25, Xuño 2020

O Concello de Maside comunica que a apertura das Piscinas Municipais de A Rañoa está prevista para o vindeiro mércores día 1 de xullo.

O horario das instalacións será de 12.00-20.00 horas de luns a domindo. Debido ó protocolo hixiénico-sanitario que se deberá seguir nas instalacións, éstas terán aforo limitado e o acceso ás instalacións farase únicamente a través de Bono/Carné persoal e intransferible. Poderán solicitalo nas oficinas dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas.

PROXECCIÓN-ESTREA DA PELÍCULA “MARÍA SOLINHA”
O vindeiro sábado día 4 de xullo terá lugar a proxeción da película “MARIA SOLINHA”. Será na Pista Vermella de Maside a partires das 22,30 horas se a climatoloxía o permite (en caso contrario será trasladada ó pavillón de deportes). Será unha actividade aberta ó público en xeral e totalmente gratuita, e que contará con tódalas medidas hixiénico-sanitarias para que sexa unha actividade segura.

XIVº CAMPAMENTO DE VERÁN
Actividade destinada a cativos de entre 7 e 12 anos (nados entre os anos 2008-2013). Levarase a cabo nos meses de xullo e agosto en horario de 10.30-13.30 horas de luns a venres.

25, Xuño 2020

O grupo municipal de ESCO compara a situación do Carballiño co de outras localidades da provincia "o goberno municipal do Carballiño semella teimar en que sexamos os derradeiros en todo, así namentres vemos que concellos coma Barbadás, Ribadavia ou Ourense xa levan días cos parques infantís abertos, aquí manteñense pechados por causa da incapacidade do alcalde Fumega e o seu equipo",remarcan.

Engaden que "resulta imposible atopar unha explicación lóxica para dar a pais e nais e, sobre todo a cativos, de por que as terrazas están cheas de xente e os escasos lugares de ocio cos que contan non poden ser utilizados. Moito máis aínda entender como un concello que pretende organizar a Festa do Pulpo é incapaz de acometer unha tarefa tan sinxela como organizar un protocolo de limpeza e desinfección destes espazos".

Dende Espazo Común non admiten excusas sobre a falta de persoal apuntadas dende o goberno municipal "non se manteñen en pé despois de que este ano subira o gasto en traballadores por riba dos 4.000.000 de € e porque existe unha lista de contratación de limpadores de instalacións municipais á que se podería recurrir", subliñan.

Espazo Común demandará "de xeito urxente información sobre este particular e, de demorarse a posta en marcha dos parques infantís con tódalas garantías sanitarias, presentará unha iniciativa no pleno para esixir responsabilidades".

25, Xuño 2020

A partir de hoxe, e tras procederse á desinfección das pistas, as instalacións do pavillón municipal de deportes Paco Chao permanecerán abertas, retomándose a actividade deportiva con entrenamentos de equipos e escolas deportivas.

Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007.

Esta semana o horario de apertura é de tarde, pero a partir do próximo luns será tanto de mañá como de tarde.
O luns tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19

25, Xuño 2020

Tras máis de tres meses de inactividade debido á crise sanitaria, o Novocine de Leiro anuncia que remota as proxeccións a partir deste venres 26 de Xuño.

E faino con dúas películas, a mítica "Cinema Paradiso", en sesións o venres ás 20:30 horas, sábado e domingo ás 18:30 e 21 horas; ademáis, o venres ás 18 horas, sábado e domingo ás 16 horas, proxecta a película francesa "Volando Juntos".

24, Xuño 2020

Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, na parroquia de Carballeda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.

Ata o lugar desprazáronse informados polo 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño – O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do concello de PIñor.

Segundo a información dos axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o ferido, posiblemente, atopábase nesta situación dende as 17:00 horas.

23, Xuño 2020

O proxecto de restauración das pinturas murais da igrexa do mosteiro de Oseira a punto de rematarse, culminan os traballos de rehabilitación nos que a Xunta de Galicia investíu 1 millón de euros, dos que 782.000 euros proceden de fondos europeos.

A maiores destas obras de restauración das pinturas murais da igrexa monacal, o resto das actuacións que se viñeron acometendo no transcurso dos últimos anos foron as obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais, principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento.

Así mesmo, as obras tamén incluiron a mellora da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallones, así como de toda a carpintería da fachada principal. Ademais de traballos varios de limpeza, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros.

O concelleiro de comunicación do concello de San Cristovo de Cea, José Dalama, felicitou púbicamente á empresa responsable destes traballos de restauración das pinturas murais "foi un traballo magnífico, como imos poder ver", subliñou.

23, Xuño 2020

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de actividades infantís PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, destinado a fomentar a conciliación laboral e familiar.

Como xa é habitual, dende o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico-educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar cos iguais e á vez aprender.

Estas actividades están integradas dentro do proxecto PIÑOR CONCILIA, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares. O PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN” consiste en actividades diarias dende o 6 de xullo ó 4 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 13:00h, onde os cativos de entre 4 e 13 anos de idade poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.

O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Social. Como novidade, por mor do COVID19, haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas. Asemade, polos mesmos motivos, este ano haberá prazas limitadas, o que permitirá o desenvolvemento do proxecto dun modo máis seguro. O período de inscrición abrirase o vindeiro 25 de xuño, e rematará o 2 de xullo. Toda a documentación para o proceso será facilitada nos Servizos Sociais.

22, Xuño 2020

Tanto o rexedor municipal como o bispo da diocése de Ourense manifestaron hoxe en COPE O Carballiño que a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados" é unha noticia "triste e doorosa despóis de 120 anos de relación co Carballiño" pero ambos, e na súa condición de membros do Patronato da Fundación Irmáns Prieto, aseguraron que a residencia seguirá prestando a súa labor asistencial, como ven facendo ata o de agora.

O Bispo Leonardo Lemos trasladou unha mensaxe de tranquilidade dirixida tanto aos residentes como ás súas familias e tamén de forma expresa aos 40 traballadores que integran a plantilla de persoal do centro "que estean tranquilos, que non haberá nin ERTES nin ERES, o Patronato garante a continuidade dos postos de traballo e por suposto da labor asistencial do asilo".

Engadíu que dende que tivo coñecemento desta decisión ven realizando xestións con outras congregacións de relixosas para que poidan darlle continuidade á labor que durante 120 anos realizaron as "Hermanitas" pero recoñeceu que "non é nada fácil, debido á crise de vocacións que temos en todo o mundo occidental, asi e todo sigo con estas xestións e agardo que rematen ben". Sobre o traslado da actúal comunidade manifestouse confiado en que poida retrasarse algunhos meses.

Pola súa parte, o alcalde Francisco Fumega mostrouse confiado para que os cámbeos non supoñan ningún problema para a continuidade da residencia, que é na actualidade xeriátrico de maior capacidade do Carballiño e Comarca, con 110 persoas residentes.

O rexedor municipal tamén lanzou unha mensaxe de tranquilidade ao pobo do Carballiño e anunciou para esta semana unha entrevista co bispo e unha reunión do padroado da fundación para analizar a situación, e de confirmarse a marcha das relixiosas dixo que "o concello preparará un recoñemento institucional como se merecen".

O Partido Popular demanda información

O portavoz do grupo popular mostrou a súa preocupación á espera de ter unha información máis detallada sobre o particular, Ricardo Perea dixo que "canta máis información haxa moito mellor" e por eso agarda que o alcalde do Carballiño traslade todas as posibles novidades "a mellor forma de ter tranquilidade é ter información".

 

21, Xuño 2020

Xa volven ser visitables tanto o xacemento como o museo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, tras o obrigado peche pola pandemia do coronavirus

Ata o 30 deste mes de Xuño o horario de visitas vai dende  as 10 ás 18 horas de martes a venres e de 10 a 20 horas durante as fines de semana, con servizo de cafetería ata as 22 horas.

Do 7 ao 31 de Xullo está programado un campamento de verán para nenos de 6 a 14 anos, o "Lansbrica Concilia 2020", con posiblidade de asistir dias soltos, xornada completa ou media xornada, con opción a merenda e servizo de comedor. Para a unha detallada información, tanto prezos como condicións e programa de actividades, atenden no teléfono 988 267 285.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS