7, Outubro 2024

La inscripción para actividades en el Centro Sociocomunitario de O Carballiño se hizo por orden de espera a las puertas del local (entre 5 y 7 horas) es decir, que una persona interesada pero que no dispone de esas horas seguidas libres ( por motivos de salud, con dependientes a su cargo, motivos laborales u otros) nunca puede acceder a inscribirse en alguna actividad lo que debería hacerse como otros centros de la comunidad por sistema mixto(telemático/presencial) o por sorteo aleatorio. No hay límite de actividades por persona eso conlleva que actualmente hay personas partícipes en 4, 5 ó más actividades cuando en alguna actividad la lista de espera supera las 20 personas. 

Este asunto se ha notificado al órgano competente para que analize y mejore este insolidario e injusto sistema de acceso a las actividades deportivas en el Centro Sociocomunitario de O Carballiño.

5, Outubro 2024

O proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026, a herencia gastronómica dos mosteiros, a biografía de Bernardo Pereira Valeiras Arrieiro da Raíña e tres ponencias sobre a viticultura no Ribeiro, conforman algún dos temas que serán expostos este domingo na última xornada do congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se desenvolverá pola mañá en Cabanelas e pola tarde na Adega Pazo Tizón.

O colectivo investigador carballiñés porá un microbús a disposición das persoas interesadas en acudir a esta xornada de peche. Así, un sairá ás 10 da mañá da rúa Evaristo Vaamonde cara a Cabanelas, con regreso ás 13,45 h. E outro o fará pola tarde dende o mesmo lugar de saída pero ás 15,45 h cara aAdega Pazo Tizón de Moldes e regreso sobre as 21,00 h.

DOMINGO, 6
CASA DE BAXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO

10,30 h. “A xurisdición da Encomenda de Pazos de Arenteiro no século XVI”. Autoría: Victor Rodríguez Muñiz e Ana María Gordín.

11,15 h. PRESENTACIÓN do Proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026. Autoría: José Manuel Mouriño. Investigador e documentalista.

12,00 h. “José Vázquez Senra, un innovador pedagóxico, da “Escuela activa”, autor dun método pioneiro de escritura-lectura en 1934”. Autoría: Alba Vázquez Paz.
13,00 h. “Sagra: a parroquia de San Martiño de Sagra. Historia, relixiosidade, arte”. Autoría: Juan J. Docampo.

13,45 h. Remate da xornada matinal.

ADEGA PAZO TIZÓN-MOLDES-BOBORÁS

16,00 h. “Bernardo Pereira Valeiras Arrieiro da Raiña”. Autoría: Carlos Montes.

17,00 h. “Herencia gastronómica de los monasterios de O Carballiño y O Ribeiro. Inventario de la repostería de la zona desde los ingredientes, las recetas y las prácticas de consumo”. Autoría: Carla Di Simone.
17,45 h. “ O viño da vida e da morte: o final do camiño no Ribeiro do Avia na Idade Moderna”. Autoría: Juan Manuel Rodríguez Rodríguez.

18,15 h. “O Ribeiro. Unha viticultura no Camiño de Santiago”.
Autoría: César Fernández Portal.
19,00 h. CONFERENCIA: “Novas estratexias para a optimización e o desenvolvemento sostible da colleita en viticultura”. Autoría: Javier Rodríguez Rajo.

20,00 h. Homenaxe a Xosé Manuel Cid, exdecano da Facultade de Educación e Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

20,30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.

21,00 h. Remate do congreso.

4, Outubro 2024

A crise política que afecta á gobernalidade do concello do Irixo, no que a alcaldesa Susana Iglesias está practicamente en soedade política na actúal corporación, acaparou boa parte da Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, na que participaron desta vez Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, baixo a moderación de Xan Pinal.

Como invitado, a Tertulia tivo a Luis Tosar, veciño do Irixo e Presidente da Fundación Insua dos Poetas.

A situación no Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, o proxecto de creación dun poligono agroforestal no municipio do Carballiño, ou a polémica do camiño da rectoral en Anllo, foron os outros temas comentados nesta tertulia do venres dia 4 de outubro de 2024.

Escoita a tertulia no PODCAST de COPE O Carballiño:

4, Outubro 2024

Vai facer 3 meses do corte desta ponte, xa non vou falar dos numerosos problemas que trae o seu peche. 

Para cando sera aberta? , unha fecha xa. 

A oposicion de Leiro, que fai, esixe, informa, mira polos veciños ou e mais do mesmo, ou estan so para contar como se collen cogumelos...

3, Outubro 2024

Xa non é por querer compararse con Ourense, que ten varias e outras en execución, senón outras vilas de tamaño e poboación parecidos a nós teñen a súa ronda de circunvalación que desvía o tráfico das rúas urbanas. Aquí, entre a rotonda da Fontela e o cruce de Astureses, temos un gran volumen de vehículos que cruza toda a avenida 25 de Xullo sen ningunha outra saída ou opción. Xa vai sendo hora de que Carballiño se adapte aos novos tempos e se faga a súa dunha vez. De quen depende? Xunta? Goberno central? Hai que petar nas portas e conseguilo.

3, Outubro 2024

Gustariame que dende a Cope Carballiño, lle fixeran saber ó nóso Alcalde  do Carballiño, de parte de unha veciña de Porto de Eguas, que temos varias farolas afundidas na nosa aldea, se fixera o favor  cando poda que  nos mande uns técnicos  pa poñer bombillas novas. Moitas grazas.

3, Outubro 2024

Os responsables municipais do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega, e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro, veñen de entrevistarse coa Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, para abordar o proxecto de creación dun polígono agrofestal nas parroquias do municipio que forman parte da Denominación de Orixe Ribeiro, que son as de Cabanelas, Banga e O Varón.

Asi o deu a coñecer no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño Pepe Castro, que tamén valorou como moi positiva a reunión que mantiñan onte co Conselleiro de Eduación Román Rodríguez, e no que se acordou a sinatura dun convenio de colaboración entre Xunta e concello para acometer obras de mellora nos centros educativos do Carballiño.

Podes escoitar a entrevista íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño:

2, Outubro 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o tenente alcalde Pepe Castro e a concelleira de educación Lorena Castro, e co obxetivo de analizar as necesidades en materia educativa do municipio carballiñés e avanzar nun convenio de colaboración.

O representante da Xunta de Galicia puxo en valor o traballo realizado no municipio do Carballiño nos últimos anos dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024, no que se realizaron obras de mellora por valor de máis de 2,5M€. Concretamente, levouse a cabo a ampliación do IES Manuel Chamoso Lamas, a substitución da cuberta de fibrocemento, a mellora da funcionalidade dos baños para infantil e a substitución da iluminación e colocación do falso teito do CEIP Calvo Sotelo, e a instalación fotovoltaica no IES Nº1. Ademais, durante o verán tamén se acometeron pequenas obras de mellora no colexio Calvo Sotelo e no instituto Nº1.

Durante a reunión, na que tamén estivo presente o secretario xeral técnico, Manuel Vila; acordaron a sinatura dun convenio de colaboración para levar a cabo melloras nos centros educativos do concello. “A colaboración entre Administracións é fundamental para acadar mellores servizos”, sinalou Román Rodríguez.

Neste sentido, e a través do futuro convenio entre Xunta e Concello, a Consellería de Educación comprométese a atender novas necesidades dos centros. Entre elas destaca a solicitude do Concello de acometer a obra do peche do pavillón do CEIP Calvo Sotelo, así como a construción de vestiarios, baños e gradas no mesmo recinto e poder abrir, deste xeito, a infraestrutura ao uso público. Ademais, tamén se valorará a posibilidade de facer un patio cuberto no mesmo colexio.

2, Outubro 2024

A mesa de contratación do concello de Piñor ven de resolver a licittación da obra de construcción da futura residencia de Maiores, adxudicando a unha empresa pontevedresa esta obra, nun importe de 1.780.000 euros.

O proxecto está financiado nun 70% a Xunta de Galicia, a través de fondos europeos, mentres que do 30% restante faise cargo a Deputación de Ourense, mediante un convenio de colaboración asinado co concello piñorense.

A residencia a contruir na localidade de Piñor terá unha capacidade para 40 prazas, e as futuras instalacións contarán, entre outros servizos, con cociña e lavandería. A obra deberá estar rematada antes de finais do ano 2025.

O alcalde de Piñor, José Luis González, mostrouse especialmente satisfeito con este proxecto, sen dúbida e pola súa contía económica o máis importante deste concello "e sobre todo porque vai permitir que as nosas persoas maiores poidan ser coidadas sen necesidade de que abandonen o noso concello".

1, Outubro 2024

Cuenta la leyenda que alguna vez se les ha visto hacer algo productivo por el pueblo de O Carballiño

TODOS los días siempre hay coches mal aparcados en la calle Evaristo Vaamonde. A ver si alguna tarde algún policía local de carballiño, entre café y café, se le da por pasarse por pasarse por la calle... 

Hasta 5 coches mal aparcados... POR FAVOR, HAGAN ALGO!!!!

Hasta le ocupan el sitio dedicado al autobús... !!!

EN FIN.... Lo de este pueblo no tiene remedio

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS