
O Partido Popular recorda que o orzamento do concello do Carballiño para este ano 2020 aprobado inicialmente fai unhas semanas atrás encóntrase en fase de exposición e presentación de alegacións, e co prazo interrompido polo decreto do estado de alarma, polo que estaríase a tempo de adaptálo a esta nova e inesperada situación.
Por elo, os populares piden "deixar a un lado as diferenzas entre os diversos grupos políticos municipais e facer un esforzo conxunto para que o orzamento poida adaptarse para protexer aos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, facéndoos máis sociais e solidarios".
Parécelles ben prolongar o periodo de prazo par o pagamento de impostos e taxas, tal como prevé o goberno municipal, pero entende o Partido Popular que esto non é suficiente, e propón que se estudie suprimir algunhas taxas ou de non ser posible, que os afectados poidan acceder a axudas municipais polo mesmo importe.
Desde o Partido Popular manifesan que debería reaxustarse o orzamento de diversas actividades, que poderían rebaixarse "e deixalas para mellores momentos" e con ese diñeiro axudar a sectores como o comercio, autónomos e pequenas empresas e "axudando a que se manteñan os empregos".
De igual maneira, consideran que "a través da utilización do superavit de 2019 poderíase e deberíase incidir máis na atención a finalidades de carácter social, e tal como xa autorizou o goberno central".
O Partido Popular agarda unha resposta favorable a esta proposta, tanto por parte do grupo de goberno como do resto dos grupos políticos do concello do Carballiño.

"Continúa habendo moita xente polas rúas, moita máis da que debera", dixo en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega.
O rexedor advirtíu a toda a veciñanza que "non haberá máis remedio que comezar a multar, e imos comezar a facélo a todas aquelas persoas que non cumplan coa obriga do confinamento".
O concello agradece á veciñanza o cumprimento estricto das medidas impostas para evitar a transmisión do coronavirus, e cuxa principal norma é “QUEDAR NA CASA”, evitando as saídas dos domicilios ao mínimo indispensable para mercar alimentos, buscar medicinas na farmacia ou por traballo.
E lembra unha vez máis que "a loita contra o coronavirus é unha responsabilidade de todos e todas, e canto menos salgamos á rúa, e adoitemos todas as medidas preventivas anunciadas polas autoridades, menos posibilidades de contaxio haberá, ata que se consiga parar por completo a transmisión".
500 controis durante a mañá
Éste é o cálculo de Francisco Valeiras, o Xefe da Policia Local do Carballiño "paramos a 500 automobilistas e peóns e esto só dende primeira hora da mañá ata primeira hora da tarde, paramos a 500 persoas e escoitamos 500 boas excusas".
A Policia Local avisa que van cmezar a facer algunhas comprobacións sobre aquelas persoas que poidan estar vulnerando a orde de restricción de mobilidade, e fixo un chamamento á responsabilidade á toda a poboación para cumplir as normas do estado de alerta.

A treboada na noite deste pasado xoves acentuou os problemas de filtracións a través do tellado nesta vivenda na Avenida de Compostela do Carballiño, na que residían unha nai e tres fillos menores de idade.
Tras avaliar o estado da contrucción, anegada pola auga, os bombeiros do Carballiño determinaron que o inmoble podía presentar perigo de derrubo e procederon á evacución desta familia, que pasou a noite nas dependencias de Protección Civil.
A primeira hora da mañá, o concello do Carballiño fíxose cargo da situtación, e habilitou a palloza grande do camping municipal para realoxar provisionalmente a esta familia, e ata concretar unha mellor solución, según confirmou nesta emisora de radio o alcalde Francisco Fumega.

Clasificación de la lluvia según la intensidad media en una hora. Agencia Estatal de Meteorología.
Intensidad Acumulación en una hora
DÉBIL entre 0,1 y 2 mm
MODERADO entre 2,1 y 15 mm
FUERTE entre 15,1 y 30 mm
MUY FUERTE entre 30,1 y 60 mm
TORRENCIAL más de 60 mm
El nivel de precipitación en O Carballiño el día 19/03/2020, entre las 18 y las 24h, fue de 15,2 mm. Prácticamente el l más bajo posible, dentro de la catalogación de intensidad de lluvia por hora de la AEMET
Quien quiera entender, que entienda.
Un día máis, e como ven sendo costume no Carballiño, volveu a mexar o gato, mexou en forma de tromba pre-primaveral de 20 minutos. E qué pasou? Rúas anegadas, baixos anegados e total desprotección.
O meu pai ten 74 anos, persoa de especial desprotección ante o COVID-19, reside na Avenida Compostela 59, a nosa casa de toda a vida, xa fora dos meus avós, e agora é do meu pai, e eu pídolle o ceo para que algún día sexa dos meus fillos. Nunca tiveramos ningún problema, pero coma sempre, dende que D. Carlos Montes fora alcalde do Carballiño, e autorizara unha obra, a da mellora do saneamento da rúa Compostela do Carballiño (iso de mellora habería que velo), o noso baixo e a nosa cociña anegouse. O certo é que a obra foi executada pola Xunta de Galicia, na que un técnico titulado, elevou as rasantes dos sumidoiros e puxo unha sección de tubo ridícula, para unha rúa en plena expansión e unha edificabilidade de cinco alturas máis baixo cuberta.
Se buscaramos aos responsables; da Xunta de Galicia, ninguén soubo, devolveron a garantía a Construcións Alea a total satisfacción, a pesares das queixas constantes dos veciños; D. Carlos Montes, coma sempre, de perfil, -así lle foi-; D. Argimiro Marnotes, “eu non sei nada, é culpa do anterior goberno”; D. Francisco Fumega, dará boas palabras e unha palmada no lombo. En resumen, unha xestión dos servizo primarios pésima, á altura do que xa todos coñecemos.
Pero o que eu me pregunto é: se estamos en estado de alarma, e por eses sumidoiros discorren augas pluviais e fecais, e entran nas casas. Eu me pregunto, que non o sei, se o COVID-19 se transmite pola merda, con perdón, será que se poderá denunciar ao Concello do Carballiño por un delito contra a saúde pública? E se meu pai se infectara mentres limpa o seu garaxe do COVID-19, ou de calquera outra enfermidade, que facemos? Recibirei unha palmadiña no lombo, tipo compadre?
O difícil, coma sempre, vai ser buscar aos responsables, que seguramente cobren dedicacións exclusivas e parciais, asistencias a xuntas e comisións, pero de resolver os problemas dos veciños, NADA de NADA.
Para concluír, citarei que este mesmo problema se reproduce, ata onde chega o meu coñecemento, nas rúas Evaristo Vaamonde, na rúa Ourense, na rúa 25 de Xullo (á altura do Fuchela), na rúa Martínez Avellanosa (á altura do Mercadona), e seguro que nalgunha zona máis do Carballiño, que non chega ao meu coñecemento.
En definitiva, volverá a mexar o gato, e persistirá o mesmo problema.
Jesús González González

Tras anegárselle parte da vivenda e producirse importantes danos na construción, para evitar o risco que presentaba o inmoble de derrube, os moradores da vivenda- unha nai e tres fillos menores- tiveron que abandonar a casa e pasar a noite nas dependencias dos efectivos de Protección Civil da localidade.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:00 horas deste xoves. Foi a esa hora cando a mesma persoa, inquilina da vivenda situada na Avenida de Compostela do Carballiño, chamou para pedir axuda.
Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron da situación á Policía Local, aos bombeiros do Carballiño e aos efectivos de Protección Civil.
Dende fai anos, veciños tanto da Avda. de Compostela como da rúa Serra Martiñá veñen denunciando o probema de anegacións de baixos e sotos de edificios nesta zona do Carballiño cando se producen fortes trombas de auga como a rexistrada na noite deste pasado xoves.

A Asociación de Veciños de Partovia pon en marcha este servizo solidario e de atención aos seus conveciños en caso de necesidade e durante o tempo que permaneza esta situación absolutamente excepcional que estamos vivindo.
A través dun comunicado, o colectivo veciñal manifesta que "a situación de emerxencia sanitaria que estamos a pasar e como consecuencia de esta, e o confinamento o que estamos obrigados a facer, os membros da directiva da asociación poñémonos a disposición da veciñanza da parroquia e de todo aquel que o precise".
Aclaran dende a asociación veciñal que esta iniciativa "vai orientado a xente que por calquera motivo non pode facer acopio de medicamentos ou alimentos por o seu propio pé. Estamos nun momento delicado onde a sociedade en xeral debemos de estar unidos e apoiarnos entre nòs, non nos queda outra".
E subliñan que "a un lado hai que deixar temas políticos e de outra índole que non levan a nada, so facer o burato mais grande".
Os teléfonos de contacto son: Ernesto 685469572 e Laura 646472334

A área sanitaria de Ourense, da que dependen as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, comeza a facer os tets rápidos do coronavirus, sen baixarse do coche, para todas aquelas persoas que presenten os sintomas, en todo caso con cita previa que debe pedirse con antelación.
QUE FACER SE SE SOSPEITA DE TER CORONAVIRUS? Permanecer no domicilio, chamar ao teléfono 900400116 e esperar ao diagnóstico telefónico dos sanitarios de Medicina Preventiva, que decidirán se é conveniente someterse á proba. Se por autonomía e proximidade ao hospital pode desprazarse en coche, daráselle cita. En caso contrario, avaliando a súa situación persoal, irá un equipo ao seu domicilio,
QUEN PODE FACERSE As PROBAS? Só as persoas que teñan cita concertada polo CHUO, que avisará por SMS da hora da cita e o punto exacto ao que se debe acudir. Débense padecer síntomas leves. Nunca se pode acudir sen cita, de maneira unilateral. Ademais, en caso de ser parado polas autoridades, o SMS enviado polo CHUO servirá de xustificación do desprazamento.
CANTO TEMPO FUNCIONA? Todos os días da semana, en horario de mañá e tarde. Incluído fins de semana e festivos.
ONDE SE ACODE? A xerencia da área sanitaria habilitou un circuíto de entrada e saída perfectamente sinalizado, na traseira do edificio Santa María Nai. Alí, haberá un punto de estacionamento, cun profesional de enfermería e un técnixo auxiliar. Só baixando a ventanillla tomarase a mostra. Pode facerse un test cada cinco minutos.
QUE FACER Ao CHEGAR? Parar o vehículo no punto sinalado, non baixar en ningún momento do coche, baixar o portelo e esperar as indicacións dos sanitarios. Ao acabar, abandonar o lugar e regresar ao domicilio para esperar os resultados.

O concello de Cea puxo en marcha un operativo de desinfección de edificios públicos, espazos e mobililiario público, trátase dunha das medidas acordadas polo goberno municipal que preside o alcalde José Luis Valladares e que inclúe tamén un servizo municipal para atender durante a crise do coronavirus a aquelas persoas que viven soas ou presentan factores de risco.
No concello de San Cristovo de Cea algunhas aldeas están a 16 kilómetros de distancia da capitalidade municipal, polo que este servizo cobra aínda máis importancia nesta situación de estado de alerta. Para solicitar este servizo tan so é preciso chamar ao teléfono 988 282 000.
Tamén o concello de Piñor ten operativo un servizo de idénticas características e finalidade, que pode solicitarse no teléfono 629 828 194.
No concello de San Amaro tamén se atenderá especialmente ás persoas que se encontran nos grupos de risco, levándolle alimentos, medicantos e outros productos de primeira necesidade ao seu domicilio, o teléfóno do concello para solicitálo é o 988 288050.
O concello de Avión habilita o teléfono 679 661 538 para aquelas persoas do municipio que teñan algunha necisidade de carácter imprencindible e non poidan desplazarse, tamén o concello de Avión conta con algunhas localidades que están ata 15 kilómetros de distancia da capitalidade municipal.

A casa do concello do Carballiño volveu acoller una reunión da comisión municipal de seguimento pola crise do coronavirus, na mema informouse do traballo de desinfección que se efectúa nos accesos aos supermercados, praza de abastos, centro de saúde, farmacias, Xulgado, Facenda, Cáritas, Cruz Vermella, estancos, tanatorios, Grumir e outros espazos públicos.
Tamén se analizou o Servizo de axuda ás persoas maiores que viven soas para mercar alimentos ou solicitar medicinas.
Ainda que desde que se puxo en marcha este servizo só o solicitou unha persoa, lémbrase que seguirá operativo mentres dure a cuarentena.
Calquera persoa que o necesite pode chamar en horario de 09,00 a 14,00 h., aos seguintes teléfonos: 988 530007 (Concello) 988 531076 (Servizos Sociais)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- …
- seguinte ›
- última »