24, Agosto 2020

Quero mostrar o meu malestar coas terrazas dos bares, e unha vergonza. Vivo na avenida do Balneario e non podemos pasar por á acera e tamen puxeron mesas no arcen impedindo o paso por alí da xente para manter a distancia ou aparcar coches. Por favor q os policias locales se den unha voltiña. Gracias

24, Agosto 2020

Manifestan que "nuns momentos extremedamente complexos e nos que as diferentes administracións apelan á responsabilidade individual de cada un de nós para frear a pandemia que nos asola e que costa vidas humanas tódolos días, o papel dos concellos é fundamental nesta loita".

E subraian que "as administracións máis próximas ó cidadán teñen a obriga de controlar o cumprimentos das medidas de protección decretadas e ó mesmo tempo poñer tódolos seus recursos ó dispor da tarefa de garantir a saúde pública. Excepto no Carballiño, onde é moi evidente que hai outras prioridades".

Dende Espazo Comùn decláranse "afeitos ó oscurantismo e a constante falsidade e manipulación dos feitos por parte do alcalde Fumega e o seu equipo pero este comportamento acada o grao de mesquiño e miserento xa que falamos de que se xoga coa saúde da veciñanza".

Aseguran que "o longo da semana pasada houbo un constante devir de novas sobre un brote de COVID19 no Carballiño que acadou un número importante de casos, incluso na plantilla de traballadores do propio Concello". Engaden que "ó contrario do que fixeron en lugares tamén gobernados polo PSOE coma Barbadás ou Monforte onde inmediatamente se fixeron públicos os contaxios e se publicaron bandos e informacións demandando á cidadanía extremar precaucións, o goberno carballiñés tentou facer ver que non acontecía nada. Nin unha soa nova, nin unha soa publicación en redes, nada".

"Chegouse ó punto de pechar as instalacións de Servizos Socias, o pasado luns, para unha desinfección despois de saber que un dos positivos estivo alí en días anteriores. Eso sí, sen avisar nin tan sequera ós usuarios que tiñan cita previa nin poñer un cartel informativo na porta das instalacións.
Noutras dependencias municipais onde se sabe certamente que houbo presencia dalgún dos infectados, negouselle ós traballadores durante días que fora necesario facer desinfección algunha",afirman dende Espazo Común e pregúntanse polas "motivacións de Fumega e o seu grupo para un comportamento tan irresponsable pero sí sabemos que o seu mesmo partido, anuncia que non acudirá o pleno do Concello de Ourense pola falla de transparencia de Jácome no tocante a un positivo dun traballador municipal, qúe opinará logo o señor Villarino desta nova contradicción co seu amigo o alcalde do Carballiño".

Finalmente, esixen a Fumega "que se deixe dunha vez de tacticismo político e de manipulacións e que non xogue con algo tan delicado e que pode ter un custo tan caro para a veciñanza. Informar, cumprir coas normas e ser transparentes e o mínimo que ten que facer o Concello do Carballiño nestas circunstancias".

23, Agosto 2020

As obras de renovación do firme na autoestrada AG-53 farán necesarios os cortes do enlace de San Cristovo de Cea e da saída de Piñor dende o luns ata o venres.

En concreto, estes peches de tráfico prolongaranse dende a mañá do luns ata a mediodía do venres. Ademais, tamén se cortará a calzada esquerda da autoestrada, en tramos duns 4 km de lonxitude, o que será sinalizado coa antelación necesaria.

Na autoestrada disporanse paneis de sinalización antes da saída cara a AG-54 e na entrada desde a estrada OU-504 coa fin de avisar aos usuarios dos cortes e dos percorridos alternativos, mediante a AG-54, a OU-504 ou a N-525.

Cómpre lembrar que a Xunta está a executar a mellora do firme no tramo comprendido entre Dozón e San Cristovo de Cea, dende o punto quilométricos 56+320 ao 74+200 da autoestrada, cun investimento duns 4,8 millóns de euros.

No marco desta intervención, as citadas restricións na circulación son precisas para poder avanzar na extensión da capa de rodadura, que debe realizarse a calzada completa. Os traballos consisten na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea. Tamén se levarán a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

22, Agosto 2020

O concello de Maside procederá o próximo xoves dia 27 de Agosto, coincidindo coa festividade de San Vitorio e festivo local no municipio, a estrea e izado da nova bandeira no balcón do consistorio masidao, e no transcurso dun acto solemne que se celebrará ás 13 horas.

O novo distintivo foi aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, a petición municipal e partindo dunha proposta realizada polo historiador e investigador masidao Xosé Ricardo Rodríguez, experto en xenealoxía e heráldica.

A bandeira de Maside fai alusión á historia da vila e concello e recolle varios símbolos que o identifican. Sobre fondo verde e en amarelo dourado aparece a torre da casa do concello, sen dúbida o elemento máis identificador de Maside, que aparace flanqueada por dous leóns, sobre dúas ondas, tal como tamén figuran no escudo municipal.

21, Agosto 2020

So duas palabras ,o de está o sentidiño dos responsables de autorizar a Subida a Saleta coa que esta caendo na comarca?

Como os representantes da veciñanza da comarca se mostras tan eúforicos na presentacion da proba,eso si coa cara tapada ?

Quen vai controlar que se cumplan as medidas de seguridade?

De verdade dame pena o que vai pasar por os contaxios posibles.

21, Agosto 2020

Con estes dous novos casos no concello de San Cristovo de Cea o número de contaxios activos na comarca do Carballiño ascende a 21 persoas.

Según informa o propio concello de Cea trátase de dous veciños que fai unhos dias atrás acudiron a un evento familiar, no que estaría a orixe do contaxio, encóntranse en illamento no seu domicilio.

"Non queremos ser alarmistas, pero necesitamos ser cautos e extremar as precaucións, non relaxarnos e pensar, equivocadamente, que non depende de nos", reflexionan dende o concello de San Cristovo de Cea. A dirección da residencia de maiores de Cea suprimíu todo tido de visitas, e o concello restrinxe as actividades e o acceso aos edificios e espazos públicos.

 

21, Agosto 2020

O Castro de Cameixa no municipio de Boborás volve a ser obxecto de escavación durante un mes, por terceiro ano consecutivo, grazas a dotación orzamentaria por parte da Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Cultura da Xunta, cun coste total dos traballos de 12.000 euros, a petición do grupo de goberno do concello.

Desta maneira, o equipo de arqueólogos e restauradora, dirixidos por Jorge Lamas comezaron xa nesta semana cos traballos de escavación e posta en valor do xacemento arqueolóxico, seguindo o xa descuberto nas dúas temporadas anteriores.

Ata o momento, as zonas do Castro que se escavaron formaban parte do xa explorado entre os anos 1944 e 1946 por Florentino López Cuevillas e o Xocas, polo que se descubriron as estruturas que xa no seu día foran atopabas pero tapadas de novo, a petición do propietario da parcela. Nesta ocasión, os traballos centraranse nunha zona nova, polo que a expectación polos posibles descubrimentos é maior ante as sorpresas que se poidan atopar.

Lamas, o arqueólogo director, afirma “esperamos que esta campaña sexa frutífera en canto o achado de novas estruturas e materiais arqueolóxicos que supoñan un avance no coñecemento do xacemento”. Pola súa parte a alcaldesa, Patricia Torres, explica que “coma tódolos anos estamos expectantes ante o que poida aparecer, sen dúbida reforza o coñecemento do noso pasado e tamén incrementa o atractivo turístico e cultural do noso municipio".

Nas campañas anterior, apareceron 6 metros de muralla, os restos dunha casa de palla barro, varios fogares, dúas vivendas (unha circular e outra cuadrangular) e restos de cerámica, así como fíbulas que formaban parte da vestimenta dos que alí viviron entre os anos VI a.C. e I d.C. que foi o período de ocupación do Castro.

20, Agosto 2020

Ven de crearse a nova Unidade de Atención Parroquial do Carballiño, que  estará integrada por un equipo sacerdotal de tres párrocos e un deles exercerá a función de moderador, según se recolle no decreto que ven de asinar o Bispo de Ourense Leonardo Lemos.

Tras a xubilación como párroco do Carballiño de Xose Benito Siero, a igrexa trata de adaptarse a actúal realidade social e demográfica e opta por un novo modelo de organización que xa veu implantando noutras zonas da Comarca e que pasa pola constitución dun equipo sacerdotal que atende varias parroquias, realizando as súas funcións de párrocos de forma solidaria.

No caso da nova Unidade de Atención Parroquial do Carballiño o equipo estará integrado polos sacerdotes Jorge Juan Pérez Gallego, que ademáis exercerá como moderador, xunto a Francisco López Gómez e Enmanuel Álvarez Lara.

A UaP do Carballiño terá a súa sede na parroquia de San Cibrao, e ademáis da mesma tamén pasan a integrala as parroquias de San Roque de Señorín e Santiago de Partovia.

Para descargar o decreto do Bispo no que se crea a UaP e noméase aos párrocos e moderador preme no arquivo adxunto:

 

20, Agosto 2020

A XXII Subida á Saleta contará con sesenta coches inscritos, entre eles, dúas barquetas e tres fórmulas, según confirmaron hoxe os directivos da Escudería Carballiño e da Federación Galega de Automobilismo durante a presentación da proba, que se efectuou este mediodía no salón de plenos do concello do Carballiño coa asistencia da concelleira de Deportes, Silvia Baranda; do portavoz do PP, Ricardo Perea, e da alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, entre outros convidados.

Os organizadores valoraron positivamente o número de inscritos, habida conta das circunstancias que acaecen actualmente polo coronavirus. Neste sentido, recalcaron a necesidade de que os afeccionados que vaian a seguir a proba garden todas as medidas de separación e seguridade, mantendo as distancias, usando máscara e lavándose as mans con xel hidroalcólico. Tamén agradeceron a colaboración da institucións local, provincial e autonómica, e patrocinadores, así como das forzas de seguridade, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e colaboradores.

O parque de custodia dos coches participantes quedará instalado na avenida do Arenteiro, e abrirase ás 09,30 h do sábado, 22 de agosto. Os entrenamentos oficiais do sábado terán lugar ás 18,00 h (primeira manga) e ás 20,00 h (segunda manga). Os entrenamentos oficiais do domingo, 23 de agosto, serán ás 09,30 h, e a terceira e cuarta manga terán lugar a partir das 11,30 h. Tanto a presentación oficial dos pilotos, que se fará ás 14,00 h do sábado, como a entrega de premios do domingo faranse sen a presencia de público, en aplicación das medidas de prevención polo coronavirus, e só estará permitida a presencia dos medios de comunicación.

20, Agosto 2020

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acompañado pola técnico que dirixirá a candidatura a fondos para o desenvolvemento de Plans de Sustentabilidade Turística para "Ourense Provincia Termal", Carmen Pardo, convocaron, no centro cultural "Marcos Valcárcel", unha reunión de traballo con trece alcaldes da provincia para presentarlles este proxecto que "require do traballo coordinado e conxunto de todos para propoñer accións que melloren a sustentabilidade do modelo de desenvolvemento turístico", dixo Rosendo Fernández.

Por medio da Fundación Juana de Vega, a Deputación de Ourense está a elaborar un Plan de Sustentabilidade Turística para o destino "Ourense Provincia Termal", logo da reunión mantida entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na que acordaron desenvolver dito Plan que destaque o liderado da provincia como destino termal de referencia. Esta iniciativa, na que colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais, pretende reactivar o sector turístico da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico,

medioambiental e territorial. O obxectivo desta iniciativa é "facer despegar os nosos territorios termais en Ourense e conseguir este financiamento que pode ser vital", dixo o vicepresidente do goberno provincial. No encontro participaron os alcaldes e representantes dos concellos de Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños e Ribadavia.

O sector turístico está a ser un dos sectores máis afectados pola pandemia do COVID-19, por elo, o Goberno de España abriu prazo para presentar candidaturas ao Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos que pretenden contribuír a que, cando volva a recuperación, sexa máis responsable e sostible. Este programa axudará a entidades locais xestoras dos destinos turísticos a artellar plans de acción locais que incorporen actuacións en resposta a esta crise, que melloren a sustentabilidade dos destinos e que, en estreita colaboración co sector privado, permitan recuperar, manter e atraer a demanda turística.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS