
A comarca carballiñesa cerra a semana con 50 contaxios activos de coronavirus, a maioria deles no concello de Beariz (34) según os datos de hoxe domingo, son 3 casos menos do pico de contaxios os que se chegou no trancurso da semana, cando chegaron a alcanzarse os 37 casos activos no municipio bearicense, a maioria vinculados á Residencia de Maiores da localidade.
No resto dos municipios, O Carballiño rexistra hoxe a cifra máis baixa de contaxios activos (8) dende o pasado mes de Xullo, e cando se cupliron xa as dúas semanas dende que se levantaron no Carballliño as restricións de mobilidade e autorizouse a reapertura da hostelería. Maside mantén 4 persoas con infección activa, Boborás 2, San Cristovo de Cea 1, Piñor 1, e continuán libre de virus os concellos do Irixo, Punxín e San Amaro.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o conselleiro de Medio Rural, José González, e os alcaldes de Avión -Antonio Montero- e Boborás -Patricia Torres- , xunto aos de Lobeira, Esgos, Oímbra, San Xoán de Río, A Teixeira, Trasmiras e Viana do Bolo, asinaron hoxe no parque de maquinaria da Deputación, no Polígono de San Cibrao das Viñas, nove convenios de colaboración entre as tres administracións -local, provincial e autonómica- para financiar a adquisición, por parte dos municipios, de maquinaria forestal para a limpeza de vías rurais e faixas de biomasa para previr incendios. O investimento total é de 900.000 €, sendo a Deputación de Ourense "o único dos gobernos provinciais galegos acollido a este convenio coa Consellería de Medio Rural, nun momento difícil como é o da pandemia pero no que a planificación e a previsión deben presidir a estratexia da nosa política", afirmou Manuel Baltar.
Segundo o acordo, Deputación de Ourense e Xunta financiarán a compra da maquinaria -tractores e rozadoiras- cun orzamento aportado ao 50 % polas dúas administracións. O obxectivo é incentivar e fomentar o mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais de titularidade municipal e nas masas comúns de concentracións parcelarias de cada concello, así como a xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión en terreos de titularidade municipal ou descoñecida.
Cada municipio contará cunha subvención de ata 100.000 euros para mercar un vehículo tractor e dúas rozadoiras -de arrastre e de brazo- coa finalidade de limpar matogueira. A achega é bianual, polo que os concellos poderán comprar dita maquinaria entre este ano e o que vén.
No acto, ademais de Manuel Baltar, o conselleiro e os alcaldes, estiveron presentes os directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, e o de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.
O conselleiro do Medio Rural agradeceu a implicación da Deputación de Ourense na prevención dos incendios forestais e animou aos demais organismos provinciais galegos "a seguir o seu exemplo". Fíxoo tendo en conta os beneficios que este traballo comporta para a seguridade das persoas e dos bens, e porque a normativa contempla, entre as competencias das deputacións, a prevención e extinción de incendios naqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.

O portavoz Municipal socialista no concello de Leiro Manuel Rodríguez recorda como "nos achegamos xa a unhas datas especiais de cada ano, e neste caso con máis motivo, xa que as circuntancias están a ser complicadas na contorna familiar, moitas veces lonxe dos nosos seres mais queridos".
Remarca que "nestes moitos meses de Pandemia temos que facer un recoñecemento aos máis pequenos, xa que os seus costumes e diversións diarias mudaron completamente. Por iso os socialistas propoñémoslle ao Grupo de Goberno que organice para eles e tamén para o conxunto dos veciñ@ s actividades axustadas para estas datas".
Estes son algúns dos exemplos que propoñen os socialistas, desde un Concurso de Decoración Do Nadal (xanelas,balcóns,portais) a finalidade destas obras anónimas de decoración valoraríase a creatividade, orixinalidade, asi como a combinación de elementos e cores.
Tamén un Concurso de Postais para os máis pequenos con algúns premios para as mellores (Quebracabezas,libros,xoguetes ect…) e a postal gañadora podería usarse como a “oficial do Concello” para desexar á nosa veciñanza ben sexa individualmente por correo en cada domicilio, ou tamén de forma virtual (redes sociais, whasap…) desexando unhas felices festas e un bo ano 2021.
Outra das propostas que lle achegan os socialistas ao Goberno Municipal é que se celebre un Campamento de Nadal con todo tipo de actividades desde un Obradoiro de Neve, Carta a Papa Noel, Manualidades de Nadal, Pintura, Árbore de desexos, Globoflexia, Tatuaxes de fantasía ect….unha Semana de Cinema Infantil aproveitando que temos un Cinema e único da Comarca do Ribeiro e Carballiño adaptándose á normas sanitarias que regulan esteas eventos, para que os mais pequenos poidan gozar deste evento nunhas datas tan sinaladas e por suposto premiar o seu esforzo, despois de moitos meses de “restricións”
E finalmente un Concurso de Beléns: para que os veciños mais maiores tamén participen neste Nadal tan atípico dunha forma individual como colectiva desde a Parroquias, Asociacións, Residencia de Maiores e Centro de Día.
Débeche moito a Historia Patricia de Boborás
A valentía coa que despachaches a Feijóo non ten parangón. Nin Agustina de Aragón amosou tal bravura co invasor francés. Nin María Pita co inglés.
Feijóo, nunha arremetida feroz, promete non sei qué e non sei canto para Beariz e Boborás. E ti, brava Patricia, cámaras e todo, tiveches o arroxo de enfrentarte a tal siniestra figura. Maria Pita enviou ao abanderado inglés á sepultura, e Agustina de Aragón fíxoo cun batallón. Pero ti, sometiches a Feijóo, e ni tan siquera lle mancaches o mentón.
Eres a envexa de todas, dende Concepción Arenal ata Emilia Pardo Bazán.
Comeza anexionando O Carballiño, continúa pola Canda e O Padornelo, e chega ata Madrid onde outra brava dama amosa inxenio e valor contradecindo a Feijóo, que pecha bares cuan tirano do medievo.
É un clamor popular Patricia faino xa!!
Xa somos moitos os que pensamos que O Carballiño merece outro alcalde, e mais merece unha alcaldesa como a que ten Boborás. Que sorte tendes os de Boborás coa alcaldesa que tendes, xa non é só que o faga ben e consiga cousas é que ademais e unha muller cercana, agradable, e con valentía. E pensando ben non e cuestión que deixe Boborás, é cuestión que fusionen Boborás co Carballiño e goberne ela. Garantizado que outro galo cantaría.
A nevarada caída este venres dia 4 de Decembro provocou numerosas incidencias nas zonas de media e alta montaña en varios concellos, sendo os de Avión, Beariz e Boborás os máis afectados, e en menor medida nos concellos do Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea. Nalgunhos puntos nas zonas máis altas de Boborás -na parroquia do Regueiro- chegaron a acumularse 8 cm. de neve, mentres que nalgunhas localidades de Avión o espesor da neve chegou ata os 12 cm.
A zona con maiores incidencias foi o concello de Avión, onde os efectivos do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (Ambas fotos corresponden aos traballos que realizaron) tiveron que multiplicarse para deixar transitables as estradas do municipio, aínda que varias localidades quedaron incomunicadas por estrada, entre elas A Hedreira, Camposancos e Cortegazas. Dende o concello de Avión recomendan aos veciños evitar desprazamentos se non son urxentes.
No transcurso da tarde foron varias as saídas de vehículos, como os que se rexistraron na rede viaria dos concellos do Irixo e Boboras. En Beariz, na estrada N-541 un vehículo colidíu cunha máquina quitaneves, cunha persoa ferida -a conductora do vehículo- que precisou de asistencia sanitaria. Árbores e ramas caídas sobre na estradas motivaron numerosas incidencias para o tráfico, ata que foron retiradas polos equipos de emerxencias e de mantemento de estradas. Os cortes de suministro eléctrico tamén foron unha constante no transcurso da xornada, aínda que a primeira hora da noite a situación parece normalizada.

Voluntarios dos dous colectivos, da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Plataforma Berán no Camiño, están levando a cabo traballos de limpeza e desbroce no tramo Beade-Berán-Lebosende do "Camiño da Geira-Arrieiro", unha via de peregrinaxe xacobea recoñecida "por resolución do Arcebispado de Compostela dende Marzo de 2019, recordan dende ambos colectivos, que manteñen diverxencias coa asociación impulsada polos concellos que promoven esta mesma ruta, xa que no trazado "oficial" deixaron fora este tramo que atravesa a parroquia de Berán, e que propiciou precisamente a creación da plataforma "Berán no Camiño", que conta co apoio da asociación creada fai anos para reivindicar esta ruta xacobea que partindo dende a cidade portuguesa de Braga percorre as comarcas do Ribeiro e O Carballiño en dirección a Terra de Montes.
Ademáis, están a ultimar o proxecto de sinalización deste mesmo tramo Beade-Berán-Lebosende, e anuncian que están a traballar nun programa de actividade cara o Ano Xacobeo 2021 "ademáis de seguir investigando no denso patrimonio histórico-artístico deste itinenarario do camiño da Geira-Arrieiro".
Moi breve porque o palmeo coas orellas a alcaldesa de Boborás pouco máis merece. Tamén podería palmear coas orellas ao de Beariz, que sae tamén na foto con Feijóo. Máis propaganda do PP. De pouco sirve traer centros se o partido podre lles recorta os medios
https://www.nuevatribuna.es/articulo/galicia/lamentable-situacion-atenci...
Veña, a seguir aplaudindo e medrando, pero coidado cos cotilleos que fan moito dano ao Carballiño. E non chupamos o dedo
Hay que dar un aplauso a la alcaldesa de Boborás una mujer con sangre en las venas. Se planta ante Feijoo y se trae un centro de salud para Boborás. Y el señor alcalde de este pueblo a que anda?
Aquí se nos cae el centro de salud a cachos, no cojen el teléfono, lista de espera para el fisio de meses, no hay clases de preparación al parto porque no hay sito, no hay psicólogo porque no hay sitio y un largo ectcetera de deficiencias del centro de salud y de su atención.
Pero a que está el señor Fumega? Debe estar muy ocupado con sus asuntos judiciales.
Carballiño se merece una alcaldesa como Patricia Torres, trabajadora y preocupada por sus vecinos y por su pueblo, con arrojo y valentía y no un alcalde olgazán, que solo se preocupa de lo suyo y que anda de juzgados a saber dios porqué.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- …
- seguinte ›
- última »