14, Outubro 2020

O Centro de Coordenación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado celebraron este mércores dúas reunións nas que se acordou o operativo de control que levarán a cabo dende este xoves dia 15 de Outubro para que se cumpran as restrincións de mobilidade da poboación decretadas pola Xunta para deter o avance do coronavirus nos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo. Garda Civil e Policia Autonómica exercerán o control de forma preferente nos concellos do Irixo e Boborás, e reforzarán a Policia Local do Carballiño neste municipio.

A mobilidade está, ata novo aviso, restrinxida ao perímetro territorial formado polos tres municipios, aínda que poderáse sair ou entrar por motivos xustificados, que poden ser calquera dos seguintes:

Coidado a persoas dependentes

Pódese entrar e saír das tres localidades para o coidado de membros da familia dependentes ou vulnerables como pode ser o caso de persoas maiores, menores ou con discapacidade. 

Sanidade

A saída e entrada está permitida para acudir a centros, servizos ou establecementos sanitarios.

Traballo

Permítese saír ou entrar dos concellos confinados para o cumprimento das obrigacións laborais, profesionais, empresariais ou legais.

Educación

O acceso ou saída dos  tres municipios é posible para a asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

Residencia habitual

Está permitida a entrada ou saída tanto de Boborás, O Irixo e Carballiño para volver ao lugar de residencia habitual.

Bancos, alimentación ou comercio

Permítese o desprazamento a entidades financeiras e de seguros só no caso de que non poidan aprazarse. Da mesma maneira, poderáse sair ou entrar aos concellos con mobilidade reistrinxida para facer unha compra alimentación ou de carácter comercial, sempre que non se dispoña do servizo no concello de residencia.

Trámites coa administracción

Poderase acceder a estes núcleos para actuacións requiridas ou urxentes #ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. Tamén para a renovación de permisos e de documentación oficial, así como outros trámites administrativos non aprazables.

Outras causas

O acceso ou saída dos tres concellos será posible por causa de forza maior, situación de necesidade ou calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.

14, Outubro 2020

O concello do Carballiño suspende a celebración da próxima feira, que ía a ter lugar este venres 16 de outubro, debido á situación xerada pola propagación da Covid 19 no municipio.

O concello, en consonancia coas restricións impostas por esta situación, así como a limitación de movemento fóra dos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, adopta esta decisión como unha medida preventiva para evitar calquera tipo de concentración na vila que puidera provocar novos contaxios.

Por isto, suspéndese toda a actividade vencellada coa feira, non permitíndose polo tanto a instalación de postos de venda ambulante nas rúas.
Así mesmo, agárdase que todas as medidas tomadas contribúan a mellorar a situación e permitan desenvolver as feiras seguintes con normalidade

14, Outubro 2020

O Concello do Carballiño continúa aumentado o número de casos activos de coronavirus, 8 máis ca onte, situándose con 163 persoas infectadas, según os datos comunicados neste mércores dia 14 de Outubro. A comarca suma 210 persoas que están pasando pola enfermidade.

Tamén aumentan os contaxios os concellos de Boborás (+1) e alcanza os 19. San Cristovo de Cea, que tiña 3 contaxios activos aumenta a 5, dous máis ca onte. E rexistra o primeiro caso de coronavirus o municipio de Punxín, o único da comarca que ata onte se mantiña libre do virus.

Baixan un caso en relación a onte os concellos do Irixo, que mantén 8 contaxios, e Maside, que se queda con 5. Non hai variacións nos municipios de Beariz (5) Piñor (2) e San Amaro (2)

 

14, Outubro 2020

Ver el post de los parques infantiles, me ha ofendido. Los parques infantiles no son exclusividad del Bloque ni de ningún partido, ni siquiera del Alcalde o del señor Sotelo o Dacal aunque se crean los amos del pueblo. Son de los vecinos y en especial de los niños. Y se hacen con nuestros impuestos, que bien que los cobran y los suben. 
Hay que ser muy cortos de miras para aludir a los parques infantiles, que perfectamente podían estar abiertos, ya que al aire libre es donde menos contagios hay. Porque no se conoce ningún foco procedente de parques infantiles. Pero las evidencias científicas y sanitarias poco le importan a este gobierno. No hay más que ver al Señor Diego " concejal de cultura ", dice, cortandole las alas al cine y al teatro y a cualquier acto cultural, en el que tampoco se conoce ningún foco que en esos eventos se produjera . 
 Pero eso que más da. Sanidad señala a bares y fiestas y reuniones de amigos y familiares como la causa. Pero en eso no se recortò. No se tomaron medidas. Eso no les importò a los que se creen amos del pueblo y que su vida transcurre entre negocios de bares fiestas.

Los niños y los abuelos pagan el pato que se comen los ya no tan jòvenes y de mediana edad gracias al libre albedrío que reina no Carballiño 

13, Outubro 2020

Nova medida de restrición para tratar de conter o coronavirus, que continúa aumentando o número de contaxios no Carballiño, 155 según  os últimos datos, mentres que na comarca os casos chegan xa aos 200.

A Xunta restrinxe a mobilidade de forma perimetral a toda a poboacion nos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, quedan prohibidas as entradas e saidas do perímetro formado polo territorio municipal dos tres concellos para todas as persoas residentes nos mesmos, excepto en casos xustificados, por motivos laborais, educativos ou sanitarios. A medida entra en vigor dende as 00:00 horas deste xoves dia 15 de Outubro.

No concello de Boborás acumulanse 18 contaxios segúns os datos facilitados por Sanidade este martes 13 de Outubro, e 9 concello do Irixo.

13, Outubro 2020

O coronavirus motiva 3 baixas na plantilla da Policia Local do Carballiño, un axente deu positivo en Covid-19, ademáis, outros dous axentes terán que gardar a cuarentena, permanecendo en illamento domiciliario ao ser contactos directos de persoas infectadas.

Un cuarto axente encóntrase tamén en situación de baixa laboral, aínda que neste caso non ten que ver coa pandemia.

13, Outubro 2020

Sanidade notifica este martes 13 de Outubro 8 contaxios activos máis ca onte no Carballiño, e alcanza a cifra dos 155. Tamén incrementa en 2 o número de contaxios Boborás, que chega aos 18.

No resto dos concellos non se rexistran variacións, manténse estable o número de casos activos: O Irixo (9) Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) San Amaro (2) Piñor (2) Continúa resistindo libre de virus o municipio de Punxín.

13, Outubro 2020

Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Setembro o número de parados subiu en 18 persoas. Das 18 persoas novas en de a lista do paro no Carballiño descendio en 6 homes e aumento en 24 mulleres.

O número total de parados é de 950, dos cales 377 son homes e 573 mulleres. As persoas maiores de 45 anos con 504 parados son o grupo de idade mais afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 397 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 49 parados. En termos internanuais, o paro incrementouse un 14%, en relación a Setembro de 2019.

Por sectores vemos que no sector servizos é onde maior número de parados existe no municipio con 625 persoas, seguido das persoas sen emprego anterior con 124 parados, a industria con 102 parados, a construción con 66 parados e por ultimo a agricultura con 33 parados.

12, Outubro 2020

O coronavirus continúa desbocado na comarca carballiñesa, que suma 20 contaxios activos nas últimas 24 horas, según os datos deste lúns dia 12 de Outubro.

O Carballiño sigue sendo, con diferencia, o concello máis afectado ao incrementar en 15 os casos en tan so un dia, o que sitúa a cifra actualizada en 147 veciños e veciñas do municipio que están pasando pola enfermidade. Tamén aumentan os contaxios activos no concello de Boborás, 4 máis e son xa 16 as persoas afectadas, e tamén rexistra un incremento de casos O Irixo, que chega aos 9.

No resto dos concellos a situación é estable, e Sanidade non reporta ningunha variación no múmero de contaxios, que se mantén inalterable en Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) Piñor (2) San Amaro (2) e Punxín (0)

 

12, Outubro 2020

Os portavoces socialistas de Cenlle, Cortegada, Arnoia e Beade queren manifestar o seu apoio e total respaldo "ao traballo que está a realizar o seu compañeiro portavoz socialista no Concello de Leiro Manuel Rodríguez, en favor da trasparencia e a verdade da xestión do seu Concello e da Mancomunidade do Ribeiro, dos que Francisco José Fernández é alcalde e Presidente".

Os portavoces socialistas veñen de denunciar "a actitude soberbia e prepotente dos seus Alcaldes, ao valerse das súas maiorías políticas e truques legais para non exercer o principio de trasparencia e impedir a fiscalización da súa xestión e da xestión delegada na Mancomunidade do Ribeiro".

Desde Cortegada, lembran "a total oposición do seu Alcalde, en 2017, a facilitar a documentación relativa á Fundación Balneario de Cortegada e desde Cenlle a absoluta desidia do con cello principal valedor, do mesmo xeito que o de Cortegada, da Fundación Balneario de Laias á hora de esixir á Fundación San Rosendo o cumprimento do compromiso, adquirido ante notario, de crear entre sesenta a cen postos de traballo, así como unha residencia para maiores hoxe convertida nun hotel de catro estrelas".

Os socialistas entenden que as razoas polas que o Presidente da Mancomunidade e os alcaldes poñen empeño en xustificar a permanencia e a existencia da mesma, "está en que non saben ou non poden xustificar como dita entidade pode sobrevivir economicamente sen contar co cincuenta por cen dos Concellos que a constituíron no seu día e sen os seus correspondentes 10.823 veciños, tendo que repartirse o custo de funcionamento da mesma entre 5.227 veciños e non sobre os 16.050 que na actualidade corresponderían aos dez Concellos".

O Mantemento económico da Mancomunidade do Ribeiro, conclúen os portavoces socialistas, "supón un saqueo de recursos públicos dos Concellos que a conforman, das subvencións da Xunta e dos petos dos veciños, impedindo desta maneira facilitar unha mellor e maior prestación de servizos públicos".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS