6, Maio 2020

O Concello descarta peonalizar outras rúas de forma execepcional para o tempo que dure a desescalada, tal como pedía o Partido Popular, e para evitar aglomeracións durante os paseos autorizados á poboación durante o estado de alarma.

O concelleiro de tráfico e seguridade Manuel Sotelo dixo en COPE O Carballiño que analizáranse as distintas posibilidades na Xunta de Goberno e que, finalmente, optouse por peonalizar tres espazos a partir do próximo sábado dia 9, e coa idea de favorecer a mobilidade.

Faráse asi na Avenida do Arenteiro en toda a súa extensión, entre a rúa Astureses e a avda. do parque, ampliando asi a zona que xa é peonil neste vial que bordea o rio Arenteiro e o Parque Municipal, tamén será peonil a Praza da Alameda e a rúa Norte, asi como a rúa Aldara a partir da súa confluencia coa rúa Virtud, que convertirá en peonil a fronte da casa do concello. O horario diario de peonalización será de 20 a 24 horas, e os sábados dende o mediodia.

 

6, Maio 2020

Todo estaba preparado, incluido o operativo organizativo por parte do concello de San Cristovo de Cea, efectivos da Garda Civil, Protección Civil e persoal do concello, agardaron sen éxito que chegaran os vendedores ambulantes para organizar o mercado según a nova normativa, pero non se presentou ningún.

"O caso é que sí o fixeron numerosas  persoas, viase movemento de posibles clientes" comentou en COPE o concelleiro José Dalama.

Quen sí se presentou foi a polbeira que acude cada dia de feira á Cea "a víase que a xente xa tiña gañas de pulpo, pola afluencia que podia verse para levar ó pulpo á casa", dixo o concelleiro.

5, Maio 2020

Volve o provincianismo, estamos asistindo ó reforzo do estado centralista e centralizado en Madrid.

Unha especie de estado de excepción disfrazado de paternalismo, o Estado das Autonomias queda para dar tabaco, menos mal que algún dos que se senta no consello de ministros saltándose a cuarentena (eu estou por riba da lei, eu son a lei) era federalista, calquera dia e a calquera hora volverá selo, pero agora non toca.

Non é tempo para levantar á voz nin criticar nada, que logo eres un enemigo e podes ser culpable de miles de mortos, é momento de aplaudir e non perder o tempo en nada máis que non sexa estudar as fases e subfases da desescalada, ou botar o dia guasapeando intermunicipalmente ou incluso interprovincialmente, e agora ata podemos saír a dar un paseo, que bueno que es este gobierno “querido pueblo, por lo bien que os habéis portado ya podeis salir de casa a dar un paseíto una horita al dia, podeis llevar vuestra bicicleta ó patinete”

So facémos queixarnos, nunca estamos conforme con nada, nin xiquera con estes gobernantes que nos levan a mascarilla de regalo ó traballo ou á estación en versión urbana, ou á casa en versión máis rural e enxebre.

¿Qué máis queremos? Xa o decía miña nai, hai moito vicio.

5, Maio 2020

Os dias 6 e 22 de cada mes son de mercado na vila dos fornos, e foron 3 os mercados que non poideron celebrarse dende que se declarou o estado de alarma, o segundo do mes de Marzo e os dous do mes de Abril.

Este mércores 6 de Maio e trala autorización feita pola Xunta de Galicia, coincidindo ademáis neste caso coa fase 0 da desescalada, os postos do mercado de próximidade volven ocupar a Praza Maior de Cea, eso si, tan so poderán instalarse os vendedores de productos de alimentación e agrogandeiros.

O concelleiro José Dalama explicou en COPE O Carballiño que "as normas son moi concretas, e xa estivemos estudando tanto coa Garda Civil de Cea como con Protección Civil sobre o terreo a organización, xa que os postos terán que estar a unha distancia mínima de 6 metros unhos fronte a outros e cunha franxa lateral de 4 metros entre postos, dispostos en forma de triángulo equilátero".

Os postos de máis de dous metros poderán ser atendidos por dúas persoas, terán que utilizar luvas e as demáis medidas de seguridade e hixiene, igual que os clientes.

O de Cea é o primeiro mercado en celebrarse na nosa comarca dende que se declarou a alerta sanitaria.

5, Maio 2020

A concellería de Medio Ambiente comezou este pasado luns un programa de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.

Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos traballos de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou no entorno da Piscifactoría e que nos próximos días proseguirá polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque Municipal, que son os lugares de maior afluencia dende que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia polo Covid-19.

Está previsto que esta semana quede rematado o desbroce do entorno da Piscifactoría, así como das beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque Municipal.

4, Maio 2020

Os datos son relevantes polo volume de test realizados xa na comarca, 82 nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea que forman parte do SAP de Coles, e os 468 no SAP do Carballiño, que agrupa aos centros de saúde de Punxín, Maside, San Amaro, Boborás, O Irixo, Beariz e O Carballiño.

Tras realizarse polo tanto un total de 550 test neste estudo de seroprevalencia do Sergas, tan so se confirma que unha persoa deu positivo en covid-19.  O número total de test previstos a realizar no conxunto dos nove concellos da comarca neste estudo epidemiolóxico é de 755, pero a tendencia é clara e moito tería que variar, o que parece xa moi pouco probable, polo que se confirma que a circulación do virus na comarca foi moi baixo.

4, Maio 2020

Trátase dunha manifestación relixiosa e festiva única na nosa comarca, que abrangue dous domingos consecutivos, o segundo e terceiro do mes de Maio.

Unha tradición propia da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás, e consiste no intercámbeo das imaxes de Sta María de Xuvencos, que se leva ata a capela de Boborás, mentres que dende esta capela múdase a Sta. Isabel ata a igrexa parroquial, esto acontece o segundo domingo de Maio, mentres que ao seguinte cada imaxe en procesión regresa á súa respectiva ubicación.

Cada catro anos, esta Festa das Mudacións acolle a Danza de Xuvencos, unha das máis antigas de Galicia, pénsase que pode ter a súa orixe nas danzas gremiais da idade media.

Este ano, a crise sanitaria provoada polo covid-19 suspende a súa celebración. Por este motivo, a comisión de festas comunica a todas as persoas que colaboraron adquirindo rifas para o sorteo que estaba programado, que non se desfagan das mesmas, xa que continuarán tendo vixencia cando poida levarse a cabo este evento, o que se anunciará oportunamente.

4, Maio 2020

Resulta curioso que cando se lle pregunta ao alcalde en qué van a consistir esas axudas aos autónomos para os que di que hai 1.200.000 euros, diga que deberán ser áxiles. Non establece, porque non ten nin pajoleira idea os criterios de concesión, nin os procedementos nin nada. Están a cero tanto eles como os do PP, o tonto útil ao que meteron na pomada.

E veremos un lento e esperpéntico espectáculo nos plenos, e moitas fotos e titulares de prensa para anunciar as axudas sobre as que todavía non teñen un criterio de concesión, nin coñecen a contía individual porque adicaron estes dous meses a ir repartindo mascarillas cos Pepe Gotera y Otilio, repartos a domicilio.

A ver se Espazo en Común e BNG aportan un chisco de sentido común e aportan algo máis concreto porque se non esto vai ser as comedias.

4, Maio 2020

Tras catro feiras suspendidas pola crise sanitaria, as dúas de Marzo e as dúas de Abril, O Carballiño recuperará o seu ambiente de feira, aínda que de momento será en versión reducida, coa que terá lugar o próximo dia 16 deste mes de Maio, que coincidirá a día sábado no calendario da semana que ven.

Asi o confirmou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega "ese dia xa terémos ás pulpeiras, e xa estarán abertos aqueles locais de hostalaría que teñan terraza", aínda que o rexedor admite que "está aínda por verse en qué condiciós, porque as normas cambean dun dia a outro, e haberá que estudar as condicións concretas que van regular todo", subliñou.

Ademáis da presenza das pulpeiras, que ese día poderán regresar ás súas ubicacións habituais da feira, tamén o farán aqueles vendedores ambulantes que ofrezan productos do chamado mercado de próximidade, alimentación e agrogandeiros, fundamentalmente para venda de plantas de cultivo.

4, Maio 2020

O programa "Avanzando Xunto, Maside" conta co aval conxunto dos dous grupos que integran a corporación municipal, PSdeG-PSOE e Partido Popular.

O alcalde José Manuel Iglesias espera que con esta serie de medidas se manteña ou mesmo poida potenciarse  a actividade comercial e empresarial do municipio masidao.

As axudas tamén van dirixidas á familias que "por motivo do covid-19 viran afectado o seu emprego e os seus ingresos familiares.

Asi, desta maneira, poderá fraccionarse o pagamento do IBI e o imposto de circulacíón de vehículos, e poderá retrasarse o cobro de taxas municipais, como as de abastecemento de auga.

Ademáis exímese do pago de taxas por inactividade aos autónomos e o sector da hostalaría.

Precisamente, e no transcurso dunha reunión cos hostaleiros, os responsables municipais comunicáronlle que se suprime este ano a taxa por ocupación de vía pública, e ademáis concederáse permiso para ampliar ata o 100% a maiores a superficie da que poderán dispoñer, comprometendose o concello a realizar tarefas diarias de desinfección nas áreas ocupadas polas terrazas e as fachadas dos distintos locais da hostalaría masidá.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS