5, Maio 2020

Volve o provincianismo, estamos asistindo ó reforzo do estado centralista e centralizado en Madrid.

Unha especie de estado de excepción disfrazado de paternalismo, o Estado das Autonomias queda para dar tabaco, menos mal que algún dos que se senta no consello de ministros saltándose a cuarentena (eu estou por riba da lei, eu son a lei) era federalista, calquera dia e a calquera hora volverá selo, pero agora non toca.

Non é tempo para levantar á voz nin criticar nada, que logo eres un enemigo e podes ser culpable de miles de mortos, é momento de aplaudir e non perder o tempo en nada máis que non sexa estudar as fases e subfases da desescalada, ou botar o dia guasapeando intermunicipalmente ou incluso interprovincialmente, e agora ata podemos saír a dar un paseo, que bueno que es este gobierno “querido pueblo, por lo bien que os habéis portado ya podeis salir de casa a dar un paseíto una horita al dia, podeis llevar vuestra bicicleta ó patinete”

So facémos queixarnos, nunca estamos conforme con nada, nin xiquera con estes gobernantes que nos levan a mascarilla de regalo ó traballo ou á estación en versión urbana, ou á casa en versión máis rural e enxebre.

¿Qué máis queremos? Xa o decía miña nai, hai moito vicio.

5, Maio 2020

Os dias 6 e 22 de cada mes son de mercado na vila dos fornos, e foron 3 os mercados que non poideron celebrarse dende que se declarou o estado de alarma, o segundo do mes de Marzo e os dous do mes de Abril.

Este mércores 6 de Maio e trala autorización feita pola Xunta de Galicia, coincidindo ademáis neste caso coa fase 0 da desescalada, os postos do mercado de próximidade volven ocupar a Praza Maior de Cea, eso si, tan so poderán instalarse os vendedores de productos de alimentación e agrogandeiros.

O concelleiro José Dalama explicou en COPE O Carballiño que "as normas son moi concretas, e xa estivemos estudando tanto coa Garda Civil de Cea como con Protección Civil sobre o terreo a organización, xa que os postos terán que estar a unha distancia mínima de 6 metros unhos fronte a outros e cunha franxa lateral de 4 metros entre postos, dispostos en forma de triángulo equilátero".

Os postos de máis de dous metros poderán ser atendidos por dúas persoas, terán que utilizar luvas e as demáis medidas de seguridade e hixiene, igual que os clientes.

O de Cea é o primeiro mercado en celebrarse na nosa comarca dende que se declarou a alerta sanitaria.

5, Maio 2020

A concellería de Medio Ambiente comezou este pasado luns un programa de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.

Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos traballos de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou no entorno da Piscifactoría e que nos próximos días proseguirá polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque Municipal, que son os lugares de maior afluencia dende que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia polo Covid-19.

Está previsto que esta semana quede rematado o desbroce do entorno da Piscifactoría, así como das beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque Municipal.

4, Maio 2020

Os datos son relevantes polo volume de test realizados xa na comarca, 82 nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea que forman parte do SAP de Coles, e os 468 no SAP do Carballiño, que agrupa aos centros de saúde de Punxín, Maside, San Amaro, Boborás, O Irixo, Beariz e O Carballiño.

Tras realizarse polo tanto un total de 550 test neste estudo de seroprevalencia do Sergas, tan so se confirma que unha persoa deu positivo en covid-19.  O número total de test previstos a realizar no conxunto dos nove concellos da comarca neste estudo epidemiolóxico é de 755, pero a tendencia é clara e moito tería que variar, o que parece xa moi pouco probable, polo que se confirma que a circulación do virus na comarca foi moi baixo.

4, Maio 2020

Trátase dunha manifestación relixiosa e festiva única na nosa comarca, que abrangue dous domingos consecutivos, o segundo e terceiro do mes de Maio.

Unha tradición propia da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás, e consiste no intercámbeo das imaxes de Sta María de Xuvencos, que se leva ata a capela de Boborás, mentres que dende esta capela múdase a Sta. Isabel ata a igrexa parroquial, esto acontece o segundo domingo de Maio, mentres que ao seguinte cada imaxe en procesión regresa á súa respectiva ubicación.

Cada catro anos, esta Festa das Mudacións acolle a Danza de Xuvencos, unha das máis antigas de Galicia, pénsase que pode ter a súa orixe nas danzas gremiais da idade media.

Este ano, a crise sanitaria provoada polo covid-19 suspende a súa celebración. Por este motivo, a comisión de festas comunica a todas as persoas que colaboraron adquirindo rifas para o sorteo que estaba programado, que non se desfagan das mesmas, xa que continuarán tendo vixencia cando poida levarse a cabo este evento, o que se anunciará oportunamente.

4, Maio 2020

Resulta curioso que cando se lle pregunta ao alcalde en qué van a consistir esas axudas aos autónomos para os que di que hai 1.200.000 euros, diga que deberán ser áxiles. Non establece, porque non ten nin pajoleira idea os criterios de concesión, nin os procedementos nin nada. Están a cero tanto eles como os do PP, o tonto útil ao que meteron na pomada.

E veremos un lento e esperpéntico espectáculo nos plenos, e moitas fotos e titulares de prensa para anunciar as axudas sobre as que todavía non teñen un criterio de concesión, nin coñecen a contía individual porque adicaron estes dous meses a ir repartindo mascarillas cos Pepe Gotera y Otilio, repartos a domicilio.

A ver se Espazo en Común e BNG aportan un chisco de sentido común e aportan algo máis concreto porque se non esto vai ser as comedias.

4, Maio 2020

Tras catro feiras suspendidas pola crise sanitaria, as dúas de Marzo e as dúas de Abril, O Carballiño recuperará o seu ambiente de feira, aínda que de momento será en versión reducida, coa que terá lugar o próximo dia 16 deste mes de Maio, que coincidirá a día sábado no calendario da semana que ven.

Asi o confirmou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega "ese dia xa terémos ás pulpeiras, e xa estarán abertos aqueles locais de hostalaría que teñan terraza", aínda que o rexedor admite que "está aínda por verse en qué condiciós, porque as normas cambean dun dia a outro, e haberá que estudar as condicións concretas que van regular todo", subliñou.

Ademáis da presenza das pulpeiras, que ese día poderán regresar ás súas ubicacións habituais da feira, tamén o farán aqueles vendedores ambulantes que ofrezan productos do chamado mercado de próximidade, alimentación e agrogandeiros, fundamentalmente para venda de plantas de cultivo.

4, Maio 2020

O programa "Avanzando Xunto, Maside" conta co aval conxunto dos dous grupos que integran a corporación municipal, PSdeG-PSOE e Partido Popular.

O alcalde José Manuel Iglesias espera que con esta serie de medidas se manteña ou mesmo poida potenciarse  a actividade comercial e empresarial do municipio masidao.

As axudas tamén van dirixidas á familias que "por motivo do covid-19 viran afectado o seu emprego e os seus ingresos familiares.

Asi, desta maneira, poderá fraccionarse o pagamento do IBI e o imposto de circulacíón de vehículos, e poderá retrasarse o cobro de taxas municipais, como as de abastecemento de auga.

Ademáis exímese do pago de taxas por inactividade aos autónomos e o sector da hostalaría.

Precisamente, e no transcurso dunha reunión cos hostaleiros, os responsables municipais comunicáronlle que se suprime este ano a taxa por ocupación de vía pública, e ademáis concederáse permiso para ampliar ata o 100% a maiores a superficie da que poderán dispoñer, comprometendose o concello a realizar tarefas diarias de desinfección nas áreas ocupadas polas terrazas e as fachadas dos distintos locais da hostalaría masidá.

4, Maio 2020

Pequenas empresas, autónomos, comerciantes e a hostaleiros, asi as familias máis vulnerables á situación que vivimos, serán os destinatarios das axudas municipais que vai aportar o concello do Carballiño para paliar na medida do posible o golpe do Covid-19 para a economía local.

Asi o anunciou en COPE o alcade do Carballiño, unha vez rematada a Xunta de Portavoces celebrada esta mañá, "chegamos a un acordo de consenso, e incorporánse a este acordo distintas propostas feitas polos grupos".

Fumega avanzou que o concello destinará 1,2 millóns de euros a estas axudas que se adxudicarán segundo unhas bases que van regular esta convocatoria "un prego de bases que haberá que ultimar estes dias", para regular a concesión destas axudas.

A idea do rexedor municipal é poder convocar o pleno da corporación no que deberán aprobarse no transcurso da semana que ven "entre o martes e o mércores", dixo.

3, Maio 2020

Este luns dia 4 de Maio comeza a "Fase 0" da desescalada, que permite a apertura e atención ao público en establecementos comerciais e de hostalaría, baixo unhas normas que ven de publicar este domingo dia 3 de Maio o BOE.

No caso dos comercios autorízase a apertura a aqueles que teñan unha superficie menor de 400 m2, e limitando o aforo ao 30%, e no caso da hostalaría, con comida e bebida para levar a casa e nunca para consumir no propio local.

-Deberase garantir unha distancia mínima de dous metros entre clientes. Nos locais comerciais nos que non sexa posible manter dita distancia, permitirase unicamente a permanencia dentro do local dun cliente.

-Que se estableza un horario de atención con servizo prioritario para maiores de 65 anos.

-Todos os establecementos e locais que poidan proceder á reapertura ao público segundo o disposto neste capítulo, poderán establecer, no seu caso, sistemas de recollida no local dos produtos adquiridos, sempre que garantan unha recollida graduada que evite aglomeracións en interior do local ou o seu acceso.

Medidas de hixiene
-Os establecementos e locais que abran ao público realizarán, polo menos dúas veces ao día, sendo unha delas obrigatoriamente ao final do mesmo, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención a pomos de portas, mostradores e mesas ou outros elementos dos postos en mercadillos, mobles, pasamanos, máquinas dispensadoras, chans, teléfonos, perchas, e carros e cestas, así como billas e outros elementos de similares características.

Así mesmo, realizarase unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de quenda, con especial atención a mostradores e mesas ou outros elementos dos postos en mercadillos, biombos no seu caso, teclados, terminais de pago, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

-Nos establecementos comerciais nos que haxa ascensor ou montacargas limitarase o seu uso ao mínimo imprescindible, a ocupación máxima dos mesmos será dunha persoa, salvo que sexa posible garantir a separación de dous metros entre elas, ou naqueles casos de persoas que poidan precisar asistencia.

-Non se utilizarán os aseos dos establecementos comerciais por parte dos clientes, salvo no caso de que resultase estritamente necesario. Neste último caso, procederase de inmediato á limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta

Medidas de prevención para o persoal traballador
-Non poderán incorporarse aos seus postos de traballo nos establecementos comerciais os traballadores que no momento da reapertura do establecemento comercial estean en illamento domiciliario ou que, atópense en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

-O uso de máscaras será obrigatorio cando non poida garantirse a distancia de seguridade interpersoal de aproximadamente dous metros entre o traballador e o cliente ou entre os propios traballadores.

-A fichaxe con pegada dactilar será substituído por calquera outro sistema de control horario que garanta as medidas hixiénicas adecuadas para protección da saúde e a seguridade dos traballadores, ou ben se deberá desinfectar o dispositivo de fichaxe antes e despois de cada uso, advertindo aos traballadores desta medida.

-A distancia entre vendedor ou provedor de servizos e cliente durante todo o proceso de atención ao cliente será de polo menos un metro cando se conte con elementos de protección ou barreiras, ou de aproximadamente dous metros sen estes elementos.

Medidas relativas á hixiene dos clientes
O tempo de permanencia nos establecementos e locais será o estritamente necesario para que os clientes poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.

-Os establecementos e locais deberán poñer ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos

-Non se poderá poñer ao dispor dos clientes produtos de proba.

-Nos establecementos do sector comercial téxtil, e de arranxos de roupa e similares, os probadores deberán utilizarse por unha única persoa, despois do seu uso limparanse e desinfectarán. No caso de que un cliente próbese unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas para que a peza sexa hixienizada antes que sexa facilitada a outros clientes.

Medidas en materia de aforo
-Os establecementos e locais deberán expoñer ao público o aforo máximo de cada local e asegurar que devandito aforo, así como a distancia de seguridade interpersoal de dous metros respéctase no seu interior. Para iso, os establecementos e locais deberán establecer sistemas que permitan o reconto e control do aforo, de forma que este non sexa superado en ningún momento, e que deberá incluír aos propios traballadores.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS