
Consulta aquí toda a normativa do Ministerio de Sanidade para as catro fases de transición que terá a desescalada para a volta á nova normalidade.
Para acceder ao documento descarga o arquivo adxunto:

O Partido Popular recorda os disitntos pasos do chamado plan de desescalada anunciado polo Goberno de España prevé para a hostalería, na FASE 1, que comeza o 11 de maio, autoriza a “apertura de terrazas: limitarase ao 30% das mesas permitidas na os anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias. Poderían ter maior número de mesas si o Concello permite máis espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 30% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.”
E esta situación cambeará na denominada FASE 3 que vai desde o 10 de xuño ata o 24 de xuño, que pasa a dicir o seguinte:
“En terrazas: limitarase ao 50% das mesas permitidas na os anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias. Poderían ter maior número de mesas si o Concello permite máis espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 50% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.”
Sendo que a partir de 24 de xuño, aínda está por determinar cal será a situación definitiva na que quedarán as terrazas, na denominada NOVA NORMALIDADE.
Ante isto, o Concello do Carballiño -manifesta o Partido Popular- debería de reflexionar sobre esta circunstancia e na medidas das súas posibilidades facilitar que o sector da hostalería poida empezar a funcionar aínda que sexa baixo mínimos, para non caer en picado no desemprego, a desesperación ou mesmo no peche definitivo. Durante o período que dura a desescalada, o certo é que a cantidade de persoas circulando polas rúas do pobo será moi inferior á habitual, do mesmo xeito que a circulación en vehículos, polo que non é desatinado pensar que transitoriamente se poida facer unha excepcionalidade na ocupación de espazo público para que ese 1/3 inicial ou ese 50% da fase 3, sexa suficiente para garantir a apertura dos establecementos.
Según propoñen os populares, poderíanse levar adiante moitas iniciativas como a peonalización de tramos de vías públicas, ocupación de prazas, ocupación de aparcamentos, etc e todo iso, por suposto de forma excepcional e mentres dure esta situación.
Recordan dende o Parito Popular que aínda están sen informar e moito menos sen comunicar aos titulares destas actividades as autorizacións pertinentes para a tempada estival que xa tiñan que estar desde o sábado de semana Santa, tendo en conta que se meteu o estado de alarma polo medio.
Ante isto, desde o Grupo Municipal do Partido Popular, solicitan a convocatoria urxente da COMISIÓN ESPECIAL DE TERRAZAS, para a toma de decisións oportunas e comunicar a cada local de hostalería aquilo que lles sexa máis che conveniente, e todo isto de forma excepcional e temporal mentres non se teña máis información sobre como será contemplado o escenario de NOVA NORMALIDADE.
Supoño que alguén no concello percataríase, que se o tractor que desinfecta as rúas é capaz de botar 100 litros a hora, por poñer un exemplo, non e o mesmo que faga 40 quilómetros ou 5. Pola miña rúa que ten unhos cen metros pasou en apenas 4 segundos.
Digo eu que un poco mais a modo faría mellor traballo.
Por outra banda, fai un mes desinfectaron os contenedores, non volveron.

A desescalada progresiva constará de catro fases no global do territorio español aínda que non todas as provincias chegarán a elas da mesma forma, en principio na nosa comarca igual que na provincia de Ourense e o resto de Galicia comezarémos a fase 1 o vindeiro dia 11 de Maio, antes completarémos a fase 0, que é a preparación, e na que xa nos atopamos e que permitirá novas actividades a partir do próximo lúns dia 4 de Maio. Acometeráse por provincias.
Se todo vai ben entrariamos na fase 2 o 25 de maio e a fase 3 o dia 8 de xuño.
A Fase 0, contempla a xa en vigor recentemente aprobada medida para os menores ou a proxectada para o próximo 2 de maio de saídas e exercicios individuais dos adultos, A partir do dia 4 de Maio abriranse algunhas actividades económicas, por exemplo, a apertura de locais e establecementos con cita previa para a atención individual dos clientes, a apertura de restaurantes con servizo de comida para poder levar a domicilio, sen consumo no local. O servizo, está claro, deberá prestarse coa máxima protección individual. Ao longo desta fase 0, vai intensificarse a preparación de todos os locais públicos con sinalización e medidas de protección para preparar o comezo do seguinte paso.
A Fase 1 ou fase inicial, iniciarase o 11 de maio e permitirá o inicio parcial de certas actividades como a apertura do pequeno comercio baixo condicións estritas de seguridade, excepto os centros ou grandes parques comerciais, onde son máis probables as aglomeracións e increméntase máis a mobilidade para desprazarse ata eles; en restauración, a apertura de terrazas con limitacións de ocupación ao 30%; en hostalería, a apertura nesta fase primeira de hoteis e tamén aloxamentos turísticos excluíndo zonas comúns e con determinadas restricións que serán expostas na consecuente Orde por parte do Ministerio de Sanidade. Na apertura de locais na fase 1 incluirase un horario preferente para maiores de 65 anos, que son o colectivo máis vulnerable ao COVID-19. No sector agroalimentario e no sector pesqueiro renovaranse as actividades sobre as que se mantiñan restricións. Os lugares de culto poderán abrir limitando o seu aforo a un terzo. No ámbito deportivo tan so se autorizan as actividades deportivas de carácter profesional. No caso do transporte público, o uso da máscara estará altamente recomendado en todas as fases incluída a nova "normalidade".
A Fase 2 é a fase intermedia: se se cumpren as condicións e os marcadores estipulados, en restauración, abrirase o espazo interior dos locais cunha ocupación dun terzo do aforo e garantías de separación e só para servizo de mesas e esta fase iniciaríase, como moi pronto, o 25 de maio. Aínda que o curso escolar comezará en setembro, nesta fase II existen algunhas excepcións para reabrir centros educativos con tres propósitos: as actividades de reforzo, garantir que os nenos menores de seis anos poidan acudir aos centros no caso de que ambos os pais teñan que traballar presencialmente e para celebrar a EBAU. Renovarase a caza e pesca deportiva. E en canto ao lecer e a cultura, reabriranse os cinemas, teatros, auditorios e espazos similares con butaca preasignada e unha limitación de aforo dun terzo. Tamén serán posibles nesta fase as visitas a monumentos e outros equipamentos culturais como salas de exposicións e salas de conferencias cun terzo do seu aforo habitual. E poderanse celebrar actos e espectáculos culturais de menos de 50 persoas en lugares pechados cun terzo do aforo; e se é ao aire libre serán posibles cando congreguen a menos de 400 persoas, a condición de que sexa sentado. Os lugares de culto deberán limitar o seu aforo ao 50% nesta segunda fase.
A Fase 3 é a fase avanzada e terá lugar, como moi pronto, o 8 de xuño sempre e cando a provincia que cumpra os requisitos e que sigan vendo a redución da impregnación do virus. Nesta fase, a última ata recuperar a "nova normalidade", flexibilízase a mobilidade xeral, aínda que se manterá a recomendación do uso da máscara fose do fogar e nos transportes públicos. En canto ao ámbito comercial, limitarase o aforo ao 50% e fixarase unha distancia mínima de 2 metros. Na actividade vinculada coa restauracion, suavízanse algo máis as restricións de aforo e ocupación, aínda que se manteñen estritas condicións de separación entre o público.
Sorprendeme que sigan indo polas casas a levar as mascarillas. Levo sen ver a meu pai máis dun mes, pero como me diga que lle foi pola casa algún concelleiro, que sepa que ten Unha denuncia no xulgado, e non falo por falar. Sólo aviso, logo que non digan que non están avisados. Boas tardes

O Grupo Popular no concello do Carballiño pide axilidade ao grupo municipal de goberno para "implantar medidas urxentes para saír da crise social e económica na que estamos metidos por causa do COVID19" e mostra a súa preocupación "pola tardanza da sesión plenaria para darlle a aprobación do redactado e pactado entre PP e PSOE do PLAN DE MEDIDAS DE IMPULSO SOCIOECONOMICAS COVI19 que mobilizaría en total 2.168.480 € e cunha primeira fase xa programada de 1.518.480 € dos cales 797.520 € son de orzamento e 720.960 € son de Remanente de Tesourería, toda vez que estas partidas non se poderán usar ata pasados 15 días hábiles dende que se publique a súa aprobación no BOP, e este pode situarnos a mediados de maio, no mellor dos casos", expoñen.
Os populares entenden que "xa se debería de ir avanzando con axilidade na procura de que dada euro asignado sexa garantido no seu obxectivo, e así, fai falta ir mantendo reunións con responsables de Cáritas, Cruz Vermella, Agrupación de voluntarios de Protección civil, Anpas, Praceiros, Asociacións como CCAA ou polígono industrial e moi especialmente organizar o departamento de Servicios sociais ou administración para a tramitación das propias axudas que o Concello pon en favor dos autónomos, familias e persoas afectadas por esta crise".
E como tamén urxente debe ser -manifestan- a convocatoria da MESA LOCAL DE COMERCIO "que se pode facer por medio de calquera das plataformas online que existen nas redes sociais e nela convocar tanto ao CCA Carballiño, praceiros e Asociación de Empresarios do polígono, para tratar en concreto os temas relacionados con eles e así poder poñer en marcha entre outras a PLATAFORMA ONLINE DO COMERCIO LOCAL que terá que ser desenrolado polo CCA Carballiño, como nos sinalan desde os servizos técnicos do Concello"
E mesmo propoñen dende o Partido Popular que se valore favorablemente a incorporación a este plataforma dos demais comercios e negocios dos concellos da comarca.
"Tamén nesa mesa local de comercio se debería de presentar por parte do Concello os criterios de subvención a autónomos e familias que nesta primeira fase será de 250.000 € e ampliables a outros 650.000 € que tamén están consensuados pois forman parte do mesmo proxecto", remarcan.
Finalmente, manifestan dende o Partido Popular que continúan "ocupados en facer propostas realistas e chegar a acordos que de verdade desexamos que sexan unánimes para demostrar que sairemos todos xuntos desta, senón que tamén seguimos preocupados por ver como estas propostas consensuadas tardan en arrancar".

Trátase dunha convocatoria literaria coa que o concello de Maside da a oportunidade a todos os nenos e nenas de ata 14 anos do municipio ou alunmos do CPI Terras de Maside, ainda que residan noutros concellos, para que expresen nun relato "como están pasando estes dias, que fan, en qué pasan o seu tempo, que sinte, cómo viven e como está sendo a experiencia de volver ás ruas".
Poderán contar coa colaboración das súas familias "pode ser un traballo en equipo, no que nos fagan chegar as súas experiencias", achegando os traballos antes das 14 horas do dia 29 de Maio, podendo achegarse por correo postal dirixido ao concello de Maside ou por via telemática no correo. cultura@concellodemaside.gal
Os relatos deberán ter un tamaño mínimo de duas páxinas (A4) e máximo de cinco, e poderán acomparñarse dun debuxo, e deberán remitirse achegando os datos do autor, con nome, apelidos e idade dos relatores.
Con todos os traballos recibidos procederáse a facer unha publicación nun libro recopilatorio e na páxina WEB do concello de Maside, do que recibirán un exemplar os participantes nesta convocatoria, asi como un agasallo.
Despois de escoitar onte a Fumega non decindo nada, ven hoxe Dacal decindo que o resto dos políticos non deberían estar na política, que a Festa do Pulpo é o 80% da economía carballiñesa, e que eles están visitando a todos os veciños porque o ´persoal do Concello non chega a todos.
Mira Dacal, é posible que ti creas que eres o máis listo do teu portal, pero comezas a insultar ás persoas cando lles dis que esto non é unha broma. Xa o sabemos. Tes que decirlle que esto non é unha broma aos imbéciles que saen na tele decindo que cando se poñen as mascarillas o de adiante pra diante e o de atrás para atrás, si, o ministro astronauta e o Simón.
Mira, antes de decir que os demáis políticos non deberían estar na política pensa no teu e reflexiona. Hoxe dis que o pulpo é o 80% da economía carballiñesa. Xa dixeras que as pallozas da pena dos namorados era un motor importante da economía carballiñesa, e calquer disparate ou ocurrencia que che ven á mente sóltalo por esa boquita de piñón.
Ten un chisco de vergoña e non sexas tan prepotente, porque non fas máis que decir disparates
Escoito a cope todos os días e estou moi indignada . Onte chamou unha señora para queixarse do reparto do señor Dacal .Pois é verdade, onda miña nai tamén foi, seica non entraba no listado por pouco pero bueno.... que lla deixaba igual
E logo se non a ten la lista pa que lle peta na porta? Podese saber? Porque eu vou levarlle a compra e mascarilla xa teño? Que lle vai vender?
Non dixo o Fumega que as mandaban por correo? Que fai este home petandolle na porta a miña nai??
E ainda pa mais vai ahí o a radio a chamarlle mentirosos os veciños. Home! Os veciños non son os mentirosos . Os das mentiras sodes vos! Os politicos!
Alcalde Fumega teña conta dos seus. E que dios queira que non lle trouxera o virus.

A Subdelegación do Goberno informou á Policia Local que a sucursal do Banco Santander na Praza dos Irmáns Prieto volverá abrir a diario para a atención ao público, a partir deste mércores dia 29 de Abril.
A Policia Local carballiñesa remitira á Subdelegación o xoves da pasada semana un escrito no que poñia en coñecemento do órgano gubernamental ó risco para a seguridade sanitaria provocada pola acumulación de clientes no exterior da sucursal, que durante o estado de alarma e ata agora so viña abrindo dous dias á semana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- …
- seguinte ›
- última »