
A Fundación Insua dos Poetas programa unha noite de cine e poesía, en colaboración co Cine-Club O Carballiño, a partir das 21 horas deste mércores dia 9 de Setembro.
Presentaráse o libro de poesía de José Lameiras "Contra Golpes" e proxetaránse os documentais producidos polo equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas "Sons no Camiño" e "O Andar da Pedra", completando o programa a película-documental de Aitor Rei "A última viaxe do Afiador".
Para a semana próxima, o xoves dia 16 a Fundación Insúa do Poetas ofrece un concerto musical a cargo do grupo Luar na Lubre.
Quería expresar o meu malestar por esta decisión que nun principio se tomou durante o estado de alarma pero coa chegada da nova normalidade parece que veu para quedarse. Algunhas persoas traballamos polas mañas de luns a venres e soamente podiamos ir os sábados posto que polas tardes sempre estivo pechado. Con esta decisión obriganos a faltar de traballo para face os nosos envíos ou recoller os certificados.
Espero recapaciten e saiban volver a abrir os sábados ou incluso polas tardes e non fagan coma as entidades financieiras de abonarse aos horarios reducidos.
Os socialistas presentamos o escrito o pasado mes de agosto, con fin de que o Goberno Municipal adoptara e debido a situación na que nos atopamos e coa fin de extremar as medidas de prevención para evitar contaxios do CORONAVIRUS COVID 19 e sobre de todo que nestes instantes ai rebrotes para que se lembrara os veciños, a que se extremen as precaucions si cabe mais, atraves de poñer Bandos por parte da Alcaldía, nos diferentes Pobos do Concello, pero como podemos comprobar nestes oito días que levamos, desde que introducimos o escrito, o goberno municipal non tomou ningunha medida, con respecto a prevención, “polo que non esta, nin se lle espera.
O Grupo Municipal socialista o que lle solicitabamos o Alcalde no escrito era o seguinte:
1.- Que se leven acabo e se empreguen e polos servizos municipais a desinfección, especialmente nos espazos públicos, no entorno do Centro de Saude, Residencia de 3ª idade, Casa Consistorial, Correos, Centro de Día, Cuartel da Garda Civil, Prazas Publicas , establecementos comerciais(panaderias, supermercados, farmacia, cafeterias, bares, restaurantes, ect…) como tamen nas diiferentes parroquias do noso Concello e nos arredores das zonas onde están situados os contenedores de lixo, carton, vidro, ect….
2.- Tamen lle solicitamos o Grupo de Goberno que era necesario recordarlle os veciños e visitantes que NON OLVIDEN que o uso de máscara e obrigatorio para as persoas maiores de seis anos, con independencia da distancia interpersonal, tanto cando se este na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se este en espazos cerrados de uso público que se atopen abertos ao público e se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas.
3.- Solicitamos que se lembre os veciños as RECOMENDACIONS DE SANIDADE para protexerse fronte o Coronavirus:
- LAVARSE AS MANS CON ABUNDANTE AUGA E XABON CON FRECUENCIA.
- USAR PANOS REFUGALBLES E TIRALOS AO LIXO, NON O CHAN.
- EVITA TOCARSE OS OLLOS, NARIZ E BOCA, QUE E POR ONDE PODE ENTRAR O CORONAVIRUS NO NOSO ORGANISMO.
- AS PERSOAS EN CORENTENA DEBEN GARDALA DE FORMA ESTRITA.
- EVITAR NO POSIBLE AS SAIDAS DA CASA E OS DESPRAZAMENTOS INNECESARIOS.
- EVITAR NA MEDIDA DO POSIBLE AS REUNIONS.
- DOTAR E REPARTIR GRATUITAMENTE MASCARILLAS ENTRE OS VECIÑOS DO NOSO CONCELLO.
Todas estás recomendacions llas fixemos chegar o Grupo de Goberno para que atraves de Bandos se fixeran chegar a toda a veciñanza, pero o rexidor “fai oidos sordos, ante as nosas medidas, que creemos necesarias e de obligado cumplimento, para que despois non teñamos que lamentan situacions innecesarias”

Todas a probas realizadas ata o de agora tanto a persoas residentes como ao persoal da residencia de maiores A Saleta de Cea deron resultado negativo.
Esta semana Sanidade confirmaba un caso positivo en coronavirus dunha traballadora do xeriátrico xetionado pola Fundación San Rosendo en San Cristovo de Cea, un caso que forma parte do brote de tipo familiar notificado polo Sergas esta semana no muniicpio de San Cristovo de Cea.

O Concello do Carballiño, dentro do Plan de Reactivación Económica, continúa co proceso de recepción de solicitudes das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a traballadores/as autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial ou negocio afecto á actividade, radique no termo municipal do Carballiño, e este último permanecera pechado ao público ou detivese a súa actividade empresarial como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19.
Estas axudas están destinadas a financiar diferentes gastos, a través de 3 liñas de financiamento: Gastos de alugueiro do local comercial, Transición cara ao comercio en liña ou optimización do existente e diferentes tipoloxías de axuda para financiar os gastos derivados do cumprimento das especificacións de peche de atividade tales como Gastos sanitarios e de desinfección e Gastos de asessoramento, xestoría, consultoría, ou servizos profesionais especializados
A día de hoxe recibíronse mais de 200 solicitudese, das cales o 30 % pertencen ao sector do comercio, o 40 % ao sector da hostalería, o 20 % a traballadores autónomos e o 10 % a outros sectores económicos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 15 de setembro de 2020, e para realizar calquera consulta están a vosa disposición os seguintes números de teléfono: 662920641 / 617851309.
Ademais, recordamos que o Concello do Carballiño puxo em marcha unha oficina especializada de atención ás empresas para ofrecer información e asesoramento especializado e que pode consultarse en liña na seguinte dirección: https://oficinacovid.carballino.gal

O concello de Boborás pon en marcha un programa cultural cunha serie de actividades para a veciñanza patrocinadas polo Agadic, da Conselleira de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Con todos os protocolos Covid-19 que garante a seguridade dos asistentes comezamos coa primeira delas.
Unha das actividades que se presentan é o espectáculo circense de "Desastronauts" titulado"Máis alto ainda". Trátase dun espectáculo de circo acróbatico, que xa ten sido un éxito por todos os lugares polos que ten pasado.
Será o sábado 5 de setembro no Campo da Saleta, Astureses, ás 19.30 h. Apto para todos os públicos.
Pódese obter máis información sobre este espectáculo neste enlace: http://www.culturactiva.org/gl/artista/desastronauts

Os dous últimos brotes de coronavirus declarados en Avión e O Carballiño continúan incrementando os contaxios, con novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.
O brote orixinado no Carballiño a pasada semana nunha reunión de amigos xa alcanza as 15 persoas afectadas, tras sumar tres novos casos notificados por Sanidade, un home de 25 anos, unha muller de 82 e un menor. Polo que respecta ao brote no municipio de Avión, contabilízanse dous novos positivos co que se eleva a once os contaxios activos, estes dous últimos son unha muller de 79 anos e un menor de idade.

Unha traballadora da Residencia de Maiores A Saleta de Cea está entre os once contaxios activos de Covid-19 no concello de San Cristovo de Cea, según os últimos datos actualizados por Sanidade nesta xornada, todos eles en illamento domiciliario e seguimento por parte do Sergas.
A muller forma parte do brote familiar declarado esta semana no municipio de San Cristovo de Cea. Por parte da dirección do xeriátrico xa se notificou esta circustancia ás familias das persoas residentes.

Un home de 82 anos faleceu a primeira hora da tarde deste xoves 3 de Setembro nun accidente co seu tractor no lugar de A Vila, na parroquia de Pazos de Arenteioro.
O tractor que conducía chocou primeiro contra un muro e despóis envorcou, provocando a morte do octoxenario.
Ata o lugar do accidente, o 112 mobilizou un operativo de emerxencias no que participaron os bombeiros do parque comarcal, efectivos do GES de Avión e Protección Civil de Boborás, asi como o persoal médico do 061 e un helicóptero medicalizado, aínda que xa nada poideron facer para salvar a vida da vítima.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- 336
- 337
- 338
- …
- seguinte ›
- última »