8, Outubro 2020

O coronavirus sigue a súa expansión na comarca carbaliñesa, neste primeiro dia no que entraron en vigor as medidas restrictivas na vida social publicadas no Diario Oficial de Galicia.

No municipio do Carballiño aumentan en sete os contaxios activos de covid-19 en relación aos números de onte, e son xa 85 os carballiñeses e carballiñesas que están pasando pola enfermidade.

No resto dos concellos o número de contaxios que están activos suman 29 casos, que se reparten asi: Boborás (10) Beariz (6) Maside (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (3) Piñor (2) e San Amaro (1). O único concello que se mantén libre de coronavirus a día de hoxe é o de Punxín, con 0 casos.

8, Outubro 2020

Hay 7 contaxios en escolares e 70 en bares e festas e Fumega vaille decir o conselleiro que peches os colexios

este señor que temos de alcalde non se entera ou non se quere enterar

8, Outubro 2020

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as restricións que dende hoxe entran e nvigor en todos os concellos da comaca do Carballiño..

Consulta no arquivo adxunto o texto publicado no DOG:

7, Outubro 2020

O alcade Francisco Fumega infomou en COPE O Carballiño que, según os datos aportados polo SERGAS esta mañá, son en total 78 os contaxios de coronavirus que permanecen activos no concello do Carballiño, tras dispararse os positivos detectados nos últimos tres dias, que son 39.

O rexedor anunciou que este xoves dia 8 vai manter unha reunión co conselleiro de sanidade Julio Comesaña, para avaliar a situación epidemiolóxica que rexistra O Carballiño, e mesmo acordar posibles medidas para conter a propagación do virus entre a veciñanza carballiñesa. Fumega vaille trasladar ao conselleiro "a preocupación manifestada por numerosas familias do Carballiño, xa que consideran que nesta situación debería suspenderse a actividade nos colexios e institutos".

O alcalde comunicou que por parte tanto da Policia Local como da Garda Civil van reforzarse as medidas de control, para que se cumplan as restricións que entran en vigor ás 00:00 horas deste xoves.

7, Outubro 2020

O Carballiño gozaba ata fai apenas unha semana dunha situación epidemiolóxiica envexable, tanto a nivel provincial como autonómico. Todo cambeou radicalmente nos últimos dias, nos que catro brotes e varios casos sen relación entre eles encenden todas as alarmas e motivan que dende as cero horas deste xoves tanto O Carballiño como o resto de concellos da comarca teñan varias limitacións, entre elas a prohibición de reunións de persoas que non sexan conviventes.

Según os últimos datos deste martes dia 6 de Outubro, O Carballiño acumulou nos últimos tres dias un total de 39 novos casos positivos en coronavirus, o que converten ao municipio no terceiro de Galicia con máis novos casos acumulados neste pequeno periodo de tempo, tan so Ourense (106 casos) e A Coruña (64 casos) superan a O Carballiño, eso sí, tendo en conta a enorme diferencia de poboación, porque se facemos a comparativa por cada 100.000 habitantes O Carballiño é o primeiro do ranking que ten agora mesmo o peor comportamento da evolución da pandemia en todo o territorio galego.

6, Outubro 2020

A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás. Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non conviventes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor desde o pasado venres.

O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona. Deste xeito, queda restrinxida a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás, polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Así mesmo nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e Valdeorras. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00,00 horas do vindeiro xoves. 

É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios. 

6, Outubro 2020

Non e suficiente con pechar a venda de billetes e deixarnos sen trens. Para o ADIF hai que pechar tamen os accesos.

6, Outubro 2020

A actualización de datos por parte de Sanidade correspondentes a este martes dia 6 de Outubro, deixanos un novo brote de coronavirus no Carballiño, que afecta a tres persoas, un home de 46 anos e dúas mulleres de 33 e 41 anos.

Ademáis, o brote social de catro persoas notificado onte suma dous novos contaxios, unha muller de 27 anos e un home de 26 anos. Tamén se incrementa cun novo contaxio o brote social-familiar, que pasa de oito a nove persoas afectadas, esta última, un home de 47 anos.

6, Outubro 2020

O Grupo Municipal de Emerxencias deberá ser reorganizado, tras detectarse dous positivos por Covid 19 entre os seus integrantes. Ditas persoas atópanse nos seus domicilios, e non acudiron ás instalacións dos Grumir desde o pasado 30 de setembro.

Estas instalacións foron xa desinfectadas, sin que se producisen ata o momento máis positivos entre as persoas deste colectivo.
Debido a estas baixas temporais, a área de Seguridade e Persoal do concello procederá á reorganización da agrupación co obxectivo de cubrir as quendas de traballo correspondentes, e que imposibilita poder facelo durante as 24 horas do día, tódolos días da semana, polo que haberá algunhas quendas que non se poidan cubrir.
Ainda así, o concello garante que se segurirán efectuando as desinfeccións dos accesos aos centros educativos, centro de saúde, concello e demais espazos públicos da vila, que realiza diariamente o grumir.

RESPONSABILIDADE CIDADÁ

Ante o incremento de casos positivos por Covid 10 no Carballiño, as autoridades municipais piden á cidadanía que se cumpran escrupulosamente as medidas preventivas establecidas, como son o uso da máscara, o lavado de mans constante, a separación de seguridade e evitar calquera tipo de reunión ou celebración con persoas non pertencentes aos núcleos familiares que convivan no mesmo domicilio, pois a maioria dos casos positivos teñen lugar en encontros deste tipo.

5, Outubro 2020

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS