6, Xullo 2020

So dicir que me parece penosa a denuncia anterior. Nin sei quen o fai, nin eu teño negocio de hostalería... Pero facer esa crítica directa a alguén do mesmo sector e moi feo, e tratar os policía locais de partidistas cando tratan de facer cumplir a norma, tamén. Lóxicamente o que vai a un bar, bebe e fuma fóra, e se se xuntan moito é responsabilidade deles, non do local... Paréceme mentira este tipo de comentarios entre xente do mesmo sector. Saúdos

6, Xullo 2020

Buenos días quería mandar esta denuncia porque yo aquí en Carballino tengo un bar y la policía está el día entero y en la noche tocando la coronilla sin embargo el viernes y el sábado que abrió un pub al lado de la plaza mayor usted viera como estaba eso parecía la fiesta del pulpo los camareros sin mascarilla la gente bebiendo y fumando y bailando todos juntos todo pegado llamamos nosotros a los municipales y los municipales pasaron por ahí porque yo estaba mirando y no le dijeron nada el sábado a las 5:30 fue que vino la Guardia Civil y le dijo que tenían que cerrar y la terraza nos obligan a la gente a recogerla a la 2:30 estan los municipales por ahí y la terraza del fetiche estaba hasta las 5 ahí y no podían ni los coche cruzar y dónde está la ley o o es para todos o no para uno por qué porque los sin techo tiene dinero y lo demás qué ?

3, Xullo 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea.

A actuación, adxudicada á empresa Taboada y Ramos, S.L., por un importe duns 3,8 millóns de euros, conta cun prazo de execución de seis meses. Intervirase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada. Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento. Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas de titularidade da Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade. Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI),

3, Xullo 2020

O Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento do que depende o parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro aprobou, na xuntanza celebrada no Pazo Provincial, o inicio do procedemento para o cambio de xestión do servizo para facelo público. Así o informou o presidente do Consorcio, Pablo Pérez, e o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, na rolda de prensa que ofreceron na sala de prensa do Pazo Provincial ao remate do Pleno.

O primeiro paso para levar a cabo este cambio de xestión é a constitución dunha Comisión de estudo para a realización da memoria xustificativa segundo a regulación vixente. Como membros corporativos desta comisión formarán parte dela dous representantes da Xunta de Galicia (a designar por esta), e por dous da Deputación de Ourense (a designar por esta), ostentando un deles a Presidencia de dita comisión. E, como membros técnicos, estará integrada por tres designados pola Xunta de Galicia, tres designados pola Deputación de Ourense, a persoa titular da Xerencia do Consorcio e a persoa titular da secretaría do Consorcio.

O Consorcio Provincial, formado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, inicia así os trámites para facer público este servizo, "tal e como se comprometeu no mandato anterior", sinalou Pablo Pérez, quen lembrou que o primeiro paso para elo foi a firma dun protocolo do Consello Galego de Relacións Laborais "no que están presentes as catro Deputacións galegas e os representantes sindicais dos bombeiros".

Esta nova ten "moi boa acollida entre o colectivo dos bombeiros, a quen agradezo o seu importante labor, sobre todo neste momento de crise sanitaria", dixo o presidente do Consorcio, asegurando tamén que este paso é "unha mostra máis do cumprimento dos compromisos da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia". Neste mesmo sentido, Pablo Pérez recalcou que o Consorcio Provincial experimentou nos últimos cinco anos "un cambio substancial na mellora da calidade dos servizos que presta, avances que comezaron xa no mes de xuño do ano 2017 coa apertura do parque comarcal O Carballiño-Ribeiro".

De estes últimos anos cabe destacar "o importante investimento que destinamos en dotación de medios materiais como, por exemplo, coa renovación de vehículos ou a incorporación de novo material", dixo Pablo Pérez, quen fixo especial fincapé na mellora da calidade que supuxo "a creación do servizo de drons no parque de Bombeiros do Carballiño-Ribeiro".

Pola súa parte, Santiago Villanueva dixo que se inician "os trámites para o paso de xestión indirecta a directa, un paso que se leva dado en toda a Comunidade Autónoma". Así mesmo, Villanueva incidiu en que a Xunta de Galicia, en colaboración coas deputacións, "aposta por unha prestación homoxénea en todo o territorio da Comunidade Autónoma. Neste caso maniféstase no servizo contra Incendios, pero tamén coa posta en marcha durante todos estes anos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e tamén unha aposta polas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil".

Neste sentido, o directo xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia lembrou que "fai uns anos en Galicia tiñamos só 7 servizos profesionais de atención ás emerxencias, que eran os parques das grandes cidades, e neste momento, aparte deses 7 servizos, temos máis de 51 servizos profesionais en todo o territorio co obxectivo de que esa prestación do servizo sexa igual para tódolos cidadáns de Galicia, independentemente do seu lugar de residencia".

Santiago Villanueva agradeceu o labor do Consorcio durante todos estes anos afirmando que "temos uns servizos, unhas instalacións e unha dotación de persoal e material acorde coas necesidades que a distintas realidades se van producindo en cada momento".

2, Xullo 2020

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño cumpriu o pasado ano 2019 o 40 aniversario da súa creación, e por eso a comezos deste ano 2020 gravou un CD co título de “ABIOXÉNESE 79”, como unha homenaxe ao orixe da entidade.

Este CD foi presentado hoxe no salón de plenos do concello nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director da coral, Jaime García Pechel, e o presidente e vicepresidenta da entidade, José Luis Castro e Pilar Caballero, respectivamente.

O CD contén dez cancións, que resumen a actual etapa da coral, en base a un repertorio de música galega, música clásica (barroca) e músicas do mundo. Así mesmo, inclúe un libriño de oito páxinas no que se conta a historia da coral e as colaboracións especiais na gravación do disco.

Entre estas colaboracións figuran unha sección da Banda de Música de Vilatuxe, a pianista Alba Raña e os percusionistas Sander Ulloa, Esteban Decabo, Luis García, José Luis Castro, Antonio González e Emilia Pérez.
Francisco Fumega felicitou á entidade polos corenta anos de historia e pola edición deste CD, e agradeceu o traballo que realizan, levando o nome do Carballiño por Galicia, España, Portugal e outros países, referíndose en especial ao presidente, vicepresidenta e ao seu director.

Jaime García Pichel relatou o proxecto desenvolvido pola coral o pasado ano 2019, co gallo do 40 aniversario, e que rematou coa gravación do CD “Bioxénese 79”, como unha mirada ao principio da vida da entidade Tamén destacou a Festa da Mimosa, o Festival Galaico-Portugués, o Nadal e varios concertos no rural.

O director da Coral do Casino asegurou que este CD é un reflexo fiel do que é a agrupación actualmente, que son felices co seu traballo e que queren perdurar o enorme legado cultural da entidade.

Pilar Caballero agradeceu a colaboración do concello e doutras entidades, que figuran na contraportada do CD, e referiuse ao director da coral como un dos baluartes que contribúen á unidade do grupo e que transmite uns valores moi positivos. Tamén se referiu ao gran número de actuacións que tiñan previstas para este ano pero que, por causa da pandemia, estanse retrasando e non se sabe cantas se poderán celebrar. Nesta tesitura tamén se atopa o Festival Galaico-Portugués.

Finalmente, destacou o traballo ímprobo que supuxo gravar o CD, así como os ensaios e a gravación dun vídeo difundido pola redes sociais durante o confinamento.

Diego Fernández tamén se referiu a este videoclip, dicindo que era digno de eloxio, e reitrou o xa dito polo alcalde, destacando a contribución da Coral do Casino á cultura no Carballiño, e que se plasmou co programa extraordinario desenvolvido o pasado ano e coa gravación deste CD.

1, Xullo 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de limpeza e conservación da ponte sobre o río Avia, na estrada de titularidade autonómica OU-209, no concello de Leiro.

As obras, adxudicadas á empresa Outra Vertical, S.L., por preto de 30.000 euros, conta cun prazo de execución de tres meses. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas.

O obxectivo desta intervención na coñecida como ponte Esperela é proceder á retirada da vexetación existente, beneficiando a súa conservación e mellorando a súa imaxe.

Esta infraestrutura ten 180 metros de lonxitude, un ancho de 6 metros nos estribos, e 4,8 metros nos arcos. A ponte está construída enteiramente con perpiaños de granito, consta de cinco arcos rebaixados e catro tallamares. A calzada ten unha rasante plana e os peitorís son de cantería maciza. As luces dos arcos son de 15 metros, e as pilas teñen 2 metros de ancho.

As actuacións de limpeza e conservación desta ponte consistirán na retirada manual da vexetación e maleza que existe nos paramentos de cantería, así como a limpeza das xuntas coa eliminación da terra, raíces e restos de morteiro en mal estado. Estes traballos realizaranse por persoal especializado en intervencións verticais.

Reporanse tamén as pezas danadas ou desaparecidas do paramento ou barreiras mediante sillería nova de granito coas características de resistencia, composición e cor similares á existente.

Ao remate destes traballos, realizarase nas zonas que sexa necesario un recheo profundo de xuntas horizontais ou verticais dos paramentos de sillería de pedra, con morteiro de albanelaría de cal hidráulico coloreada e area.

A intervención completarase coa roza e limpeza do dominio público nas marxes próximas á ponte.

Con estas obras na ponte Esperela aténdese a solicitude realizada polo Concello, iniciándose a contratación dos traballos unha vez obtida a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, necesaria para a súa execución.

1, Xullo 2020

O Carballiño convertiráse este ano por vez primeira en sede para as probas de Avalicación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU, asi o decidíu a comisión interuniversitaria de Galicia no contexto da actúal situación sanitaria.

Desta maneira, evítanse os desprazamentos masivos e como medida de prevención ante o risco de contaxio de Covid-19.

O alumnado das comarcas do Ribeiro e O Carballiño realizarán as probas da ABAU no IES Chamoso Lamas do Carballiño, entre o 7 e 9 de Xullo na convocatoria ordinaria, son en total 116 alunmos os que formalizaron a matricula, pertecentes ao IES do Ribeiro, IES nº 1 do Carballiño e IES Chamoso Lamas.

Os exames comúns terán lugar no pavillón de deportes do centro, que tamén habilitará outros espazos para as probas non comúns.

Entre as medidas incluídas na normativa publicada na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia atópanse a desinfección dos espazos, a obrigatoriedade do uso de máscaras e a limitación dos obxectos que poderán portar os estudantes.

30, Xuño 2020

Estamos ante un bo exemplo, tal como podemos observar nas fotos que acompañan a información do estado no que se encontra o mosteiro de Lobás, un bo exemplo do que é a deixadez e a desgaña polo noso patrimonio cultural. Deixadez e desgaña por parte dunhos e doutros, de todos, cando non somos capaces de respectar o noso patrimonio mal futuro temos. Por certo, a poucos metros do mosteiro temos outro bo exemplo, o castro, o único que temos no concello.

30, Xuño 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de publicar unha resolución acordada con data do pasado dia 27 de Maio pola que se somete a información pública, por un periodo de 20 dias hábiles, o proxecto que vai executar na vila de Maside.

A citada resolución é consecuencia do convenio de colaboración asinado recentemente polo alcalde Maside, José Manuel Iglesias e o presidente da Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga, e que vai permitir acometer o proxecto de mellora da rede de pluviais e saneamento na capitalidade municipal deste concello.

Desta maneira, a Confederación Hidrográfica comprométese a financiar a obra de renovación das redes de pluviais e saneamento na capitalidade municipal, que quedaran moi danadas polos temporais que afectaran á nosa comarca no inverno de 2018.

Procederáse á intalación dun novo colector principal e renovación da rede integral, e posteriormente a reposición das beirarrúas e da calzada.

A obra terá un coste total de 470.000 euros, dos que a Confederación achegará 376.000 euros (o 80%) mentres que o 20% restante, que son 94.000 euros, serán aportados polo propio concello.

29, Xuño 2020

Nunha información recollida polo xornal "La Voz de Galicia" en 2008 e co socialista Carlos MOntes na alcadía afirmábase que "el concello de O Carballiño recibe hoy la visita del arquitecto encargado de redactar el proyecto de creación de un centro de interpretación cultural en el conjunto medieval de O Mosteiro en Santa Uxía de Lobás, actualmente en estado ruinoso y que se quiere potenciar culturalmente a través de una propuesta de rehabilitación integral para que sea financiada a través del 1% cultural del Ministerio de Fomento".

Na citada información do xornal tamén se decía que "Carlos Montes, regidor carballiñés, confirmó ayer, al anunciar la visita de los técnicos al monumento, uno de los tres Bienes de Interés Cultural (BIC) de los que dispone el Ayuntamiento, que su restauración se planificará y estará guiada por la Dirección Xeral de Patrimonio".

Despóis, seguiron algunhos outros anuncios incumpridos, algunhos a bombo e platillo, e proxectos frustrados dos que xa hoxe practicamente ninguén se acorda. O certo é que todo aquelo non pasou dunha declaración de intencións, e doce anos despóis as ruinas do mosteiro de San Pedro de Lobás estás totalmente cubertas pola maleza e nin xiquera son accesibles para unha visita, nin xiquera para unha foto a distancia porque hai anos que non se realizan traballos de limpeza ou desbroce, o abandono é total.

O conxunto aínda conserva a igrexa románica, ben inventariado do Patrimonio Cultural de Galicia, pero necesita xa unha obra de restauración integral de toda a estructura.

Trátase do monumento máis antigo do municipio do Carballiño, o convento estivo habitado por monxas benedictinas e xa estaba activo no século XI.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS