15, Maio 2020

Les hablamos desde el Bar Alameda de carballiño. Era solo para comentar sobre la foto publicada en esta misma página web.

Para notificar que la terraza ya está rectificada con las medidas establecidas por la ley y siguiendo los pasos de nuestro ayuntamiento.

Los taxis están ubicados desde hace una semana en la parada de autobús al lado del hotel arenteiro.

Un saludo cordial.
Roger Bonyorni
Bar Alameda

15, Maio 2020

A Asociación cultural FETEGA "deu a coñecer o relevo, onde o perfil buscado para a dirección requiría un profesional con ilusión renovadora pero sen perder a esencia actual, visión de xestión porque o evento ten que ser sostible, perfil conciliador libre de afiliacións políticas, que mantén as raíces do Carballiño pero cunha visión xeográfica moi ampla".

E manifestan nun extenso comunicado que "todo isto reúneo Carlos Ledo, ademais con coñecemento das novas tecnoloxías, experiencia na coordinación de equipos, xestión de proxectos e dominio da linguaxe teatral".

Segundo manifesta Josi Lage, a directora saínte: “é un momento emocionante, foron moitos anos nos que fun moi feliz, e onde houbo tamén suor e bágoas. Fixen o meu traballo o mellor que sei dando paixón e esforzo, e con grandes equipos detrás. Poñerse agora ao fronte do festival é algo moi valente, máis nestes tempos nos que hai que reinventarse.Deixar a un fillo na man de outro é deixalo voar, crecer... Estou feliz coa persoa que vai coller este relevo. Ambos eramos voluntarios ao inicio do festival, somos do Carballiño e amamos o teatro e a nosa vila. Eu agora preciso dedicarme a tempo completo á miña carreira profesional como actriz tanto audiovisual como de teatro, e tamén á familia.Carlos é novo, está moi ben preparado é coherente, ético, honesto e aberto. Houbo varias persoas candidatas, pero finalmente partimos das bases da filosofía do festival, e atopamos a alguén que cumpre todos os criterios. Unha persoa que xa tivo contacto co festival nas súas orixes, que ama o teatro e ama o galego. O festival queda en boas mans. Eu despídome como directora pero seguirei como programadora artística xa que non me deixan ir completamente".

Josi Lage maniféstase encantada de "ceder o cargo a unha persoa marabillosa, boísima, xenerosa e con moito talante, un amor de persoa, Carlos Ledo Vázquez. Estou convencida de que vai ser un éxito e fará crecer o festival aínda moito máis.Quero agradecer a todas as entidades públicas e privadas e ás persoas que están tras delas, que apoiaron e apoian ao festival, desde o goberno autonómico, deputación provincial e a administración local. Quédome co mellor das institucións, da empresa privada e das industrias culturais e dos comerciantes do Carballiño".

En palabras de Carlos Ledo, novo director do FETEGA "é unha responsabilidade grande e apaixonante especialmente para min, que lembro os inicios cando nin sequera se levaba aínda a palabra Festival. O festival evolucionou, sempre evoluciona, e penso no traballo de Xan Pinal nos seus inicios, e no liderado fantástico de Josi Lage nos últimos anos, nos nomes de tantas persoas, patrocinadores, voluntarios que traballaron durante estes trinta anos e aos que necesitaremos no futuro, na calidade da programación e ennovos retos",subliñou.

15, Maio 2020

As afiliacións á Seguridade Social caen en picado no concello do Carballiño, o sistema perde un 5% de cotizantes nos últimos dous meses, dende que se declarou o estado de alarma o municipio perdeu 202 afiliados, unha cifra que non inclúe aos traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

O dato aínda é moito peor se o comparamos cun ano atrás, en termos interanuais, xa que dende Abril de 2019 O Carballiño perdeu 401 traballadores activos no municipio, o que representa unha caída do 9,4% no último ano.

En Abril de 2019 O Carballiño contaba con 4.296 cotizantes activos, e agora son 3.895, actualiiiizados os datos con referencia a 30 de Abril pasado.

14, Maio 2020

Pero esto que é ? E os taxis, onde están ? Sen máis comentarios.

14, Maio 2020

A proposta foi presentada ante o pleno da corporación municipal no pleno do pasado martes, aínda que non obtivo resposta por parte do goberno, e sobre a mesma volveu insistir hoxe o portavoz do grupo popular Ricardo Perea no transcurso dunha interrvención nesta emisora de radio.

Os populares manifestan que non son tempos "para liortas políticas, e sí de ser responsables e traballar codo don codo coa vecñanza do concello do Carballiño que agora nos necesita máis que nunca".

Esta comisión municipal tería como finalidade traballar nun protocolo de actuación e seguridade para os veciños ante o Covid-19, unha situación que se prevé sexa de longa duración e por elo quen mellor que un especialista epidemiólogo do Servizo Galego de Saúde "se temos na corporacion a Pachi Vázquez, entendemos que é a persoa máis indicada para presidir esa comisión, que debería estar creada xa", dixo Ricardo Perea.

O Partido Popular manifesta que fai esta proposta "non por afinidade política, pero sí por coherencia e responsabilidade, que tamén e o que nos demanda maís que nunca a veciñanza, so pedimos que o grupo de goberno tamén o faga polas mesmas razóns, senón unha vez máis quedaría retratadoo", remarcan.

 

14, Maio 2020

Eu tamen queria queixarme da oficina bancaria, ABANCA,, no concello.do irixo,, unha nova ataque os os veciños.do.irixo,, xa que estan abrindo o publico presencial os martes e xoves,, e claro,, fora das oficinas esos dias clientes esperando a intemperie fora, e nalguns casos sen as medidas de recomendacion sanitarias, distanciamento, mascaras,, lubas ,etc,, polo que,, me.pregunto??? estamos evitando que o cidadan-clientes se contaxien dentro da oficinas, e pola contra, coas decisions tomadas pola entidade, xuntanse fora na rua, como.dixen a intemperie,,, ou será que,, aproveitando esta situacion sanitaria,, queiran retomar o de fai un tempiño atras, o de cerrar a oficina e abrila solo dous dias a semana, tal como.esta pasando agora mesmo,, pois ben,, pediria que alguen con responsabilidade ,, chamese, concello do irixo,, subdelegacion do goberno,, pidan a entidade, ABANCA,, abran todolos dias da semana, para evitar o malestar dos seus clientes, entre os que me.atopo,, e evitar que os clientes se xunten fora a intemperie e poder limitar algun posible contaxio,, busquen a mellor solucion,, gracias,,

13, Maio 2020

As medidas de seguridade implantadas pola alerta sanitaria viñeron deixar ao descuberto as carencias da oficina de Correos no Carballiño, ubicada na rúa Faustino Santalices, cun espazo para a atención ao público de reducidas dimensións, de tal maneira que para respectar a distancia de dous metros entre persoas tan so dous clientes poden acceder simultáneamente ao interior da oficina, o resto debe agardar na rúa a súa quenda para ser atendidos.

Ademáis, dende a declaración do estado de alarma a Sociedade Estatal de Correos reducíu o seu horario de atención ao público, abrindo tan so tres horas ao dia.

Outro aspécto que non pasa desapercibido para os clientes é a falta de confidencialidade no servizo, xa que os dous únicos postos de atención ao público están separados apenas dous metros e sen ningún tipo de protección, polo que non se dan as mínimas condicións de privacidade nunha oficina na que, entre outras prestacíóns ofrece servizos financieiros coa posiblidade de enviar ou recibir xiros de diñeiro.

As carencias, saltan á vista nunha oficina que non reúne as condicións mínimas para atender a unha poboación como é O Carballiño, que supera os 14.000 habitantes, pero é que ademáis, esta oficina é a de referencia para moitos veciños doutros concellos da comarca.

13, Maio 2020

Vendo a retransmisión do pleno de onte do concello do Carballiño, a verdade que o pleno “telemático” por chamarlle dalgunha maneira foi bastante ridículo: 
Primeiro que a conexión do concello fallaba cada dos por tres coma unha escopeta de feira e iso que o concello paga unha barbaridade de cartos en telefonía, e tendo informático e técnico de són.
Despois unha parte dos concelleiros do PSOE, os que non estaban presentes no pleno (Dacal, Silvia, Lupe e Rogelio), resulta que estaban metidos en pandilla no despacho do alcalde.
E xa o colmo foi o desfile dos concelleiros de Espazo Común intercambiando asento e entrando e saíndo do pleno, (primeiro Adolfo despois Pachi e por último Erika) que estiveron a tirar de banquillo (coma si isto fora una conga), sen ter o concello un protocolo de desinfección con persoal de limpeza durante o pleno entre intervención e intervención e nin eles solicitalo.
Ao final só 3 do PP estaban dende as súas casas e Rita Soto dende o seu traballo.
O pleno puido ser perfectamente un foco de contaxio tanto no salón de plenos como en todas as dependencias. Por favor deben de dar exemplo, porque vaia exemplos lles están dando a veciñanza.
Como lle podemos dicir aos traballadores do concello e a poboación en xeral que o futuro e a conciliación pasa por implementar e acostumarnos ao teletraballo, cando os que teñen que dar exemplo non son capaces de poñelo en práctica, e non será por falta de recursos, porque aquí cos cartos de todos para outras cousas ben que se gastan.
Un concello de uns 15.000 habitantes coma o do Carballiño non pode dar unha imaxe tercer mundista xa non so nisto senón que en demasiadas cousas.
Tomen nota para o seguinte pleno... e nestes tempos que estamos a vivir polo visto cada vez mais escasean os políticos responsables e cualificados.

13, Maio 2020

A ""novena das novenas" da comarca non se celebra este ano, debido á situación que vivimos a parroquia de Santa María de Amarante de Dacón decidíu suspender a súa celebración, aínda que o culto nas igrexas cun aforo dun terzo da súa capacidade está permittdo dende o pasado lúns. Será a primeira vez que esto acontece dende o ano 1922, cando comezou a celebrarse. 

Non haberá celebración da novena na igrexa de Dacón, aínda que sí permanecerá aberta a diario de 19 a 21 horas para permitir as visitas das persoas devotas, para elo a parroquia ten organizado un protocolo no que colaboran un grupo de voluntarios que velará para que cumplan as normas de seguridade tanto no interior do templo como nos seus accesos.

De todos os xeitos, o párroco de Dacón José Ramón Hernández, ofrecerá o rezo diario da novena de Santa Rita en COPE O Carballiño, do 13 ao 21 de Maio sempre ás 19:50 horas, ademáis o dia 22, festiiividade de Santa Rita, tamén se emitirá á mesma hora a versión radidada da misa solemne.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS