
O Concello de Boborás e a Asociación Cultural "1809 A Batalla" comunican a suspensión da que sería a IV edición da festa "1809. A Batalla" que íase celebrar o primeiro fin de semana de xullo en Pazos de Arenteiro, Boborás.
A crise do Covid-19 afectou o desenvolvemento normal dos preparativos desta festa, xa que nos meses previos era habitual levar a cabo os traballos de organización da mesma, que non só incluían a preparación das escenas, senón que tamén a adecuación e mellora do vestiario, a decoración e a programación, que dada esta situación é imposible.
A opción do aprazamento foi unha posibilidade que tamén se barallou mentres se tomaba esta decisión, pero debido a incerteza actual e sen coñecer cal será o desenvolvemento dos acontecementos derivados desta crise sanitaria e as medidas que se van a levar a cabo para a volta á normalidade, decidiuse que a mellor opción era a cancelación deste evento festivo e cultural.
Así é que, "con moita pena e agardando principalmente que todo volva á normalidade e se controle esta situación sanitaria, dende a organización esperamos que canto antes se poida comezar cos preparativos do vindeiro ano, con máis forza se cabe",remarcan.

A propietaria presentou a denuncia ante a Garda Civil, trátase do terceiro roubo de animais domésticos na comarca.
As tres galiñas e o capón que se levaron estaban on interior dunha finca na localidade de Casar do Mato, preto da capitalidade municipal do concello de San Amaro.
Ademáis, os ladrós aproveitaron a visita para entrar no interior da vivenda, tamén da mesma veciña, levándose un televisor e un reloxio.

Un veciño de Maside denunciou ante a Garda Civil o roubo de tres galiñas, nuha finca da súa propiedade, ademáis da desaparición das galiñas tamén botou en falta unha caixa de viño, unha machada e un xerador eléctrico.
Doutra parte, a Arturo G.N. roubáronlle catro vacas e un touro dunha explotación gandeira da que é o seu propietario, na denuncia que presentou ante a Garda Civil fixo constar que non conta con poliza de seguro de roubo e valorou os animais roubados en 6.000 euros.
Para acceder á explotación gandeira cortaron o candado da porta e para levarse o gando o autor ou autores do roubo supónse que utilizaron un camión.
Coincido, queixámos de vicio e moito máis ca eso. Pode que o estado de alarma estea ou non xustificado, non o sei, aínda que seguramente habería outras formas. Pero o que de ningunha maneira debería estar permitido nun estado democrático é que se aproveiten do estado de alarma para o abuso de poder. Xa está ben de tanto decreto e orden ministerial.

O Concello descarta peonalizar outras rúas de forma execepcional para o tempo que dure a desescalada, tal como pedía o Partido Popular, e para evitar aglomeracións durante os paseos autorizados á poboación durante o estado de alarma.
O concelleiro de tráfico e seguridade Manuel Sotelo dixo en COPE O Carballiño que analizáranse as distintas posibilidades na Xunta de Goberno e que, finalmente, optouse por peonalizar tres espazos a partir do próximo sábado dia 9, e coa idea de favorecer a mobilidade.
Faráse asi na Avenida do Arenteiro en toda a súa extensión, entre a rúa Astureses e a avda. do parque, ampliando asi a zona que xa é peonil neste vial que bordea o rio Arenteiro e o Parque Municipal, tamén será peonil a Praza da Alameda e a rúa Norte, asi como a rúa Aldara a partir da súa confluencia coa rúa Virtud, que convertirá en peonil a fronte da casa do concello. O horario diario de peonalización será de 20 a 24 horas, e os sábados dende o mediodia.

Todo estaba preparado, incluido o operativo organizativo por parte do concello de San Cristovo de Cea, efectivos da Garda Civil, Protección Civil e persoal do concello, agardaron sen éxito que chegaran os vendedores ambulantes para organizar o mercado según a nova normativa, pero non se presentou ningún.
"O caso é que sí o fixeron numerosas persoas, viase movemento de posibles clientes" comentou en COPE o concelleiro José Dalama.
Quen sí se presentou foi a polbeira que acude cada dia de feira á Cea "a víase que a xente xa tiña gañas de pulpo, pola afluencia que podia verse para levar ó pulpo á casa", dixo o concelleiro.
Volve o provincianismo, estamos asistindo ó reforzo do estado centralista e centralizado en Madrid.
Unha especie de estado de excepción disfrazado de paternalismo, o Estado das Autonomias queda para dar tabaco, menos mal que algún dos que se senta no consello de ministros saltándose a cuarentena (eu estou por riba da lei, eu son a lei) era federalista, calquera dia e a calquera hora volverá selo, pero agora non toca.
Non é tempo para levantar á voz nin criticar nada, que logo eres un enemigo e podes ser culpable de miles de mortos, é momento de aplaudir e non perder o tempo en nada máis que non sexa estudar as fases e subfases da desescalada, ou botar o dia guasapeando intermunicipalmente ou incluso interprovincialmente, e agora ata podemos saír a dar un paseo, que bueno que es este gobierno “querido pueblo, por lo bien que os habéis portado ya podeis salir de casa a dar un paseíto una horita al dia, podeis llevar vuestra bicicleta ó patinete”
So facémos queixarnos, nunca estamos conforme con nada, nin xiquera con estes gobernantes que nos levan a mascarilla de regalo ó traballo ou á estación en versión urbana, ou á casa en versión máis rural e enxebre.
¿Qué máis queremos? Xa o decía miña nai, hai moito vicio.

Os dias 6 e 22 de cada mes son de mercado na vila dos fornos, e foron 3 os mercados que non poideron celebrarse dende que se declarou o estado de alarma, o segundo do mes de Marzo e os dous do mes de Abril.
Este mércores 6 de Maio e trala autorización feita pola Xunta de Galicia, coincidindo ademáis neste caso coa fase 0 da desescalada, os postos do mercado de próximidade volven ocupar a Praza Maior de Cea, eso si, tan so poderán instalarse os vendedores de productos de alimentación e agrogandeiros.
O concelleiro José Dalama explicou en COPE O Carballiño que "as normas son moi concretas, e xa estivemos estudando tanto coa Garda Civil de Cea como con Protección Civil sobre o terreo a organización, xa que os postos terán que estar a unha distancia mínima de 6 metros unhos fronte a outros e cunha franxa lateral de 4 metros entre postos, dispostos en forma de triángulo equilátero".
Os postos de máis de dous metros poderán ser atendidos por dúas persoas, terán que utilizar luvas e as demáis medidas de seguridade e hixiene, igual que os clientes.
O de Cea é o primeiro mercado en celebrarse na nosa comarca dende que se declarou a alerta sanitaria.

A concellería de Medio Ambiente comezou este pasado luns un programa de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.
Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos traballos de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou no entorno da Piscifactoría e que nos próximos días proseguirá polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque Municipal, que son os lugares de maior afluencia dende que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia polo Covid-19.
Está previsto que esta semana quede rematado o desbroce do entorno da Piscifactoría, así como das beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque Municipal.

Os datos son relevantes polo volume de test realizados xa na comarca, 82 nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea que forman parte do SAP de Coles, e os 468 no SAP do Carballiño, que agrupa aos centros de saúde de Punxín, Maside, San Amaro, Boborás, O Irixo, Beariz e O Carballiño.
Tras realizarse polo tanto un total de 550 test neste estudo de seroprevalencia do Sergas, tan so se confirma que unha persoa deu positivo en covid-19. O número total de test previstos a realizar no conxunto dos nove concellos da comarca neste estudo epidemiolóxico é de 755, pero a tendencia é clara e moito tería que variar, o que parece xa moi pouco probable, polo que se confirma que a circulación do virus na comarca foi moi baixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 357
- 358
- 359
- 360
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- …
- seguinte ›
- última »