24, Marzo 2020

O esposo da carballiñesa de 69 anos que se infectou co virus nunha viaxe fora de Galicia, deu negativo nas probas de coronavirus que lle realizaron, igual que o resto de famiiares e as poucas persoas coas que estivo en contacto tras regresar ao seu domicilio no Carballiño.

A muller continúa hospitalizada no CHOU e a súa evolución continúa sendo moi favorable.

Por vez pirmeira dende que entramos en estado de alerta a curva de contaxio polo COVI-19 é descendente, tanto en Galicia como na Área Sanitaria de Ourense, na que se contabilizaron 10 novos casos positivos en coronavirus nas útlimas 24 horas e según os datos actualizados este mediodia, que sitúa o número de persoas contaxiadas en 152 na provincia.

De todos os xeitos e según as previsións das autoridades sanitarias o pior da pandemia aínda estaría por chegar a Galicia, os especialistas sitúan o pico para a semana que ven.

 

 

24, Marzo 2020

No concello do Carballiño incorpouse un vehículo que está especialmente adaptado para esta función, xa que permite a desinfección de forma mecánica.

O concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, coordena os traballos que se priorizan dende a comisión de seguimento da alerta sanitaria do concello do Carballiño.

O alcalde, Francisco Fumega, comunicaba hoxe que esta actividade de desinfección xa se ven facendo desde a pasada semana naqueles espazos de máis afluencia de público, e desde esta semana van levarse a cabo noutras zonas do ámbito urbano, para esta mesma noite está previsto que a desinfección se acometa nas rúas que baixan dende o centro ata a avenida do Balneario.

Esta mesma actividade de desinfección de lugares sensibles está en marcha en todos os concellos da comarca, prestando especial atención nos centros de saúde, oficinas municipais, farmacias e establecementos de alimentación.

23, Marzo 2020

Son unha veciña de O Carballiño cuxa vivenda da pô-la parte de atrás un camiño que lle chaman rua pasaxe Fardel.

A razón pola que vos escribo e a seguinte:hai uns dias,debido as copiosas chiovas unha tapa do alcantarillado reventou porque alguém bota polos bateres anacos de teas e servilletas que non son desechables e deberon de atascalo e ao chover tanto,desbordouse e romperon a tapa e sairon os trapos e água da alcantarilla corre polo camiño abaixo,sendo un foco de infeccions considerable.

Quixera denunciar,por un lado a xente incivica que bota ISO polos bateres,porque hai contendores de lixo onde botalós,e por outro ao concello de O Carballiño,pois estamos cansados de chamar para explicar a situación e non nos Collin o teléfono.Imaxinome que estarán desbordados polo tema do coronavírus,pero nos pagamos os nosos impostos relixiosamente.

Tampouco aquagest nos responde,non sei se porque fechou,ou porque tampouco da a basto.Se fechou,penso que Non debería fazê-lo,porque a água e un servizo básico,igual que a alimentación e a farmácia. Os que damos a esa camiño,estamos expostos a un dobrecontágio:por un lado o coronavírus,e por outro a alcantarilla,así que,se non morremos Dunha cousa,morreremos doutra.

Agradecida.

23, Marzo 2020

"Quédate na casa" é a frase que unha e outra vez nos recomendan para superar esta grave situación que estamos atravesando.

Unha recomendación que resulta imposible para algunhas persoas, tamén aquí no noso ámbito local, as persoas sen fogar encóntranse entre as máis vulnerables polo coronavirus, porque non poden cumplir co confinamento, porque están continuamente na rúa, e porque probablemente terán algunhas patoloxias polos seus hábitos de vida.

A Policia Local do Carballiño atendeu este lúns a dúas persoas sen teito, e informou aos responsables municipais para habilitar unha solución, xa que dada a situación actúal non poden ser realoxados en ningún hostal.

23, Marzo 2020

Cada dia vou mais nerviosa o traballlo pk teño na casa unha persoa dependiente a cal fai dialisis n casa 3 veces o dia e k lle teño k facer as curas eu co risco k eso supon pk solo podria facelas en Nefroloxia na Resi cando vivimos n Carballiño e tamen 1 fillo asmatico..

Todos ls dias teño k lidar con xente k nos respeta as normas e pensan k esto e unha broma e k a xente esta tola co cal chego a casa superviosa asik se non collo o virus de marras acavarei no psiquiatrico

Asik a esa xente k non respeta pidolle por favor k se non o fan por elas o fan por os demais pk cada un sabe o k ten na sua a casa..e non e nada agradable ter k traballar cara o publico co risco k isto conleva

23, Marzo 2020

Pois eu dende a miña terraza non vexo moito movemento aquí en Seoane, e iso que está unha boa tarde. Por favor, non compliquemos mais as cousas.

23, Marzo 2020

A muller, de 69 anos de idade e con domicilio no Carballiño, fixera unha viaxe fora de Galicia unhos dias antes de decretarse o estado de alarma.

Xa no Carballiño, comezou a sentir os síntomas máis comúns do virus, tos e febre, polo que acudíu a urxencias, fixéronlle a proba e quedou en observación, ata que confirmaron que se trataba dun contaxio de COVID 19.

Encóntrase ingresada no CHUO, a súa evolución é favorable, según confirmaron a COPE O Carballiño dende a súa familia.

 

 

23, Marzo 2020

Quixera dar conta da lamentable realidade que estou vendo estes días no pobo de Seoane. Mentres algúns seguimos, estrictamente, o confinamento decretado e non saímos da casa máis que unha vez á semana, pra facer compra no super suficiente pra polo menos unha semana, pra evitar viaxes innecesarios, vemos estas cousas: como outros aproveitan pra sair de paseo polo pobo; fillos, adultos, con pais, que nunca antes se viron de paseo xuntos; nenos correteando e en bicicleta, cando non se ven nin os fins de semana, nin case nos meses de vacacións escolares; xente que vive no Carballiño ou en Ourense e ven "ver a horta", aproveitando o "aburrimento" destes días; xente, xubilados ou maiores de 60 anos, sentados, de a tres ou a catro, xuntiños e ben pegadiños (veciños, non membros dunha familia que vivan xa baixo o mesmo teito), en bancos públicos, ó conto, pasando a tarde; xente que nunca ves a pé, agás estes días, que andan de paseo; outros que aproveitan pra pasear cans que nunca antes sairan de paseo; e un largo etc. E todo isto visto dende a fiestra da miña casa.
É unha pena ver tanta irresponsabilidad; un desexa non ter que sair e ve que a outros lles da igual; que incumplen os mandatos e que non pasa nada de nada, porque aquí ninguen vixía.
De verdade me pregunto se tería que estar un militar, policía, guardia civil... en cada casa, cunha metralleta pra que ninguen se mova?
Cómo pode tanta xente facer burla de tantos que nos esforzamos?
Gracias.
Saúdos.

22, Marzo 2020

Podemos vai achegar por escrito ao grupo de goberno unha série de medidas concretas coa convicción de que o concello do Carballiño non pode permanecer alleo á crise económica e social xerada polo coronavirus, que precisa unha reacción por parte de todas as administraccións, entre elas a municipal.

Para elo, Podemos da algunhas claves, que serían as seguintes:

Modificar os orzamentos, concretamente incrementar a cantidade de 10.000 € recollida na política de gasto de servizos Sociais no subprograma 231,13,480 00, para Emerxencia Social e facer uso da mesma (non como en anos anteriores), recortando en outras áreas como actuacións e espectáculos (subprograma 334,12,227 06 dotado de 45.000 e, por exemplo).

A situación de excepcionalidade require que os orzamentos se modifiquen de acordo á emerxencia social e se adiante as necesidades que poidan aparecer por parte da veciñanza do Carballiño.

Usar e asignar o Remanente de Tesourería (superávit) de 4.000.000 de euros, para axudar as persoas autónomas, PYMEs e comercio local do noso concello de xeito directo, así como para as familias que se verán en situacións difíciles estes días.

Esta dotación e reasignación orzamentaria usarase de xeito discrecional baixo a xestión da Área de Asuntos Sociais e buscará cubrir demandas de alimentos, medicacións, productos de hixiene e outros de primeira necesidade, así como para familias que precisen de pagar alugueiros, subministracións de luz, auga e gas de ser o caso. Quedará aberto a calquera outra necesidade (como podería ser cubrir o custo de transporte en certas situacións de urxencia) se estivese suficientemente motivada.

Os cargos electos, nun xesto de solidariedade e compromiso coa veciñanza, donen ametade das súas asignacións dos meses de marzo e abril para contribuír a sufragar esas necesidades dos colectivos e familias nomeadas no punto anterior.

Creación de un protocolo de Asistencia a Xente sen Fogar. Para dito protocolo constituirase unha unidade de intervención asistencial, seguindo coa lexislación vixente e baixo a formación sanitaria pertinente, para dar asistencia e acollida a persoas sin fogar.

Dotarase e habilitaranse estruturas municipais como o Pavillón de Deportes ou o Cámping do Carballiño para dar acollida a estas persoas.

Tamén correrán por conta do Concello a alimentación básica e o reparto de Kits de limpeza e hixiene corporal, para garantir un mínimo de condicións hixiénicas e vitais dignas, na medida do posible.

Este protocolo de Asistencia dando cobixo, alimento e asistencia, poderase estender a familias que se vexan na necesidade de solicitalo, sexan polos motivos que sexan.

22, Marzo 2020

Parece ser que a empresa que maior número de obreiros ten no Carballiño non quere parar. Polo que 400 personas non todas do pueblo siguen indo a traballar, todos alí. Os do Carballiño os de ourense, portugueses.... 400 personas que volven pas suas casas , van o super, a farmacia o estanco, a panaderia....

400 personas nos mismos vestuarios. 
Que pasa si unha se contagia e hasta e non o sabe durante días. Vai ser GRI responsable de todos os infectados que sairan da fabrica? De todos os que se contagien no Carballiño por culpa de eso? 
Que están esperando a parar de vez e depaso ser responsable da infección de medio Carballiño? Ninguien lle vai decir nada. Os cartos contan pero a saude e as vidas mais

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS