14, Maio 2020

A proposta foi presentada ante o pleno da corporación municipal no pleno do pasado martes, aínda que non obtivo resposta por parte do goberno, e sobre a mesma volveu insistir hoxe o portavoz do grupo popular Ricardo Perea no transcurso dunha interrvención nesta emisora de radio.

Os populares manifestan que non son tempos "para liortas políticas, e sí de ser responsables e traballar codo don codo coa vecñanza do concello do Carballiño que agora nos necesita máis que nunca".

Esta comisión municipal tería como finalidade traballar nun protocolo de actuación e seguridade para os veciños ante o Covid-19, unha situación que se prevé sexa de longa duración e por elo quen mellor que un especialista epidemiólogo do Servizo Galego de Saúde "se temos na corporacion a Pachi Vázquez, entendemos que é a persoa máis indicada para presidir esa comisión, que debería estar creada xa", dixo Ricardo Perea.

O Partido Popular manifesta que fai esta proposta "non por afinidade política, pero sí por coherencia e responsabilidade, que tamén e o que nos demanda maís que nunca a veciñanza, so pedimos que o grupo de goberno tamén o faga polas mesmas razóns, senón unha vez máis quedaría retratadoo", remarcan.

 

14, Maio 2020

Eu tamen queria queixarme da oficina bancaria, ABANCA,, no concello.do irixo,, unha nova ataque os os veciños.do.irixo,, xa que estan abrindo o publico presencial os martes e xoves,, e claro,, fora das oficinas esos dias clientes esperando a intemperie fora, e nalguns casos sen as medidas de recomendacion sanitarias, distanciamento, mascaras,, lubas ,etc,, polo que,, me.pregunto??? estamos evitando que o cidadan-clientes se contaxien dentro da oficinas, e pola contra, coas decisions tomadas pola entidade, xuntanse fora na rua, como.dixen a intemperie,,, ou será que,, aproveitando esta situacion sanitaria,, queiran retomar o de fai un tempiño atras, o de cerrar a oficina e abrila solo dous dias a semana, tal como.esta pasando agora mesmo,, pois ben,, pediria que alguen con responsabilidade ,, chamese, concello do irixo,, subdelegacion do goberno,, pidan a entidade, ABANCA,, abran todolos dias da semana, para evitar o malestar dos seus clientes, entre os que me.atopo,, e evitar que os clientes se xunten fora a intemperie e poder limitar algun posible contaxio,, busquen a mellor solucion,, gracias,,

13, Maio 2020

As medidas de seguridade implantadas pola alerta sanitaria viñeron deixar ao descuberto as carencias da oficina de Correos no Carballiño, ubicada na rúa Faustino Santalices, cun espazo para a atención ao público de reducidas dimensións, de tal maneira que para respectar a distancia de dous metros entre persoas tan so dous clientes poden acceder simultáneamente ao interior da oficina, o resto debe agardar na rúa a súa quenda para ser atendidos.

Ademáis, dende a declaración do estado de alarma a Sociedade Estatal de Correos reducíu o seu horario de atención ao público, abrindo tan so tres horas ao dia.

Outro aspécto que non pasa desapercibido para os clientes é a falta de confidencialidade no servizo, xa que os dous únicos postos de atención ao público están separados apenas dous metros e sen ningún tipo de protección, polo que non se dan as mínimas condicións de privacidade nunha oficina na que, entre outras prestacíóns ofrece servizos financieiros coa posiblidade de enviar ou recibir xiros de diñeiro.

As carencias, saltan á vista nunha oficina que non reúne as condicións mínimas para atender a unha poboación como é O Carballiño, que supera os 14.000 habitantes, pero é que ademáis, esta oficina é a de referencia para moitos veciños doutros concellos da comarca.

13, Maio 2020

Vendo a retransmisión do pleno de onte do concello do Carballiño, a verdade que o pleno “telemático” por chamarlle dalgunha maneira foi bastante ridículo: 
Primeiro que a conexión do concello fallaba cada dos por tres coma unha escopeta de feira e iso que o concello paga unha barbaridade de cartos en telefonía, e tendo informático e técnico de són.
Despois unha parte dos concelleiros do PSOE, os que non estaban presentes no pleno (Dacal, Silvia, Lupe e Rogelio), resulta que estaban metidos en pandilla no despacho do alcalde.
E xa o colmo foi o desfile dos concelleiros de Espazo Común intercambiando asento e entrando e saíndo do pleno, (primeiro Adolfo despois Pachi e por último Erika) que estiveron a tirar de banquillo (coma si isto fora una conga), sen ter o concello un protocolo de desinfección con persoal de limpeza durante o pleno entre intervención e intervención e nin eles solicitalo.
Ao final só 3 do PP estaban dende as súas casas e Rita Soto dende o seu traballo.
O pleno puido ser perfectamente un foco de contaxio tanto no salón de plenos como en todas as dependencias. Por favor deben de dar exemplo, porque vaia exemplos lles están dando a veciñanza.
Como lle podemos dicir aos traballadores do concello e a poboación en xeral que o futuro e a conciliación pasa por implementar e acostumarnos ao teletraballo, cando os que teñen que dar exemplo non son capaces de poñelo en práctica, e non será por falta de recursos, porque aquí cos cartos de todos para outras cousas ben que se gastan.
Un concello de uns 15.000 habitantes coma o do Carballiño non pode dar unha imaxe tercer mundista xa non so nisto senón que en demasiadas cousas.
Tomen nota para o seguinte pleno... e nestes tempos que estamos a vivir polo visto cada vez mais escasean os políticos responsables e cualificados.

13, Maio 2020

A ""novena das novenas" da comarca non se celebra este ano, debido á situación que vivimos a parroquia de Santa María de Amarante de Dacón decidíu suspender a súa celebración, aínda que o culto nas igrexas cun aforo dun terzo da súa capacidade está permittdo dende o pasado lúns. Será a primeira vez que esto acontece dende o ano 1922, cando comezou a celebrarse. 

Non haberá celebración da novena na igrexa de Dacón, aínda que sí permanecerá aberta a diario de 19 a 21 horas para permitir as visitas das persoas devotas, para elo a parroquia ten organizado un protocolo no que colaboran un grupo de voluntarios que velará para que cumplan as normas de seguridade tanto no interior do templo como nos seus accesos.

De todos os xeitos, o párroco de Dacón José Ramón Hernández, ofrecerá o rezo diario da novena de Santa Rita en COPE O Carballiño, do 13 ao 21 de Maio sempre ás 19:50 horas, ademáis o dia 22, festiiividade de Santa Rita, tamén se emitirá á mesma hora a versión radidada da misa solemne.

13, Maio 2020

Está visto que este goberno está invitando os que temos un comercio a pechar, xa que non sendo asi non se entende esta ultima decisión de prohibilas en tendas e permitilas en venda on-line, o que descaradamente nos perxudica mentres se beneficia as grandes cadenas, e nos a quedarnos coa roupa despois de estar dous meses pechados ¿e que facemos agora con ela? esto é a gota de auga que colma o vaso, por máis que un queira seguir intentandoo, asi é imposible, pouco ou nada saben do que manter un comercio no Carballiño como supoño en calquera outra vila ou cidade, falan de evitar aglomeraciós, saberán eles do que falan, instalados nos mundos de yupi. Pero ademáis, se temos limitación de aforo do 30% ¿qué aglomeración imos ter? Ou rebaixas para todos ou para ninguén.

12, Maio 2020

O acordo aprobado por unanimidade hoxe en pleno pola corporación estaba xa pactado polos catro grupos políticos, PSOE, PP, ESCO e BNG, polo que se van destinar ata 1.799.000 euros a subvencións e axudas a aqueles sectores máis castigados pola crise do coronavirus.

O proceso terá dúas fases, e para financiar este plan o concello aportará 869.751 euros de fondos propios do orzamento municipal, que foi aprobado con carácter definitivo nesta sesión asi como as correspondentes modificacións. A maiores, outros 929.510 euros corresponden ao remanente de tesoureiría do concello carballiñés.

O documento aprobado hoxe fixa unha dotación de 40.000 euros para a nova ordenanza de emerxencia social, que tamén foi aprobada por unanimidade, asi como 30.000 euros para axudas ás persoas máis maiores do municipio. Tamén no ámbito social destinánse 9.000 euros para Cáritas, 9.000 euros para Cruz Vermella, e 120.602 en axudas a familias e persoas en situación de vulnerabilidade social.

No apartado empresarial, recibirán axudas por importe de 360.000 autonómos e pequenas empresas. O Centro Comercial Aberto contará cunha aportación de 56.000 para poñer en marcha unha plataforma telémática de venda, a Praza de Abastos recibe 7.000 euros, e a asociación de empresarios da zona industrial do Carballiño, 12.000 euros.

Ademáis, para actividades e iniciativas de dinamización comercial resérvanse 61.000 euros e para o fomento do emprego, 80.000 euros.

Para Protección Civil, destinanse 5.000 euros, e finalmente, a cantidade máis grande será para o Servizo de Axuda de Fogar, que ascende a 906.000 euros. Precisamente neste pleno, cos votos a favor de PSOE e PP, aprobouse o prego de bases para a licitación do contrato de xestión deste servizo no concello do Carballiño, para os próximos dous anos prorrogables a outros dous.

 

11, Maio 2020

A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha desde este lúns dia 11 de Maio a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas por Covid-19. Dotado cun equipo inicial de 20 operadores, o departamento sanitario da Xunta estima que superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas.

O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos de infeccións por coronavirus, contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e contactar con cada unha das persoas que tiveran contacto cun caso positivo por Covid-19.

Tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer COVID-19, se lle solicitará a proba PCR. Entón, esta plataforma tecnolóxica activará unha enquisa inicial a esta persoa que presente sintomatoloxía Covid-19 e, tras responder á mesma, solicitaránselle os datos daquelas persoas coas puido haber mantido contacto estreito, desde dous días antes do comezo dos síntomas até o momento do seu illamento

No caso de que o resultado da proba PCR sexa positiva, solicitáraselle aos contactos que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Así mesmo, comezaría un seguimento diario sobre a posible aparición de sintomatoloxía compatible coa COVID 19 e, de agromar estes síntomas, derivarase ao seu médico. Os devanditos contactos pasarían a ser casos sospeitosos iniciando de novo o ciclo con solicitude de proba PCR, illamento e investigación de novos contactos.

O sistema de rastrexo galego, será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública dos Servizos Centrais e das Xefaturas Territoriais, que avaliarán e controlán a calidade de todo o sistema, a validez da información e a resolución de incidencias. Do mesmo xeito, tamén colaborarán nas tarefas de seguimento Atención Primaria, principalmente nos casos confirmados, os servizos de Medicina Preventiva, naqueles casos nos que os pacientes estén ingresados, e os Servizos de Prevención de Riscos Laborais, no caso de producirse algún abrocho neste ámbito.

Desta forma, o Sergas levará a cabo unha vixilancia activa e diaria de tódolos contactos rexistrados podendo, grazas a identificación das súas necesidades específicas, achegárllela información máis axeitada para cada situación.

A plataforma tecnolóxica conta coa flexibilidade suficiente para adaptar a dotación de persoal dedicado especificamente a esta función, de acordo ás necesidades que vaian xurdindo determinadas, e así, verse incrementado proporcionalmente ao número de casos sospeitosos notificados desde o sistema asistencial ao longo do tempo en función da evolución da pandemia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS