
Unha muller de 84 anos convertese na primeira persoa que deu positivo na PCR no municipio do Irixo. O resto da súa familia, coa que convive esta muller no seu domicilio do Irixo non tivo nin ten ningún dos síntomas do coronavirus.
Doutra parte, e tal como xa lles avanzabamos este pasado martes dende COPE O Carballiño, confírmase o primiro caso de contaxio no concello de San Amaro, un home de 68 anos. Permanece en cuarentena no seu domicilio.

Record de contaxios nun dia na Área Sanitaria de Ourense, tras os datos actualizados pola Xunta este mediodia, 101 novos casos no transcurso das últimas 24 horas, que eleva a cifra total de positivos en COVID-19 na provincia a 660 persoas.
En todo caso, Galicia continúa coa taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.
No referido aos últimos datos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.379, deles 954 son da área da Coruña, 520 da de Lugo, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 333 altas de pacientes e 130 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 21.360.

O Centro Comercial Aberto do Carballiño pon de manifesto que "o estado de alarma polo coronavirus está xerando unha situación insostible para a gran maioría dos establecementos comerciais e hostaleiros do Carballliño, polo que o Centro Comercial Aberto solicita a axuda dos arrendadores de locais así como do concello, co obxectivo de evitar o peche de establecementos ao remate desta crise sanitaria, que conleva tamén unha grave crise económica".
Por isto, ao tempo que o CCA amosa todo o seu apoio ao sector comercial e hostaleiro, autónomos e pemes, solicita aos arrendadores a flexibilidade tanto para deixar de cobrar a mensualidade correspondente ao tempo de peche obrigado polo estado de alarma (que xa se ten producido nalgúns casos, o que é de agradecer) como para dar facilidades aos arrendatarios no pagamento destes alugueres.
Dende o CCA, e así lle lo transmitiron moitos asociados, consideran que de non producirse esta flexibilidade, moitos establecementos terán que pechar as súas portas, deixando estes locais valeiros e con escasas posibilidades de voltar a ser alugados.
Por outra parte, o CCA, que está en contacto co concello, considera que resulta de vital importancia crear unha comisión municipal de apoio ao comercio e á hostalería. Esta comisión deberá estudiar medidas de axuda, tales como a flexibilidade no pagamento de taxas e impostos municipais relativas ao sector, e outro tipo de medidas que contribúan a paliar a inactividade durante este período, así como o relanzamento económico e comercial posterior.
O CCA solicita a colaboración de todo o pobo, porque o sector comercial e hostaleiro, autónomos e pemes, supoñen un eslabón moi importante na economía e desenvolvemento do Carballiño, e ante esta situación prolongada de inactividade, resulta inviable asumir os custes derivados da mesma.

A Xunta de Galicia pon en marcha o blog A escola infantil na casa que achega contidos e actividades ás familias con nenas e nenos máis pequenos. Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento.
A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.
Calquera familia pode acceder a este blog creado pola Consellería de Política Social. Polo tanto, ten un dobre obxectivo, ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta de Galicia.
O blog A escola infantil na casa contará cun banco de recursos divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartindo estratexias cos equipos. Desta maneira, segundo as necesidades e interese do momento poderase botar man de diferentes ferramentas. Ademais, tamén terá unha canle de Youtube, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través dun vídeo explicativo

Do total de 6352 afilidados que ten a Seguridade Social na Comarca do Carballiño, unhos 1600 -aproximadamente- continúan nos seus postos de traballo dende que o estado de alerta ordenou o peche de todas as actividades e sectores industrias considerados non esencias. Ou o que é o mesmo, arredor do 25% da masa laboral da comarca sigue traballando a diario.
Xa estaban pechados dende o inicio do estado de alerta a hostelería e o comercio, sectores de moito peso na comarca, e sobre todo no Carballiño, pero continuaban activas as empresas con máis masa laboral, que desde principios desta semana están pechadas polo Real Decreto do pasado domingo.
Na zona industrial do Carballiño, no polígono da Uceira e o parque empresarial, con 1.050 traballadores, apenas o 15% manteñen a súa actividade, según o cálculo que nos achega o presidente da asociación de empresarios da Área Industrial do Carballiño, Manuel Carballeda.
Aínda que por medio dunha Órden Ministerial deste pasado lúns se autorizou a actividade aos autónomos, o certo é que a maioria permanecen sen desenvolver actividade "para que imos abrir, se os posibles clientes non poden sair da casa nin traballar", contaba a COPE O Carballiño Roberto Ucha, de "Motoserras Ucha".
A excepción ao parón que se vive en todos os concellos da comarca é a que se da en Piñor, onde dos 345 afiliados que ten a seguridade social neste concello, a maioria, arredor dunhos 300 según calcula o seu alcalde José Luis González siguen traballando, xa que todos eles pertencen a actividades consideradas como esenciais, concretamente a fabricación de ataudes e os aserradeiros de madeira que abastecen a este sector que, ademáis, estáse vendo obrigado a aumentar a súa produción pola demanda extra provocada pola crise do coronavirus.

O concello do Carballiño súmase a esta iniciativa que xa está levándose a cabo noutros numerosos concellos.
Debido ao estado de alarma polo coronavirus, que implica o confinamento nas casas, entre outras medidas de prevención para evitar os contaxios; e de que os nenos e nenas padecen esa situación de enclaustramento en gran medida, o concello toma a iniciativa de felicitar a todos os nenos e nenas de 1 a 11 anos polos seus cumpleanos.
Así, coa precaución de cumplir coas medidas establecidas para evitar calquera posible contaxio, tómase a iniciativa a partir de hoxe de felicitar os cumpleanos aos nenos e nenas de 1 a 11 anos.
Esta inciativa consiste en emitir a través da megafonía dun automóbil diante da casa do neno e nena que cumpla anos, unha canción, acompañada dun texto grabado, alusivos a esta efeméride. Para isto, o concello conta coa colaboración desinteresada da empresa carballiñesa de eventos Inforsonic, así como da locutora de radio Maiti Grande.

O médico e investigador faleceu hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, vítima do coronavirus. José Manuel Pérez Vázquez, natural da parroquia carballiñesa de Sagra, deixanos un extenso curriculum e unha vida entregada á medicina, a investigación e a docencia no mundo da oncoloxía e a medicina nuclear, con varias distinciós durante a súa traxectoria profesional.
Aínda que pasou a maior parte da súa vida en Madrid (O seu pai era xornalista do ABC) José Manuel Pérez Vázquez "Pepe" para os seus conveciños de Sagra, viaxaba con frecuencia ata O Carballiño, onde ten familia. Precisamente, unha das súas últimas visitas foi para acudir ao funeral dun familiar.
LABOR ACADÉMICA E PROFESIONAL
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid, obtendo a cualificación final de Sobresaliente na Licenciatura. Realización dos cursos Monográficos do Doutoramento na Facultade de Medicina de Madrid (Universidade Complutense) obtendo a cualificación de sobresaliente en todas e cada unha das materias. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense coa cualificación de sobresaliente Cum Laude por unanimidade e Premio Extraordinario. Especialista en Medicina Nuclear. Especialista en Radioterapia Oncolóxica. Especialista en Oncoloxía Clínica. Profesor Xefe do Servizo de Medicina Nuclear do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón. C.A.M. e Universidade Complutense. Título Europeo de Acreditación Docente outorgado polo European Board of Nuclear Medicine. En posesión do Nivel V (Consultor Señor) máximo nivel alcanzable na Carreira Profesional Hospitalaria da C.A.M. Master en Dirección de Hospitais. Escola de Xerencia Hospitalaria. Ministerio de Sanidade e Consumo. Supervisor de Instalacións Radioactivas do Consello de Seguridade Nuclear. Director científico do Centro de Investigacións Nucleares Clínicas Asociadas. Académico de Número da Real Academia Médico-Cirúrxica Española. Vicepresidente 1º da Real Academia Médico-Cirúrxica Española. Membro do Consello Asesor do Ministerio de Sanidade. Profesor na Formación de Posgrao en todas as Promocións de M.I. R. en Medicina Nuclear do Hospital Ge- neral Universitario «Gregorio Marañón» Universidade Complutense. Director de Medicina Nuclear na Escola de Formación Profesional de 2º Grao (Escola Técnico-Profesional de Saúde da Comunidad de Madrid) desde a súa fundación ata a actualidade. Membro do Comité Asesor Científico de Revístaa Tecnoloxía Radiolóxica. (Publicación Oficial de Asóciaa- ción Española de Técnicos en Radioloxía). Profesor Licenciatura de Medicina e cirurxía. Universidade Complutense de Madrid. Materia: Clínica integrada en anatomía patolóxica, microbiología, radioloxía, rehabilitación e inmunología. Departamento: Radioloxía e Medicina Física.
PERÍODOS DE FORMACIÓN EN ONCOLOXÍA E MEDICINA NUCLEAR EN CENTROS HOSPITALARIOS ESTRANXEIROS
Ex médico residente do Instituto Gustave- Roussy ( Villejulf-París), no servizo de Curiterapia ( Prof. Chassegne) e no Departamento de Investigacións Oncolóxicas ( Prof. Mathé). Ex médico asistente do Departamento de Teleradioterapia e Curiterapia na Fundación Curie (París). Estancia como Especialista Bolseiro polo Goberno Francés no Servizo de Cancerología e Curiterapia do Prof. Pierquin, no Hospital Universitario Henry- Mondor, en Creteuil, París. Estancia como especialista Bolseiro polo Goberno Francés no Servizo de Curiterapia do Instituto Gustave- Roussy do Prof. Chassagne, en Villejuif, París. Estancia no Servizo de Radiofísica e Dosimetría. Instituto Gustave- Roussy, Prof. Dutreix, en Villejuif, París. Estancia no Instituto de Oncoloxía de Turín. Profesores Calderota e Dogliatti. Estancia mediante invitación do Goberno Francés no Servizo de Medicina Nuclear e Biofísica, Prof. Th. Planiol, do Centro Hospitalario Universitario de Circuítos, Francia. Decembro de 1978. Estancia mediante invitación de Goberno Francés no Servizo de Medicina Nuclear e Biofísica, Prof. Th Pla- niol, do Centro Hospitalario Universitario de Circuítos, Francia, Outubro de 1979.
LABOR DOCENTE
Director Docente da Escola de Técnicos Especialistas en Medicina Nuclear. Consellería de Saúde. C.A.M. Xefe de Estudos da Escola Profesional de Post-Graduados en Electroradiología do Hospital Provincial de Ma- drid e a Facultade de Medicina na Universidade Complutense (Anos 1974-1975-1976-1977). LABOR INVESTIGADOR Investigador Membro do Centro Coordinado de Investigacións Oncolóxicas do C. S.I. C. (Consello Superior de Investigacións Científicas). Autor de 106 publicacións, sociación 1 e, relatorios e leccións presentadas e ditadas en Congresos, Simpo- siums e Cursos Nacionais. Autor e coautor de 6 libros da Especialidade. 28 Cursos de Perfeccionamento e Actualización realizados en diversos Centros Hospitalarios e Universitarios Na- cionales e Estranxeiros. Membro Español do Working Group on Nuclear Cardiology European Society of Cardiology.
SOCIEDADES ÁS QUE PERTENCEU
Socio Fundador da Sociedade Española de Oncoloxía. Membro da Sociedade Italiana de Terapia de Tumores. Membro da Society of sociac Medicine of Ou.S.A. (xuño 1975) Membro da Sociedade Española de Medicina sociac. Membro de Grupo Europeo de Curiterapia. Membro correspondente da Asociación Española de Hepatología na Especialidade de Medicina Nuclear. Membro da Sociedade Alemá de Medicina Nuclear. Membro da Sociedade Europea de Medicina Nuclear. Membro da Sociedade Española de Directores e Xerentes de Hospitais. Membro da Sociedade Española de Protección Radiolóxica. Membro da Asociación Radioterapia e Oncoloxía A.E. R.Ou. Membro da Asociación Española de Senología e Patoloxía mamaria. Membro da Sociedade Española de Resonancia Magnética Nuclear.

Unha traballadora do Centro Integral de Servizos Sociais é o primeiro caso positivo de COVID 19 oficialmente confirmado por Sanidade nunha residencia de maiores no ámbito das comarcas do Carballiño-O Ribeiro.
A Xunta activou xa o protocolo para determinar se hai máis casos entre o persoal e as persoas residentes nesta residencia de maiores sita no lugar do Sifón, preto da capitalidade municipal do concello de Avión.
No resto das residencias de maiores do territorio intercomarcal, nas que residen na actualidade algo máis de 700 persoas en total, Sanidade non ten confirmado ningún caso positivo en coronavirus.

O home, auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar na empresa que xestiona este servizo municipal, sentíu os primeiros síntomas o pasado dia 14 de Marzo, e dende entón permanceceu en cuarentena, agora confírmase como o segundo caso positivo en coronavirus no municipio do Carballiño. Ningún usuario dos que atendía tivo síntomas.
Responsables de Sanidade confirmonlle esta mañá este segundo caso de coronavirus no municipio ao alcalde Francisco Fumega.
Ademáis, son varios veciños e veciñas do Carballiño que permanecen en cuarentena, con seguimento sobre o seu estado de saúde, tras sentir os síntomas do COVI 19, e a espera de que as probas poidan determinar se están infectados ou non.

O Carballiño recibe este martes dia 31 de Marzo lote de EPI enviado pola Xunta aos concellos galegos, no caso do Carballiño compónse de 350 máscaras cirúrxicas, 60 batas protectoras, 12 traxes antisalpicaduras, asi como distintas cantidades de desinfectante clorado e xel hidroalcohólico.
A composición de cada envio aos concellos faíse -afirman dende a Xunta- tendo en conta a poboación e o número de casos positivos en coronavirus.
O material chegará directamente dende o centro loxístico que a Xunta ven de poñer en marcha para centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por coronavirus.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que este centro loxístico, denominado Clonegal, ponse en marcha tralo aumento do material que chegará ás administracións locais e tamén co obxectivo da axilización do reparto, xa que os concellos recibirán os envíos no seu propio municipio e non terán que desprazarse. Os medios foron adquiridos directamente polo Goberno autonómico ante a escasez de subministración do Goberno central.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- …
- seguinte ›
- última »