12, Abril 2020

O BNG de San Cristovo de Cea está favor "como non podía ser doutro xeito" de que o Concello se ocupe de aplicar todas as medidas posibles para protexer a saúde da poboación.

Tamén considera "loable a predisposición de persoas particulares, autónomos ou empresas para colaborar na elaboración de máscaras caseiras ou para voluntariamente axudar a enfrontar a grave situación na que nos atopamos".

O BNG de Cea Expresa o recoñecemento e agredecemento a todas as persoas que colaboran voluntariamente, "pero o hai situacións nas que a boa vontade non é suficiente, sendo necesario extremar as medidas e cumplir os protocolos establecidos", manifestan.

Non lles parece tan ben a forma de repartir mascariñas pobo a pobo "efectuada polos membros do goberno municipal, posto que distribuir material para previr o contaxio do virus non é o mesmo, nin pode efectuarse do mesmo xeito, que un simple reparto de papeletas para unha campaña electoral ordinaria".

Por eso, dende o BNG de Cea enumeran unha serie de medidas que deberían consideranse:

a) que se trata de material homologado e convintemente esterilizado,
b) que o reparto se axuste a un protocolo axeitado, supervisado por algún experto e coas instrucións oportunas sobre esterilización, modo de uso, tempos, etc.
c) que o persoal encargado de efectuar o reparto leve a protección axeitada, respetando os protocolos establecidos que garanta a prevención da epidemia, evitando neglixencias no reparto.

Asemade, indican que "o reparte en grupos ou sen utilizar guantes, mascariñas ou gardar as mínimas distancias parécenos unha irresponsabilidade que contrasta co estricto confinamento que ven observando a poboación. Non todo vale en calquer circunstancia.
Pareceríanos unha medida máis aséptica, tanto desde o punto de vista bacteriolóxico como político, que fose protección civil, debidamente equipada, quen se encargara de efectuar dito reparto".

Advirten que "hai que tomalo en serio posto que se están dirixindo ás persoas máis sensibles da sociedade, as que máis risco parecen correr (maiores de 65 anos, en xeral), polo que se deben extremar as precaucións, tratando de reducir as posibilidades de contaxiar ou contaxiarse durante o propio reparto. Non vaia ser que o remedio sexa peor que a enfemedade".

E finalmene, o BNG conclúe manifetando que síguese carecendo de datos sobre o número de afectados e a súa situación e "desde o Concello todo se sigue facendo de costas á Corporación, sin informala de nada, como se de unha cuestión partidaria se tratase. Sabido é que en Cea nunca se convoca á xunta de portavoces nin existen comisión sectoriais, de modo que seguimos a niveis predemocráticos".

11, Abril 2020

A convocotoria foi feita no transcurso da semana a través do teléfono pol alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, coa idea de reunir aos alcaldes da comarca do Carballiño e intercambear experiencias, buscar a maneira de compartir medios e deseñar unha fronte intermunicipal para a xestión da crise do coronavirus.

Pero á hora fixada para a convocatoria, ás 12 do mediodia deste sábado, na casa do concello do Carballiño tan so compareceron os rexedores municipais de San Amaro e  O Carballiño, ademáis do promotor da reunión, os tres alcaldes socialistas da comarca.

O alcalde de Maside lamentaba a ausencia do resto dos alcaldes, os seis restantes, todos do Partido Popular , e non disimulaba a súa decepción "é certo que algúns excusaron a súa presenza, pero dous nin xiquera me colleron o teléfono nin tampouco me constestaron despois as chamadas", asegurou.

Os tres alcaldes presentes coincidiron no deficit de material de prevención e protección,  e analizaron a posiblidade de comprar conxuntamente este tipo de material, asi como a posibilidade de compartir servizos entre os concellos, optimizando da mellor maneira posible os recursos dispoñibles.

 

 

10, Abril 2020

Ao presentar esta proposta desde ESCO volven reeditar as súas críticas sobre a polémica xerada polo repsrto de máscaras por parte do concello "namentras dende o grupo de goberno se adica a unha utilización totalmente lamentable dos recursos públicos cun reparto de mascarillas a capricho e outras accións só destinadas ao escaparatismo sen fondo algún, dende Espazo Común seguimos a traballar en medidas concretas e reais de apoio á cidadanía".

Inciden unha vez máis no feito de que entre "as máis grandes problemáticas que vai deixar tras de sí esta pandemia do COVID-19 é a difícil situación económica na que vai quedar gran parte do comercio, da hostalaría e, en xeral, dos autonómos". Por iso, anuncian que siguen a traballar en propostas que permitan paliar na medida do posible este complexo futuro que se presenta, tendo en conta que son sectores esencias no Carballiño.

Recordan como en días pasados, presentaaron unha proposta para que sexa debatida no pleno de aprobación definitiva dos orzamentos para o exercicio 2020 unha serie de alegacións que tería como obxetivo permutar 270.000 € das partidas de festexos e outras "que se fan menos necesarias ca nunca ás de apoio á economía local e Servizos Sociais".

Finalmente, dende Espazo Común informan que veñen de rexistrar unha nova iniciativa "para que pola vía da modificación de crédito, xa que só se pode facer despois da aprobación definitiva das contas, se trasvasen outros 360.000 € para liñas de apoio ao pequeno empresariado carballiñés".

9, Abril 2020

Espazo Común acusou ao concelleiro socialista de protagonizar un reparto "caciquil e vergonzoso" de mascarillas de protección de forma discrecional sen ningún tipo de criterio sanitario e en base "á súa lista de amistades".

Consideraba como "moi grave" a actitude do concelleiro Manuel Dacal e mesmo pedía ao alcalde o "cese fulminante" do seu concelleiro.

Na sección "DENUNCIAS" desta mesma páxina Web podes ver íntegro o comunicado emitido por Espazo Común.

Pois ben, o PSOE cualifica as críticas de ESCO como "miserables" e defende a actuación do concelleiro socialista no reparto de mascarillas en base a unha lista do concello de persoas maiores de 80 anos ou que viven soas, afirman.

No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado íntegro do PSOE do Carballiño. 

9, Abril 2020

A pesar de todos os esforzos do persoal, que mesmo chegou a confinarse nunha casa de turismo rural para protexer aos residentes, non pudo evitarse que se confirme o primeiro caso de positivo en coronavirus na residencia de maiores Quercus de Leiro, unha das residencias con máis prazas -78- no ámbito intercomarcal O Ribeiro-O Carballiño.

Nas últimas horas ven de confirmarse que unha muller residente neste centro ven de dar positivo, tras a proba realizada. 

A muller viña dando síntomas de poder padecer a enfermidade dende facía algunhos dias, polo que permanecía illada na propia residencia, onde continúa. O resto das persoas coas que tiña relación máis directa deron negativo.

Trátase do segundo caso positivo confirmado com tal nas residencias de maiores nas comarcas O Carballiño-Ribeiro, xa que dias atrás unha traballadora da residencia Alvetus de Avión tamén foi diagnosticada co COVID-19.

9, Abril 2020

Volve repuntar no número de contaxios na provincia de Ourense, tras contabilizarse 39 positivos en coronavirus na últimas 24 horas.

Como pode observarse na gráfica, a Área Sanitaria de Ourense está por riba da media tanto española como galega, ao superar os 325 contaxios por cada 100.000 habittantes, unha circustancia que é debido fundamentalmente aos casos de contaxios masivos en residencias de maiores, que son máis dun tercio do total de 1.041 persoas confirmadas co COVID 19.

A boa noticia está no número de pacientes nas UCIs do SERGAS, que sigue descendendo lentamente por sexto dia seguido, son en total 155 persoas ingresadas a dia de hoxe nas Unidades de Cuidados Intensivos, o que representa unha ocupación do 56% da capacidade total.

 

8, Abril 2020

Espazo Común leva dende o primeiro momento do estado da alarma exercendo a responsabilidade de deixar a crítica política a unha beira para tentar aportar solucións útiles para a complexa situación vital na que se atopan moitos veciños e veciñas do noso pobo.

Levamos semanas observando como lonxe de buscar o consenso e traballar polo ben común, o goberno dirixido por Paco Fumega, segue na súa liña de falsidades e autobombo sen un verdadeiro proxecto para o incerto futuro que se nos presenta a todos.

Sen embargo, aínda así, optamos por tentar suplilo con propostas concretas e facendo o traballo que deberan estar facendo eles, reservando as valoracións sobre a xestión para cando todo esto remate.

Pero no día de hoxe, confirmamos unha información de tal gravidade que non pode agardar máis para ser denunciada. O tenente de alcalde Manolo Dacal andivo a repartir ao seu capricho, a quen el considerou oportuno, un gran número de mascarillas de protección sen respectar criterio sanitario algún e baseándose só na súa lista de amizades.

Esta actuación trascende tódolos límites aceptables de desvergoña política e supón unha inaceptable falla de respecto pola saúde de todos aqueles que poidan precisar mascarilla.

Son moitos os que as buscan sen atopalas e poden quedar sen ela ao non acharse na lista de preferencias do concelleiro que se adica a especular buscando un miserable beneficio político, polo tanto, que non recibirán do Concello este elemento de protección que lles pode resultar imprescindible para a protección da súa saúde.

Ante semellante desfachatez, esiximos ao alcalde Fumega que tome medidas inmediatas co cese fulminante do que é o seu segundo e que semella pensar que está por riba do ben e do mal e que pode decidir quen ten dereito a recibir mascarillas e quen non. Asemade insístimolle ao alcalde na necesidade de comezar a tomar medidas reais dende o Concello do Carballiño mercando 30.000 mascarillas para repartir entre toda a poboación e non só entre os amigos dos concelleiros.

O Carballiño, 08, Abril de 2020. Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.

8, Abril 2020

Asi o explicou nesta emisora de radio o portavoz do grupo popular Ricardo Peresa, os populares negocian co alcalde unha série de modificacións de distintas partidas que serán introducidas no orzamento unha vez que se proceda a súa aprobación definitiva.

Perea entende que esta é a mellor fórmula para adaptar o documento inicialmente aprobado en solitario polo PSOE para adaptálo a esta inesperada situación motivada pola crise do coronavirus.

O portavoz popular manifestou que "gustaríame que neste acordo no que traballamos e que se detallará nun documento participasen tamén os outros grupos, creo que sería o mellor neste momento, pero claro, é algo que xa non depende de nos", dixo.

Ademáis, o Partido Popular insta ao goberno municipal para aprazar a finais de ano o pagamento de do pago de taxas e impostos municipais, coa idea de que as familias teñan máis tempo para combatir os efectos do coronavirus, e mesmo propoñen que en caso de falta de liquidez acuda a unha operación de tesoureiría bancara a curto prazo "algo que a dia de hoxe non sería preciso", puntualizou Perea.

De feito, o grupo de goberno ábrese a esta posiblidade e ven de anunciar que "o concello estuda ampliar o periodo de cobro doutros impostos e taxas municipais, como son o IBI ou a taxa do lixo, co obxetivo de dar as maiores facilidades de pago posible".

Quenes sí presentaron alegacións foron tanto Espazo Común como BNG, tal como pode versedescargando os arquivos adxuntos:

7, Abril 2020

A directora e 17 traballadores do centro de maiores “ Quercus” de Leiro decidiron illarse para coidar aos maiores e protexelos do coronavirus, a dia de hoxe non se rexistrou ningún caso de contaxio.

A súa directora, Maite Rodríguez Rivas, manifestou que era a “última carta que quedaba por xogar” para evitar que o coronavirus afecte aos residentes xa que, ata o de agora “puxéronse en marcha todos os protocolos recomendados” polas autoridades sanitarias e a Consellería de Política Social, e realizáronse “desinfeccións internas e externas” mesmo coa presenza da Unidade Militar de Emerxencias.

A directora sinalou que o persoal do centro de maiores “traballa en dúas quendas e dormen nunha casa de turismo rural, San Clodio” cuxo dono “a cedeu de forma altruísta e solidaria” e que se atopa á beira de “ Quercus”. Maite Rodríguez asegurou que os residentes son “76 persoas de distintas idades e distintos graos de dependencia” e que son de “máximo risco” para o coronavirus ao “ter varias patoloxías”.

Mentres, na Residencia Irmáns Prieto do Carballiño,a de máis alta capacidade das comarcas do Carballiño-Ribeiro, cunha comunidade de 170 persoas entre residentes e persoal, onde na semana pasada levouse a cabo unha desinfección a cargo dos bombeiros do parque do Carballiño, continúan a salvo do virus peroconsideran que sería convinte repetir esta mesma labor, pero de momento están á espera, mantendo a máxima alerta coas medidas de hixiene e seguridade en todas as dependencias do centro, sobre todos nas zonas de utilización común. 

 

 

 

7, Abril 2020

Desde Espazo Común continúan a por enriba da mesa propostas que consideramos factibles e de gran utilidade para o cidadán do Carballiño.
Atendendo a que as cifras de contaxiados comezan a descender grazas aos efectos do confinamento e, polo tanto, amosase útil a estratexia de diminuir o contacto entre persoas para evitar a súa propagación, faise necesaria a previsión de medidas que van ser imprescindibles unha vez sexa posible levantar as situacións derivadas do estado de alarma".

Con esta proposta demandan ao Concello do Carballiño que se anticipe á circunstancia e garanta que cada veciño e veciña da nosa vila poida contar con mascarillas de protección para cando se poida saír á rúa, pois semella que este elemento vai a ser imprescindible, polo menos durante algunhas semanas máis.

A adquisición e distribución de 30.000 destas, tería -calculan dende Espazo Común- un custo de só uns 10.000 € para o Concello e "suporía un gran alivio para moitas familias que teñen dificultades para conseguilas, convertindo así a O Carballiño nunha vila máis segura".

Asemade dentro das medidas nas que Espazo Común está a traballar dentro do Plan O Carballiño CON-VIDA 20, desde esta formación política demandan a creación dunha Oficina Municipal de Información, Prevención e Loita contra o Covid-19.

Finalmente, subliñan que oobxectivo desta proposta debe ser dar toda a atención posible á cidadanía, contando cun teléfono único para asesorar a calquera que o precise en máteria sanitaria, de protección social ou posibles solucións a problemas económicos derivados desta crise.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS