Está visto que este goberno está invitando os que temos un comercio a pechar, xa que non sendo asi non se entende esta ultima decisión de prohibilas en tendas e permitilas en venda on-line, o que descaradamente nos perxudica mentres se beneficia as grandes cadenas, e nos a quedarnos coa roupa despois de estar dous meses pechados ¿e que facemos agora con ela? esto é a gota de auga que colma o vaso, por máis que un queira seguir intentandoo, asi é imposible, pouco ou nada saben do que manter un comercio no Carballiño como supoño en calquera outra vila ou cidade, falan de evitar aglomeraciós, saberán eles do que falan, instalados nos mundos de yupi. Pero ademáis, se temos limitación de aforo do 30% ¿qué aglomeración imos ter? Ou rebaixas para todos ou para ninguén.

O acordo aprobado por unanimidade hoxe en pleno pola corporación estaba xa pactado polos catro grupos políticos, PSOE, PP, ESCO e BNG, polo que se van destinar ata 1.799.000 euros a subvencións e axudas a aqueles sectores máis castigados pola crise do coronavirus.
O proceso terá dúas fases, e para financiar este plan o concello aportará 869.751 euros de fondos propios do orzamento municipal, que foi aprobado con carácter definitivo nesta sesión asi como as correspondentes modificacións. A maiores, outros 929.510 euros corresponden ao remanente de tesoureiría do concello carballiñés.
O documento aprobado hoxe fixa unha dotación de 40.000 euros para a nova ordenanza de emerxencia social, que tamén foi aprobada por unanimidade, asi como 30.000 euros para axudas ás persoas máis maiores do municipio. Tamén no ámbito social destinánse 9.000 euros para Cáritas, 9.000 euros para Cruz Vermella, e 120.602 en axudas a familias e persoas en situación de vulnerabilidade social.
No apartado empresarial, recibirán axudas por importe de 360.000 autonómos e pequenas empresas. O Centro Comercial Aberto contará cunha aportación de 56.000 para poñer en marcha unha plataforma telémática de venda, a Praza de Abastos recibe 7.000 euros, e a asociación de empresarios da zona industrial do Carballiño, 12.000 euros.
Ademáis, para actividades e iniciativas de dinamización comercial resérvanse 61.000 euros e para o fomento do emprego, 80.000 euros.
Para Protección Civil, destinanse 5.000 euros, e finalmente, a cantidade máis grande será para o Servizo de Axuda de Fogar, que ascende a 906.000 euros. Precisamente neste pleno, cos votos a favor de PSOE e PP, aprobouse o prego de bases para a licitación do contrato de xestión deste servizo no concello do Carballiño, para os próximos dous anos prorrogables a outros dous.

A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha desde este lúns dia 11 de Maio a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas por Covid-19. Dotado cun equipo inicial de 20 operadores, o departamento sanitario da Xunta estima que superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas.
O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos de infeccións por coronavirus, contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e contactar con cada unha das persoas que tiveran contacto cun caso positivo por Covid-19.
Tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer COVID-19, se lle solicitará a proba PCR. Entón, esta plataforma tecnolóxica activará unha enquisa inicial a esta persoa que presente sintomatoloxía Covid-19 e, tras responder á mesma, solicitaránselle os datos daquelas persoas coas puido haber mantido contacto estreito, desde dous días antes do comezo dos síntomas até o momento do seu illamento
No caso de que o resultado da proba PCR sexa positiva, solicitáraselle aos contactos que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Así mesmo, comezaría un seguimento diario sobre a posible aparición de sintomatoloxía compatible coa COVID 19 e, de agromar estes síntomas, derivarase ao seu médico. Os devanditos contactos pasarían a ser casos sospeitosos iniciando de novo o ciclo con solicitude de proba PCR, illamento e investigación de novos contactos.
O sistema de rastrexo galego, será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública dos Servizos Centrais e das Xefaturas Territoriais, que avaliarán e controlán a calidade de todo o sistema, a validez da información e a resolución de incidencias. Do mesmo xeito, tamén colaborarán nas tarefas de seguimento Atención Primaria, principalmente nos casos confirmados, os servizos de Medicina Preventiva, naqueles casos nos que os pacientes estén ingresados, e os Servizos de Prevención de Riscos Laborais, no caso de producirse algún abrocho neste ámbito.
Desta forma, o Sergas levará a cabo unha vixilancia activa e diaria de tódolos contactos rexistrados podendo, grazas a identificación das súas necesidades específicas, achegárllela información máis axeitada para cada situación.
A plataforma tecnolóxica conta coa flexibilidade suficiente para adaptar a dotación de persoal dedicado especificamente a esta función, de acordo ás necesidades que vaian xurdindo determinadas, e así, verse incrementado proporcionalmente ao número de casos sospeitosos notificados desde o sistema asistencial ao longo do tempo en función da evolución da pandemia.

Aínda que non todos abriron, O Carballiño amenceu nesta mañá de lúns dia 11 de Maio coas primeiras terrazas abertas neste primeiro dia da fase 1 da desescalada.
Moitos -a maioria- optaron por esperar, pero sí que o fixeron un número bastante representativo da zona centro da hostalaría carballiñesa, na rúa do Paseo , na zona típica do terraceo no Carballiño. Tamén fora da rúa do paseo abriron algunhas terrazas, como en Julio Rguez Soto, Conde Vallellano, ou Avda. 25 de Xullo, entre outras.
A temperatura agradable, e algunhos momentos de sol, animaron aos máis madrugadores en sentarse á mesa para tomar un café ou o primeiro viiño en terraza, despóis de dous meses.
Non hai límite de horario, pero sí normas que cumprir: mesas a dous metros de distancia mínima, e consumición individual, aínda que poden compartir mesa ou agrupación de mesas ata un total de 10 persoas. Eso si, para entrar no baño, de un en un.

O grupo popular celebra que "aínda que vaian transcorridos 839 dias, dous anos, tres meses e dezasete dias, por fin o concello do Carballiño terá unha ferramenta imprescindible en tempos de crise para moitas familias, que contará cun orzamento de 40.000 euros ata final de ano".
A maiores, dentro das medidas aprobadas por consenso dos catro grupos políticos do concello carballiñés en materia social, deberán sumarse outros 30.000 euros para atencións de persoas de avanzada idade, xunto con 9.000 euros para Cáritas e outros 9.000 euros para Cruz Vermella.
Unha vez aprobada esta nova ordenzanza de emerxencia social, as persoas e familias carballiñesas poderán ser destinatarias destas axudas:
a) Para facer fronte aos gastos de farmacia e gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social (dentista, lentes …) A achega será equivalente á achega do usuario, co límite máximo de 200,00 €/ano.
b) Alimentos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social, vestiario, calzado e demais indispensables para o desenvolvemento da vida cotiá: ata un máximo de 600,00 €/ano.
c) Axudas individuais para promover e facilitar a integración socio-laboral: ata un máximo de 500,00 €/ano
d) Axudas individuais para facilitar o aloxamento temporal, a prestación de recursos residenciais en situacións transitorias, ata un máximo de 1.400,00 €/ano
e) Vinculadas ao uso e mantemento da vivenda: aluguer, hipoteca, fianza, mantemento e conservación da vivenda; auga, luz, gas e gasóleo calefacción. Ata un máximo de 1.000,00 €/ano.
f) Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual: ata un máximo de 800 € / ano.
g) Falta de cobertura económica para a adquisición de equipamento básico para o fogar, entendéndose como tal o mobiliario e electrodomésticos básicos e de primeira necesidade. Ata un máximo de 400,00 €/ano.
h) Falta de cobertura económica para o pago dun aloxamento alternativo (hostal, pensión …) cando sexa imposible a permanencia da persoa no seu domicilio habitual por situación de catástrofe e/ou situación persoal, familiar, sanitaria ou social. Ata un máximo de 500,00 €/ano.
i) Outras non relacionadas nos apartados anteriores, consideradas de primeira ou urxente necesidade, sempre que así se xustifique suficientemente no informe social elaborado para o efecto: ata un máximo de 1.000,00 €/ano

As persoas oficialmente falecidas por coronavirus en España, según os datos actualizados este domingo dia 10 de Maio, son 26.621, unha cifra que deixaría sen habitantes á comarca do Carballiño, que no conxunto dos nove concellos que a integran suma 26.589 habitantes, según o último padrón de 2019.
Se compararamos o número de falecidos no conxunto de España co padrón de habitantes da nosa comarca - a de máis poboación da provincia- pode axudarnos a tomar conciencia do drama e das súas dimensións.
Entre a veciñanza residente na comarca non está rexistrada a dia de hoxe ningunha vítima por Covid-19, pero sí entre veciños naturais da comarca e residentes noutras localidades, polo menos 7 vítimas do virus recibiron sepultura nos cemiterios parroquiais da comarca carballiñesa.

Os portavoces socialistas de Leiro, Cenlle, Beade, A Arnoia e Cortegada, indican que ata o 24 de Xullo os veciños dos cinco concellos da Mancomunidade teñen para abonar tanto o imposto de lixo como vehículos, afimran que "a resolución do Tesoureiro da Mancomunidad con data do 27 de Abril, non da tregua o contribuinte a hora de abonar os impostos e tasas, pese a Alarma Sanitaria xenerada por o COVID-19 e o estado de alarma no que se encontra o país desde o pasado 16 de Marzo".
Entenden por elo que "os rexidores da Mancomunidade, se situan o marxen do resto de rexidores dos Concellos da Provincia, moitos dos cales aplicaron un aplazamento nos pagos ata final de ano, por que denotan los rexidores da Mancomunidad “un abuso e desconsideración hacia os veciños e ciudadans. O caso e que os que teñen a recaudación delegada na Diputación, os que a institución provincial lles dota de liquidez con un anticipo da recaudación non ingresada, en na Mancomunidad o prazo para pagar sin recargo finaliza o 24 de xullo e habrá que facelo atraves de 1 entidade bancaria".
Da a sensación, engaden "de que o Pte da Mancomunidade xunto co conxuntos de rexidores, ainda non comprenden a gravidade da situación na que nos encontramos e como están moitas familias da Comarca do Ribeiro, señalan os socialistas. Que lle reprochamos os rexidores do Partido Popular, que o seu grao de preocupación e empatía polos problemas dos veciños, non vai mais ala de repartir mascarillas os veciños e facendo propaganda de cara as próximas eleccions autonomicas, en vez de facer xestión e resolver os problemas dos veciños pertenecentes os concellos integrados na Mancomunidade do Ribeiro".
Os Socialistas do Ribeiro instan aos alcaldes da Mancomunidade do Ribeiro tres medidas concretas:
Ampliar ata o 1 de Decembro do 2020 o prazo para o pagamento de todalas taxas e impostos. Que non se vexan afectados polas medidas propostas nos seguintes puntos.
Devolver ou descontar a parte proporcional ao período de paralización da sua actividade no imposto de IVTM (vehículos)para autónomos e empresas que acrediten que o mesmo e empregado para o seu uso profesional.
Desconto no recibo de lixo polo importe proporcional a todo o tempo que estean obrigados a permanecer pechados, para o pequeno comercio, hostelería ou calquer empresa afectada.

Os representantes populares no Congreso por Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, entenden que a nova fase de desescalada que agora se inicia debería ter tamén en conta a un sector de gran tradición na provincia como son as pulpeiras, excluídas do retorno á actividade dos negocios dedicados á restauración e hostalería.
Por esta razón rexistraron unha pregunta dirixida ao Goberno na que piden que aclare se ten previsto autorizar a instalación dos postos de venda de polbo na provincia.
Na súa interpelación ao executivo, Ana Vázquez e Celso Delgado sinalan que as pulpeiras, do mesmo xeito que outros moitos pequenos negocios, levan dous meses de inactividade, situación que está a provocar graves problemas económicos a un sector do que viven preto dun centenar de familias só na provincia de Ourense.
E, subliñan, cando se fala de familias debe entenderse a todos os membros, pois son numerosos os casos nos que todos os integrantes dun mesmo núcleo familiar dedícanse á venda de polbo.
Tendo en conta que desde o pasado 4 de maio abriron de novo as súas portas os servizos de restauración para levar comida a domicilio, os deputados ourensáns entenden que tamén debería incluírse á pulpeiras nesta desescalada, permitindo o seu regreso á rúas da capital, vilas e pobos da provincia, adoptando as medidas hixiénicas, sanitarias e de seguridade necesarias para preservar a saúde dos clientes e traballadores.

Franxas horarias
A partir do lúns dia 11 tan solo para paseos e facer deportes e con posibles cámbeos no tramo dos nenos para evitar as horas de máis calor, polo momento as franxas horarias mantéñense igual que durante a fase 0 para pasear e facer deporte. De 6 a 10 e de 20 a 23 horas para persoas de 14 anos a 69 anos; de 12 a 19 horas para os nenos menores de 14, que poden ir en grupos de ata tres acompañados dun adulto; e o horario de 10 a 12 e de 19 a 20 horas para os maiores de 69. Estas franxas só rexen o paseo e o deporte. Para o resto de actividades, por exemplo ir ao supermercado ou a comprar en calquera comercio, non hai limitacións horarias. Con todo, non se poderán compatibilizar outras actividades coas deportivas durante a mesma saída, por exemplo saír a correr e parar a tomar algo nunha terraza. Non estará permitido.
Todas parroquias da comarca, excepto o núcleo urbano do Carballiño
Poderán continuar paseando ou facendo deporte con liberdade horaria, sen ter que ningunha franxa, que sí terán que seguir respectando durante a fase 1 aqueles residentes do núcleo urbano do Carballiño (11.338 habitantes)
Poderémos xuntarnos en grupo de ata 10 persoas
Estes encontros poderán realizarse tanto en domicilios como en terrazas, respectando as medidas de seguridade e hixiene. Os participantes poderán ser nenos ou adultos. Só exclúense persoas con síntomas e colectivos vulnerables. Este límite non se aplicará ás persoas que conviven. As visitas a familiares non conviventes realizaranse entre persoas sen ningunha patoloxía previa e que non sexan vulnerables. Con todo, estableceranse limitacións para maiores e xente con patoloxías, que poderán ir modificándose nas fases 2 e 3.
Toda a familia de convivencia pode viaxar no mesmo vehículo
Estará permitido que os vehículos viaxen ao cento por cento da súa ocupación se todos os viaxeiros viven no mesmo domicilio. No caso de que non sexa así terán que facelo como ata o de agora, dous por liña e con máscara.
Todos os comercios, sen cita previa e cun aforo do 30%
Desaparece a cita previa e aforo dos locais queda reducido ao 30 %, aínda que respectando as medidas de distanciamento social. En todo caso, só poderían abrir aqueles que teñan menos de 400 metros cadrados. O aforo ten que estar exposto ao público e o propio local deberá levar o control. Deben manter un horario prioritario para maiores de 65 anos. Os concellos poderán reabrir mercados e mercadillos ao aire libre, dando preferencia aos produtos agroalimentarios. A mercadoría non pode ser manipulada polos clientes.
Terrazas ao 50%.
As terrazas reabrirán, limitándose ao 50 % das mesas que tiñan permitidas, que deberán estar dispostas gardando a distancia de seguridade. A limpeza debe ser constante e priorizaranse os materiais dun só uso, como manteis de papel. Fomentarase o pago con tarxeta e evitaranse as cartas impresas de uso común. Os elementos de servizo, como as vaixelas, deben almacenarse en recintos pechados ou lonxe de zonas de paso. Priorizaranse os envases monodosis. A ocupación máxima dos aseos, que deberán limparse un mínimo de seis veces ao día, será dunha persoa, salvo que o usuario necesite asistencia. Os negocios que reabran poderán establecer sistemas de recollida de comida no local, sempre que esta sexa graduada e evite aglomeracións no interior ou o acceso.
Turismo de natureza.
Poderase realizar turismo activo e de natureza en grupos limitados, de momento exclusivamente dentro da mesma provincia.
Igrexas e lugares de culto
Poden iniciar a súa actividade cun aforo do 30% da súa capacidade, e respectando as normas de seguridade. Os velorios en interior cun límite de 10 persoas e 15 en exterior, igual que nos cemiterios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 356
- 357
- 358
- 359
- 360
- 361
- 362
- 363
- 364
- …
- seguinte ›
- última »