24, Xuño 2020

Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, na parroquia de Carballeda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.

Ata o lugar desprazáronse informados polo 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño – O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do concello de PIñor.

Segundo a información dos axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o ferido, posiblemente, atopábase nesta situación dende as 17:00 horas.

23, Xuño 2020

O proxecto de restauración das pinturas murais da igrexa do mosteiro de Oseira a punto de rematarse, culminan os traballos de rehabilitación nos que a Xunta de Galicia investíu 1 millón de euros, dos que 782.000 euros proceden de fondos europeos.

A maiores destas obras de restauración das pinturas murais da igrexa monacal, o resto das actuacións que se viñeron acometendo no transcurso dos últimos anos foron as obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais, principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento.

Así mesmo, as obras tamén incluiron a mellora da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallones, así como de toda a carpintería da fachada principal. Ademais de traballos varios de limpeza, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros.

O concelleiro de comunicación do concello de San Cristovo de Cea, José Dalama, felicitou púbicamente á empresa responsable destes traballos de restauración das pinturas murais "foi un traballo magnífico, como imos poder ver", subliñou.

23, Xuño 2020

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de actividades infantís PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, destinado a fomentar a conciliación laboral e familiar.

Como xa é habitual, dende o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico-educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar cos iguais e á vez aprender.

Estas actividades están integradas dentro do proxecto PIÑOR CONCILIA, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares. O PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN” consiste en actividades diarias dende o 6 de xullo ó 4 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 13:00h, onde os cativos de entre 4 e 13 anos de idade poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.

O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Social. Como novidade, por mor do COVID19, haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas. Asemade, polos mesmos motivos, este ano haberá prazas limitadas, o que permitirá o desenvolvemento do proxecto dun modo máis seguro. O período de inscrición abrirase o vindeiro 25 de xuño, e rematará o 2 de xullo. Toda a documentación para o proceso será facilitada nos Servizos Sociais.

22, Xuño 2020

Tanto o rexedor municipal como o bispo da diocése de Ourense manifestaron hoxe en COPE O Carballiño que a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados" é unha noticia "triste e doorosa despóis de 120 anos de relación co Carballiño" pero ambos, e na súa condición de membros do Patronato da Fundación Irmáns Prieto, aseguraron que a residencia seguirá prestando a súa labor asistencial, como ven facendo ata o de agora.

O Bispo Leonardo Lemos trasladou unha mensaxe de tranquilidade dirixida tanto aos residentes como ás súas familias e tamén de forma expresa aos 40 traballadores que integran a plantilla de persoal do centro "que estean tranquilos, que non haberá nin ERTES nin ERES, o Patronato garante a continuidade dos postos de traballo e por suposto da labor asistencial do asilo".

Engadíu que dende que tivo coñecemento desta decisión ven realizando xestións con outras congregacións de relixosas para que poidan darlle continuidade á labor que durante 120 anos realizaron as "Hermanitas" pero recoñeceu que "non é nada fácil, debido á crise de vocacións que temos en todo o mundo occidental, asi e todo sigo con estas xestións e agardo que rematen ben". Sobre o traslado da actúal comunidade manifestouse confiado en que poida retrasarse algunhos meses.

Pola súa parte, o alcalde Francisco Fumega mostrouse confiado para que os cámbeos non supoñan ningún problema para a continuidade da residencia, que é na actualidade xeriátrico de maior capacidade do Carballiño e Comarca, con 110 persoas residentes.

O rexedor municipal tamén lanzou unha mensaxe de tranquilidade ao pobo do Carballiño e anunciou para esta semana unha entrevista co bispo e unha reunión do padroado da fundación para analizar a situación, e de confirmarse a marcha das relixiosas dixo que "o concello preparará un recoñemento institucional como se merecen".

O Partido Popular demanda información

O portavoz do grupo popular mostrou a súa preocupación á espera de ter unha información máis detallada sobre o particular, Ricardo Perea dixo que "canta máis información haxa moito mellor" e por eso agarda que o alcalde do Carballiño traslade todas as posibles novidades "a mellor forma de ter tranquilidade é ter información".

 

21, Xuño 2020

Xa volven ser visitables tanto o xacemento como o museo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, tras o obrigado peche pola pandemia do coronavirus

Ata o 30 deste mes de Xuño o horario de visitas vai dende  as 10 ás 18 horas de martes a venres e de 10 a 20 horas durante as fines de semana, con servizo de cafetería ata as 22 horas.

Do 7 ao 31 de Xullo está programado un campamento de verán para nenos de 6 a 14 anos, o "Lansbrica Concilia 2020", con posiblidade de asistir dias soltos, xornada completa ou media xornada, con opción a merenda e servizo de comedor. Para a unha detallada información, tanto prezos como condicións e programa de actividades, atenden no teléfono 988 267 285.

21, Xuño 2020

A Consellería de Sanidade activa a partir deste luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien sintomatoloxía covid-19 durante a súa estadía na comunidade.

A nova medida establecida pola Xunta de Galicia ten por obxecto extremar o diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das fronteiras, adiantada polo Goberno central, e a ausencia de limitacións na mobilidade das persoas.

Nesta mesma liña, a medida pretende facilitar que calquera persoa que visite Galicia nas vindeiras datas, e presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do Servizo Galego de Saúde e que estes podan decidir dun xeito áxil tanto á realización das probas de detección da covid-19 que consideren necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.

Neste senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.

Cómpre subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía covid-19 non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.

No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente se lle informaría do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. Non obstante, de confirmarse un caso positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario TELEA.

20, Xuño 2020

A decisión da casa rectora da congregación das "Hermanitas de los Ancianos Desamparados" con sede en Valencia está tomada, e salvo trasacordo, a comunidade relixioxa que dirixe dende fai 120 anos a residencia de maiores da Fundación Hermanos Prieto, sería trasladada a outros destinos de forma inminente, no transcurso dos próximos meses, abandonando desta maneira O Carballiño.

Asi pudo sabélo COPE O Carballiño de fontes de toda solvencia, que confirman esta información, que tamén recoñece a Superiora que está ao fronte da comunidade que mantén a once relixiosas na actualidade no Carballiño. A decisión foi acollida con tristeza no seo da propia comunidade.

Varios dos 40 traballadores e traballadoras do centro, algunhos aínda descoñecían a noticia este sábado, tamén manifestaron a súa preocupación pola repercusión que esta decisión pode ter no futuro inmediato na xestión do centro, que conta cunha capacidade para 110 persoas, válidas e asistidas, e con ocupacion plena dende fai anos.

A Residencia dos Irmáns Prieto, históricamente coñecido e aínda hoxe en dia chamado popularmente "o asilo" é propiedade da Fundación Hernanos Prieto, que está xestionada dende a súa creación fai 120 anos polas relixiosas "Hermanitas de los Ancianos Desamparados", nacida como parte da doazón dos Irmáns Prieto ao pobo do Carballiño, na mesma figuraba que tería que estar dirixida por unha comunidade relixiosa.

As instalacións ocupan varios miles de metros cadrados no centro urbano do Carballiño, cunha zona edificada, capela e espazos verdes, con fachada e acceso principal pola rúa Curros Enríquez. Con 110 prazas, é o xeriátrico con máis capacidade de toda a comarca do Carballiño.

O Patronato da Fundación, da que participa a Parroquia do Carballiño e o Bispado, e o alcade do Carballiño, deberán tomar unha decisión para garantir a continuidade da residencia.

 

20, Xuño 2020

As piscinas municipais do Carballiño -que inclúen outro ano máis servizo de cafetería e restaurante- están xa abertas dende este sábado 20 de Xuño, baixo un control de aforo para garantir as medidas de separación e seguridade. Para isto, o césped estará delimitado en cuadrículas, co obxectivo de que os usuarios podan dispoñer de espazos acotados coa debida separación para evitar posibles contaxios.

Neste sentido, pídese que as persoas que non formen parte da mesma unidade de convivencia, respecten as normas de separación entre usuarios.

Ainda con este control de aforo, non se prevé que haxa problemas de entradas, pois a cota máxima de usuarios nun só dia en anos anteriores foi de 700 persoas, e o aforo permitido, tendo en conta todas as normas de separación, supera ampliamente os 1.000 usuarios.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, de xeito ininterrumpido, durante todos os días da semana.
Os prezos da entrada permanecen invariables con respecto ao pasado ano. Así, para as persoas con idades comprenidas entre os 4 e os 16 anos, o prezo da entrada será de 1,60€. Mentres que para as persoas maiores de 16 anos, o prezo da entrada será de 2,60€.

Na taquilla das piscinas poderanse adquirir tanto as entradas diarias como os bonos de quince usos, trinta usos ou de tempada.
Ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.
O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.

Este lúns 22 abren as de Cea e a vindeira fin de semana as de Maside.

As piscinas de Cea terán dende a súa apertura este lúns 22 de Xuño horario diario de 3 a 8 da tarde. Este ano o uso estará restrinxido por cuestións de aforo á veciñanza dos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea.

E xa para a vindeira fin de semana, derradeira deste mes de Xuño, o concello de Maside procederá a apertura das piscinas da Rañoa.

20, Xuño 2020

O Grupo Municipal Socialista traslada ao pleno do concello de Leiro dúas mocións este próximo lúns dia 22 sobre dúas cuestións importantes para a veciñanza xa que unha trata sobre a elaboración dun censo das persoas maiores que viven soas no concello "xa que entre as súas funcións por parte do Consistorio é velar polo benestar da veciñanza, especialmente daqueles veciños mais vulnerables", manifesstan os socialistas.

O feito de que Leiro sexa un concello menor en poboación é un activo para o grupo socialista "temos que aproveitar as vantaxes de ser un Concello pequeno, tanto en extensión como en poboación, o que nos facilita estar pendentes da poboación e especialmente os veciños que se atopan nesta situación de soidade, porque temos que ter claro que as consecuencias da mesma cos nosos maiores pois son persoas que deixan de alimentarse nalgún caso, severas depresións provocadas por ese illamento social,risco de sufrir agresión, roubos ou estafan", poñen de manifesto.

Por iso desde o Grupo Municipal demandan con esta moción que "desde o concello e coa colaboración dos servizos sociais aínda que estes xestiónense desde a Mancomunidade pois que se elabore un informe no que recolla o censo de persoas que viven soas dentro de noso termino municipal e que despois e @teniendo en cuenta ese informe realícese un seguimento periódico destas persoas que pode ser mesmo mediante chamadas tefefonicas periódicas".

A outra moción para o pleno deste lúns do grupo socialista é relativa á reforma das ordenanzas fiscais para fomentar o uso das enerxias renovables e redución da contaminación no noso municipio.

Con este acordo en pleno o que queren os socialistas "é que desde o Concello comprométase a estudar e incluír bonificacións fiscais no imposto sobre bens e inmobles (IBI) no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) e por ultimo no imposto sobre construcións, instalación e obras ( ICIO)".

Ambas mosción serán defendidas polo concelleiro socialista Manuel Rodríguez.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS