
Faleceu en México DF vítima da Covid19 Florencio Gulias Barros, natural de Beariz desde onde emigrara sendo aínda un adolescente e a onde regresaba cada verán, alternando a súa estancia entre Beariz e O Carballiño.
O empresario bearicense presidíu o Centro Galego de México durante seis anos, entre 2014 a 2019.
O concello de Beariz, por medio do seu alcalde Manuel Prado, expresou as súas condolencias ao coñecerse o pasamento do seu veciño, moi veinculado á vida social da localidade.

A tormenta que descargou na tarde deste martes sobre O Carballiño provocou unha cascada de incidencias que mantiveron activos por varias horas aos bombeiros e efectivos de emerxencias.
A gran cantidade de auga e saraiba caída deixa danos na rede municipal de alcantarillado que resultou desborada en varias rúas do casco urbano do Carballiño, coas tapas levantadas pola forza da auga ao saturarse as tuberías o que, ademáis, fixo que sairan á superficie algunhos resíduos, e mesmo con danos nalgunhas beirarrúas que resultaron co empredrado desprazado, como aconteceu na Avenida do Balneario.
Na rúa Evaristo Vaamonde, baixos e sotos de vivendas sufriron inundacións e o aparcamento do Supermercado Eroski quedou anegado pola gran cantidade de auga acumulada en tan pouco tempo, apenas unha hora. Na Avenida de Comnpostela formaronse grandes bolsas de auga que por momentos a fixeron intransitable para a circulación de vehículos, a altura do cruce de confluencia coa rúa Piñor a tromba de auga tamén anegou sotos e baixos de algunhas vivendas, nesta zona e igual que acontece en Evaristo Vaamonde os veciños veñen reclamando ao concello unha solución para unha problemática que padecen dende fai anos e reprodúcese cada vez que se producen trombas de auga como a deste martes no Carballiño.
No ámbito rural, a saraiba caída provocou danos nos cultivos de horta, ademáis a forza coa que golpeou a pedra danou os acios de uvas nos viñedos na zona da bocarribeira carballiñesa.

A 22 edición da Subida Automobilista á Saleta celebraráse os próximos sábado 22 e domingo 23 deste mes de Agosto, a entidade federativa mantén calendada esta popular proba automobolistica puntuable para o campionato galego de montaña 2020.
O parque de custodia de vehículos participantes faráse finalmente na Avenida do Arenteiro do Carballiño dende as 9:30 horas do sábado 22, de onde partirán os participantes para as dúas xornadas de competición, sábado e domingo.
Para a tarde do sábado 22 están programados os adestramentos oficiais a partir das 16 horas, logo ás 18 horas correráse a primeira manga e ás 20 horas a segunda manga. Para a matinal dominical están programados os adestramentos oficiais a partir das 9:30 horas, a terceira manga desputaráse ás 11:30 horas e a continuación a cuarta e última manga oficial. A entrega de trofeos faráse no Pazo da Almuzara a primeira hora da tarde do domingo.
Este sábado noite estiven nunca terraza da rúa principal bastante tempo. Víase xente sen mascarillas pero claro nin un policía por alí. O máis chocante e cando vimos a un dos hosteleiros da zona paseando pola Rúa coa mascarilla colgada a altura do peito....como se fosen unhas gafas....que imaxen da? O que non sei e como vai a xente a ese local. ..o que non fará dentro se cando o ve todo mundo vai sen mascarilla e a leva cun colgador para que quede claro que non é un momento solo.....pero claro non hai policía que o vexa....vaia imaxen!

As pemes, autónomos e entidades de economía social galegas poden solicitar ata o vindeiro 17 de agosto as axudas do programa Reactiva comercio e servizos seguros. A Xunta activou estes apoios, con achegas de ata 3000 euros para implantar nos negocios medidas de protección fronte á covid-19, co obxectivo de facilitar a volta á actividade dos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte en condicións de confianza para os consumidores.
Os apoios cobren os gastos tanto das medidas que se implanten agora como das xa realizadas desde a declaración do estado de alarma, mediante unha tramitación rápida e sinxela, que inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados. Cunha dotación total de 16 millóns de euros, nesta iniciativa colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo (no marco do plan Galicia destino seguro); e Infraestruturas e Mobilidade.
As axudas poden destinarse á adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. Así, os establecementos comerciais, empresas do sector turístico e salóns de peiteado de menos de 10 traballadores poden obter apoios polo 100% das medidas activadas, desde 300 a 1200 euros. Por outro lado, as pemes de menos de 50 traballadores tanto destes sectores como do transporte, os servizos e as actividades profesionais poden beneficiarse de apoios directos do 80% do custo nas medidas de seguridade precisas, desde un mínimo de investimento de 1500 euros ata un máximo de 3750, sendo polo tanto a axuda máxima de 3000 euros.

O concello do Carballiño recorda que "según a normativa da ordenanza da venda ambulante" en vigor no municipio, a primeira feira deste mes de Agosto, unha das máis importantes en canto á afluencia de púbico, adíantase ao venres dia 14. Este cámbeo débese ás circustancias do calendario, xa que o dia 16 cadra a domingo e o dia anterior, o sábado 15 é festivo.
Xoves, 03:30, unha vez pechados os bares, pandilla de adolescentes buscando ambiente, borracheira negra, berros, cánticos. ...chamada á policía local, sin resposta.
Venres, 04:00, bares con xente dentro, tamén na rúa, berrosberros, cánticos varios e por fin chega a policía, pero....non poden facer mais que estar.
Sábado, sen hora....sen comentarios.....
Algo non estamos facendo ben.
Conclusión1: si non hai multa, non hai reación.
Conclusión 2: extinguirémonos por estupidez

O Carballiño despide este domingo as "Xornadas Gastronómicas do Pulpo" l, a iniciativa promovida dende o concello coa colaboración da hostalaría local e as pulpeiras e pulpeiros de Arcos para "Salvar os mobles" en substitución da Festa do Pulpo e na medida do posible atenuar as consecuencias da crise pola pandemia do coronavirus en sectores claves da economia local,
Un total de 46 locais, restaurantes, bares e mesóns ofreceron durante a semana o pulpo á feira, ademáis durante a fin de semana -sábado e domingo- sumáronse 20 postos de venda de pulpo que, como se fose un dia de feira calquera, instalaron na rúas e prazas as pulpeiras de Arcos, que este ano non poideron instalar as súas caldeiras no parque municipal, ao quedar cancelada a que debería ser a deste 2020 a 58 edición da Festa do Pulpo.
Non houbo aglomeracións en ningún momento, tal como se perseguía pola situación que vivivmos e o resultado da semana dende o punto de vista económico foi bastante "discreto" e e nalgunhos establecementos "cativeiro", según os datos aportados a esta emisora de radio polos profesionais consultados, tan un chisco o sábado e algo máis o domingo a mediodia animouse a afluencia de público chegado de fora para desgustar o noso manxar gastronómico máis internacional, consumido este ano maioritariamente no Carballiño en ambiente famiiar nas casas, foi como a maioria dos carballiñeses conservaron este ano a tradición deste segundo domingo do mes de Agosto.
En todo caso, o desplome na caída do consumo de pulpo foi histórico nestas datas de agosto, son as estimacións de Daniel González Atanes de Frigoríficos Arcos, unha das empresas locais punteiras do sector "algo de pulpo comeuse, pero moi lonxe das toneladas doutros anos, eu calculo que se vendeu un 25% do que se vendía outros anos", un dato certamente revelador que é corroborado por outras profesionais como Aurora Gómez, da asociación de pulpeiras Arcos-O Carballiño que instalou as súas caldeiras na rúa do Paseo xunto ao gastrobar Don Paco"no parque vendíase moito, moito pulpo, hoxe aquí estamos traballando como un dia de feira, máis ou menos".
Tamén caeu a mínimos históricos no Carballiño a ocupación en hoteis e hostais nesta semana do pulpo, sempre con ocupación plena ano tras ano e desta vez con moitas habitacións libres, e con apenas un 30% de ocupación no conxunto dos establecementos hoteleiros carballiñeses "outros anos tiñamos cheo toda a semana e coas reservas feitas con moita antelación, este sábado ocupamos tan so dúas das catorce habitacións que temos, outros anos se tivesemos capacidade enchiamos a grada do Espiñedo", aseguraba a COPE O Carballiño Pepe Növoa, de Casa Pituxo.
Polo demáis, na noite do sábado e madrugada do domingo, a actividade nos locais de ocio desenvolveuse con normalidade e sen inicientes reseñables, nas intervecións das forzas de seguridade e órden público tan so se contabilizaron dous delitos contra a seguridade no tráfico, con dous positivos en controis de alcoholemia.
Lo de este concello es para mirárselo, no pueden abrir el parque infantil como en todos los demás concellos con las correspondientes medidas de seguridad pero pueden juatarse decenas de adolescentes sin ningún tipo de control en la pista roja como sucede a diario. No podemos juntarnos una familia al aire libre, con metros y metros de distanciamento como podía ser en el parque, y van y lo prohíben, nos aconsejan ir a los comedores de los restaurantes en locales cerrados, unos cracks esta gente.
El ayuntamiento de Carballiño prohibe ir a comer al parque pero anima a ir a los bares y a las terrazas
Todos apretados y en sitios cerrados muy bien por los que tuvieron la idea
Lo importante es llenar los bares y que se apueste mucho
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 335
- 336
- 337
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- …
- seguinte ›
- última »