26, Setembro 2020

A empresa adxudicataria polo SERGAS para o transporte sanitario programado e transporte sanitario urxente ven de renovar as dúas ambulancias que están destinadas no Carballiño para cubrir este servizo na comarca.

"Ambulancias As Burgas" ven de incoporar dúas novas ambulancias SVB -Soporte Vitál Básico", dotadas de nova tecnoloxía e material sanitario para atender urxencias e emerxencias en ruta. Unha destas ambulancias está operativa as 24 horas do dia, mentres que a outra estao durante doce horas ao dia, de 10 a 22 horas.

25, Setembro 2020

Primeiro venres do outono e primeira tertulia da tempada en COPE O Carballiño, que presentamos en directo dende os estudos da rúa Aldara nº 26-3º andar, todos os venres de 13 a 14 horas.

Para esta nova tempada "A Tertulia dos Venres" contará coas opinións e comentarios de José Antonio Barje, Sebastián Lamazares, Ana Morgade, Manuel Nogueira, Alberto Otero e Maria Luisa Rodriguez, con Xan Pinal como moderador.

Tamén coas aportacións da audiencia de COPE O Carballiño a través do Wassap 698 12 72 41 ou os teléfonos 988 530 228 e 988 275 007. 

24, Setembro 2020

A miña máis enérxica protesta por darlle pulo publicitario a ese representante de Podemos que telemáticamente invoca ás súas hordas podemitas para protestar contra as restriccións de adif.

Todavía non se enterou de que están gobernando??

Descoñece que adif depende do Ministerio de Transportes?

Por qué non fai a chamada telemática a Ábalos, Delcy, a Fashionaria De Vaniti Fair ao mesmo marqués de Galapagar, e o resto de comunistoides?

Non entendo como lle dades pábulo á cuarta forza política que está gobernando en España pero desaparecida en Galiza, e sobor de todo cando ven con cousas tan absurdas coma esta. A ver qué comenta desta paranoia o tertuliano das mareas mortas.

-

24, Setembro 2020

O Arenteiro Fotográfico 2020 contará con catorce exposicións, en vez das doce programadas inicialmente. Así mesmo, o acto inaugural terá lugar o domingo, 11 de outubro no Auditorio Municipal Manuel María, en vez de na Casa da Cultura, co obxectivo de poder ampliar o aforo. Estas son as principais novidades deste evento, que se diron a coñecer esta mañá polo presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco, nun acto de presentación do programa definitivo, ao que tamén asistiu o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Na xornada inaugural, que comezará ás 19,00 h., presentarase o catálogo de exposicións, cunha proxección das mesmas; redenrase homenaxe ao fotógrafo carballiñés Moncho Fuentes e inaugurarase unha mostra na sala de exposicións do auditorio cunha selección de fotografías súas sobre as xentes do Carballiño nos anos 90. O 16 de outubro, ás 19,00 h., na Casa da Cultura, dará unha charla o fotoperiodista Gervasio Sánchez, que impartirá asimesmo un taller co título “La dignidad es lo que importa”. Esta actividade, non obstante, queda suxeita a que a organización decida dentro duns días, cando remate o prazo de inscrición, se pode celebrarse finalmente, debido aos condicionantes de seguridade pola covid 19.

As exposicións do Arenteiro Fotográfico 2020 permanecerán abertas durante outubro e novembro, variando a programación cada mes. Ao respecto, Manuel Blanco asegurou que eran moitos os fotógrafos que chamaran para poder expoñer as súas obras neste evento fotográfico, do que dixo que convertía ao Carballiño na capital fotográfica de Galicia. De aí que amosase o seu orgullo por levar adiante esta iniciativa nun ano tan difícil a causa da pandemia. Ademais da exposición “Fotografía de prensa”, de Moncho Fuentes, poderán verse as seguintes mostras: A.F. O´Potiños, “Inspiración”; Luís Pereira, “Seremos un frágil recuerdo”; Fotoforum Compostela, “La horma del tiempo”; Teté D. Estate, “Un instante fugaz”; Yeray Diéguez, “Proxecto Frames”; José Luis Montes, “Insomnium”; Luis Baños, “As miñas viaxes”; A.F. Fotosíntese, “Casas sen xente” ; Olloatlántico, “Manifesto”; A.F. Os Negativos e Concurso Foto Rosa Pons Fábregas, “Visións Parada de Sil”.

Os locais nos que se exhibirán estas exposicións son: Concello, Auditorio Municipal, Casino, Rúa Principal, Café Peñasco, Café Plaza, Pazo da Almuzara, Hotel Arenteiro e Asador Veracruz. O concelleiro Diego Fernández agradeceu o esforzo do colectivo O´Potiños por elaborar un programa de tanto interese cultural, sobre todo neste tempo de pandemia, e animou aos veciños a visitar as exposicións.

23, Setembro 2020

El secretario general de Infraestructuras del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón, ha celebrado hoy la apertura del primer tramo de la A-56, entre A Barrela (Lugo) y San Martiño (Ourense) tras 15 años desde el inicio del proyecto. Por su parte, el delegado del Gobierno en Galicia, Javier Losada, ha resaltado la importancia de este tipo actuaciones en la red viaria, que mejoran de forma notable la seguridad vial y facilitan la vertebración del interior de Galicia.

Vázquez Torrón ha reconocido “el trabajo de todas las administraciones” implicadas en el proyecto de la A-56, entre Lugo y Ourense. Ha detallado que con la apertura de hoy el objetivo es “dar una señal” de la relevancia que tiene para el Gobierno “todo lo que representa la Galicia interior”.

“En Galicia los proyectos van a seguir adelante y, sobre todo, los hechos y la inversión”, ha declarado en referencia a la inversión en la red viaria, que llega de forma paralela a la ya conocida vinculada al ferrocarril.

Javier Losada ha recordado, además, el compromiso del Ministerio de Transportes con Galicia. En el acto ha estado acompañado por la subdelegada del Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, y su homólogo en Ourense, Emilio González Afonso.
La autovía A-56, sensiblemente paralela a la N-540, se ha proyectado para mejorar la seguridad vial, funcionalidad, capacidad, tiempos de recorrido y comodidad en la circulación de la actual N-540.

El trazado de la A-56, Norte-Sur, paralelo al Eje Atlántico (AP-9), permitirá cohesionar y vertebrar territorialmente la Galicia interior, pudiendo canalizar parte de los tráficos con origen/destino hacia Portugal y Sur de Galicia (A-75/A-52), desde el corredor Cantábrico (A-8). Supone además, una importante mejora de la accesibilidad a la Red de Autovías y Autopistas, para la Galicia interior, con problemas de regresión demográfica.

El tramo que se pone en servicio, A Barrela (Lugo)- San Martiño (Ourense), permitirá conectar a través de los nudos de A Barrela y As Lamas con las carreteras autonómicas LU-901 y OU-901 en el límite de las provincias de Lugo y Ourense, conectando así la A-56 con el eje de comunicación denominado “Eje del Ribeiro”, hacia Cea, O Carballiño y la AG-53, dando servicio a los núcleos de población del entorno.

Descripción del tramo

El tramo objeto del presente proyecto, con una longitud de 8,8 km, discurre entre las localidades de A Barrela (Lugo) y San Martiño (Ourense), correspondiendo 8,3 km a la provincia de Lugo y 0,5 km a la de Ourense.

La inversión total ha sido de 54,8 millones de euros (39 millones de euros correspondientes a las obras, 13,6 millones de euros a las expropiaciones y 2,2 millones de euros a las asistencias técnicas de redacción de proyecto, control y vigilancia de las obras, seguridad y salud y medio ambiente).

Se inicia el nuevo trazado a la altura del PK 61 de la N-540, mediante una conexión en glorieta con la A-56. Posteriormente se ha ejecutado el semienlace de A Barrela con 2 glorietas tipo “pesas” y 1 paso inferior que permite conectar con la carretera autonómica LU-901 y el núcleo de A Barrela desde la A-56 en sentido sur.

Finaliza el trazado de este nuevo tramo en el enlace de As Lamas, próximo a San Martiño (Ourense) donde se conecta con la carretera autonómica OU-901 (PK 9,5) mediante un vial de conexión y una glorieta final.

Como obra de singular destaca el viaducto sobre el rio Búbal, de 303 m. de longitud y 7 vanos, preservando la vegetación de ribera como se prescribía en la Declaración de Impacto Ambiental.

23, Setembro 2020

 La corporación municipal no debe saber que la velocidad en calles de ciudad está limitada a 30 km/h. Los conductores obviamente no, tampoco para que sirven esas rayas verticales que hay en los cruces. En la calle Conde Vallellano es mas facil que te toque la loteria que te pare alguno en un paso de cebra y siendo peor la velocidad a la que pasan. Me pregunto cuando pondra esta inutil corporacion unos pasos de cebra elevados en esta calle, cuando atropellen y maten a alguien? O ni para esas.

Mientras la inutil oposicion que tenemos pues igual que siempre, yo no gobierno a mi no me importa. Estoy esperando cuando me pidan el voto, mi respuesta va a ser que yo no gobierno yo no te voto.

23, Setembro 2020

Tratase dun premio de segunda categoría, cinco acertos máis o complementario, no sorteo da bonoloto deste martes  22 de setembro.

Obtén un premio de 54.997 euros. O boleto foi adquirido no receptor sito na estrada nacional 525, na cafetería Kanela Drink.

22, Setembro 2020

A empresa, vinculada ao Grupo Gesmedical, resultou adxudicataria deste contrato para a xestión do servizo de para persoas maiores en situación de dependencia na residencia pública do Carballiño, sita no Cornuval.

Asi o recolle unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con data do pasado dia 7 deste mes de Setembro no que andamos. O contrato, para un total de 50 prazas residenciais, ten unha duración inicial ata o 31 de Decembro de 2020, e poderá ser prorrogado ata un máximo de cinco anos.

22, Setembro 2020

Leiro súmase aos municipios con brotes de coronavirus nesta segunda onda da pandemia, Sanidade ven de notificar un brote de coronavirus neste concello ribeirán de tipo familiar, que afecta a un home, unha muller e dous menores de idade.

No Irixo, e tras rexistrarse un positivo Covid-19 nun traballador municipal, o alcalde Manuel Cerdeira avanzou en COPE O Carballiño que tanto él mesmo como outros seis traballadores municipais estarán en cuarentena ata o próximo dia 1 de Outubro. O propio alcalde confirmou que deu positivo na PCR. Durante este tempo o concello do Irixo funcionará con servizos mínimos.

21, Setembro 2020

A 31ª edición do Festival do Teatro Galego "Celso Parada", que se celebrará do 23 ao 26 de setembro no Carballiño, contará na súa programación con dúas actividades coas que chegará a outras Comunidades de España e a países como Alemaña, Francia, Portugal e Brasil. Trátase dunha lectura dramatizada da recoñecida obra de Carvalho Calero "A Farsa das Zocas" coa colaboración de 50 voluntarios ao redor do mundo e dunha "Escola de Espectadores do Teatro Galego", orientada a afeccionados, interesados e espectadores do programa oficial do FETEGA.

A presentación deste evento cultural tivo luga no pazo provincial da Deputación, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director do Festival, Carlos Ledo; e a directora artística do Festival, Josi Lage.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que é "un referente da acción teatral de Galicia desde O Carballiño e ofrecerá ao público a posibilidade de gozar dos mellores espectáculos do teatro, así como de outras actividades paralelas como obradoiros ou charlas", dixo Rosendo Fernández, quen salientou que esta 31ª edición é "máis internacional ca nunca". Pola súa parte, o alcalde do Carballiño afirmou que "a seguridade está garantida ao 100%" e agradeceu á organización do Festival que pensara na figura de Carvalho Calero "nun ano no que por desgracia non puidemos recoñecerlle todo o que aportou á cultura galega". Jacobo Sutil puxo en valor que as tres administracións (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño) "colaboremos neste evento porque é importante que se manteña a actividade cultural, aínda que se faga con restricións, xa que é a maneira de que subsista o sector cultural".

O director do FETEGA explicou que nesta edición quixeron "coidar da nosa familia porque ir ao teatro é seguro, e ampliar a familia de maneira xeográfica e mental, coa Escola de Espectadores que pretende achegar dun xeito informal o teatro á outra parte do binomio do teatro, o público; e coas lecturas dramatizadas da obra de Carvalho Calero coas que nos demos conta que había unha especial sensibilidade nunha institución cun alto nivel académico: as Universidades e os Centros de Estudos Galego no exterior". A lectura dramatizada da obra de Carvalho Calero, a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas, chegará ao resto de España, Portugal, Alemaña e Brasil coa axuda de lectores e alumnos dos Centros de Estudos Galegos. Durante trinta minutos diarios, a farsa irase debullando nunha lectura dramatizada que dirixe desde Galicia Vanesa Sotelo. Será posible acceder á lectura mediante redes sociais e Youtube. Pola súa parte, a "Escola de Espectadores do Teatro Galego", que se desenvolverá entre o 23 e 25 de setembro ás 16.30 horas, estará dirixida por Pepe Domínguez. Ademais destas dúas actividades, a programación desta edición estrutúraseen catro xornadas nas que o público poderá gozar de obradoiros, mesas redondas, monólogos cómicos, teatro na rúa e as clásicas sesións de espectáculos.

Programación

A directora artística do FETEGA explicou a programación desta edición que no Auditorio Municipal comezará o mércores, 23 de setembro, co espectáculo "Clausura do Amor" da compañía Cámara Negra. Ao día seguinte será a quenda para a obra "Os nenos da varíola" da compañía Pérez & Fernández. O venres, 25 de setembro, chegará o espectáculo "O mel non caduca" de Ibuprofeno Teatro e, o último día, o 26 de setembro, será a quenda para a compañía AveLina Pérez co espectáculo "A que non podes dicir Coca-Cola?(II)". Tódolos espectáculos serán ás 20.30 horas.

Paralelamente, os días 23, 24 e 25 de setembro celebraranse na Casa da Cultura monólogos cómicos a cargo de Pedro Brandariz, Arantxa Treus e Diana Sieira, mentres que o sábado, 26 de setembro, desenvolverase unha performance co proxecto literarias. Todas estas actividades serán ás 18.30 horas. Asemade, tódolos días ás 11.00, 17.00 e 20.00 horas haberá teatro na rúa da man de Barafunda.

Ademais, o Festival do Teatro Galego concederá o premio de honra "Dorotea Bárcena" 2020 ao dramaturgo e director de escena Afonso Becerra Arrojo polo seu labor académico e de activismo teatral ao longo de 25 anos dunha carreira cunha ampla e brillante traxectoria no sector das artes escénicas. O galardón será entregado o 26 de setembro, durante a gala do Festival no Auditorio Municipal e, previamente, ás 18.00 horas, impartirá na Casa da Cultura a charla "De traxedias, dramas, comedias e públicos".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS