24, Abril 2020

A Policia Local do Carballiño remitíu á Subdelegación do Goberno un escrito no que informa da situación que afecta á única sucursal que mantén activa o Banco Santander no Carballiño, que ademáis reducíu o seu horario de atención ao público a tan so dous dias á semana.

No informe remitido á Subdelegación, A Policia Local advierte da acumulación de púbico e as longas colas que se derivan desta situación, considerando que poden representar un perigo para a seguridade sanitaria das persoas, e aos efectos de que se adopten ou ordenen as  medidas que procedan dentro da normativa do estado de alarma.

23, Abril 2020

Dous internos da Residencia Irmáns Prieto do Carballiño deron positivo en coronavirus nas probas masivas realizadas a pasada fin de semana por por parte do Sergas nas propias dependencias da residencia.

Dase a circustancia que ambos recibiron semanas atrás atención hospitalaria no CHUO, e desde o seu regreso ao asilo permanecen illados do resto dos residentes, e desta maneira continúan en permanente observación médica. 

Tanto o persoal como o resto dos residentes,170 en total, deron negativo, igual que a comunidade de relixiosas.

23, Abril 2020

A selección aleatoria foi realizada polo Instituto Galego de Estatística entre persoas de todos os tramos de idade, que serán chamadas dende o seu centro de saúde para participar voluntariamente neste estudo de seroprevalencia que se realiza en toda Galicia, deseñado pola Consellería de Sanidade para coñecer a incidencia do Covid 19 entre a poboación.

Abrindo o arquivo adxunto podes ver o número de persoas que van ser chamadas dende o teu respectivo centro de saúde:

23, Abril 2020

Eu nunca fun nin de pachi nin de ninguén, fun do sentido común, ou polo menos do que eu entendo por sentido común, e pra mín a actuación de Espazo é axeitada. É agora cando estamos a tempo, cando hai que facer as críticas constructivas á dubidable xestión do Concello, na que tan só vexo afán de protagonismo dos concelleiros Diego e Dacal, moitas veces poñendo en risco a seguridade das persoas ás que visitan.

Pra o rollo ese de non é o momento, xa temos ao Goberno de España, que emprega a Guardia Civil pra mininmizar as críticas convertíndoa nunha especie de Gestapo ao servizo dos socialistas e dos comunistas de Podemos. Así quizáis non nos enteramos de que mercaron por dúas veces test falsos ao triple do seu valor de mercado, e unha empresa intermediaria fixo o agosto. Quizáis así non nos enteremos de que repartiron entre os sanitarios mascarillas fake a sabiendas de que eran fake, que somos o país con maior taxa de mortandade por millón de habitantes, ETC...

Os de Espazo foron os primeiros en plantexar que se adicasen uns cartos pra loitar contra a depresión económica que se aveciña, e agora o goberno municipal  quere mantelos fora pra levarse as medallas coa coperación do PP. A oposición está pra facer oposición, e cando esta é constructiva mellor. E neste caso penso que é absolutamente constructiva e axeitada.

Eu votaba os populares pero se Espazo Común segue nesta liña, contade co meu voto e algúns máis.

23, Abril 2020

son dos que nas últimas elección votou a espazo común...son moi de pachi e pensaba que sería bo. pero esta temporada estame dando vergoña ver a actuación do seu partido...día tras día con protestas, comunicados, panfletadas e veña a botar merda sobre o actual alcalde e o seu partido...non é agora o momento de iso, do pp xa o esperaba pero a decepción con espazo común é moi grande...xa haberá tempo de pedir explicacións non agora tal como está todo. o dito, perderon un votante

23, Abril 2020

O Partido Popular mostra a súa satisfacción polo acordo alcazado co alcalde Francisco Fumega e que onte anunciou o concello, e no que se recollen as distintas modificacións do orzamento municipal que farán posible destinar un millón de euros para axudas á reactivación da economia local tras a crise sanitaria.

O portavoz dos populares no concello carballiñés, Ricardo Perea, mostrou o seu apoio a este acordo no que estívose traballando no transcurso das últimas semanas, non obstante lamentou que o acordo non sexa de consenso cos outros grupos da oposición "é algo que nos gustaría que houbese sido, pero non é responsablidade nosa", subliñou.

Mentres, Espazo Común demanda "transparencia e diálogo ao alcalde Fumega nas medidas que se tomen" e considera insufiente o anuncio feito polo concello e acusan ao rexedor municipal "dun absurdo e sectario comportamento cando xusto a sociedade o que máis demanda son máis acordos, máis diálogo e máis unión".

Pola súa parte, o BNG insiste na petición de que se convoque un pleno extraordinario da corporación municipal para abordar todas as medidas posibles para adaptar  o orzamento á nova realidade derivada da crise sanitaria.

Nos arquivos adxuntos podes ver tanto o documento que recolle o acordo co Partido Popular como o comunicado emitido por Espazo Común:

23, Abril 2020

Máis de medio centenar de clientes do Banco Santander no Carballiño, a maioria persoas maiores, madrugaron esta mañá de xoxes para agardar a apertura da sucursal bancaria na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, pero a pesar do madrugón non poideron evitar ter que facer unha moi longa cola, que seguíu sendo unha constante no transcurso da Mañá.

Horas de espera, na rúa, de pe e ao frio, mentres a entidade bancaria continúa abrindo tan so dous dias á semana, a pesar do gran volumen de actividade que ten nesta sucursal carballliñesa, o que está provocando un grave perxuizo para entre os seus clientes que, en gran número, volven mostrar o seu malestar polo trato que están recibindo, agravado dende que se decretou o estado de alarma.

Ademáis, a actitude da entidade bancaria constitúe un agravio inexplicable co Carballiño, xa que mentres esto acontece no Carballiño, reducindo a atención ao público baixo mínimos, non sucede o mesmo noutras localidades, por exemplo en Lalín, onde o Banco Santander conta con dúas sucursais, unha delas abre tamén dous dias á semana pero a outra mantén inalterable o seu horario diario de atención ao público.

 

23, Abril 2020

Pidese a colaboración o Ayuntamiento que miré de falar con quen corresponda ,,,, pará arreglar o do Banco Santander as 8 da maña 40 personas sendo a maioria personas mayores o frío sin poder sentarse ect,,,,unha vergüenza que non descutan temas de política que non estamos en eleccions ,,,, que miren polo pobo eso sí poden ser mais que contagios tantos maiores xuntos. Unha vergonza.

22, Abril 2020

O gaiteiro carballiñés Isidro Vidal comezou a corentena compoñendo música e compartindo estas partituras de balde na rede diariamente, recordando así aquel proxecto de composición diario #composicion365 que realizou en 2018 acadando cifras próximas ás 100.000 descargas.

Seguindo co prolongamento do estado de alarma, realizou 15 videoclips con cancións tradicionais sacadas do contexto estético musical habitual, coas súas variacións e arranxos, que bautizou coma #desbrocetradicional. As grandes cifras de cota de descargas e visualizacións, o levaron a comezar a semana pasada unha serie de workshops gratuítos que realizará durante durante este mes cada venres.

As actividades culturais e gratuítas non so quedan en producións propias, senón que este sábado estará participando no I festival online solidario «Quedo, que teño que quedar», organizado dende Madrid por integrantes do grupo de música tradicional galega Os Sibailas, no que interpretará diferentes pezas do seu repertorio para loitar contra o Covid-19. Este festival solidario conta cunha entrada sen prezo fixo non obrigatoria, que será destinada integramente a Médicos Sen Fronteiras para a loita contra o coronavirus.

O festival realizarase no grupo de facebook «debates gaiteiriles e demais cousiñas» onde Isidro Vidal actuará ás 16.30h.

Páxina da recadación do festival: https://iniciativassolidarias.msf.es/fundraisers/musica-folkcontra-el-co...

22, Abril 2020

No caso da comarca do Carballiño, algo máis de 700 veciños e veciñas serán chamados dende este xoves 23 de Abril e no transcurso das próximas semanas para realizar o test o estudo galego de seroprevalencia que vai levar a cabo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través do Servizo de Atención Primaria.

No ámbito comarcal, os concellos de Piñor e San Cristovo de Cea forman parte da área de Atención Primaria de Coles, en ambos os dous concellos serán chamadas 90 persoas para realizar o test, mentres que algo máis de 600 persoas serán residentes nos concellos do Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Beariz, Boborás e O Irixo, todo eles formando parte do Servizo de Atención Primaria do Carballiño.

O IGE foi o encargado de facer unha selección aleatoria da poboación que vai ser chamada, na que figuran titulares e suplentes, e na que tiveronse en conta os tramos de idade e a poboación de cada concello. 

A proba consiste nunha extracción de sangue de forma convencional, da que se extraerán os resultados que se coñecerán neste estudo de seroprevalencia SARS-COV-2 entre a poboación galega.

A participación nesta proba é voluntaria e os resultados serán confidenciais.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS