18, Agosto 2020

Chegaba a O Carballiño en 1992, asi que agora e tras 28 anos de exercio sacerdotal ao fronte da parroquía de San Cibrán do Carballiño, Xosé Benito Siero xa fixo efectiva a xubilación canónica ante o Bispado da diócese de Ourense.

E chegara a O Carballiño con polémica, xa que a algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.

"Son 88 anos e xa son horas de xubilarse, é lei de vida" dixo o xa exparroco en COPE O Carballiño, que fixa a súa nova residencia na cidade de Vigo, para estar xunto á súa familia. O concello do Carballiño anunciara no pasado mes de Xuño que estaba preparando unha homenaxe para recoñecer os seus 28 anos de relación co Carballiño, unha homenaxe que podería facerse coincidir coa festividade do patrón da parroquia do Carballiño, San Cibrán, o próximo dia 17 de Setembro.

17, Agosto 2020

O alcalde do Irixo quere poñer a disposición das empresas e os comercios do municipio una nova fórmula para promocionar os seus productos ante os consumidores, a marca “O Irixo”, coa que se identifique a orixe do producto local con garantías de sostenibilidade e calidade.

Manuel Cerdeira, que ven de cumplir este pasado dia 12 de Agosto un ano na alcaldía do Irixo, á que accedera tras o pasamento do exalcalde Manuel Penedo, considera que sería un gran paso para impulsar a economía local “porque cada un pola súa conta é máis difícil, pero todos xuntos podemos chegar máis lonxe e darnos a coñecer máis e mellor”.

O rexedor razonou asi a súa idea “temos un potencial que non estamos explotando como deberíamos, temos que poñer en valor a marca O Irixo, da que temos un gran referente na Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, co seu leite, iogur, queixo, kéfir e agora tamén o seu requeixo, pero tamén temos outros como a carne de Ferradás que xa goza de recoñecemento mesmo en restaurantes Michelín, productores de mel, ou de pan artesán, e outros que poden sumarse”, relatou na súa intervención en COPE O Carballiño.

A marca “O Irixo” terá como obxetivo poñer en valor aos productores locais “porque se logramos traballo e benestar o noso concello terá moito futuro”, subliñou o alcalde Manuel Cerdeira que, ademáis, avanzou outra iniciativa de promoción deste distintivo local, un expositor permanente de todos os productos da marca “O Irixo” que podería ubicarse no complexo turístico, deportivo e cultural que o concello vai promover na estación de ferrocarril da localidade.

16, Agosto 2020

Son 18 novos casos activos de Covid 19 na Área Sanitaria de Ourense-Verín-Valdeorras os notificados este domingo 16 de Agosto polas autoridades sanitarias, o que eleva a cifra total  de persoas afectadas pola a dia de hoxe pola enfermidade no territorio provincial, son 16 máis ca onte sábado, xa que se produciron dúas altas. Desta maneira, o número de casos activos sitúase en 94 según esta última actualización de datos.

En canto aos 18 novos positivos contabilizados ese domingo ningún deles está asociado aos dous brotes do Carballiño, son casos illados ou de dúas persoas, e non se consideran como novos brotes porque para que sexa así deben sumar máis de tres casos, según os cómputos de Sanidade.

16, Agosto 2020

O Festival de Títeres chega a súa XII edición, e nesta ocasión desenvolverase en cinco xornadas coa participación de cinco compañías que presentarán os seus espectáculos no polideportivo do colexio da Uceira ás 19,00 h. As representacións, obradoiros, xogos e contacontos terán lugar nun recinto acotado e co aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus. O festival conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e a entrada aos diferentes espectáculos e actividades será completamente gratuíta.

PROGRAMA

Día 17: FILIPA COS CONTOS – Títeres Bandullo Azul

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú

15, Agosto 2020

O Sergas notificou este sábado a aparición dun novo brote de coronavirus no Carballiño, ao confirmarse catro casos positivos en Covid 19 nunha mesma familia, dúas mulleres de 42 e 16 anos de idade, e dous varóns de 22 e 18 anos.

Encóntranse en illamento no seu domicilio do Carballiño, monitorizados por Sanidade.  Este segundo brote súmase ao declarado no Carballiño o pasado dia 3 deste mes de Agosto, e que tamén afecta a outras catro persoas.

14, Agosto 2020

O evento será este sábado, 15 de agosto, ás 20,30 h., na Insua dos Poetas, na Esgueva-Madarnás-O Carballiño, con entrada libre ata completar aforo.
A apertura das portas será ás 19,30 h., e só se poderá acceder con máscara e lavado de mans con xel hidroalcólico, que haberá nas dúas entradas habilitadas. Así mesmo, gardaranse todas as medidas de separación e seguridade preventivas según a normativa polo coronavirus.

Ese concerto está organizado pola Fundación Ínsua dos Poetas e conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.

SÉS é unha cantautora coruñesa de traxectoria ascendente e imparable que trala súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escea musical galega”. Se algo podemos destacar de SÉS é a súa enorme carisma e forza persoal, xa de sobra demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, vila tras vila e cidade tras cidade. Pouco a pouco e gracias á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión no cuestionamento do establecido.
O estilo de SÉS mistura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que consiguen un resultado orixinal e xenuino: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.

O seu discurso valiente, novedoso, contundente e directo fan da figura de SÉS a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquelo no que sería ideal crer.

SÉS é unha traballadora incansable que editou seis discos en oito anos, e que a levou a percorrer escenarios de toda a península e parte de Europa.

SÉS presenta un novo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora. Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira.

SÉS ven de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galiza polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida levarana a conquistar outros territorios.

13, Agosto 2020

O Concello de Boborás celebra este venres 14 de agosto de 2020 un pleno con carácter extraordinario para a aprobación inicial do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas Termais no manantial de Brués, dentro do municipio, e promovido pola empresa Caldas do Orcellón.

Trátase do primeiro paso para iniciar os trámites do desenvolvemento do Plan Xeral neste caso para logo a instalación dun centro termal no municipio de Boborás que será o primeiro, potenciando a riqueza das augas termais e mineromedicinais existentes no lugar de Brués.

A empresa Caldas do Orcellón xa presentou hai un ano o borrador deste Plan que xa pasou o trámite de avaliación ambiental, e agora quere dar continuidade a este proxecto. O promotor e representante da empresa Christophe S. Delétraz, inversor suízo, vinculado a esta terra a través da súa muller que é de Boborás explica que “se namorou dunha persoa e tamén dun lugar”. Asimesmo indica que “a calidade das augas de Brués, xunto co feito de que nunca antes foran explotadas, permitirá desenvolver un concepto contemporáneo no sentido ecolóxico, eficiente e económico no medio da natureza e o carón dun fermoso patrimonio arqueolóxico como é o Castro e Fortaleza do Orcellón, formando isto tamén parte dos terreos nos que se vai a desenvolver o proxecto e por tanto aportando unha experiencia completa e única para os usuario da futura instalación termal.

O promotor explica que se deixará o acceso gratuíto a poza do manantial xa existente, para o uso e desfrute para poboación local como ata o de agora de viña facendo, e no outro ámbito establecerán prezos acordes o nivel adquisitivo da zona. Ademais, Delétraz confirma que o desenvolvemento deste proxecto suporá a creación de emprego, e xunto co apoio do Concello de Boborás, convertirase nunha bandeira para promover o municipio socioeconomicamente, e na area turística e termal.

Por parte do Concello de Boborás, a alcaldesa Patricia Torres explica que “estamos moi entusiasmados con este proxecto, necesario e moi desexado entre a nosa veciñanza”. Trátase de “poñer un recurso natural en valor, que será un revulsivo importantísimo para o turismo e a economía do noso municipio” e “quero agradecer a empresa Caldas do Orcellón a súa aposta firme, respectuosa e real con este proxecto, avanzando que contarán coa apoio do concello”.

13, Agosto 2020

O día 11 de agosto do presente ano, hai dous días, unha nova tormenta asolagou a vila do Carballiño, unha tormenta “nunca vista,” algo parecida a acontecida o día 19 de abril de 2020.

Coma nas anteriores, os mesmos puntos quentes da vila quedaron asolagados: Rúa Evaristo Vaamonde, Avenida de Compostela, Polígono… Coma nas anteriores, os veciños destes barrios volvemos a pasar un mal rato de impotencia vendo coma os nosos baixos e garaxes se inundaban con auga sucia, mestura de augas fecais e pluviais (foto 1).

Dada a reiteración destes feitos, e ante a falta de resposta aos escritos presentados por esta familia no rexistro do Concello de o Carballiño, sen que se lles de resposta nin escrita nin actuación algunha para solucionar o problema, optamos por atrincherar a nosa casa a base de sacos de area (foto 2), para frear a entrada desta mestura “vírica” dende a rúa.

Lamentablemente, as trincheiras, que reduciron os danos, non foron quen de impedir completamente a entrada desta auga “sucia” que acadou unha altura de cinco centímetros (foto 3), como poderán vostedes ver na marca do ladrillo que aparece na foto. Porque si, queridos veciños, esta familia leva varios anos co mobiliario do garaxe e a maquinaría necesaria na casa enriba de ladrillos para evitar que se danen coa auga que entra cada vez que na nosa terra galega chove un pouco forte (chuvia en Galicia, que cousas!!! Será o cambio climático!!!).

Con todo, os danos materiais son importantes, pero non son nada se os comparamos cos danos psicolóxicos e as posibles repercusións para a saúde física da veciñanza que estes episodios poden ocasionar (fotos 4 e 5).

Nós queremos deixar constancia do que ocorre a través do vídeo que incluímos (espero COPE Carballiño teña a ben incluílo), para que todo o mundo poida ver para que serven os sacos apostados diante da casa. Somos plenamente conscientes de que non son nada glamurosos e que afean a casa e a contorna, pero non se poden vostedes imaxinar a impotencia, rabia e medo que sentimos cada vez que chove cun pouco de intensidade.

Estimada Corporación Municipal, isto non acontecía antes das obras de acondicionamento dos arredores do Templo da Veracruz. Por riba, non so non arreglan os puntos quentes do pobo, senón que arranxan rúas coma Eusebio Lorenzo Baleirón, que vai dar a Evaristo Vaamonde, e non lle poñen nin unha soa acometida para recollida de auga da chuvia, polo que esta corre coma un río pola rúa abaixo e acumúlase en Evaristo Vaamonde.

Sinceramente, esperamos que estean vostedes dispostos a asumir as consecuencias legais que poidan derivar desta deixadez de funcións e que pode repercutir de xeito moi grave na saúde dos seus concidadáns. Non se trata de algo illado que afecta á miña casa e familia, ISTO É UNHA CUESTIÓN DE SAÚDE PÚBLICA que agrava a crise da COVID-19.

(https://www.europapress.es/galicia/noticia-edar-reza-ourense-rio-tea-ponteareas-puntos-control-posibles-rebrotes-coronavirus-20200715172925.html)

Atentamente,

Milagros Chao Castro

13, Agosto 2020

Sanidade considera "cerrado" o brote familiar importado de México orixiinado no concello de Beariz e que fora detectado o pasado dia 9 de Xullo.

Os resultados de todas as probas diagnósticas PCR de seguimento e posteriormente de confirmación que foron practicadas aos catro pacientes que formaban este brote, tres deles residentes no concello de Beariz, e un cuarto asociado a este brote residente noutro municipio, deron resultado negativo.

Desta maneira, o Sergas da "por superado o brote", polo que no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro quedan activos os brotes do Carballiño (4 casos) e Avión (3 casos).

12, Agosto 2020

Sanidade confirma que se manteñen estables os tres brotes de coronavirus  que se declaron no ámbito comarcal, e que suman en total  once persoas persoas afectadas, cando según a última actualización de datos oficiais son 54 casos activos en toda a provincia de Ourense.

Os tres brotes localízanse nos concellos do Carballiño (4 casos) Beariz (4 casos) e Avión (3 casos), e parecen estabilizarse toda vez que as probas PCR realizadas nos entornos das once persoas infectadas deron resultado negativo en todos os casos..

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS