2, Setembro 2020

Sanidade confirmou este mércores 2 de Setembro un novo brote de Covid-19 na Comarca do Carballiño, está localizado no concello de San Cristovo de Cea e afecta, de momento a seis persoas, aínda que podería aumentar unha vez que se coñeza o resultado das probas que se realizan aos contactos destas seis persoas.

O brote ten neste caso carácter familiar, e as seis persoas afectadas son dous homes de 34 e 56 anos, tres mulleres de 33,35 e 56 anos, un menor, todos eles en seguimento domiciliario por parte do Sergas.

2, Setembro 2020

A planta do Carballiño do Grupo Dizmar atópase nun período de plena actividade. Estes días saíron en transporte por estrada as dúas primeiras seccións para a ponte de Veldebebas, en Madrid, e traballa arreo na elaboración da estrutura metálica do novo hospital para epidemias da Comunidade de Madrid. O centro sigue o modelo de Ifema e contará con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un.

Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do novo hospital acadará casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais santarios. Este centro, que disporá de máis dun millar de camas e 48 postos de UCI, está previsto que se conclúa este próximo outono, polo que a planta de Dizmar do Carballiño traballa intensamente na elaboración da súa estrutura metálica, que lle foi encargada pola Comunidade de Madrid.

1, Setembro 2020

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, rubricaron o Convenio de colaboración para o “Acondicionamento das marxes do río Arenteiro no Carballiño (Ourense)”, a través do mesmo, determínanse as condicións para o financiamento e execución, así como, o réxime da posterior entrega das obras para o seu mantemento e conservación.

PROXECTO

Nos anos 2007 e 2008 a extinta Confederación Hidrográfica do Norte executou o proxecto de acondicionamento de marxes do rio Arenteiro no T.M. do Carballiño (Ourense), no que se incluía a realización de paseos en ambas as marxes. Estes paseos sufriron unha notable deterioración no tempo transcorrido debido fundamentalmente á acción erosiva da auga de escorrentía.

As obras contempladas no presente convenio consistirán, por unha banda, na substitución do pavimento actual de xabre compactado por un novo a base de aripaq ou material similar resistente á erosión pola acción da auga e mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais e, doutra banda, o proxecto contemplará a substitución da cuberta dun lavadoiro adxacente ao paseo así como a mellora do acceso a través da rúa río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.

O proxecto será redactado polo Organismo de conca e o investimento necesario estímase en 350.000 €, dos cales a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. achegará 280.000 € e o Concello do Carballiño 70.000 €.

1, Setembro 2020

O xuizo por un presunto delito de prevaricación a Pachi Vázquez foi fixado no seu inicio no xulgado do penal de Ourense para o próximo dia 23 de novembro, o excalde e actúal concelleiro de Espazo Común no concello do Carballiño deberá responder ante a xustiza da súa actuación na alcaldía entre os anos 1999 e 2005.

En total, son sesenta os contratos de traballo no concello carballiñés que están baixo sospeita, cuestionados pola xustiza nunha causa aberta a raíz dunha denuncia da Fiscalía de Ourense.

Neste mesmo procedemento penal están invstigados o sucesor de Pachi Vázquez na alcaldía, o tamén exalcalde socialista Carlos Montes, asi como outros tres concelleiros con responsabilidades na contratación de traballadores no concello do Carballiño entre os anos 1999 e 2011.

 

31, Agosto 2020

O concello do Carballiño, conxuntamente coa Comisión de Festas de San Cibrao, toman a decisión de suspender a celebración das festas patronais deste ano 2020 por causa da pandemia. Habida conta da situación que se padece por causa da covid 19, trátase dunha medida dirixida a evitar calquera tipo de situación de risco, e por iso se suspenden as festas.

No seu lugar, e coincidindo coas datas do mes de setembro que corresponderían a estes festexos, o concello programará diversos actos culturais de pequeno e mediano formato, que terán lugar mantendo todas as medidas preventivas de separación, seguridade e control de aforo establecidas na normativa polo coronavirus.
Este programa de actos, que se dará a coñecer os próximos días, terá como obxectivo primordial ofrecer diversas alternativas de lecer pero garantindo en todo momento a seguridade tanto do público asistente como dos intérpretes

30, Agosto 2020

Dende que o inicio da pandemia do coronavirus no pasado mes de marzo o Auditorio do Carballiño rexistrou dúas únicas actividades, as mesas electorais do 12 de Xullo con motivo das eleccións autonómicas e a exposición colectiva de artístas locais AR(T)ENTEIRO do Centro de Estudos Chamoso Lamas.

Agora, co reinicio da actividade do Cine-Club, o Auditorio retoma a actividade pública e cultural nesta nova rara normalidade, e faino organizando un ciclo de cine infantil e outras catro sesións cinematográficas durante o mes de Setembro.

Do 31 de Agosto ao 3 de Setembro, esta nova proposta de cine infantil inclúe a proxección de catro películas: "Angry Birds 2", "Dragón 3", "Mascotas 2" e "Zapatos Rojos y los Siete Rrolls", todas as películas con horario de sete da tarde e 3 euros o prezo da entrada.

E xa para o público adulto, o Cine-Club abre unha nova tempada coa película "Intemperie" o venres dia 11, mentres que o sábado 12 proxectaráne as curtas do Festival de Cans. Continúa o venres 18 con "La Hija de un Ladrón" e complétase o mes de sete4mbro o domingo 27 co proxección da película "Retrato de una mujer en llamas".

29, Agosto 2020

Os dous últimos brotes de coronavirus declarados esta semana en Avión e O Carballiño siguen acumulando novos casos positivos.

No de Avión son xa sete as persoas infrectadas, tras sumarse tres positivos nas últimas horas, unha muller de 82 anos, un home de 80 anos e  un menor.

No do Carballiño o brote afecta xa a oito persoas, tras confirmarse un novo caso nesta xornada de sábado, un home de 68 anos.

29, Agosto 2020

Os socialistas veñen de presentar un escrito no Concello de Leiro, para indicarlle ao rexedor municipal e ao seu grupo de goberno cando teñen pensado rematar a obra de estabilización do barranco da ctra municipal que vai desde o empalme ata a praza da Moreira, xa que -afirman- leva un monton de meses parada e que supón un perigo evidente tanto para os vehículos que circulan pola mesma, como para os propios veciños que camiñan por esa vía.

Lémbranlle ao goberno municipal que o arranxo desta estrada foi proposta polo Grupo Municipal no ano 2018 atraves dunha mocion "na cal lle pediamos no acordo da mesma, que o Ayto de LEIRO procedese ao arranxo de forma inmediata da ctra no lugar chamado Empalme ata a Praza da Moreira no pobo de Beran, xa que na curva anterior ao cruzamento de Celide existen fochancas considerables e esborralle da estrada, viendose os vehículos obrigados a circular polo lado contrario segundo sentido habitual, xerando unha situacion de considerable perigo para a seguridade viaria dos moitos usuarios que a utilizan", indican.

Tamén manifestan que "o grupo municipal do PSOE de Leiro , foi informado polo noso deputado provincial na deputación provincial Nacho Gomez, que habia asinado un convenio de cooperación entre a deputacion de Ourense e o Concello de Leiro para a execución de óbra Estabilización de terrapléns en Lebosende e Beran por un valor de 22.834´44€ no cal se comprendía arranxar, o que é o terraplen da ctra empalme ata praza dá moreira".

Por iso que os socialistas esixen "ao Grupo de Goberno do Partido Popular que se rematen dunha vez esas obras que están a medias e supoñen un gran perigo para a ciudadania e todo pola despreocupación e o deixamento das funcións que non é outra que exercer as funcións de vixilancia e control en evitacion dunha situación potencialmente perigosa para os usuarios da citada estrada, de modo que compete aos servizos municipais, o mantemento e a conservación das ctras publicas, e así garantir a seguridade en lugares públicos. Esta competencia vén recollida Lei reguladora das bases de réxime local".

29, Agosto 2020

A triste realidade é que nada mudou. Pasaron as elección autonómicas e tódalas promesas feitas por uns e outros sobre o funcionamento da Residencia do Tempo Libre caeron no saco do esquecemento post-electoral.
Esta emblemática instalación encravada no Parque Municipal e que de sempre foi unha importante fonte de ingresos para a economía local e un inesgotable imán para a chegada de novos visitantes ó noso pobo, volta a ver como Xunta e Concello incumpren a súa palabra.
Cando Espazo Común presentou unha moción no mes de xuño para acadar o compromiso de todos de garantir o seu funcionamento a pleno rendemento deica fin de ano e do ano completo en exercizos futuros, todo foron boas verbas e o apoio foi unánime.
No pleno de xullo, xa sendo coñecedores de que os traballadores sospeitaban que se podería prescindir dalgúns deles pola falla de ocupación, preguntamos ó alcalde Fumega quen afirmou que xa tiña todo solucionado.
Por suposto, mentía unha vez máis.
A realidade é que un grupo importante de empregados da Residencia de Tempo Libre xa foron envíados para á súa casa ¡no mes de agosto! e non contan con garantía ningunha de que as instalacións funcionen o resto do ano.
Dende Espazo Común demandamos á Xunta de Galicia e ó Concello do Carballiño que cumpran co acordado e traballen para que esta instalación tan importante para a economía da nosa vila non siga a deixarse de lado co conseguinte perxuizo para a pobo e para os traballadores da mesma.

29, Agosto 2020

En tempos de pandemia, toda precaución é pouca e ahí non hai lugar á discrepancia. Non obstante, semella que unha vez máis todas as olladas tornan cara o mesmo lugar no noso benquerido pobo. A xuventude é obxecto de crítica constante faga o que faga, e neste caso no ía ser diferente.

Despois do famoso “brote xuvenil” formado por xente de “entre 53 e 42 anos” e as decenas de críticas en redes sociais á mocidade pola sua inconsciencia e despreocupación, non son quen de saír do meu asombro. Disque a xente adulta somos máis responsables cando imos de vacacións fora de Galicia, cando nos xuntamos en paparota cos amigos, cando despois de traballar cara ó público imos tomar a chiquita ou mesmo cando nos sentamos en calquera terraza da ateigada rúa principal.

E por se este exercicio de hipocresía non fose de abondo, o peche da Pista Roxa no día de onte remata por demostrar a incomprensión xeralizada da nosa xuventude pola sociedade en xeral, e polo goberno local en particular. Os riscos de contaxio durante a práctica deportiva están ahí e a ninguén se lle ocurriría poñelo en dúbida, pero, cal é a alternativa de ocio para os cativos se non poden facer deporte? Alguén considera que impedir a práctica deportiva ó aire libre vai facer que estes grupos de rapaces deixen de xuntarse? E o que é peor, este mesmo grupo de rapaces pode alquilar o pavillón municipal, previo pago da sua cuota e facer exactamente o mesmo que fai na Pista Roxa.

Así, polo tanto, semella que a conclusión é evidente. A única diferencia entre a temeridade da xuventude e o suposto ben facer dos adultos son os cartos. Os adultos consumimos e iso danos dereito a facer. Os rapaces non pagan e polo tanto non teñen dereitos. E esta realidade levanos directamente a una pregunta máis profunda que subxace en todo este escrito. ¿Qué condición prevalece na actualidade? A de ciudadán ou a de consumidor/cliente?

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS