
Noites de verán e de cine ao aire libre da man do Cine-Club Carballiño para os días 14, 15 e 16 de xullo no barrio de Flores. O programa deste ciclo cinematográfico consta detres películas e tamén videopoemas a cargo de Quico Valeiras. O horario será o mesmo todos os días, ás 22:30 horas, o bo tempo está asegurado segundo os pronósticos meteorolóxicos.
O primeiro día, martes 14, teremos todo un clásico, ¿Qué fue de Baby Jane?, do ano 1962, unha das grandes películas dese ano, nominada aos Oscar, Globos de Ouro, premios BAFTA...foi dirixida por Robert Aldrich e protagonizada polas grandes Bette Davis e Joan Cradford. O día 15 teremos unha proxección especial, comenzando con videopoemas de Quico Valeiras que nos acompañará para presentalos, e despois a película 1984, dirixida en ese mesmo ano por Michael Radford e protagonizada por John Hurt, Suzanne Hamilton e Richard Burton. Unha distopía baseada no libro de G. Orwell que narra un futuro que xa está aquí en boa medida. Pecharemos o día 16 con El hombre del brazo de oro, drama de 1955 ambientado no mundo do jazz protagonizado por Frank Sinatra e dirixido por Otto Preminger.
As proxeccións cumprirán con todas as medidas necesarias para garantir a seguridade sanitaria, polo que pedimos a colaboración da xente que asista co emprego da mascarilla e o mantemento da distancia social necesaria.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Fundación "Insua dos Poetas", Luis González Tosar, presentaron hox no Pazo Provincial a XII edición da Festa da Palabra, un evento que se celebrará o vindeiro domingo, 19 de xullo, na Insua dos Poetas, na Esgueva, na carballiñesa parroquia de Madarnás.
No acto, que comezará ás 12.00 horas, conmemórase este ano o centenario da revista Nós (1920-2020) e presentarase o libro Camiño de Nós. Ademais da habitual entrega de premios "Insua dos Poetas", terá lugar a actuación de Son Trío; ás 14.00 horas celebrarase a romaxe literaria, coa actuación de Airiños de Caldelas, e ás 18.00 horas actuará o grupo folk Tor, que presentará o seu novo disco.
Manuel Baltar destacou que a Festa da Palabra "é un dos eventos culturais máis importantes dos que se celebran en Galicia", e que este ano conmemora unha singular efeméride, "o centenario da revista Nós, que alumeou á xeración Nós, o berce do pensamento político galeguista, e por esta razón, serán benvidas todas as homenaxes que fagamos aos persoeiros que fixeron patria; de feito nesta edición, na Insua, estreamos o "Auditorio Nós", no que mesturaremos novamente cultura e música", afirmou Baltar.
O presidente do goberno provincial salientou que esta "é a primeira activade cultural que organizamos poscoronavirus, para a cal se manterán todas as medidas de seguridade e sanitarias"; un evento no que "reivindicamos esta nación cultural que é Galicia e posicionamos a Ourense desde a Insua dos Poetas, como un faro que guíe o desenvolvemento cultural, a aposta pola esencia da nosa cultura, a través do magnífico labor que vén desenvolvendo Luis Gónzález Tosar", expresa Baltar, quen considera que achegarse á Insua dos Poetas "é estar nun parque temático da nosa cultura, onde as esculturas falan por si mesmas, onde hai homenaxes constantes, e se deixa a pegada para as vindeiras xeracións desa identidade con Galicia que ten na Insua unha capital referencial".
Luis González Tosar destacou que o evento que se vai celebrar este domingo poderíase titular "Tódalas forzas do espírito están connosco", dixo, en referencia ao artigo Saúde e terra, do primeiro número da revista Nós, editada o 30 de outubro de 1920. "Será un acto para pór en valor o legado de persoas como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Otero Pedrayo e outros destacados intelectuais ourensáns daquela época".
Tosar detallou o programa de actividades, que inclúe poesía, música e a presentación do libro Camiño de Nós –que se vai distribuír no decurso do acto-, unha publicación da editorial Aira que é a recolleita dunha crónica publicada en 1926 en A Nosa Terra, que narra a peregrinaxe de Ourense a Santiago realizada por persoeiros como Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez ou Xabier Pardo.
González Tosar comentou que o domingo tamén se dará a coñecer a persoa ou a obra homenaxeada na Festa da Palabra de 2021, e se entregarán os premios correspondentes á edición deste ano, unha cita cultural que contará coa participación de representantes de entidades sociais, culturais e institucionais de Galicia, e que terá como escenario a incomparable contorna natural da Insua dos Poetas.
Lo de esta corporación ya hace tiempo que dejo de tener nombre, pero lo que ahora está haciendo con los niños del pueblo ya excede hasta lo cabal. Después de tener encerrados a nuestros niños durante meses, ahora el inutil del alcalde y su camarilla los tiene castigados sin sus parques para que puedan jugar y divertirse, no sé cual será su justificación, y me gustaría saber cual es la de la oposición para no reclamar día si y día también su reapertura. En lo que no parece tener problemas es en dejar hasta altas horas de la madrugada abiertos los locales y que sus medidas de seguridad no sean seguidas ni por el camarero. Como se suele decir, a disfrutar lo votado. Yo de momento llevo a mi niño a Ourense para que juegue allí, lo malo es que también uso los bares de allí y cenamos también allí. Lo siento por los locales de O Carballiño pero yo no tengo la culpa.

O Partido Popular de Feijóo gaña estas eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 con claridade en todos os concellos da Comarca do Carballiño, conseguindo o 61,99% dos votos válidos (8.681), en segunda posición na comarca quedan os socialistas (2.274 votos) e ascende á terceira posición o BNG (1.780 votos), xa a distancia a cuarta forza política da comarca nesta eleccións é a coalición na que participaba Espazo Común (514 votos). Galicia en Común-Esquerda Unida-A Nova-Podemos afúndese tamén no ámbito comarcal (214 votos) mesmo superado por VOX (226 votos).
Feijóo obtén o mellor resultado en Beariz (86,55% dos votos), seguido de Boborás (75,65%) e O Irixo (74,69%), mentres que o concello con menor apoio aos populares é Punxín (52,64%)
Na capitalidade comarcal, no concello do Carballiño o Partido Popular acadou o apoio do 57,78% do electorado carballiñés (3.853 votos), moi por riba dos socialistas que retroceden lixeiramente en relación a fai catro anos, siguen sendo segundos co 16,36% dos votos (1.091) pero seguidos por de preto polo BNG de Ana Pontón co 15,49% dos votos, que foron 1033.
Para ver os resultados concello a concello, tanto da comarca., como do resto da provincia e Galicia, preme no seguinte enlace: https://resultados2020.xunta.gal
É vergonzoso ver videos e imaxes de cómo a xente non respeta nin o máis mínimo as medidas de seguridade. O peor é quen llo permite!!! Onde anda a policía local?? Onde???!!! Pubs cheos de xente sen mascarilla todos pegados sen distancias, e todo o mundo sabe ben cal é!! Ó ladiño do concello!! A comisaría debe ter unha boa acústica porque parece que son os únicos que non se enteran. Cando cheguen os rebrotes lamentaremonos e buscaremos culpables!! É unha auténtica vergonza o que está pasando neste pobo!! Xa por non falar do que pasa nas rúas da calle principal.... Eso sí, cando volvamos a confinarnos, pasearán ás 8 cas sirenas a todo meter...!!

Preme no seguinte enlace para seguir en tempo real o escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia, asi como avances de particpación e todo o desenvolvemento da xornada electoral tanto na comarca do Carballiño como no resto de Galcia:

Un total de 33.158 electores, incluidos os que figuran no Censo Electoral dos Residentes Ausentes -CERA- están chamados ás urnas no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño para votar nestas eleccións ao Parlamento de Galicia este domingo dia 12 de Xullo.
O concello con máis electores é O Carballiño, con 12.508, seguido de Boborás con 4.273 electores, mentres o municipio con menos electores é Punxín con 1.040.
Debido á situación sanitaria está activado o protocolo de medidas de prevención, que é un protocolo de máximos para que se poida votar con todas as garantías e que inclúe todas as medidas de seguridade que estaban previstas para calquera circunstancia adversa. Así, estarán despregados en todos os locais electorais representantes da Administración con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública. Haberá alomenos un en cada local electoral para regular o acceso e controlar que se cumpren as medidas do Protocolo de seguridade.
Para seguir en tempo real o desenvolvemento da xornada electoral está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran mañá e que pode instalarse desde os markets de Android e iOS. Ademais, todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web https://resultados2020.xunta.gal A maiores da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2020.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

O seguemento dos contactos dun caso importado de Covid-19, unha moza procedente de México que permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense, por unha patoloxía non relacionada co virus, deu lugar a detección de tres casos mais, confirmados por PCR, no concello de Bearíz, dous deles tamén importados e con nexo familiar con esta, e todos eles en illamento e seguemento domiciliario.
Ante os novos contaxios estase a ampliar o círculo de contactos, co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, e tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables nesta situación.
Unha vez mais, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras instase a poboación a manter a vixilancia e seguir cumprindo as instrucións das autoridades sanitarias: Hixiene de mans frecuente, emprego de máscara e distanza de seguridade e, ante calquera síntoma compatible coa infección, como tose, febre, cansazo..., quedar na casa e evitar o contacto con outras persoas, ata recibir instrucións desde os seus centros de saúde ou PAC. Asemade, ante calquera dúbida poden informarse chamando ao teléfono 900 400 116.

O alcalde de San Cristovo de Cea fixo este anuncio no transcurso da súa intervención en COPE O Carballiño, tres actuacións coa que se completará a urbanización e infraestructuras no polígono industrial de Fondo de Cea, que ocupa unha superficie de 360.000 metros cuadrados a carón da estrada nacional 525.
José Luis Valladares confirmou que o concello de San Cristovo de Cea ven de recibir esta semana a notificación dunha subveción concedida pola Consellería de Economia, Emprego e Industria por importe de 240.000 euros para completar a infraestructura viaria de toda a área industrial, e a construcción dun depósito de auga, como dispositivo contra incendios. Doutra parte, a Deputación aporta 120.000 euros para a construcción de beirarrúas.
Ambas obras serán licitadas e adxudicadas polo propio concello "e rematar un proxecto no que temos depositadas grandes esperanzas nun momento económico tan crucial como o que imos vivir, ofrecendo ás empresas e emprendedores a oportunidade de implantarse neste polígono, e para elo contarán con todas as facilidades que poidamos darlle dende o concello de Cea", subliñou o alcalde Valladares.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüistica do concello do Carballiño, que dirixe a concelleira Guadalupe Sobrado, finanza un campamento de verán para un total de 80 participantes, impartido pola empresa Mais Escola XXI.
É un servizo de balde, dirixido a nenos empadronados no Concello de entre 4 a 12 anos no que se ofertan diferentes actividades que permitan aproveitar o tempo de lecer dunha forma educativa, divertida e saudable, respetando as actuais normativas de prevención necesarias fronte ao Covid-19, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de todos as participantes. Habilitaranse dúas quendas; a primeira, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto e unha segunda dende o 10 de agosto ata o 28 de agosto.
Os interesados deberán recoller a folla de inscrición nos Servizos Sociais e presentala no Rexistro Municipal ou na sede electrónica do Concello a partir do martes, 14 de xullo e con data límite do xoves, 16 de xullo. A asignación de plazas será por rigorosa orde de entrada en dito Rexistro. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 988 531 076.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 353
- 354
- 355
- 356
- 357
- 358
- 359
- 360
- 361
- …
- seguinte ›
- última »