9, Outubro 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza, por videoconferencia, co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega. No encontro, a conselleira trasladou que a Xunta ten redactado un plan para desenvolver a intermodalidade nas vilas galegas con fondos europeos do próximo programa operativo Feder.

A actuación proposta polo Goberno galego permitiría facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte público aos veciños do Carballiño.

Ademais, desta forma sería posible atender a demanda do Concello do Carballiño de asumir a titularidade da actual estación de autobuses para destinar as instalacións a usos sociais. Neste sentido, a titular de Infraestruturas destacou que, para mellorar o estado das instalacións, a Consellería ten previsto realizar unha mellora na estación de autobuses, actuando sobre a cuberta.

A conselleira destacou ante ao alcalde do Carballiño o compromiso da Xunta coa mellora constante dos servizos do transporte público no municipio. A ese respecto, lembrou que as novas concesións de autobuses previstas no Plan de Transporte Público de Galicia incorporaron as solicitudes trasladadas polos municipios da comarca, ampliando a cobertura xeográfica do transporte público e mellorando as conexións, tanto con Santiago, como con Ourense.

Así mesmo, Ethel Vázquez puxo en valor que desde o pasado mes de xuño todos os mozos menores de 21 anos do Carballiño poden viaxar gratis pola provincia nos autobuses dependentes da Xunta.

Fronte a isto, a conselleira trasladoulle ao alcalde a fonda preocupación da Xunta pola situación dos servizos ferroviarios na Comunidade, e, en concreto, na provincia de Ourense, xa que as frecuencias anuladas con motivo da declaración do estado de alarma aínda non foron recuperadas nin Renfe ofrece previsións sobre a súa restitución.

8, Outubro 2020

O tenente-Alcalde, Carlos Paz González, ven de presentar -xunto ao xerente da Empresa Montañesa, Manuel Carballeda, a primeira fase do plan de mobilidade “Móvete por San Amaro”.

Nesta primeira fase, procederase -despois de diversas conversas coa única empresa que realiza servizos no termo municipal- á información e posta en valor dos servizos de transporte público existentes, combinando diversas tipoloxías de transporte, como son a liña regular, o bus compartido ou o transporte á demanda. Neste senso, hoxe xoves día 8, estase procedendo a colocar carteis informativos en cada marquesina do termo municipal.

A mobilidade é un dos grandes retos a solventar en San Amaro, na comarca do Carballiño e -por extensión- en todo o medio rural. A escaseza de transporte público, a dispersión da poboación ou o emprego popularizado dos vehículos privados, provocan unha mobilidade ambiental, económica e socialmente insostible. Neste senso, afirmou Carlos Paz que “apostamos por un modelo de sostibilidade, tanto para protexermos os importantes recursos naturais do concello e da comarca, como para procurarmos uns niveis aceptables de calidade de vida para as veciñas e os veciños dos distintos núcleos do termo municipal”.

Nos vindeiros exercicios, continuarase traballando na redacción do plan de mobilidade, con arranxo ao seguinte cronograma:

FASE 1 (Ano 2020) Información e promoción dos servizos existentes, combinando diversos tipoloxías de transporte, como é a liña regular, o bus compartido ou o transporte á demanda.

FASE 2 (Ano 2021) Elaborar un informe de usos do transporte público e privado. Apertura dun proceso de participación para coñecer as demandas e necesidades da poboación, co que teriamos umha aproximación aos usos potenciais máis demandados pola poboación amarense.

FASE 3 (Ano 2022-23) Poñer en marcha un servizo de transporte público combinado que facilite a mobilidade das veciñas e dos veciños de San Amaro, acorde aos tempos e ás necesidades. Promoción e posta en valor do mesmo. Ordenamento dos espazos públicos -preferentemente os que favorezan o uso de transporte público ou doutros medios non contaminantes- con arranxo ás necesidades das/os usuarias/os, a uns criterios de sostilidade e pouco agresivos co entorno

No arquivo adxunto podes ver a primeira fase desta plan municipal de mobilidade do concello de San Amaro:

8, Outubro 2020

Durante o confinamento algúns concelleiros socialistas adicábanse a repartir mascarillas persoalmente ás persoas que lles interesaba, porque parece ser que deben entender que os cartos son deles, e son eles os que deben ir repartindo agasallos según os seus criterios.

Nin no confinamento nin con posterioridade foron capaces de facer o máis mínimo con algo de utilidade, de feito as axudas están sin repartir, e as bases son un pitorreo que nin eles entenden, pensaban que entrarían certos conceptos e incluso os publicitaban, e cando a xente lles decía que non entran según as bases, sorrían. Un caos.

Dementres, que non dementes, Fumega tomaba o pelo a cidadanía coa cacicada dos aparatos de calistenia.

Agora que hai contaxios a tutiplén habida conta que cando se podían facer as cousas estaban pensando en minifestas, ten unha reunión co conselleiro de sanidade e lle traslada parvadas.

Os socialistas e comunistas andan coa propaganda da resilencia, que en termos sicolóxicos ven a ser algo así como trágala. Traga a inutilidade destes políticos. Traga o seu caciquismo. Traga os seus enchufes e favoritismos. Traga as súas prevaricacións. Traga os ataques ao Estado de dereito. Traga os ataques ó Rei. Traga os ataques aos xuices: E fai todo iso porque veñen novos tempos, os da nova anormalidade e aberración. A RESILENCIA, o empoderamento e demáis parvadas que polo de agora tan só benefician a castas como as que viven en Galapagar como marqueses.

8, Outubro 2020

Acabo de ler a denuncia na que se acusa a Fumega de "non enterarse" por decir que se está a estudiar o peche do colexio. Asisto atónito además a certos comentarios en redes sociais nos que se ven a decir que non se pode criminalizar os mozos que fieron festas clandestinas, xa que prácticamente todos facemos algo mal. Vexo tamén manifestacións de propietarios de bares en Ourense en contra das medidas da Xunta de Galicia nesa cidade. O desbarre do alcalde de Barbadás que di que a Valenzá non é Ourense (¿Será a lua?), e está en contra do peche do seu pobo. E non dou crédito... Está ben certo que neste país é ben máis fácil votarlle a culpa os políticos, que pensar na culpa que temos cada un de nos.

Pero señores, por moita PCR e rastrexo que se faga, por moita UCI que se habilite, nada será suficiente sen a responsabilidade indivudial. Por suposto que un pode ir o supermercado con toda precaución e enfermar alí, tamén lle pode pasar nunha visita médica ou polo cuidador do servicio a domicilio. Incluso por que o teu fillo o colla no cole. Non hai que criminalizar estes casos, é posible que a moitos nos chegue a pasar. Pero sintoo, si un enferma por irse de cañas, a culpa non é de Feijoo nin de Fumega, a culpa é del por irse de cañas. Si un fai unha festa nun baixo, e nunha semana morre o teu avó ou a túa aboa, a culpa é túa, nin de Feijoo, nin de Fumega nin de Sanchez. O que hoxe está a suceder no Carballiño é resultado dos meses de verán nos que as terrazas da rúa principal estaban cheas a rebosar, con xente de vinte anos sen máscara, pero tamén con xente de máis de ochenta sen ela. Son resultado das comidas familiares, das visitas dos que veñen de Madrid ou Cataluña, pero tamen de Ourense ou da Coruña. De non entender que non se pode interaccionar sen máscara se non convives, por moito que non esté prohibido (tampouco está prohibido tirarse por unha ponte abaixo...).  Hoxe está medio pobo pechado, asistindo a unha debacle sanitaria e económica que deixará mortos e peches de negocios por diante. E señores, a culpa non é nin de Fumega, nin de Feijoo, nin de Sanchez. A culpa é da nosa irresponsabilidde individual, de non ser capaz de asumir que temos que cambiar a nosa forma de vida uns meses, de comportándonos coma novos ricos que non somos capaces de renunciar á nosa vida social uns meses. E sinto polos que enfermen ou enfermemos (xa digo que a todos nos pode tocar) a pesares de cumprir coas medidas sanitarias, para eles non vai esta mensaxe.

E por último, eu quero agradecer os políticos que toman decisions, inda que sexan dolorosas como o peche de Ourense, pero que salvarán vidas. A única critica que se lles pode facer é que chegue tarde. Espero que os dirixentes sigan sendo valentes para tomar este tipo de decisións, e que os hosteleiros que hoxe están a vivir unha situacion tan compricada, pois que cando volvan a abrir non se olviden de esto, e contribuan a que non volva a pasar.

8, Outubro 2020

Completamente de acuerdo con la denuncia anterior, Paco Fumega esta fallando a la ciudadania desde el minuto uno, Promesas y mas promesas,,,,nos toman por tontos el y su pesimo equipo de gobierno. Porque no hay un concejal que se salve.. Y con la situacion que estamos viviendo, Hoy se reune con el conselleiro y nos cuenta lo que ya sabemos. Nada nuevo, Y mientras los comerciantes sin ayudas , cuando tenemos a la concelleira de comercio con sueldo. Y lo mismo pasa con la conciliacion de las familias y ayuda a personas mayores,tambien con la correspondiente concejala y su sueldo. Eso si...ponemos unas mesas amarillas preciosas en los bares y venga los cubatas...CREO QUE TENEMOS EL PEOR GOBIERNO DE LA HISTORIA EN CARBALLIÑO.Ojala salgamos de esta y pasen pronto los tres años que le quedan al sr Fumega y marchen todos para casa por que no creo que se vuelvan a sentar en sus correspondientes sillones de alcalde y concejales

8, Outubro 2020

O coronavirus sigue a súa expansión na comarca carbaliñesa, neste primeiro dia no que entraron en vigor as medidas restrictivas na vida social publicadas no Diario Oficial de Galicia.

No municipio do Carballiño aumentan en sete os contaxios activos de covid-19 en relación aos números de onte, e son xa 85 os carballiñeses e carballiñesas que están pasando pola enfermidade.

No resto dos concellos o número de contaxios que están activos suman 29 casos, que se reparten asi: Boborás (10) Beariz (6) Maside (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (3) Piñor (2) e San Amaro (1). O único concello que se mantén libre de coronavirus a día de hoxe é o de Punxín, con 0 casos.

8, Outubro 2020

Hay 7 contaxios en escolares e 70 en bares e festas e Fumega vaille decir o conselleiro que peches os colexios

este señor que temos de alcalde non se entera ou non se quere enterar

8, Outubro 2020

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as restricións que dende hoxe entran e nvigor en todos os concellos da comaca do Carballiño..

Consulta no arquivo adxunto o texto publicado no DOG:

7, Outubro 2020

O alcade Francisco Fumega infomou en COPE O Carballiño que, según os datos aportados polo SERGAS esta mañá, son en total 78 os contaxios de coronavirus que permanecen activos no concello do Carballiño, tras dispararse os positivos detectados nos últimos tres dias, que son 39.

O rexedor anunciou que este xoves dia 8 vai manter unha reunión co conselleiro de sanidade Julio Comesaña, para avaliar a situación epidemiolóxica que rexistra O Carballiño, e mesmo acordar posibles medidas para conter a propagación do virus entre a veciñanza carballiñesa. Fumega vaille trasladar ao conselleiro "a preocupación manifestada por numerosas familias do Carballiño, xa que consideran que nesta situación debería suspenderse a actividade nos colexios e institutos".

O alcalde comunicou que por parte tanto da Policia Local como da Garda Civil van reforzarse as medidas de control, para que se cumplan as restricións que entran en vigor ás 00:00 horas deste xoves.

7, Outubro 2020

O Carballiño gozaba ata fai apenas unha semana dunha situación epidemiolóxiica envexable, tanto a nivel provincial como autonómico. Todo cambeou radicalmente nos últimos dias, nos que catro brotes e varios casos sen relación entre eles encenden todas as alarmas e motivan que dende as cero horas deste xoves tanto O Carballiño como o resto de concellos da comarca teñan varias limitacións, entre elas a prohibición de reunións de persoas que non sexan conviventes.

Según os últimos datos deste martes dia 6 de Outubro, O Carballiño acumulou nos últimos tres dias un total de 39 novos casos positivos en coronavirus, o que converten ao municipio no terceiro de Galicia con máis novos casos acumulados neste pequeno periodo de tempo, tan so Ourense (106 casos) e A Coruña (64 casos) superan a O Carballiño, eso sí, tendo en conta a enorme diferencia de poboación, porque se facemos a comparativa por cada 100.000 habitantes O Carballiño é o primeiro do ranking que ten agora mesmo o peor comportamento da evolución da pandemia en todo o territorio galego.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS