sociais, e unha Técnica responsable da implementación da acción; elixirase un deles de cada modalidade, tendo en conta: Orixinalidade, capacidade da historia para sensibilizar sobre os principios da igualdade, calidade das ilustracións, plantexamento da temática dentro do conto, dominio da linguaxe e corrección ortográfica. Agasallos: Os dous contos que obteñan maior puntuación de cada modalidade, obterán como agasallo unha Tablet de última xeración con teclado e rato, que permita a teleformación no rural; ambas obras serán publicadas e impresas cunha tirada, que se fará chegar a cada familia con menores do Concello, e tamén en formato electrónico na web municipal para a súa difusión, (incluirá un apartado de pautas xerais de coeducación para as familias, e outro de estereotipos de xénero desmitificados). Así mesmo, farase un evento virtual cunha presentación das obras gañadoras, no que @s autores por medio dun directo contarán como idearon o conto, o porqué da temática elexida así como as ilustracións aportadas, e a mensaxe que queren transmitir co mesmo. Abrirase tamén entre tódolos participantes un debate e rolda de preguntas. O acto remátará co lectura dos Contos.

Tendo en conta a situación de alerta sanitaria por mor do COVID19, o traballo e o compromiso na loita contra a violencia de xénero debe continuar, aínda que mudando na metodoloxía das actuacións, adaptándonos con elo ás medidas para frear a pandemia que estamos a padecer. PIÑOR+IGUALDADE 2020 é un proxecto co cal o Concello de Piñor pretende chegar á infancia e familias do municipio, sen para elo forzar o contacto social presencial, levándolle nós a mensaxe a cada casa, a cada fogar.

12, Novembro 2020

Boborás (10) aumenta un caso en relación a onte e Piñor (5) baixa un, son as únicas variacións que se rexistran no datos dos contaxios activos na comarca carballiñesa, según o informe do Sergas correspondente a este xoves dia 12 de Novembro.

Mantéñense, polo tanto, igual que onte o resto dos concellos, cos seguintes casos activos: O Carballiño (41) Cea (7) O Irixo (3) Beariz (3) Maside (2) Punxín (2) San Amaro (1)

11, Novembro 2020

Que a 11 de novembro estese a falar dos Reis Magos e dos renos de Laponia, pois non sei habería que cualificalo de chiste. Non sei como lle chamará ese alcalde experto en poñer motes a un órgano colexiado -chama Circo ó Pleno-.

Xa que o home permítese o luxo de cualificar deste xeito, coido que non se enfadará por chamarlle ao anuncio dos reis telemáticos unha titiritada propia de teleñecos de Concello. Teleñecos afeitos a chupar do bote sen dar a máis mínima solución ás problemáticas da cidadanía. E cando non hai solucións hai espectáculo, o dos teleñecos.

A algún teleñeco habería que conectarlle o cerebro ó resto do corpo. E eso que hai moito iluminado como o de Vigo.

11, Novembro 2020

O concello do Carballiño promove unha iniciativa para facilitar que os nenos e nenas carballiñeses manteñan a ilusión neste Nadal e podan conversar e trasladar as súas peticións e desexos a Papá Noel e os Reis Magos a través de videoconferencias.
Trátase dunha campaña que se realiza a través da compañía de eventos culturais Hípica Celta, e que intenta suplir a imposibilidade de levar a cabo actos de carácter presencial durante o Nadal, pero que abre a alternativa de facelo por medios electrónicos.
Neste senso, tamén se garante que aquelas familias que non dispoñan de conexión a internet ou de dispositivos electrónicos, podan participar igualmente a través de pantallas que lles serán facilitadas polos emisarios ou elfos de Papá Noel e os Reis Magos, respetándose todas as medidas de prevención sanitaria polo coronavirus.
Para participar haberá que inscribirse na plataforma dixital www.nadal2020.es ou www.nadal2020.com ou ben chamar ao teléfono 641585245. A inscrición para Papá Noel será do 25 de novembro ata o 17 de decembro, e para os Reis Magos será do 25 ao 29 de decembro.
A previsión dos organizadores é que nesta experiencia ponderán participar arredor dun millar de nenos e nenas.
Asimesmo, durante a presentación, que tivo lugar este mediodía no concello do Carballiño, coa asistencia do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o responsable de Hípica Celta, Joaquín Rodríguez, informouse que esta iniciativa ía a ser secundada por outros concellos de Galicia.
Ao respecto, Joaquín Rodríguez asegurou que se trata dunha campaña na que a idea, o deseño e os actores son todos ourensáns e galegos, polo que se estaba a poñer en valor e axudar aos nosos profesionais nas diferentes especialidades.
Ademais, a través desta plataforma tamén se promove o apoio do comercio local, que se considera moi importante neste tempo de máxima dificultade para todos.

Diego Fernández dixo que o obxectivo da iniciativa é favorecer o cumprimento dos desexos e soños dos nenos e nenas con respecto a Papá Noel e os Reis Magos, que, por causa da covid, non ia a ser posible facelo de xeito presencial, pero que con esta alternativa poden chegar a cumprirse igualmente.
Na presentación explicouse que a inscrición a través da plataforma ou por teléfono ía a ser moi sinxela e áxil, e que os datos que se piden son para autorizar as videochamadas e cumprir a lei de protección de datos.
Así pois, neste Nadal, todos os nenos e nenas carballiñeses poderán conectarse con Laponia ou co Oriente para manter unha conversa con Papá Noel ou os Reis Magos, sen que haxa impedimento algún para facelo, pois en todos os casos facilitaranse os medios técnicos que o fagan posible, según dixeron os organizadores.

11, Novembro 2020

Este dia de San Martiño tamén chega con boas novas, por vez primeira dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño baixa ao nivel 1 de alerta (Cor amarela) no indicador con referencia aos últimos 7 dias, o que indica que durante a última semana rexistráronse entre 7 e 14 novos postivos confirmados por PCR,  situándose polo tanto a un paso da cor verde, que situaría a O Carballiño no nivel 0 de alerta.

En canto a contaxios activos, O Carballiño rexistra hoxe 41, cinco menos que onte. Nos demáis concellos da comarca, baixan os contaxios activos en Cea (-1) e queda con 7, Boborás (-1) (9), e Maside (-1) (2).

E mantéñense os casos de onte en Beariz (3) O Irixo (3) Piñor (6) Punxín (2) San Amaro (1) 

11, Novembro 2020

  Del "maravilloso" alcalde que tenemos que aguantar. Una corporación pésima, acompañada de una oposición peor, el PP ni está ni se le espera, Espacio común muy light, quizás esperando poder volver. Los perjudicados, los vecinos del pueblo. Calles en mal estado, servicios municipales desastrosos. Una calle donde parece que hacen entrenamientos para un rally, único pueblo con los parques infantiles cerrados (y así seguiran, puede que sea una forma de ahorrar que se estropeen). Yo cuando preguntan digo que soy de Cea, que por lo menos está más limpio. Menos mal que no soy hostelero, porque me imagino lo que tendrán que esperar por las ayudas.

 Cada vez más gente se da cuenta de lo que hay y esperemos que protesten más y mejor. Quizás logremos echarlo antes incluso de las próximas elecciones. Fumega FUERA.

11, Novembro 2020

A todas luces, e creo que a estas alturas a ninguién se lle escapa e naide pode negar que Carballiño non ten un proxecto sólido, solvente, serio e realista que poida encarar o futuro con ilusión e crecemento. Se analizamos os grupos municipales vemos o goberno co seu alcalde a cabeza, que sempre tuveron en mente asfaltados, farolas e fiestas varias, nada màis. Logo està o PP que non se sabe moi ben a que xoga, nin goberna, nin fai oposición. A continuación temos a Espazo Común que hasta o outro día eran defensores de fumega a ultranza e estuveron gobernando xuntos e agora parece ser que se deron conta que Fumega é un desastre. É por último està o BNG, que o único que se pode destacar é a sintonía e seguidismo que fai de Espazo Común, polo que se pode apreciar nos plenos e pouco màis. Entonces así nos vai.

10, Novembro 2020

Día tras día este señor sentase nestas escaleiras da Rúa Caravel núm 26, bebe cervexas a faltar el vaise. Non debe saber que existe algo que lle chaman papeleiras. Leva anos facendo isto e nunca nadie lle chamou a atención. Non decían que Non se pode beber ns Rúa? 

 

10, Novembro 2020

Non é de extrañar que un pleno telemático dure sete horas e catro minutos escoitando as intervencións do noso triste alcalde na radio. Triste porque despois de chamar Circo a un Pleno, participa do espectáculo durante sete horas, sendo él o que preside o Pleno. Triste, porque nas súas intervencións interminables na radio non di absolutamente nada. Ven a mentir como un bellaco e construir un relato realmente circense da realidade. A súa posverdade.

A verdade irrefutable que nin tan siquera a censura socialcomunista é capaz de tapar é que tras oito meses non chegou un euro de axudas. Coa que está caendo...

A cuestión é onde anda a oposición. Especialmente o PP. Andan ocupados en captar socios para o fútbol? A tutela fai difícil conciliar esta laboura coa función de fiscalizar as accións do goberno?

Penso que se o partido  segue nesta liña colaboracionista e apática  e se limita a facer de tonto útil do goberno vende fume, os resultados que lle agardan serán peores se cabe que os que acadaron a día de hoxe.

Discrepo coa denuncia teledirixida contra Espazo Común. É a única forza que está a facer algo de oposición. O BNG fai unha tímida oposición e ten difícil explicar como está disposto a apoiar os orzamentos xerais do Estado cando Galicia sufre un recorte do 11%. O PP non existe, anda a outras cousas.

10, Novembro 2020

Sabemos que dende que se declararon os primeiros brotes de coronavirus no Carballiño no pasado mes de agosto, e sobre todo a partir de mediados de Setembro, os brotes foron rexistrandose semana a semana, ata que o descontral foi xa total coincidindo coa segunda fin de semana do mes de Outubro. Sabemos tamén que o pico diario de contaxios activos rexistrouse o dia 20 de Outubro, e que dende esa data o descenso foi paulatino pero constante, ata chegar hoxe a cifra máis baixa, con 46 casos.  Sabemos que chegamos a ter por unhos dias a incidencia maís alta de toda Galicia, e probablemente de España, pero non hai datos oficiais sobre o número total de veciños e veciñas do Carballiño que pasaron pola enfermidade no transcurso dos últimos meses.

O alcalde Francisco Fumega, cos datos que manexa e referíndose a persoas confirmadas con probas PCR fixo un cálculo en COPE O Carballiño "probablemente sexan máis de 500 as persoas que xa pasaron pola enfermidade no concello do Carballiño", de acertar neste cómputo do rexedor municipal, no entorno do 4% da poboación carballiñesa tería sido diagnosticada de Covid-19, ás que habería que sumar ás que estiveron en contacto co virus sendo asintomáticas e que non chegaron a diagnosticarse. En España, segundo o último informe elaborado pola Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica ( RENAVE), o 47% dos casos de Covid-19 detectados desde o 10 de maio mostrou síntomas, o que supón que un nada desdeñable 53% non mostraron sinal algunha da enfermidade.

En canto a posibles cámbeos en canto as restriciós que continúan en vigor no Carballiño, Fumega agarda que esta semana o Comité Clínico revise as mesmas "non será hoxe pero espero que o venres se seguimos asi e baixamos os 20 casos, entendo que volvamos á fase 2, o que permitiría volver reabrir a hostelería"

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS