
Tras o respiro deste pasado domingo, no que descendía, nas últimas 24 horas volve subir o rítmo de contaxio polo COVID 19 na Área Sanitaria de Ourense, na que se diagnosticaron 64 novos positivos, que eleva a cifra total a 479 persoas, según os datos actualizados a primeira hora desta tarde de lúns.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 16.118.

A Policia Local do Carballiño cerrou a semana coa apertura de 48 expedientes sancionadores, a maioria deles nos últimos dias, abertos a veciños e veciñas do Carballiño por non respectar o confinamento domiciliario ao que estamo obrigados polo estado de alerta.
Trátase de persoas que paseaban por espazos públicos e que non poideron xustificar os desprazamentos que estaban realizando, a maioría deles transitaban a pe pola zona do parque municipal do Carballiño e o paseo fluvíal do rio Arenteiro, onde os axentes da Policia Local do Carballiño realizaron controis a pe nos últimos dias.
Os expedientes abertos son agora remitidos á Subdelegación do Goberno, para a súa tramitación e resolución.
As persoas denunciadas enfróntanse a multas que poden ir dos 600 aos 30.000 euros en casos que sexan reincidentes ou que supoñan un delito de desobediencia grave á autoridade.

Continúa aumentado o número de contaxios en toda Galicia, tamén na Área Sanitaria de Ourense, aínda que nas últimas 24 horas baixa o rítmo de persoas contaxiadas, tanto en Galicia como na provincia de Ourense, onde se rexistraron 44 novos positivos de coronavirus, fronte os 71 deste pasado sábado.
A comarca do Carballiño, de momento está aínda a salvo de rexistrar focos de contaxio,como xa ocorre noutras comarcas da provincia, xa que os coñecidos ata o de agora son casos illados, e gardando a cuarentena domiciliaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización correspondente á mañá deste domingo 29 de Marzo, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos. O número de PCR realizadas é de 14.440.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os oll

A Biblioteca Pública Municipal de Beariz súmase aos servizos accesibles do Concello de Beariz e ofrece durante estes días de confinamento, o servizo de préstamo de libros a domicilio en combinación cos servizos municipais de entrega a domicilio de medicinas e outros bens necesarios.
A Biblioteca de Beariz que leva en funcionamento desde o ano 1998, está situada no edificio do CEIP de Beariz e conta con máis de 10.000 títulos que están disponibles para a consulta en sala pero actualmente, debido ao Estado de Alarma, atópase pechada ó público.
Este servicio municipal está rexentado na actualidade por Marta Pérez Lamas, esta licenciada en Historia e unha auténtica dinamizadora da lectura entre os máis de 850 socios que ten a a biblioteca na actualidade. Marta é creadora tamén do club de lectura de Beariz e apoio directo ao CEIP de Beariz donde é unha referencia cultural para calquera dos alumnos.
En canto alguén se fai socio recibe dúas obras de Leopoldo Durán que foron donadas á biblioteca pola súa irmá Erundina Durán.
Ademais cómpre lembrar que co carné da biblioteca pódese acceder á plataforma de prestamo online da Xunta de Galicia, este servicio tamén contén películas en diferentes idiomas.
Calquera veciño que estes días de confinamento queira ler algún dos títulos da Biblioteca Pública Municipal de Beariz só ten que poñerse en contacto con Marta por WhatsApp no 647173820 ou chamar ó concello para que lle faciliten o seu contacto e acordar con ela os detalles do libro que queren, despois o concello realizará as entregas e devolucións unha vez á semana coas debidas medidas de desinfección e precaucións necesarias neste Estado de Alarma.

Esta pasada noite levouse a cabo outra labor importante de desinfección de rúas e espazos públicos da vila, ampliando o ámbito do traballo ata as parroquias, como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.
Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores da zona do Ribeiro, mediante unha colaboración totalmente desinteresada, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.
O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus.

A Xunta de Galicia reserva a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para hospitalización de pacientes no caso de que sexa preciso, e de maneira que chegado o momento se evite o posible colapso dos centros sanitarios durane a crise do coronavirus.
Esto so ocurriría no caso de desbordamento do número de pacientes tanto no CHUO como nos centros sanitarios privados ou concertados.
Dende a Consellería de Sanidade calculan que o pico de novos casos positivos de coronavirus chegará, e dependendo da evolución, no transcurso das próximas semanas.
Os datos actualizados pola Xunta nesata maña de venres dia 27 de Marzo elevan os contaxios en Galicia a 2.211 persoas, delas 302 na Área Sanitaria de Ourense, con 71 novos casos nas últimas 24 horas, o maior incremento nun único dia dende que comezou a pandemia.

O excalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, que gobernou este concello ribeirán durante nove anos e ata que no pasado mes de febreiro renunciou á alcaldía para incorporarse á candidtura do Partido Popular para as eleccións autonómicas, confirmou hoxe que é positivo no COVID 19.
Dende o pasado dia 13 de Marzo permanecía en cuarentena domiciliaria e encóntrase ben, igual que a súa familia.
Xa comunicou esta circustancia a todas aquelas persoas coas que mantivo contacto nos dias previos ao confinamento.
ESTOS DIAS ESTASE A DAR O LAVADO DE VEHICULOS NAS RUAS E EN PARTICULAR NAS RUAS PERIFERICAS COUSA QUE ESTA TOTALMENTE PROHIBIDO.

Para os roubos non hai cuarentena, e son dous os que se rexistraron en dous establementos do Carballiño durante a madrugada deste venres.
Dunha parte, os ladróns entraron no Estanco sito na Avda. Julio Rodríguez Soto, esquina coa rúa Venezuela, onde conseguiron levarse diversa mercancia, valorada en 1.000 euros.
Tamén lograron acceder ao interior da Parrilada Conde, na rúa Conde Vallellano, onde se apoderaron de diñeiro en efectivo.
A chamada dunha veciña alertou a Policia Local do Carballiño, que procedeu a detención dunha persoa como presunto autor deste roubo.

A Xunta de Galicia ven de designar aos tres aloxamentos para poñelos a disposición de traballadores desplazados, persoas sen fogar ou en exclusión social en situación de emerxencia, vítimas de violencia de xénero ou especialmente vulnerables, mentres dure o estado de alerta.
Son, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o Pazo da Amuzara no concello de Boborás, o hotel Eurostars de San Clodio no concello de Leiro, e o camping municipal do Carballiño.
Con esta iniciativa, a Xunta ofrece unha alternativa polo peche de hoteis e establecementos turísticos decretado polo goberno central e que entra en vigor este xoves dia 26 de Marzo.
Para a xestión de reservas e demanda de aloxamento está dispoñible o teléfono 986 447 060.
Este servizo non poderá ser en ningún caso utilizado por persoas sen unha razón que esté amparada polo Real Decreto 463/2020
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- …
- seguinte ›
- última »