16, Outubro 2020

Qualis artifex Pereo! Foron as últimas verbas de Nerón, que en galego palatino ven a significar: Que gran artista morre en min. E as pronunciara xusto antes de suicidarde cando fuxiu de Roma tras contemplala arder, e as pronunciara en referencia a súa afección a tañer a lira e actuar ante o público na traxedia e a pantomima.

Calquera semellanza con calquer persoeiro da nosa vila é mera coincidencia.

O tema é que por suposto, nin o Goberno ten a culpa da pandemia (si da fatídica xestión dela), nin a Xunta, nin o goberno local do Carballiño. Pero cada un ten que facerse responsable das súas competencias e actuar da maneira máis dilixente e coa maior urxencia.

Habida conta que o Concello do Carballiño non ten competencias en materia sanitaria, deberá por o seu grao de area e asumir as súas responsabilidades en materia das ordenanzas e actuacións que fagan cumplir a normativa tanto do Goberno como da Xunta, e facilitar as axudas que minimicen o impacto da pandemia.

Ata o de agora en ningunha das súas responsabilidades amosou a máis mínima sensibilidade, ou dilixencia, ou intención. E é moi grave porque moitos dos negocios do Carballiño están a desaparecer. En moitos casos pode que sexa inevitable e é moi probable que as axudas do Concello non eviten o peche. Pero en outros casos as axudas do Concello xunto con outras axudas, poderían garantir a supervivencia.

Este goberno fixo unha lectura errónea da urxencia e das necesidades reais e así o plasmou nunhas bases de axudas que están moi alonxadas das necesidades do tecido comercial carballiñés. Porque coma sempre os políticos están alonxados da realidade e dos veciños.

É momento de virar o rumbo, quizáis pra mañán sexa tarde. E agardo que esta crítica que pretende ser constructiva sen deixar de turrarlle as orellas aos políticos sirva para algo. Porque non toda a culpa é tampouco nosa, dos que eles chaman irresponsables... Somos tan irresponsables agora como cando lles votábamos.

16, Outubro 2020

As farmacias do Carballiño que se sumen voluntariamente a esta inciativa comezarán de forma inminente a facer tests rápidos de antíxenos á poboación de maneira voluntaria. Trátase dunha iniciativa pioneira en España, da que tamén participarán outras farmacias de concellos da provincia con máis incidencia Covid entre a poboación, entre elas as do Irixo e Boborás.

O presidente do Colexio de Farmaceuticos de Ouernse, Santiago Reyes, confirmou a COPE O Carballiño que están no proceso de adhesión a esta iniciativa por parte da farmacias, que tamén é voluntario. Estes test serolóxicos poderán ser solicitados polos cidadáns de maneira gratuíta a través dunha cita por internet na páxina Web do Colexio de Farmaceuticos ou na propia oficina de farmacia e, no caso de resultar positivo, a persoa será citada para facer unha proba PCR posterior nalgún centro do Sergas.

Desta maneira, trátase de “incrementar a capacidade diagnóstica” nos municipios cunha incidencia de infeccións por coronavirus máis elevada. Para iso por parte da Consellería de Sanidade estableceuse unha colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Ourense que, segundo o presidente dos farmaceuticos é “pioneira” en España, polo que esta asociación espera que poida servir de exemplo para outras farmacias de Galicia e España.

16, Outubro 2020

Record de contaxios activos no Carballiño dende que se declarou a pandemia, con 173 contaxios activos, tras contabilizarse 12 máis nas últimas horas, pasando dos 161 de onte aos 173 notificados por Sanidade neste venres dia 16 de Outubro. Asi pois, tras o lixeiro descenso de onte cando se contabilizaron dous casos menos, volven subir os contaxios activos, 12 máis nas últimas 24 horas no municipio carballiñes.

Tamén aumentan lixeiramente os casos activos de coronavirus en Boborás (+1) e alcaxnza os 20 e Piñor (+1) que contabiliza 3. Baixan un paciente activo Maside, que rexistra 5, e San Amaro, que se queda cun único caso no seu termo municipal.

Continúan hoxe sen variacións en San Cristovo de Cea (4) Punxín (1) Beariz (6) e O Irixo (8)

15, Outubro 2020

Por primeira vez dende finais do mes de Setembro O Carballiño consigue frear a curva ascendente do coronavirus, e rexistra dous contaxios activos menos nas últimas 24 horas, pasando dos 163 casos activos de onte aos 161 que notifica hoxe Sanidade, neste xoves dia 15 de Outubro. O dato é certamente esperanzador se temos en conta a gran cantidade de PCR feitas á poboación carballiñesa nos últimos dias. Dende onte notificaronse 8 novos contaxios e 10 altas, 10 persoas que conseguiron superar a enfermidade.

Tamén desconta un contaxio activo o concello de Cea, que baixa de 5 a 4. Aumentan os casos Beariz (+1) e sube a 6, igual que Maside, que rexistra un contaxio máis ca onte, e sube aos 6.

Non se producen variacións no resto dos municipios, onde se manteñen os contaxios activos. Boborás (19) O Irixo (8) Piñor (2) San Amaro (2) e Punxín (1)

14, Outubro 2020

O Centro de Coordenación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado celebraron este mércores dúas reunións nas que se acordou o operativo de control que levarán a cabo dende este xoves dia 15 de Outubro para que se cumpran as restrincións de mobilidade da poboación decretadas pola Xunta para deter o avance do coronavirus nos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo. Garda Civil e Policia Autonómica exercerán o control de forma preferente nos concellos do Irixo e Boborás, e reforzarán a Policia Local do Carballiño neste municipio.

A mobilidade está, ata novo aviso, restrinxida ao perímetro territorial formado polos tres municipios, aínda que poderáse sair ou entrar por motivos xustificados, que poden ser calquera dos seguintes:

Coidado a persoas dependentes

Pódese entrar e saír das tres localidades para o coidado de membros da familia dependentes ou vulnerables como pode ser o caso de persoas maiores, menores ou con discapacidade. 

Sanidade

A saída e entrada está permitida para acudir a centros, servizos ou establecementos sanitarios.

Traballo

Permítese saír ou entrar dos concellos confinados para o cumprimento das obrigacións laborais, profesionais, empresariais ou legais.

Educación

O acceso ou saída dos  tres municipios é posible para a asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

Residencia habitual

Está permitida a entrada ou saída tanto de Boborás, O Irixo e Carballiño para volver ao lugar de residencia habitual.

Bancos, alimentación ou comercio

Permítese o desprazamento a entidades financeiras e de seguros só no caso de que non poidan aprazarse. Da mesma maneira, poderáse sair ou entrar aos concellos con mobilidade reistrinxida para facer unha compra alimentación ou de carácter comercial, sempre que non se dispoña do servizo no concello de residencia.

Trámites coa administracción

Poderase acceder a estes núcleos para actuacións requiridas ou urxentes #ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. Tamén para a renovación de permisos e de documentación oficial, así como outros trámites administrativos non aprazables.

Outras causas

O acceso ou saída dos tres concellos será posible por causa de forza maior, situación de necesidade ou calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.

14, Outubro 2020

O concello do Carballiño suspende a celebración da próxima feira, que ía a ter lugar este venres 16 de outubro, debido á situación xerada pola propagación da Covid 19 no municipio.

O concello, en consonancia coas restricións impostas por esta situación, así como a limitación de movemento fóra dos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, adopta esta decisión como unha medida preventiva para evitar calquera tipo de concentración na vila que puidera provocar novos contaxios.

Por isto, suspéndese toda a actividade vencellada coa feira, non permitíndose polo tanto a instalación de postos de venda ambulante nas rúas.
Así mesmo, agárdase que todas as medidas tomadas contribúan a mellorar a situación e permitan desenvolver as feiras seguintes con normalidade

14, Outubro 2020

O Concello do Carballiño continúa aumentado o número de casos activos de coronavirus, 8 máis ca onte, situándose con 163 persoas infectadas, según os datos comunicados neste mércores dia 14 de Outubro. A comarca suma 210 persoas que están pasando pola enfermidade.

Tamén aumentan os contaxios os concellos de Boborás (+1) e alcanza os 19. San Cristovo de Cea, que tiña 3 contaxios activos aumenta a 5, dous máis ca onte. E rexistra o primeiro caso de coronavirus o municipio de Punxín, o único da comarca que ata onte se mantiña libre do virus.

Baixan un caso en relación a onte os concellos do Irixo, que mantén 8 contaxios, e Maside, que se queda con 5. Non hai variacións nos municipios de Beariz (5) Piñor (2) e San Amaro (2)

 

14, Outubro 2020

Ver el post de los parques infantiles, me ha ofendido. Los parques infantiles no son exclusividad del Bloque ni de ningún partido, ni siquiera del Alcalde o del señor Sotelo o Dacal aunque se crean los amos del pueblo. Son de los vecinos y en especial de los niños. Y se hacen con nuestros impuestos, que bien que los cobran y los suben. 
Hay que ser muy cortos de miras para aludir a los parques infantiles, que perfectamente podían estar abiertos, ya que al aire libre es donde menos contagios hay. Porque no se conoce ningún foco procedente de parques infantiles. Pero las evidencias científicas y sanitarias poco le importan a este gobierno. No hay más que ver al Señor Diego " concejal de cultura ", dice, cortandole las alas al cine y al teatro y a cualquier acto cultural, en el que tampoco se conoce ningún foco que en esos eventos se produjera . 
 Pero eso que más da. Sanidad señala a bares y fiestas y reuniones de amigos y familiares como la causa. Pero en eso no se recortò. No se tomaron medidas. Eso no les importò a los que se creen amos del pueblo y que su vida transcurre entre negocios de bares fiestas.

Los niños y los abuelos pagan el pato que se comen los ya no tan jòvenes y de mediana edad gracias al libre albedrío que reina no Carballiño 

13, Outubro 2020

Nova medida de restrición para tratar de conter o coronavirus, que continúa aumentando o número de contaxios no Carballiño, 155 según  os últimos datos, mentres que na comarca os casos chegan xa aos 200.

A Xunta restrinxe a mobilidade de forma perimetral a toda a poboacion nos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, quedan prohibidas as entradas e saidas do perímetro formado polo territorio municipal dos tres concellos para todas as persoas residentes nos mesmos, excepto en casos xustificados, por motivos laborais, educativos ou sanitarios. A medida entra en vigor dende as 00:00 horas deste xoves dia 15 de Outubro.

No concello de Boborás acumulanse 18 contaxios segúns os datos facilitados por Sanidade este martes 13 de Outubro, e 9 concello do Irixo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS