27, Abril 2020

Pouco antes das municipais o PP aprobaba os orzamentos de Fumega, pasadas ás eleccións o PP queixábase das subvencións discrecionais de Fumega e as calificaba de electoralistas. Non o pensou antes?

Agora Espazo Común é o primeiro que move ficha e plantexa a necesidade de dotar unhos cartos pra atacar a terrible crise que ven. Para elo deseña un programa realista e sostible.  Fumega interpreta que o único rival político é Espazo Común, prescinde deles e conta co PP como tonto útil que sempre fai de convidado de pedra nos intereses e as estratexias do PSOE. E xunto co PP quere deseñar un programa moito máis cativo, moito máis improvisado, e o PP di que sí sen tan siquera analizar qué é o mellor para os veciños.

O PP vai seguir sendo sempre o tonto útil do PSOE?

É máis importante para o PP ser o tonto útil do PSOE que analizar os verdadeiros desafíos desta crise pra poñerlles solución??

Temos que ser os votantes do PP os que fagamos oposición porque os representantes do PP son incapaces?

A política do PP limítase a pasear Baltares e Feijóos?

Agradecería algunha resposta de algún representante do PP se é que non están demasiado ocupados facendo de florero do PSOE ou preparando as visitas dos citados

 

27, Abril 2020

Asi o anuncio en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, o concello do Carballiño xa traballa nun modelo alternativo para a festa do pulpo que, ademáis neste ano 2020, agardaba a declaración de festa turística de interese internacional.

Aceptando que pouco terá que ver a convocatoria deste ano coa festa do pulpo multitudinaria tal como a coñecemos, os responsables municipais xa se puxeron á tarefa de buscar un modelo festivo que poida alomenos salvar a promoción e difusión que para O Carballiño supón cada ano a súa celebración.

"Temos que acertar na idea, na que xa estamos traballando, e para elo contarémos coa colaboración dos pulpeiros, hostaleiros e comerciantes, para que siga sendo agosto unha data referencial para O Carballiño, e que ese dia o pulpo estea presente en todos os fogares do Carballiño e Comarca, habilitarémos un servizo de reparto", desvelou o alcalde.

E engadíu "será unha festa do pulpo próxima ao virtural pero coa tallada de pulpo no prato, e xa irémos vendo conforme vaia evolucionando a situación", dixo Fumega.

Precisamente, o concello de Ribadavia ven de anunciar a celebración da "Feira do Viño do Ribeiro Virtual", en sustitución do evento que este ano non pode celebrarse como consecuencia do estado de alarma.

27, Abril 2020

Os tres grupos da oposición municipal, e mesmo Podemos que non conta con representación na corporación, apuran ao alcalde do Carballiño para que non demore máis a convocatoria do pleno corporativo, que deberá proceder a resolver as alegacións presentadas á aprobación inicial do orzamento.

Fumega avanzou en COPE O Carballiño que  a convocatoria faráse para a semana que ven, e antes reuniráse a comisión, unha vez que o concello teña a punto os medios tecnolóxicos para a celebración do que será o primeiro pleno telemático na historia municipal carballiñesa "esta mañá estivemos facendo algunhas probas e aínda hai que seguir perfeccionando o sistema que imos implementar para que poida celebrarse este pleno", manifestou o rexedor.

"A idea é que o consenso sexa o maior posible"  dixo Fumega, en relación o anuncio feito a pasada semana para adaptar o orzamento á nova realidade, habilitando un millón de euros para axudas á reactivación da economia local, tras acadar un principio de acordo co Partido Popular.

O resto dos grupos veñen instando ao alcalde a que proceda á convocatoria do pleno sen máis esperas. Dende Espazo Común volvían esta mañá insistir nesta petición, igual que xa fixeron BNG e Podemos "urxe acometer esta tarefa pois o que precisan agora mesmo as familias, autónomos e pequenas empresas son certezas e seguridade, non xestos cara a galería baleiros de contido real", apuntan desde o grupo munlcipal de Espazo Común.

26, Abril 2020

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea, cun investimento de máis de 4,8 millóns de euros.

O Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ven de acrodar o inicio do cómputo do prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación xa licitada, pero afectada pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos unha vez declarado o estado de alarma.

A resolución, que ven de pubicarse na plataforma de contratos públicos Xunta, indica que as empresas interesadas na execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o 20 de maio. No caso do contrato do servizo de control e vixilancia, o prazo finaliza o 11 de maio. O obxectivo da axilización nos trámites administrativos é poder executar a intervención durante este ano e en condicións meteorolóxicas axeitadas.

A actuación, cun prazo de execución de seis meses, desenvolverase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada.

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levarán a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

25, Abril 2020

Un total de 2.362 nenos e nenas poderán sair a partir deste domingo do seu confinamento no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño, dacorde co padrón de habitantes de cada municipio, xa que esa é cantidade de menores de 14 anos.

Deles, a maioria, 1.550 residen no municipio do Carballiño e o resto, 812 repártense entre os oito concellos restantes. Depois do Carballiño, onde máis nenos sairán este domingo do confinamento é no concello de Maside, conta con 252 menores de 14 anos, seguido de Boborás con 184, e San Cristovo de Cea con 108 menores de 14 anos. Completan a relación San Amaro con 69, O Irixo con 66, Piñor con 53, Beariz con 43 e Punxín, con 37.

Noutros concellos do noso ámbito temos en Leiro 101 menores de 14 anos, 93 en Avión e 54 en Cenlle.

BOE: QUEN, COMO E CANDO SAÍR

OS NENOS "MENORES DE 14 ANOS" PODERÁN DAR UN PASEO DIARIO DESDE As 9.00 HORAS DESTE DOMINGO ACOMPAÑADO A UN ADULTO E PODERÁN PASEAR POLAS ZONAS VERDES QUE ESTEAN A UN QUILÓMETRO DA súa CASA, ADEMAIS O ADULTO RESPONSABLE QUE LLES ACOMPAÑE PODERÁ SER UN EMPREGADO DO FOGAR CON AUTORIZACIÓN.

Así o especifica a orde que o Ministerio de Sanidade publicou este sábado 25 de abril e que entra en vigor mañá e estará vixente en caso de sucesivas prórrogas. A orde especifica que se entenderá por nenos e nenas as persoas "menores de 14 anos".

Con todo, o Ministerio de Sanidade aclarara esta semana que os paseos inclúen aos menores de 14 anos. Nas súas distintas comparecencias o ministro de Sanidade, Salvador Illa, referiuse a "menores de 14 anos". Con todo, o vicepresidente de Dereitos Sociais, Pablo Iglesias, falou de "menores de ata 14 anos". Deste xeito, a orde habilita aos nenos e nenas, e a un adulto responsable, a circular polas vías ou espazos de uso público, a condición de que se respecten os requisitos establecidos para evitar o contaxio.

Dita circulación queda limitada á realización dun paseo diario, de máximo unha hora de duración e a unha distancia non superior a un quilómetro con respecto ao domicilio do menor, entre as 9:00 horas e as 21:00 horas.

A orde especifica que non poderán dar paseos os nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.

DISTANCIA DE POLO MENOS DOUS METROS CON TERCEIROS

Como se adiantou, o paseo diario deberá realizarse como máximo en grupos formados por un adulto responsable e ata tres nenos ou nenas.

Durante o paseo diario deberá manterse unha distancia interpersoal con terceiros de polo menos dous metros. Así mesmo, deberá cumprirse coas medidas de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias. Poderase circular por calquera vía ou espazo de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecte o límite máximo dun quilómetro con respecto ao domicilio do menor. Non estará permitido, con todo, o acceso a espazos recreativos infantís ao aire libre, así como a instalacións deportivas.

O ADULTO, RESPONSABLE DE QUE SE CUMPRAN AS NORMAS

A orde especifica tamén que se entende por adulto responsable aquela persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio co neno ou nena actualmente, ou se trate dun empregado de fogar a cargo do menor. Cando o adulto responsable sexa unha persoa diferente dos proxenitores, titores, curadores, acolledores ou guardadores legais ou de feito, deberá contar cunha autorización previa destes. Ademais, establece que é responsabilidade do adulto acompañante garantir que se cumpren durante a realización do paseo diario os requisitos para evitar o contaxio.

24, Abril 2020

Espazo Común agarda "para canto antes" a convocatoria do pleno da corporación municipal no que poidan presentar e defender as propostas incluídas no plan "O Carballiño CON-VIDA 20".

Este plan de apoio social e reactivación económica contempla catro apartados fundamentais, que son os relativos a saúde pública, protección social e familias, modificacións de impostos municipais, e finalmente, medidas de impulso da economía local.

No arquivo adxunto encontrarás íntegro o documento elaborado por Espazo Común "O Carballiño CON-VIDA 20"

24, Abril 2020

A Policia Local do Carballiño remitíu á Subdelegación do Goberno un escrito no que informa da situación que afecta á única sucursal que mantén activa o Banco Santander no Carballiño, que ademáis reducíu o seu horario de atención ao público a tan so dous dias á semana.

No informe remitido á Subdelegación, A Policia Local advierte da acumulación de púbico e as longas colas que se derivan desta situación, considerando que poden representar un perigo para a seguridade sanitaria das persoas, e aos efectos de que se adopten ou ordenen as  medidas que procedan dentro da normativa do estado de alarma.

23, Abril 2020

Dous internos da Residencia Irmáns Prieto do Carballiño deron positivo en coronavirus nas probas masivas realizadas a pasada fin de semana por por parte do Sergas nas propias dependencias da residencia.

Dase a circustancia que ambos recibiron semanas atrás atención hospitalaria no CHUO, e desde o seu regreso ao asilo permanecen illados do resto dos residentes, e desta maneira continúan en permanente observación médica. 

Tanto o persoal como o resto dos residentes,170 en total, deron negativo, igual que a comunidade de relixiosas.

23, Abril 2020

A selección aleatoria foi realizada polo Instituto Galego de Estatística entre persoas de todos os tramos de idade, que serán chamadas dende o seu centro de saúde para participar voluntariamente neste estudo de seroprevalencia que se realiza en toda Galicia, deseñado pola Consellería de Sanidade para coñecer a incidencia do Covid 19 entre a poboación.

Abrindo o arquivo adxunto podes ver o número de persoas que van ser chamadas dende o teu respectivo centro de saúde:

23, Abril 2020

Eu nunca fun nin de pachi nin de ninguén, fun do sentido común, ou polo menos do que eu entendo por sentido común, e pra mín a actuación de Espazo é axeitada. É agora cando estamos a tempo, cando hai que facer as críticas constructivas á dubidable xestión do Concello, na que tan só vexo afán de protagonismo dos concelleiros Diego e Dacal, moitas veces poñendo en risco a seguridade das persoas ás que visitan.

Pra o rollo ese de non é o momento, xa temos ao Goberno de España, que emprega a Guardia Civil pra mininmizar as críticas convertíndoa nunha especie de Gestapo ao servizo dos socialistas e dos comunistas de Podemos. Así quizáis non nos enteramos de que mercaron por dúas veces test falsos ao triple do seu valor de mercado, e unha empresa intermediaria fixo o agosto. Quizáis así non nos enteremos de que repartiron entre os sanitarios mascarillas fake a sabiendas de que eran fake, que somos o país con maior taxa de mortandade por millón de habitantes, ETC...

Os de Espazo foron os primeiros en plantexar que se adicasen uns cartos pra loitar contra a depresión económica que se aveciña, e agora o goberno municipal  quere mantelos fora pra levarse as medallas coa coperación do PP. A oposición está pra facer oposición, e cando esta é constructiva mellor. E neste caso penso que é absolutamente constructiva e axeitada.

Eu votaba os populares pero se Espazo Común segue nesta liña, contade co meu voto e algúns máis.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS