18, Decembro 2020

"Mellor local, mellor galego" este é o lema co que o BNG do carballiño, arrinca a campaña de apoio ao comercio local e aos produtos galegos e de proximidade. A concelleira Sofía García e o deputado no Pazo do Hórreo Iago Tabarés, deron conta esta mañá en rolda de prensa dos motivos que impulsan ao BNG a levar adiante esta iniciativa, ao tempo que piden a implicación de toda a veciñanza na mesma. Segundo Sofía García "con esta campaña queremos contribuir a paliar o feche de tendas e a destrución de postos de traballo como consecuencia da crise económica xerada pola COVID-19". García incidiu en que un dos obxectivos da campaña é "destacar a potencialidade e calidade dos produtos galegos como motor para a dinamización do pequeno comercio, comercio local que aposta pola calidade, pola innovación e pola especialización".

"O comercio local ofrece calidade, trato personalizado, produtos coidados e diferentes e vendidos por persoas as que coñecemos e tratamos ao ser parte das nosas vilas". Con esta afirmación, a concelleira Sofía García marca outro dos obxectivos fundamentais da campaña xa que "ese valor engadido só nolo da o comercio local". Outro dos aspectos fundamentais é o feito de que o comercio local e de proximidade é xerador de postos de traballo e polo tanto de dinamización social e económica nas nosas cidades e vilas. Sofía incidía en que coa campaña presentada, o BNG "quere aportar o seu grao de area para dinamizar a nosa vila e potenciar os produtos que xeran riqueza no noso país". "animamos a veciñanza a aproveitar estas datas para implicarse co noso comercio, coas nosas feiras e cos nosos produtos". Por último, García advertiu de que "debemos impedir que a nosa vila se convirta nun deserto".

En termos similares se manifestou o deputado por Ourense no Parlamento galego Iago Tabarés quen iniciou a súa intervención lembrando que desde o BNG "sempre se apostou polo comercio local, entendendo q ue é esencial na nosa vida económica e social, contribuíndo mesmo a dinamización das nosas vilas e cidades". Tabarés quixo afondar no feito de que "non todo é imputable á pandemia, posto que xa antes da mesma, o comercio local atopábase nunha situación moi difícil". Para Iago Tabarés temos que ter en conta a importancia que o comercio local ten en Galiza ao supor o 14% do PIB e o 13% do emprego". Tanto económica como socialmente é un sector "moi importante".

O deputado afondou durante a súa comparecencia no feito de que "nestas circunstancias, onde grandes plataformas, as cales, en moitas ocasións nin tan sequera tributan aquí, están comendo parte do mercado do comercio de proximidade, é o momento de apoiar decididamente ao comercio local". Os motivos esgrimidos por Tabarés para apostar polo comercio local resúmense en que primeiro "porque é mellor, ao oferecer produtos dunha altísima calidade". Segundo "por ser unha economía e un xeito de producir moito máis sustentábel e respectuoso co medio ambiente". En terceiro lugar porque "estes produtores e comerciantes revirten os seus ingresos na propia terra, e tributan na propia terra".

Por último, Tabarés apuntou que é preciso "humanizar e socializar as nosas vilas e as nosas cidades, o que da cor as nosas rúas son precisamente os pequenos comerciantes". De entre as medidas que hai que adoptar urxentemente, Iago Tabarés destacou en primeiro lugar, as axudas directas de carácter económico ao sector, en segundo lugar, declarar Galiza zona saturada de grandes superficies cunha regulación dos horarios comerciais que permita oa pequeno comercio competir en igualdade de condicións e poder conciliar a vida laboral e familiar. En terceiro lugar, o establecemento dunha marca de calidade para os produtos de horta galegos, "témolos e son de gran calidade, potenciémolos e diferenciémolos como produto galego". Por último, Iago Tabarés aposta por levar a cabo campañas de promoción e valorización das prazas de abastos, dos mercados tradicionais, das feiras e do comercio de proximidade". Por todas estas razóns desde o BNG lanzan a campaña de apoio ao comercio local e de proximidade polo que distribuirán cartelería para incentivar ao consumo nestes establecementos.

17, Decembro 2020

Un brote de coronavirus declarado na Residencia de Maiores "A Saleta" de San Cristovo de Cea afecta a 10 persoas usuarias, según a información dada a coñecer este xoves dia 17 de Decembro por Sanidade. Tras confirmarse un primeiro caso este pasado martes, practicouse un cribado no que outras nove residentes deron positivo na proba PCR. 

Na Residencia "San Antonio" de Beariz, oito persoas aínda continúan pasando pola enfermidade, tras o brote detectado neste xeriátrico o pasado dia 20 de Novembro.

En canto ao número de contaxios activos a dia de hoxe no resto dos concellos, os datos falicitados por Sanidade reducen a 4 os casos activos no Carballiño, 1 en Maside e 1 en Piñor.

Nos municipios de Punxín, San Amaro, Boborás e O Irixo non se rexistran contaxios activos no balance diario do Sergas.

17, Decembro 2020

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, reuníronse na sede da entidade provincial para ultimar a colaboración entre ambas administraccións en varios proxectos no concello carballiñés.

No plano cultural, ambos mandatarios mostráronse dacordo para que o museo etnográfico do río Arenteiro pase a integrarse na futura rede museística provincial, un proxecto que ultima a Deputación, e no que tamén se incluirá o museo do papel da Lavandeira, aínda pendiente de rematarse, unha actuación coa que tamén mostrou o seu compromiso o presidente provincial. Nesta mesma rede museística, tamén se quere incluir o museo ao aire libre da Insua dos Poetas, xestionado pola Fundación do mesmo nome.

Ademáis, nesta entrevista de traballo, Presidente da Deputación e Alcalde do Carballiño acordaron a obra de mellora da Travesía de Mesego, que incluirá un novo pavimento. Tamén se abordou a adxudicación da obra de construcción dunha senda peonil de acceso ao Bañiño de Arcos dende a estrada do Reino, na parroquial de Arcos.

17, Decembro 2020

Debido á situación na que este ano temos que traballar nos centros escolares, na que nos vemos obrigados polas circunstancias a reducir os contactos ao mínimo e polo tanto os xa tradicionais festivais de Nadal, decidimos facer a maior e máis grande Gala de Nadal, na que participarán exactamente 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, de todos os centros educativos da comarca e de todas as etapas educativas.

Esta Gala terá un escenario principal que será o Auditorio do Carballiño e os outros escenarios, serán os 12 centros da comarca que se uniron á mesma de maneira espontánea e ilusionante.

No Auditorio levarase a cabo a presentación en directo da Gala, así como actuacións de Magos, artistas de circo, cantantes e músicos. O público estará sentado en cada un dos seus pupitres nas máis de 150 aulas.
Os outros escenarios serán os propios centros onde durante estas últimas semanas actuaron os propios alumnos e alumnas, gravándose en vídeo, as interpretacións, que formarán parte desa Gala.

Tamén haberá unha aula de cada centro que de maneira virtual estará presente, interactuando cos presentadores e artistas da mesma, no Auditorio.

No propio Auditorio, cumprindo coas medidas establecidas no momento, estarán presentes os alcaldes e concelleiros de educación dos concellos participantes e xa contamos coa presenza, confirmada da Xefatura Territorial e Inspección educativa da zona.
Ademais de todas as aulas dos centros educativos poderán presenciar a Gala en directo, todas as residencias de maiores da comarca, ás que lle faremos chegar o enlace para poder presenciala en directo.
En directo no auditorio estarán presentes 60 pais/nais representando proporcionalmente ao número de alumnos/as de cada centro, por rigorosa invitación levada a cabo dende as ANPAS.
O estilo vai ser Gala de entrega dos Goya, no que os vídeos dos centros sexan as películas, aínda que desta vez sen premios.

Isto será en resumo o que vai a ser a Gala Anti-Covid de todo o ensino nas terras do Carballiño. Tamén veremos como responden as comunicacións con todas as aulas conectadas á vez.

1ª Parte: Gala para alumnado de Infantil e Primaria
Hora comezo: 10:00 Hora finalización: 11:30

Actuacións:
Cada centro con alumnado de infantil e primaria terá 4 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.

Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación do Mago Kiko Pasteur
.- Actuación dunha equilibrista da “Ciudad de los Muchachos” Nerea Otero
Como fin da gala haberá unha actuación dos 408 alumnos e alumnas infantís de todos os centros da comarca cantando unha mesma canción.

2ª Parte: Gala para alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP, Ciclos e Conservatorio.
Hora comezo: 11:45 Hora finalización: 13:10

Actuacións:

Cada centro con alumnado de secundaria, bacharelato, FP... terá 6 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.

Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación en varios actos do Mago Kiko Pasteur.
.- Actuación cantante do IES nº1 do Carballiño Noemi Duro de 12 anos .

17, Decembro 2020

Bos dias por que non ye decides a os politicos do carballiño que en vez de facer a casa da xuventude na estacion do  bus empecen facendo o apartamento despois o piso e despois si fai falta faiselle a casa por que creo que pra o uso que se lle vai a dar chegavalle ven pra empezar un pisiño e nos o que utilizamos o bus todos os dias mandanos pra estacion do tren eu chego todos os dias as 8 e cuarto da maña e onte contei ayer entre os  rapaces que van pra o colegio e a xente que viñamos das aldeas pra a feira e eramos casi 70 que nos vera a la todos metidos na saliña de espera do tren e despois todos de paseo pra o carballiño e a volta todos cargados pra a estacion do tren teremos que darlle as gracias o alcalde por que pra xente nova quedan no centro na estacion do bus e pra nos pa os vellos mandanos casi a fontela moitas gracias e pensen un pouquiño

16, Decembro 2020

   Ya llega el día de Navidad y yo, como muchos otros, hemos echado la carta para pedir nuestros deseos. Llevo un año pidiendo cosas y ahora espero que Papá Noel me las cumpla, claro que necesitará de la ayuda de los incompetentes e ineptos que dirigen el ayuntamiento del pueblo.

Primero quiero pedir a ver si de una vez por todas se digna a abrir los parques infantiles, algo que parece que no va a suceder porque se pueden desgastar.

Otra es pedir una oposición que sepa hacer de oposición y no esto que tenemos que ya no se ni que llamarlos, sobre todo los del PP.

Otra es a ver si arreglan las calles del pueblo que por alguna necesitas un 4x4 para poder pasar, otra la cierran dia si dia no.

Otra es velar por los peatones y ciclistas en un pueblo donde mas de la mitad de los conductores hace muchos años que deberían haber dejado de renovar el carnet y los otros volver a la autoescuela a reciclarse, también con la ayuda de eso que hay en la casa consistorial y que se dice que dirigen el pueblo para reducir velocidades y pasos de peatones elevados.

Y la última es que el año que viene podamos vivir un año libre de restricciones y de paso nos libremos de nuestro amado alcalde y cia. No es que le tenga manía, aunque alguien pueda pensarlo.

16, Decembro 2020

A consellería de Educación informa do peche dunha aula por causa do coronavirus no IES Chamoso Lamas do Carballiño, ao rexistrarse un caso positivo dun alumno.

Según o protocolo que se ven aplicando dende o inicio do curso, non é o habitúal, que un único caso de Covid-19 leve á clausura da aula, aínda que neste caso acordouse asi ao tratarse dunha aula con tan so oito alumnos. De feito, é a primeira vez que esto acontece nos centros educativos do Carballliño, a pesar de que chegaron a rexistrar preto de medio cento de contaxios entre o alumnado no que levamos de curso. Precisamente, no propio IES Chamoso Lamas, Sanidade notifica outros dous casos positivos máis, polo que en total son 3 os que rexistra o centro.

Ademáis, na última actualización de datos, tamén figuran un contaxio activo no CPR Sagrado Corazón e CPR Vila do Arenteiro, respectivamente.

16, Decembro 2020

Do 24 de Decembro ao 6 de Xaneiro, o concello de San Cristovo de Cea ofrece a toda a veciñanza un moi diverso programa de actividades virtuais, que poderán seguirse a través da páxina web municipal, Facebook, Instagram e Canal de WhatsApp.

No arquivo adxunto, tes todas as  propostas desta programación navideña do concello de San Cristovo de Cea:

16, Decembro 2020

Porque se tarda tanto en resolver todas las subvenciones a autónomos desde el Ayuntamiento?
Vamos a entrar ya en la tercera ola de la pandemia y aún no dan cumplido con lo comprometido para la primera ya pasada y hace meses de esto.
A este ritmo, a alguno le llegará, si es que le llega, a casa porque el negocio estará ya cerrado y ya fuera de circulación.
Eso si, hubo mucha prisa por pagarle, entre las primeras, a una concejala del Psoe del propio grupo del gobierno municipal, lo cual de entrada es cuando menos poco ético.
Y lo peor de todo es que según están planteadas las bases, a mucha gente nos las están reduciendo a menos de la mitad o incluso acabaran denegándonosla.

16, Decembro 2020

Unha carballeira é un espazo natural no que non só hai carballos. Conviven especies animais e vexetais diversas nun rico ecosistema que se autorregula e se retroalimenta dende hai moitos séculos.

Ignoro se están ou non protexidas, pero no mundo actual faltaría algo se non se teñen en consideración estes marabillosos espazos naturais que contribúen á posibilidade de vida nesta terra. Se morren as carballeiras, o ser humano tampouco ha tardar moito en facelo como especie. A desaparición das carballeiras tamén repercutirá negativamente na climatoloxía e na contaminación, pois elimínanse espazos naturais que absorben monóxido de carbono en cantidades inxentes.

Nótase dende hai algúns anos que na contorna do Carballiño, que, curiosamente, leva no seu nome a unha árbore simbólica das carballeiras, se están a destruír este tipo de espazos naturais, sen que, ao parecer, lle preocupe a ninguén. Motoserras e todo tipo de máquinas traballan arreo pra esnaquizar espazos naturais tan importantes para a vida, para a regulación da contaminación e do clima, tema tan de moda, pero que non parece ser tomado en serio, cando menos polos propietarios das carballeiras e polos das motoserras.

Os propietarios das carballeiras non deberían poder arrasar con espazos naturais tan importantes e necesarios para a vida e para a paisaxe polo só feito de ser os "donos". Trátase dun ben común, necesario para a vida, e do que todo o mundo se beneficia dalgún xeito. Estannos a privar de elementos vitais a toda a sociedade e non queremos darnos conta. 

Sempre escoitei dicir que onde se corta unha árbore hai que poñer outra, pero nunca escoitei que é o que hai que facer cando se destrúe unha carballeira enteira. Cando menos, farían falta moitos... moitos anos, seguramente séculos, para poder recuperala. Mentras... as carencias das aportacións beneficiosas para a vida que procedían destes espazos redundarán seriamente nunha peor saúde da biodiversidade e, tamén, do benestar da poboación humana.

Pois iso... pra reflexionar.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS