
O club da preferencia aos socios, con número do 1 ao 300, para que recollan o seu pase no despacho de entradas do Estadio de Espiñedo este sábado dia 7 de Novembro en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas, ata agotar as 150 entradas dispoñibles para completar o novo aforo autorizado polas autoridades sanitarias.
Según este sistema, no próximo partido daríaselle preferencia aos socios con número a partir do 300, e asi mentres dure esta situación debido ás restricións motivadas pola pandemia. A boa noticia para os afeccionados do Arenteiro é que o partido ante a UD Atios a partir das 16:30 horas deste domingo 8 de Novembro será retransmitido íntegramente na WEB da Televisión de Galicia na ligazón https://is.gd/hxojQA Ademáis, en formato carrusel tamén poderá seguirse na TVG-2, alternando o partido de Espiñedo co Barco-Arousa e o Bergantiños-Vilalbés.

Por vez primeira en 14 dias de descenso diario no número de contaxios activos de coronaviurus no concello do Carballiño, os datos deste venres dia 6 de Novembro rompen esa tendencia e rexistran hoxe un incremento de 3 casos máis que onte, o que sitúa no número de persoas con infección activa no Carballiño en 81.
Non se produce ningunha variación no resto do concellos, que manteñen activos os mesmos casos que onte: Boborás (14) Cea (12) Piñor (6) Beariz (3) Maside (2) O Irixo (2) Punxín (2) San Amaro (2)

O goberno socialcomunista comandado por Pedro Sánchez co silencio cómplice e colaboracionista do partido podre que lles diu apoio na moción de censura, ven de publicar a normativa pola que o sector público entra de cheo nun dereito fundamental, a liberdade de información e de opinión.
E pode parecer unha nova allea a esta comarca pero non é así. Recentemente escoitamos como o alcalde do Carballiño chamaba Circo á oposición. Será ésta a verdade inmutable do ministerio da verdade do goberno socialcomunista e tratarase como desinformación calquer denuncia ou nova que contraveña esta "verdade"?
Recentemente escoitamos ao conselleiro de sanidade difundindo chismes que según él lle trasladaron as pedras de varios concellos. Será esa a verdade inmutable que controlará o ministerio da verdade socialcomunista?
Xa levamos tapabocas, acaban cos sectores que lles ven en gaña arruinándoos por completo sen ter previsto un plan de rescate, e agora, ata queren controlar por lei o que é certo ou non.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a actualización das restricións vixentes no concello do Carballiño, que entraron en vigor ás 00:00 horas deste xoves dia 5de Novembro, flexibilizando un chisco as medidas que viñan aplicandose dende fai dúas semanas.
Asi, a Xunta volve permitir dende hoxe a apertura dos ximnasios no concello do Carballiño, que ata agora permanecían pechados, para a práctica deportiva aínda que limitando a actividade a que sexa individual ou para grupos de persoas conviventes. Tamén se autoriza o uso de intalacións e recintos deportivos do Carballiño, asi como os de carácter cultural, como o auditorio, con limite de aforo o mesmo que nos espectáculos deportivos terá que haber limitación de aforo, tamén para teatro, cine ou espectáculos musicais.
Polo demáis, continúan vixentes tanto a mobiliade reducida -non se pode sair nin os de fora entrar no Carballiño- e tampouco hai novidades para a hostelería e restauración, que seguirán pechadas e tan so con servizo para levar á casa ou recollida no propio local.
Boborás e O Irixo
Ambos municipios regresan á fase 2, e volven permitirse as actividades consideradas non esenciais. Desta maneira, volve permitirse a apertura de restaurantes e bares, que poderán atender no interior cun aforo do 50% e en terraza ata o 75%, e poden reunirse grupos de ata seis persoas. Ademáis, os residentes tanto no Irixo como en Boborás, xa poden desplazarse fora do concello a aqueles municipios que non teñan restrinxida a mobilidade. Pero non poderán entrar en municipios que teñan prohibida a entrada como é o caso do Carballiño, e dende as 00:00 deste sábado noutros 59 concellos galegos.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse con Ramiro Bello, presidente da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño e Comarca para trasladarlle a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de mudar os servizos de autobús do Carballiño a carón da estación de ferrocarril. Esta medida, xa lle foi proposta pola conselleira Ethel Vázquez ao alcalde, Francisco José Fumega, nunha xuntanza por videoconferencia o pasado 8 de outubro co gallo de facilitar a intermodalidade e mellorar a calidade do servizo.
O delegado territorial salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora constante dos servizos do transporte público no concello do Carballiño e a súa contorna, e lembroulle ao presidente da plataforma que as novas concesións de autobuses previstas no Plan de Transporte Público de Galicia incorporaron as solicitudes trasladadas polos municipios da comarca, ampliando a cobertura xeográfica do trasporte público e mellorando as conexións, tanto con Santiago, como con Ourense.
Alén Castro, tamén lle ampliou información sobre a medida que implantou o Goberno de Galicia o pasado mes de xuño, pola que todos os xoves menores de 21 anos do Carballiño poden viaxar gratis pola provincia nos autobuses dependentes da Xunta.
Así mesmo, o delegado territorial amosoulle a preocupación da Xunta pola situación dos servizos ferroviarios na provincia, xa que a frecuencias anuladas con motivo da declaración do estado de alarma aínda non foron recuperadas nin Renfe ofrece previsións sobre a súa restitución.

O concello do Carballiño recibiu hoxe un galardón consistente en dúas Flores de Honra concedidas pola inciativa Vilas en Flor Galicia.
O premio foi comunicado no transcurso dun acto que se celebrou desde Santiago por videoconferencia con vintesete concellos, e no que participou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ademais dos promotores desta iniciativa. O concello estivo representado pola concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto.
É o segundo ano que o concello do Carballiño participa nesta experiencia, e por iso a concelleira agradeceu a concesión do galardón, que supón, según dixo, “un aliciente máis para seguir mellorando este recurso e contribuir a que os espazos naturais do Carballiño sexan cada vez mellores. Realmente, no Carballiño temos arredor de 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. É un recurso ao que destinamos anualmente unha parte importante do noso presuposto municipal, pero que damos por ben empregado, xa que representa un dos principais reclamos turísticos do Carballiño”.
Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Vilas en Flor é unha iniciativa de ASVINOR (Asociación de Viveristas do Noroeste), AGAEXAR (Asociación de empresas de xardinería de Galicia) e da Fundación Juana de Vega cuxos obxectivos son promover a protección, mellora e posta en valor dos espazos verdes nos municipios de Galicia e contribuír con iso a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e a súa cohesión social; mellorar a imaxe dos municipios e os seus encantos para visitantes e turistas; xerar espazos de formación, reflexión e debate ao redor da xestión sustentable dos pobos e cidades; promover os espazos verdes como punto de encontro de relacións sociais interxeracionais; e mellorar a conciencia social cara ás políticas de sustentabilidade ambiental e potenciación dos espazos verdes urbanos.

O Presidente da Xunta de Galicia dixo esta mañá que vai aplicar o que chamou "modelo O Carballiño" ao resto de Galicia, ás sete grades cidades e a outros 53 municipios no que a situación da pandemia é máis desfavorable. En principio, e no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, todos os concellos quedarían fora destas restricións, excepto no Carballiño nas que vain seguir vixentes as actuais medidas tanto de mobilidade restrinxida ao propio territorio municipal ou as relativas a todas as actividades consideradas non esencias, que continuran prohibidas no municipio carballiñés, tal como están na actualidade.
Alberto Núñez Feijoo anunciou este mércores que establecerá a partir do venres ás 15:00 horas e durante un mes o peche de actividades non esenciais, incluída a hostalería, e o peche perimetral para o 60 por cento da poboación galega.Nunha comparecencia para informar sobre as medidas acordadas polo comité clínico reunido de novo este mércores, explicou que estas medidas afectarán a un total de 60 municipios, que inclúen as sete cidades e as súas zonas de influencia, así como 14 localidades máis pequenas que presentan altos índices de contagios.
Os municipios afectados polas restricións son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Lugo, Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón, Mugardos, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Poio, Marín, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño, Redondela, Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.

A actualización de datos correspondente a este mércores dia 4 de Novembro continúa a mesma tendencia dende fai 13 dias no Carballiño, onde continúa baixando o número de persoas enfermas de Covid-19, hoxe son 84, asi que 12 menos que onte.
Tamén descenden os contaxios activos en Boborás (-3) e quédase hoxe con 15 casos, e tamén desconta 2 enfermos en relación a onte o concello de San Cristovo de Cea, que ten 13. Mantéñense os datos no resto dos concellos: Piñor (7) Beariz (3) O Irixo (2) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (2)

O concello do Carballiño ven de otorgar o suministro eléctrico do termo municipal para o próximo exercicio 2021 á empresa ENDESA ENERXÍA SAU, que presentou a mellor oferta no procedemento de adxudicación deste servizo. A adxudicación faise por un exercicio pero coa posiblidade de prorrogalo outro máis. En concreto, o aforro anual por este concepto é de 699.909,42€, o que supón un 64% menos que o gasto realizado durante este ano 2020. Así, a licitación do servizo para este período anual era de 1.093.830,17€, mentres que a oferta presentada por Endesa foi de 393.920,75€.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- …
- seguinte ›
- última »