23, Maio 2020

O portavoz municipal no concello de Leiro, Manuel Rodríguez denuncia publicamente "a deixadez de funcións do Rexedor Municipal, xa que levamos esperando máis de 15 días que foi cando introducimos un escrito por rexistro, solicitando a limpeza das escaleiras que van entre a rúa Padre Eijan á altura do numero 17 e o Paseo Fluvial dentro do centro urbano de Leiro, debido á suciedade e a insalubridade da mesma xa que mesmo debido ao musgo que ten a mesma, por falta de limpeza, algún veciño mesmo xa estivo a piques de caerse nas mesmas".

Os socialistas lembrarlle ao rexedor municipal "que é deber seu de vixiar e velar pola integridade de todos e cada un dos veciños, para que non haxa que lamentar ningún tipo de desgraza, e nesta caso concreto é a integridade física das persoas".

22, Maio 2020

O Carballiño e toda Galicia avanzan na desescalada, ao promocionar o próximo lúns dia 25 de Maio á fase 2.

O Goberno central autorizará á comunidade autónoma a pasar á fase 2 do que o propio Executivo denomina “transición cara a unha nova normalidade", desta maneira amplianse as actividades xa contempladas na primeira fase, na agora mesmo continuamos.

Asi que da mesma que poden xa facer dende este venres en todos os municipios rurais, a partir do lúns tamén no Carballiño poderémons sentar dentro dos locais de hostalería, bares cafeterias e restaurantes, ou ir ao cine en Leiro ou ao auditorio, se fose o caso de que o Cine-Club reanudase a actividade -con aforos limitados a un terzo- e entrar un maior número de persoas en comercios.

Nesta fase, non haberá xa no Carballiño -como xa acontece no resto de municipios- franxas horarias para saír á rúa, aínda que si horarios preferentes para poboación vulnerable.

Ademais de abrir o interior de bares e restaurantes e ampliar o aforo do comercio a unha capacidade de ata ao 40% -sempre con distancia de dous metros entre clientes-, os cines e teatros volverán funcionar cun terzo das butacas.

Poderá haber “actos e espectáculos culturais” para menos de 50 persoas en lugares pechados (1/3 de aforo) e de menos de 400 ao aire libre, sempre co público sentado e mantendo a distancia.

Os hoteis abrirán as súas zonas comúns tamén a un terzo de capacidade.

En materia deportiva, permitiranse os adestramentos básicos en deportistas non profesionais.

22, Maio 2020

O Partido Popular manifesta que "toda empresa e como non, toda administración, está en fase de desescalada para que durante o mes de xuño, todo o persoal que non teña excusa, ocupe o seu posto de traballo e poda facer o mesmo de forma segura para el e para a veciñanza que por eles teña que ser atendida".

Aseguran os populares que veñen advertindo "o estado de preocupación por persoal do concello polo feito de que non teñen coñecemento de como será a reincorporación definitiva, pois moitos deles son conscientes de que non o poden facer nas mesmas condicións que o veñen facendo na actualidade, pois existen despachos pequenos de mais de 2 traballadores e que ademais atende ao público e esta circunstancia é a mais frecuente dentro do edificio do concello".

Engaden que con independencia de medidas que se deberían de tomar de control de acceso aos diversos centros de traballo titularidade do concello, como temperatura e desinfección, ou intensificar a limpeza diaria, tamén se deben de organizar os espazos de traballo garantindo as medidas de distanciamento e marcar a circulación de persoas para a súa seguridade.

Dende o grupo municipal do PP propoñen que se traslade a aula cemit as dependencias da casa da cultura, pois sendo que é máis axeitado, liberaría un espazo importante na planta segunda do concello que aliviaría moito a situación.

Tamén recordan a proposta feita no seu día polo grupo popular e aprobada por unanimidade "para realizar a cubrición e adecuación do patio traseiro para destinalo a dependencias de administración local, e que xa foi aprobado por unanimidade en pleno do 30 de marzo do 2017, pois si se consideraba unha proposta importante no seu día, hoxe recobra actualidade como unha solución idónea para a situación que nos toca vivir, pois habilitaría uns 70m2".

Dende o grupo popular, en todo caso, afirman, están en disposición, si así lle lo solicita o grupo de goberno, de ceder provisionalmente o local de utilidade do grupo popular, ubicado na segunda planta, para que sexa utilizado por persoal do concello e facilitar así as medidas de seguridade "pois estamos seguro, que sen mais espazo para poder ser utilizado, non se darán realizado as medidas correctoras necesarias".

Recordan, finalmente, que todos os espazos de titularidade municipal deben de estar adaptados en condicións óptimas para a actividade que desenvolven tanto para persoal propio como para a veciñanza.

22, Maio 2020

O BOE publicou esta mañá unha nova Orden Ministerial do Ministerio de Sanidade que entra en vigor dende hoxe mesmo, dia 22 de Maio, pola que se alivian algunhas restriccións do estado de alarma para os municipios de menos de 10.000 habitantes, é dicir, de aplicación en todos os municipios das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, coa única excepción do Carballiño.

Asi, no apartdo de hostelería e restauración, para os bares, cafeterias e restaurantes, dende hoxe os clientes xa poden cunsumir no interior dos locais, aínda que tendo en conta sempre as medidas de distancia entre persoas.

Ademáis,  a Orden Ministerial flexibiliza dende hoxe a asistencia a velorios, enterros e funerais en todas as parroquias destes concellos rurais.

Desaparece a norma de que un so adulto pode sair a pasear con ata 3 menores de 14 anos, pode facelo toda a unidade de convivencia.

Finalmente, para realizar exercio físico e deporte os residentes neste municipios poden xa desplazarse a outros concellos colindantes ata un máximo de 5 quilómetros.

21, Maio 2020

Está todo Carballiño cheo de herbas e malezas que invaden as aceras dificultando enormemente o tránsito dos peons e creando un caldo perfecto para ratas e serpes.

 

Por favor, aos responsables municipais procedan á limpeza o antes posible.

21, Maio 2020

Porfavor,, na calle Venezuela hay unha finca que hay que desbrozar xa sale a maleza pra acera,,,, na plaza dos balneario está muy sucia con herbas e demais

21, Maio 2020

O estudo de seroprevalencia realizado polo Sergas confirma que o virus tivo unha escasa circulación no ámbito comarcal, aínda asi a sorpresa é que se sitúa a do Carballiño entre as comarcas de toda Galicia nas que o Covid-19 tivo maior presenza entre a poboación.

E esto é asi porque nos test realizados ás persoas que participaron neste estudo nos 9 concellos da comarca rexistraronse 10 casos positivos, o que siñifica 0 1,6% do total.

Desta maneira, según as conclusión do estudo epidemiolóxico, a comarca do Carballiño situaríase a nivel galego entre as que contan proporcionalmente con máis poboación inmune, aínda que a porcentaxe é totalmente irrelevante, aínda que sexa superior á media galega que se sitúa no 1,15% da poboación, esto siñifica que unhas 30.000 persoas están inmunizadas contra o virus en toda Galicia.

Da base de datos de tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes.

Polo de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo. Para realizala, contactouse con 61.836 persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo Instituto Galego de Estatística, das que 44.832, o 72,5%, realizaron o test. Delas, 385 deron resultado positivo.

Por territorios, a provincia coa maior prevalencia, é dicir, a proporción de xente que sería positiva dado o resultado da proba, é Ourense. Os datos indican que o 1,88% da poboación da provincia, isto é 5.609 persoas, estarían inmunizadas. En Ourense realizáronse un total de 6.983 probas, das que 94 arroxaron resultados positivos.

Outra das conclusións do estudo é que a prevalencia de inmunes nas persoas que tiveron síntomas da enfermidade multiplica por catro á das persoas que non os tiveron (2,73% vs. 0,70%).

Con este estudo, a Consellería de Sanidade busca un triplo obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.

20, Maio 2020

O Partido Popular mostra a súa preocupación pola actitude do alcalde, ao entender que "na reunión mantida hoxe no Concello entre os distintos grupos políticos con representación no Concello, coa intención de concretar e facer propostas sobre cada unha das bases e convenios que fai falla ter aprobados para conseguir que os recursos cheguen con tempo e para que cada euro sexa efectivo no seu destino, detectouse claramente que o Goberno local non ten unha idea clara de como xestionar agora o reparto das axudas".

A impresión xeral que o portavoz do Partido Popular, Ricardo Perea, sacou desta xuntanza, é que o Alcalde Fumega "ten conceptos básicos confusos e equivocados de xestión, ten algunha idea que demostra que non está asesorado nin polo secretario nin polo interventor, e que as súas propostas, en síntese, son de moi difícil xestión por parte do persoal do Concello, o que pode provocar un gran retraso nas resolucións que son necesarias para poder facer os pagos aos solicitantes".

Entenden os Populares que "de seguir nesta postura por parte do alcalde conseguirá que a fin de ano non se de nin gastado esta primeira fase de axudas, ademais de bloquear o Concello administrativamente, polo que xa nos poderíamos ir esquecendo da comprometida segunda fase, xa que entendemos que se debe apostar por unhas bases áxiles, claras e de fácil xestión".

Aseveran que teñen a sensación de que o Alcalde "non ten nin moita urxencia nin moito interese por poñer a andar esta liña de axudas que aprobamos no pleno, para os veciños". E mesmo desconfian sobre as intencións do Grupo de Goberno en base ao "pasado pleno, no que se aprobaron axudas por 1.977.000€, se quede simplemente nun mero acto publicitario e propagandístico, e que a súa intención sexa que os cartos incorporados do remanente no orzamento sexan destinados para outros fins".

"Á reunión desta maña, o grupo Popular levaba propostas concretas para todas e cada unha das bases e convenios que se poderían poñer en aplicación inmediata, de forma que os afectados poderían acceder as axudas en menos de quince días. Pese a elo, hoxe, transcorrida xa unha semana desde a celebración do Pleno, parece que a chegada das axudas está cada día máis lonxe", subliñan os populares.

E conclúen manifestando que "o alcalde do Carballiño ten que demostrar de forma urxente que a postura do goberno local é a de que cheguen as axudas a autónomos, comerciantes, hostaleiros, familias e persoas vulnerables, e iso só se fai con traballo intenso e con ideas claras".

20, Maio 2020

O concello prepara o verán cultural no que deberémos permanecer sentados o aire libre e gardando distancia de seguridade... ¿obrigraránnos a camiñar sentados polas rúas? a estupidez apoderouse definitivamente de nos, o proximo que será ¿poñernos de rodillas? 

20, Maio 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participaron nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomía.

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar este Camiño con acreditado valor histórico e patrimonial como elemento dinamizador dos seus territorios, que poderá ter especial incidencia no rural e en zonas con baixa demografía.

A Vía da Prata, que ao seu paso pola comarca do Carballiño decorre a través dos municipios de San Cristovo de Cea e Piñor, é un importante itinerario xacobeo que vertebra España de norte a sur e conta cun gran potencial de crecemento grazas á súa riqueza patrimonial e natural.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS