
A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás. Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non conviventes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor desde o pasado venres.
O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona. Deste xeito, queda restrinxida a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás, polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Así mesmo nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.
Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e Valdeorras. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00,00 horas do vindeiro xoves.
É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.
Non e suficiente con pechar a venda de billetes e deixarnos sen trens. Para o ADIF hai que pechar tamen os accesos.

A actualización de datos por parte de Sanidade correspondentes a este martes dia 6 de Outubro, deixanos un novo brote de coronavirus no Carballiño, que afecta a tres persoas, un home de 46 anos e dúas mulleres de 33 e 41 anos.
Ademáis, o brote social de catro persoas notificado onte suma dous novos contaxios, unha muller de 27 anos e un home de 26 anos. Tamén se incrementa cun novo contaxio o brote social-familiar, que pasa de oito a nove persoas afectadas, esta última, un home de 47 anos.

O Grupo Municipal de Emerxencias deberá ser reorganizado, tras detectarse dous positivos por Covid 19 entre os seus integrantes. Ditas persoas atópanse nos seus domicilios, e non acudiron ás instalacións dos Grumir desde o pasado 30 de setembro.
Estas instalacións foron xa desinfectadas, sin que se producisen ata o momento máis positivos entre as persoas deste colectivo.
Debido a estas baixas temporais, a área de Seguridade e Persoal do concello procederá á reorganización da agrupación co obxectivo de cubrir as quendas de traballo correspondentes, e que imposibilita poder facelo durante as 24 horas do día, tódolos días da semana, polo que haberá algunhas quendas que non se poidan cubrir.
Ainda así, o concello garante que se segurirán efectuando as desinfeccións dos accesos aos centros educativos, centro de saúde, concello e demais espazos públicos da vila, que realiza diariamente o grumir.
RESPONSABILIDADE CIDADÁ
Ante o incremento de casos positivos por Covid 10 no Carballiño, as autoridades municipais piden á cidadanía que se cumpran escrupulosamente as medidas preventivas establecidas, como son o uso da máscara, o lavado de mans constante, a separación de seguridade e evitar calquera tipo de reunión ou celebración con persoas non pertencentes aos núcleos familiares que convivan no mesmo domicilio, pois a maioria dos casos positivos teñen lugar en encontros deste tipo.


O Carballiño rexistra os seus peores momentos dende que se declarou a pandemia. Sanidade notificou neste lúns 5 de Outubro aparición de dous novos brotes de Covid 19 no municipio carballiñés, que suman doce contaxios entre ambos durante os útlimos dias da fin de semana.
Dunha parte, un brote de tipo social afecta a catro persoas, dous homes de 33 anos e dúas mulleres de 22 anos. O outro brote ten orixe familiar e social e afecta a oito persoas, un home de 66 anos e a sete mulleres entre os 47 e os 62 anos.
Ademáis, incrementa o número de contaxios o brote familiar que permanece activo dende a pasada semana, inicialmente afectaba a 3 persoas, ás que agora Sanidade suma outras cinco, catro mullleres entre os 24 e os 58 anos e un home de 71 anos.
Leva mais de 4 meses ahí. A quen corresponda (concello, bombeiros ou proteccion civil) pido que o retiren a maior brevidade.
Gracias.

Los sábados cerrado. Y por la semana esto, consecuencia de tener una oficina de aldea.

O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.
Renan foi un dos xogadores importantes das últimas tempadas do Ourense CF, e finalmente, decidíuse pola oferta do Arenteiro, asinando o seu contrato esta mesma tarde.
O xa novo xogador do Arenteiro estivo en Espiñedo vendo aos seus novos compañeiros, no terceiro amigable que xogan os verdes en apenas 7 dias, tras os partidos ante Compostela e Celta B, neste terceiro ante os lucenses o equipo xa acusou a carga de traballo que vai acumulando nesta pretempada, nun partido moi trabado e sen apenas ocasións por ambos bandos, tan so un remate de cabeza do local Adrián Presas que petou no longueiro.
O Mércores dia 7 novo partido ante o Arzúa
Será novamente no Estadio de Espiñedo, o próximo mércores dia 7 ás 19 horas, o Arenteiro xogará un novo partido de preparación ante o equipo revelación a pasada tempada na terceira división, o Arzúa.

Son locais que están afectados de distinta maneira, nunhos casos tras declararse un positivo de Covid-19 entre os seus empregados ou propietarios e noutros por ser un contacto estreito cunha persoa infectada, aínda sendo allea ao establecemento.
Trátase, pois, de peches temporais e de duración indeterminada. Asi, no transcurso dos últimos días decidiron suspender a actividade cinco establecementos da hostalaría carballiñesa, dous deles ubicados na rúa Perfectino Viéitez, e os otros tres nas rúas Aldara,Rosalía de Castro e Avenida 25 de Xullo, respectivamente.
Aínda que agora sucede no Carballiño, o certo é que é bastante frecuente nos últimos meses o peche de locais de hostelaría en vilas e cidades debido a esta mesma circustancia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- …
- seguinte ›
- última »