30, Xuño 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de publicar unha resolución acordada con data do pasado dia 27 de Maio pola que se somete a información pública, por un periodo de 20 dias hábiles, o proxecto que vai executar na vila de Maside.

A citada resolución é consecuencia do convenio de colaboración asinado recentemente polo alcalde Maside, José Manuel Iglesias e o presidente da Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga, e que vai permitir acometer o proxecto de mellora da rede de pluviais e saneamento na capitalidade municipal deste concello.

Desta maneira, a Confederación Hidrográfica comprométese a financiar a obra de renovación das redes de pluviais e saneamento na capitalidade municipal, que quedaran moi danadas polos temporais que afectaran á nosa comarca no inverno de 2018.

Procederáse á intalación dun novo colector principal e renovación da rede integral, e posteriormente a reposición das beirarrúas e da calzada.

A obra terá un coste total de 470.000 euros, dos que a Confederación achegará 376.000 euros (o 80%) mentres que o 20% restante, que son 94.000 euros, serán aportados polo propio concello.

29, Xuño 2020

Nunha información recollida polo xornal "La Voz de Galicia" en 2008 e co socialista Carlos MOntes na alcadía afirmábase que "el concello de O Carballiño recibe hoy la visita del arquitecto encargado de redactar el proyecto de creación de un centro de interpretación cultural en el conjunto medieval de O Mosteiro en Santa Uxía de Lobás, actualmente en estado ruinoso y que se quiere potenciar culturalmente a través de una propuesta de rehabilitación integral para que sea financiada a través del 1% cultural del Ministerio de Fomento".

Na citada información do xornal tamén se decía que "Carlos Montes, regidor carballiñés, confirmó ayer, al anunciar la visita de los técnicos al monumento, uno de los tres Bienes de Interés Cultural (BIC) de los que dispone el Ayuntamiento, que su restauración se planificará y estará guiada por la Dirección Xeral de Patrimonio".

Despóis, seguiron algunhos outros anuncios incumpridos, algunhos a bombo e platillo, e proxectos frustrados dos que xa hoxe practicamente ninguén se acorda. O certo é que todo aquelo non pasou dunha declaración de intencións, e doce anos despóis as ruinas do mosteiro de San Pedro de Lobás estás totalmente cubertas pola maleza e nin xiquera son accesibles para unha visita, nin xiquera para unha foto a distancia porque hai anos que non se realizan traballos de limpeza ou desbroce, o abandono é total.

O conxunto aínda conserva a igrexa románica, ben inventariado do Patrimonio Cultural de Galicia, pero necesita xa unha obra de restauración integral de toda a estructura.

Trátase do monumento máis antigo do municipio do Carballiño, o convento estivo habitado por monxas benedictinas e xa estaba activo no século XI.

29, Xuño 2020

O cen por cen dos postos de venda ambulante, incluídos os do sector textil e do calzado, confirmaron que acudirán á feira deste martes, 30 de xuño, e que o farán cumprindo con todas as medidas sanitarias e de seguridade requeridas na normativa de prevención polo Covid 19.

Entre estas medidas figuran que os postos estean situados a unha distancia mínima de 1,5 metros, ou ben que entre os postos colindantes haxa barreiras de separación, como mamparas, toldos de lona ou de outro tipo.
Así mesmo, os postos contarán con dispensadores de hidroxel para os clientes, e os vendedores e vendedoras levarán en todo momento mascarillas e guantes.

Tamén se deberá respetar a separación mínima de 1,5 metros entre as persoas que asistan á feira, e deberán usar mascarillas.
Ata agora, a feira só contaba con postos do sector do agro e alimentación, ademáis dos postos de venda de pulpo, e esta será a primeira desde a declaración da pandemia polo coronavirus na que veñan a totalidade dos postos habituais.

Por este motivo, o espazo que ocupan os postos na Avenida do Balneario será ampliado, co obxectivo de cumprir a normativa sobre separación naqueles casos nos que os postos colindantes non conten con mamparas ou algún tipo de barreiras de separación entre eles.

Tamén se esixirá a todos os postos que ao remate da feira recollan a totalidade do lixo que xeren, de maneira que non quede nada nas prazas, beirarrúas ou rúas.

Desde o concello do Carballiño prégase a todas as persoas que visiten a feira que respeten as medidas sanitarias e de seguridade de prevención, establecidas na normativa polo coronavirus, como son o uso de mascarillas e de hidroxeles desinfestantes ou lavado de mans con xabón, e manter a distancia de 1,5 metros coas demáis persoas.

Neste senso, e tendo en conta que esta feira do 30 de xuño será a primeira á que acudan todos os postos desde o pasado mes de marzo, reforzarase a presencia da Policía Local, coa finalidade de velar polo cumprimento das normas de prevención establecidas.

29, Xuño 2020
28, Xuño 2020

O PSdeG-PSOE ven de solicitarlle o Secretario-Interventor do Concello de Leiro a elaboración dun informe económico no que se recolla "a situación favorable ou desfavorable" de que este concello continúe formando parte da Mancomunidade do Ribeiro.

O portavoz socialista Manuel Rodríguez recrimínalle ao alcalde que éste comentáse nun tono chulesco e de prepotencia “que o tesoreiro – interventor fara os informes que esta alcaldia lle solicite, e se quedou tan ancho con está resposta, pero que sepa o rexidor vamos a loitar e senon e de unha forma o outra, para ter nas nosas mans ese informe económico que o Alcalde nos nega".

Para os socialistas de Leiro  "os servizos prestados pola Mancomunidade ao noso Concello resultan gravosos para a economía do noso termino municipal e dos veciños". Entenden que esta situación obedece a  "intereses economicos, politicos e personais que, desde sempre, afectan a xestión da Mancomunidade, son as mesmas razons que levaron a saida da mesma tanto os Concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Melon, Carballeda de Avia e Avión".

Considera o grupo socialista que "antes e agora as aportacions dos concellos e dos veciños non son suficientes para manter aberta esta institución, tendo que cubrir a Xunta de Galicia, me diante subvencións a mitade dos gastos presupuestados cada ano. Neste ultimos dias, asistimos a unha proba evidente de que para o PP o único interés por acaparar o control político de entidades como a Mancomunidade, obedece a poder someter e comprar vontades con diñeiro de todos e para iso pasaron o cobro os impostos e tasas, sin importarlles a situación sanitaria e económica actual pola que atraves todo o Pais", denuncian.

Reclaman obras de mantemento para evitar o deterioro da rede viaria municipal

O PSOE de Leiro reclama ao Goberno Municipal do Partido Popular a urxente intervención nas estradas das nove parroquias do municipio "para que e segundo di a nosa campaña que estamos a levar acabo por todo o Concello para “O LEIRO QUE QUEREMOS”, e que se prime dunha vez e se priorize o interese xeral de tod@ s os vecin@ s no seu conxunto”.

 Os socialistas reiteran a inaprazable necesidade de que o goberno que preside Francisco José Fernandez "deixe de tratar aos veciños s como cidadáns de segunda categoría, xa que o estado de deterioro das estradas municipais requiren dunha intervención urxente das mesmas e non deixar pasar o tempo e mintíndonos como fixo o Alcalde no Pleno do pasado mes de Setembro do ano 2019 asegurando que na estrada de PAREDES- OREGA- BERAN estaba arranxada e sen fochancas e comprobamos días despois que era totalmente falso o que decia, pero o mais grave é que a Xuño do 2020 a estrada segue no mesmo estado de deterioración xa que se agravo aínda máis, debido á inacción deste Goberno Municipal, para nada este goberno municipal pensa no interese xeral, polo que os socialistas criticamos e denunciamos publicamente as aptitudes caciquis deste señor Alcalde xa que vén realizando reiteradamente" .

O portavoz Manuel Rodríguez manifestou que "o elevado gran tránsito de vehículos que transcorre por algunhas das vías, así como a súa deterioración pola falta de atención e o oportuno asfaltado das estradas, levaron a numerosos vecinño s a solicitar a axuda do PSOE de Leiro".

Asegura que  persoas das parroquias afectadas trasladáronlles a súa preocupación pola falta de seguridade viaria que este grave problema ocasiónalles.

Finalmente, os socialistas reiteran ao Grupo de Goberno do Partido Popular "que se deixen de facer cálculos electorais para seguir na poltrona e que miren moitos máis polo interese xeral de todos e cada un dos nosos veciños s que para iso pagan os seus impostos municipais, para ter servizos públicos de calidade e non como está a pasar agora que depende da condición política do veciiños realízase ou non se realiza, é moi triste que nos tempos que corren, haxa este tipo de accións caciquiis e de submisión das cales están a pasar no noso Concello", sentencia o portavoz socialista no concello de Leiro.

28, Xuño 2020

A "nova normalidade" de Renfe deixou a O Carballiño sen os dous trens que diariamente circulaban entre as estacións do Carballiño e Ourense en ambos sentidos, antes de declararse o estado de alarma.

Desde que se recuperou a mobilidade a empresa ferroviaria non repuxo os dous servizos suprimidos, e ademáis, tamén desapareceron dos horarios que figuran na páxina WEB para os próximos meses.

Os dous trens suprimidos saían do Carballiño a primeira hora da mañá e primeira hora da tarde, mentres que dende Ourense partian para O Carballiño a primeira e última hora da tarde.

Agora, Renfe únicamente mantén o rexional Ourense-Santiago con paradas en Maside, O Carballiño e O Irixo, en dirección Ourense con saída dende a estación carballiñesa ás 18;41 horas e chegada a Ourense ás 19:06 horas, mentres o que circula en dirección Santiago faino dende O Carballiño ás 16 horas e chega á capital galega hora e cuarto despóis, ás 17:15 horas.

 

 

27, Xuño 2020

Un equipo técnico da Consellería de Cultura e Turismo está liderando este proceso, que se intensificou nos últimos días e que se prevé rematar a principios da próxima semana, antes da reapertura da Ruta Xacobea. Neste sentido, mantivéronse contactos cos resposanblaes do concello de San Cristovo de Cea, que xestiona o albergue integrado na rede autonómica, sito no núcleo histórico da vila de Cea.

A previsión para a reapertura do albergue de peregrinos de San Cristovo de Cea apunta está fixada para o vindeiro dia 1 de Xullo, entre os primeiros da rede pública que volverán acoller peregrinos

A reapertura conta co soporte da Xunta de Galicia para establecer medidas de prevención sanitarias. En concreto, a Xunta estase a encargar de inutilizar as prazas que non serán ocupadas, así como de prover de cartelería, sinalización, mamparas, máscaras para os traballadores, xeles e solucións desinfectantes, dispensadores, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros.

Programa ‘Camiño Seguro’

No marco do programa Camiño Seguro, a Xunta de Galicia vén traballando en colaboración co Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), que elaborou un manual a disposición dos albergues con indicacións e recomendacións, así como protocolos de prevención. Ao longo dos vindeiros días, o ICTE prestará apoio para mellorar a experiencia do Camiño, axudando nos procesos de contención dos riscos. En cooperación cos concellos, achegará solucións para puntos como oficinas de información, áreas de descanso ou baños públicos, ademais dos propios albergues públicos, propiciando así corredores máis seguros.

Sistema de reservas

Co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitará nos vindeiros días un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13,00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito de acollida máis tradicional. Esta nova opción facilita a peregrinación poscovid-19 con maiores certezas e confianza.

26, Xuño 2020

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu no concello a visita do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, con quen se reuniu no salón de plenos para analizar a colaboración desta entidade co concello carballiñés para promover medidas de apoio de cara á reactivación económica en materia de turismo.

Á reunión tamén asistiron o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e a experta en Turismo do Eixo Atántico, Carmen Pardo. Trátase da primeira reunión que se celebra para a elaboración dun informe sobre as potencialidades turísticas do Carballiño, que impulsará o Eixo Atlántico conxuntamente co concello carballiñés no contexto das medidas urxentes para paliar os efectos económicos do COVID19.

Neste sentido, cabe resaltar que O Carballiño, xunto co Barco de Valdeorras, serán os primeiros concellos do Eixo Atlántico en impulsar o turismo no contexto das medidas para reactivar a economía tras a crise aberta pola pandemia do coronavirus.

26, Xuño 2020

A asociación ASPADISI ven traballando dende o ano 1995 pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectúal , e dende o ano 2016 ven xestionando o centro ocupacional que ocupa o edificio sito nunha parcela entre o auditorio e o paseo do río Arenteiro, ao que asisten na actualidade 24 persoas con discapacidade intelectúal das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Agora, a asociación plantexa novos retos, sen dúbida o máis ambicioso é a contrucción dunha residencia, tal como demandan as familias para a que sería atención integral dos usuarios.

Para avanzar neste e noutros obxetivos, ASPADISI ven de incorporar á súa Xunta Directiva a unha persoa con contrastada experiencia en diferentes ámbitos da xestión pública e privada, como é o caso de Manuel Amil Otero, o exdirector do IES nº 1, da Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas, coordenador dos centros sociocomunitarios na provincia, ex-concelleiro da corporación municipal e máis recentemente, vinculado a importantes grupos empresariais.

Amil xa viña colaborando dende fai anos con ASPADISI e agora aportará a súa experiencia como xestor ao servizo desta asociación.

26, Xuño 2020

Definitivamente lo de este concello con los niños y el parque infantil de la Alameda no es precisamente un ejemplo de buena gestión, todo lo contrario, el año pasado año perdido, 9 meses cerrado por obras, y ahora, después de tres obligados y justificados meses de cierre ¿cuál es la justificación para no abrirlo ya? en todos los pueblos están ya abiertos menos en Carballiño. Pónganse las pilas ya !!

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS