son dos que nas últimas elección votou a espazo común...son moi de pachi e pensaba que sería bo. pero esta temporada estame dando vergoña ver a actuación do seu partido...día tras día con protestas, comunicados, panfletadas e veña a botar merda sobre o actual alcalde e o seu partido...non é agora o momento de iso, do pp xa o esperaba pero a decepción con espazo común é moi grande...xa haberá tempo de pedir explicacións non agora tal como está todo. o dito, perderon un votante

O Partido Popular mostra a súa satisfacción polo acordo alcazado co alcalde Francisco Fumega e que onte anunciou o concello, e no que se recollen as distintas modificacións do orzamento municipal que farán posible destinar un millón de euros para axudas á reactivación da economia local tras a crise sanitaria.
O portavoz dos populares no concello carballiñés, Ricardo Perea, mostrou o seu apoio a este acordo no que estívose traballando no transcurso das últimas semanas, non obstante lamentou que o acordo non sexa de consenso cos outros grupos da oposición "é algo que nos gustaría que houbese sido, pero non é responsablidade nosa", subliñou.
Mentres, Espazo Común demanda "transparencia e diálogo ao alcalde Fumega nas medidas que se tomen" e considera insufiente o anuncio feito polo concello e acusan ao rexedor municipal "dun absurdo e sectario comportamento cando xusto a sociedade o que máis demanda son máis acordos, máis diálogo e máis unión".
Pola súa parte, o BNG insiste na petición de que se convoque un pleno extraordinario da corporación municipal para abordar todas as medidas posibles para adaptar o orzamento á nova realidade derivada da crise sanitaria.
Nos arquivos adxuntos podes ver tanto o documento que recolle o acordo co Partido Popular como o comunicado emitido por Espazo Común:

Máis de medio centenar de clientes do Banco Santander no Carballiño, a maioria persoas maiores, madrugaron esta mañá de xoxes para agardar a apertura da sucursal bancaria na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, pero a pesar do madrugón non poideron evitar ter que facer unha moi longa cola, que seguíu sendo unha constante no transcurso da Mañá.
Horas de espera, na rúa, de pe e ao frio, mentres a entidade bancaria continúa abrindo tan so dous dias á semana, a pesar do gran volumen de actividade que ten nesta sucursal carballliñesa, o que está provocando un grave perxuizo para entre os seus clientes que, en gran número, volven mostrar o seu malestar polo trato que están recibindo, agravado dende que se decretou o estado de alarma.
Ademáis, a actitude da entidade bancaria constitúe un agravio inexplicable co Carballiño, xa que mentres esto acontece no Carballiño, reducindo a atención ao público baixo mínimos, non sucede o mesmo noutras localidades, por exemplo en Lalín, onde o Banco Santander conta con dúas sucursais, unha delas abre tamén dous dias á semana pero a outra mantén inalterable o seu horario diario de atención ao público.
Pidese a colaboración o Ayuntamiento que miré de falar con quen corresponda ,,,, pará arreglar o do Banco Santander as 8 da maña 40 personas sendo a maioria personas mayores o frío sin poder sentarse ect,,,,unha vergüenza que non descutan temas de política que non estamos en eleccions ,,,, que miren polo pobo eso sí poden ser mais que contagios tantos maiores xuntos. Unha vergonza.

O gaiteiro carballiñés Isidro Vidal comezou a corentena compoñendo música e compartindo estas partituras de balde na rede diariamente, recordando así aquel proxecto de composición diario #composicion365 que realizou en 2018 acadando cifras próximas ás 100.000 descargas.
Seguindo co prolongamento do estado de alarma, realizou 15 videoclips con cancións tradicionais sacadas do contexto estético musical habitual, coas súas variacións e arranxos, que bautizou coma #desbrocetradicional. As grandes cifras de cota de descargas e visualizacións, o levaron a comezar a semana pasada unha serie de workshops gratuítos que realizará durante durante este mes cada venres.
As actividades culturais e gratuítas non so quedan en producións propias, senón que este sábado estará participando no I festival online solidario «Quedo, que teño que quedar», organizado dende Madrid por integrantes do grupo de música tradicional galega Os Sibailas, no que interpretará diferentes pezas do seu repertorio para loitar contra o Covid-19. Este festival solidario conta cunha entrada sen prezo fixo non obrigatoria, que será destinada integramente a Médicos Sen Fronteiras para a loita contra o coronavirus.
O festival realizarase no grupo de facebook «debates gaiteiriles e demais cousiñas» onde Isidro Vidal actuará ás 16.30h.
Páxina da recadación do festival: https://iniciativassolidarias.msf.es/fundraisers/musica-folkcontra-el-co...

No caso da comarca do Carballiño, algo máis de 700 veciños e veciñas serán chamados dende este xoves 23 de Abril e no transcurso das próximas semanas para realizar o test o estudo galego de seroprevalencia que vai levar a cabo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través do Servizo de Atención Primaria.
No ámbito comarcal, os concellos de Piñor e San Cristovo de Cea forman parte da área de Atención Primaria de Coles, en ambos os dous concellos serán chamadas 90 persoas para realizar o test, mentres que algo máis de 600 persoas serán residentes nos concellos do Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Beariz, Boborás e O Irixo, todo eles formando parte do Servizo de Atención Primaria do Carballiño.
O IGE foi o encargado de facer unha selección aleatoria da poboación que vai ser chamada, na que figuran titulares e suplentes, e na que tiveronse en conta os tramos de idade e a poboación de cada concello.
A proba consiste nunha extracción de sangue de forma convencional, da que se extraerán os resultados que se coñecerán neste estudo de seroprevalencia SARS-COV-2 entre a poboación galega.
A participación nesta proba é voluntaria e os resultados serán confidenciais.

O alcalde do Carballiño, Fancisco Fumega, anunciou hoxe que o concello vai habilitar unha partida orzamentaria de 1.000.000 € para axudar a reactivar a economía local tras da crise polo Covid-19, e que esta iniciativa será levada ao próximo pleno municipal.
Así mesmo, informou da aprobación da modificación do calendario fiscal do 2020, que supón prolongar o cobro dos impostos ata final de ano, coa posibilidade de poder efectuarse en prazos de ata doce meses.
Conxuntamente co concelleiro de Servizos Públicos, Seguridade e Persoal, Manuel Sotelo, o alcalde fixo balance do protocolo seguido no funcionamento do concello e doutras instalacións municipais, xunto coas medidas preventivas levadas a cabo na vila e no municipio para evitar a transmisión do Covid-19.
Se ben, ao comezo do confinamento, o concello funcionou cun 60% de traballo presencial e un 40% de teletraballo, a raíz da detección dun caso positivo, modificouse a un 10% de traballo presencial e o 90% de teletraballo.
Por departamentos, e en virtude das características de cada un, o traballo presencial lévase a cabo fundamentalmente no Rexistro, Padrón, Meioambiente, Medio rural, Servizos Públicos e Policía Local. No resto dos departamentos, como Deportes, Obras e Urbanismo, Educación e Cultura, o teletraballo comezou sendo do 60% e agora é do 90%.
Con respecto ao persoal de obras, parques, limpeza e Servizos Sociais, están establecidas quendas de traballo rotatorios en días alternos.
Todo o personal municipal dispón de EPIS para o traballo, e adquiríronse mamparas para os departamentos de servizo ao público. Tamén se adquiriu una nova máquina para desinfección, que está operativa, e un xerador de ozono, que chegará nestes días.
Entre compras, donacións e doutras administracións, o concello recibiu un total de 7.450 mascarillas, das que 5.000 foron adquiridas polo concello. As restantes proveñen de: Xunta de Galicia (1.250), Josuma (200), empresario chino (350), Subdelegación do Goberno (1.050 -1.000 para a Policía Local-), Mercería La Moderna (400), Cortinas López (100), costureira anónima (50) e Abanca (50).
Recibíronse 2.300 unidades de guantes, 2.000 da Xunta de Galicia e 300 adquiridas polo concello. Así mesmo, a Xunta de Galicia fixo entrega de xel, batas e monos.
Tamén hai que salientar a donación de máscaras de protección por Motosierras Ucha e dunha empresa de Silleda.
A empresa Gasolinera AVIA tamén aportou xel, guantes e lexía.
COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS
Con respecto ao servizo de colaboración cos centros educativos a través das direccións dos colexios, lévanse realizado no concello ata o día de hoxe 3.500 fotocopias de traballos escolares para o alumnado, e lévanse realizado 300 repartos de libros e material escolar aos domicilios dos alumnos a alumnas.
PROTECCIÓN CIVIL
A través de Protección Civil, préstase o servizo a domicilio de farmacia e compra de alimentos ás persoas maiores que viven soas.
MASCARILLAS
Máis de 2.000 mascarillas están sendo enviadas aos domicilios das persoas maiores de 80 anos.

Naceu o 21 de Abril de 1921, cando a humanidade a duras penas estaba aínda recuperandose daquela terrible pandemia coñecida como a "gripe española", e por culpa doutra pandemia e o confinamento que vivimos non pudo reunirse cos seus amigos na celebración do seu 99 cumpleanos.
Eso si, respondendo en directo a unha chamada de COPE O Carballiño, de inmediato nos aclarou que "estou na casa porque collín unha pequena gripe, non por outro motivo".
Benigno Pérez Santamaría é coñecido popularmente no Carballiño como "Mybe", o nome da droguería que ata os anos noventa do século pasado tivo aberta na rúa do paseo, na que estivo ao fronte ata bastantes anos despóis de que cumplise a idade regulamentada da xubiliación porque "seguín traballando, xubilarse antes de tempo é unha equivocación, na vida sempre hai que facer algo, estar parado non é boa cousa", aconsellou á audiencia.
O seu desexo nese cumpleanos "que todo esto pase pronto e poida volver aos meus sitios de sempre no Carballiño", a eses lugares de encontro nos que Benigno "Mybe" compartía viño e conversa a diario cos seus amigos ata que chegou o confinamento.
E mentres agardamos que máis pronto que tarde se cumpla o desexo do noso cumpleaneiros, parafraseamos con él unha das cancións do momento: é tempo de pensar e ser pacientes / tan so queda un pouco máis / volverémos a xuntarnos, volverémos a brindar / un viño queda pendiente no noso bar /

Pola iniciativa conxunta das concellerías de Tráfico e de Medio Rural, o concello do Carballiño está procedendo dende hai varias semanas á limpeza e arranxo dos paneis de sinalización dos lugares do término municipal carballiñés.
Trátase de restituir tanto os soportes destes sinais como a iconografía impresa nos mesmos cos topónimos dos lugares indicados, e que en moitos casos estaba prácticamente ilexible.

O concello do Carballiño comezou o envío por correo postal de máis de 2.000 mascarillas ás persoas maiores de 80 anos e cónxuxes que residen no municipio carballiñés.
Os sobres que conteñen as mascarillas están sendo preparados por persoal do concello debidamente protexido, e remítense aos domicilios das persoas que se atopan no tramo de idade senalado.
En canto remate este envío e o concello poda dispoñer de máis mascarillas, está previsto efectuar outro reparto ás persoas comprendidas entre os 70 e 80 anos.
O obxectivo do concello é que as persoas que se atopan en idade de risco polo Covid-19, podan dispoñer dalgunha mascarilla.
O concello quere agradecer a colaboración e o esforzo da oficina de Correos do Carballiño, para entregar os sobres nos correspondentes domicilios da contorna municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- …
- seguinte ›
- última »