
A concellería de Medio Ambiente, que coordina Rita Soto, está ultimando un programa de acondicionamento das fontes ornamentais da vila.
Trátase de solventar os problemas derivados, según os casos, de averías producidas nos sistemas de auga e iluminación ou de obsolescencia dos equipos ou compoñentes destes sistemas. O obxectivo é conseguir que funcionen regularmente, para que as fontes podan cumplir o cometido para o que foron creadas.
No programa prevese comezar por aquelas fontes que leven máis tempo en situación disfuncional, e que se atopan en lugares moi significativos da vila, como son a fonte-estanque da escultura Muntem, na Praza do Emigrante, e a fonte situada na Praza da Constitución.
A vila do Carballiño conta con seis fontes ornamentais, incluida a fonte histórica do Concello, na baixada a Flores.
Así, están a fonte-estanque da escultura Munten, a fonte da rotonda da Alameda, a fonte da Praza Emilia Pardo Bazán, a fonte da Praza das Galiñas e a fonte da Praza da Constitución. Tamén son fontes ornamentais as pirámides da Alameda e Praza do Emigrante, pero están totalmente inoperativas como fontes, e só cumplen a función de lucernarios e respiradoiros do parking.

O Grupo Popular no concello do Carballiño ven de solicitarlle ao Grupo de Goberno que se proceda a convocar aos portavoces municipais, para manter unha reunión respecto do CORONAVIRUS, e se organice o Concello para calqueira das situacións que se poidan prever e se faga un protocolo propio de actuación.
O Concello do Carballiño,afirman os populares, nin ten tomado medidas preventivas cos seus traballadores nin tampouco nos distintos espazos municipais e consideran que certas actuacións si que se poden facer.
Outros Concellos, asegura o Partido Popular do Carballiño, xa están a traballar nesto, tomando medidas preventivas propias, e consideran que O Carballiño tamén ten que facelo.
Querido D. Flaco, querido Zapas, me pongo en contacto contigo a través de este medio por que se que lo sigues. Creo que tú mismo te estas envenenando con tanto odio acumulado hacia quienes no piensan como tú, que por cierto creo que es una población que va *increscendo. Sacaste el baston de defensor de tú compañera en el Pleno tras el desafortunado comentario *machista, eso sí, no sin antes reirte a carcajadas.... que quiere decir esto, pues que en realidad solo buscas tú beneficio y has visto ahí un filón para empuñar tu bandera de defensor de la mujer y de progre .
Mi humilde consejo es que dejes trabajar a quien trabaja, que dejes de poner trabas a quien hace cosas y que aunque tú no lo creas, estás generando odio, muy poco recomendable de cara a las elecciones.
Coronavirus


A productora responsable do ciclo de monólogos "O Carballiño Comedy 5" ven de comunicar a suspesión do espectáculo de Moncho Borrajo, programado para este domingo 15 de Marzo no auditorio municipal do Carballiño.
Na comunicación difundida pola empresa promotora non se fai referencia á alerta sanitaria polo coronavirus como motivo desta suspensión e afírmase que é debido "a motivos persoais e ineludibles do artista Moncho Borrajo".
Piden disculpas por esta suspensión e comprométense a buscar outra data "para gozar no Carballiño do talento de Moncho Borrajo".
Tamén comunican que o diñeiro das entradas vendidas, será devolto a través da mesma canle pola que foron adquirídas.

O forte temporal acaecido o 21 de decembro pasado, e que provocou a caída dun piñeiro de grandes dimensións sobre a estrada entre O Carballiño e Ribadavia, á altura do Torrón, non só deixou cortado este vial unha boa parte da noite, senón que afectou á base do cruceiro que se atopa na beira do monte onde tivo lugar o incidente.
Ante o perigo de derrube do cruceiro, a Concellería de Medio Rural, que dirixe Rosa Fuentes, leva realizando hai tempo os trámites pertinentes ante Patrimonio para proceder ao seu traslado a outra ubicación. Entre estes trámites figura un informe documentado que lle foi encargado pola concelleira ao historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e que acaba de rematar.
Polo tanto, agárdase que en breve se consiga a autorización para trasladar o cruceiro de lugar sen que sufra ningún dano e contribuir así á súa preservación. Estúdanse varias ubicacións posibles, e para isto mantéñense conversas cos veciños.
Dase a circunstancia de que este cruceiro xa fora trasladado nos anos 90 do seu emprazamento orixinal a raíz da construcción do Eixo do Ribeiro, e, de feito, dende aquela ubícase nun monte que é propiedade privada.

Momentos de confusión no pleno de aprobación dos orzamentos celebrado esta mañá por parte da corporación municipal do Carballiño.
A condición de directivos de clubs que reciben subvencións directas, nominativas, consignadas nos orzamentos deste ano, por de dous concelleiros do grupo de goberno socialista provocou esta situación, que levou aos grupos da oposición a anunciar que ambos serían recusados por entender que estarísase vulnerando a legalidade. É o caso de Manuel Sotelo, directivo de CD Arenteiro e Silvia Baranda, directiva do Carballiño Fúbol Sala.
Tras momentos de moita confusión, o alcalde decidíu dar continuidade ao pleno e tras unha intervención do Secretario e Interventor muncipais, e tras aclarar éstes que o acordo de aprobación dos orzamentos sería legal, outra cousa sería despóis poder facer efectiva as subvencións aos clubes nos que figuran como directivos os citados concelleiros.
Finalmente, e chegado o momento da votación, Manuel Sotelo ábstivose, mentres os oito membros restantes do grupo socialista votaron a favor, incluida Silvia Baranda, tras manifestar que presentara a renuncia como directiva do Carballiño Fútbol Sala. Como queira que os tres grupos da oposición votaron en contra, producíuse un empate, que desfixo o alcalde co seu voto de calidade.
No caso de prosperar a recusación á concelleira Silvia Baranda, o acordo sería nulo, tal como advertiron dende a oposición municipal.

O grupo municipal socialista (na foto) contou co apoio do grupo de goberno do Partido Popular, polo que a moción que presentou ante o pleno da corporación foi aprobada por unanimade.
Na mesma, acórdase que o concello do Irixo se interese por un novo enlace da autovía Ourense-Santiago, en dirección Ourense, a altura do concello de Dozón, na parte próxima á parroquia de San Cosme de Cusanca. Tamén que se requira a colaboración tanto da Xunta como das Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra para a mellora da estrada de San Cosme de Cusanca, entre O Irixo e Dozón, para asi facilitar un acceso á vecñanza do Irixo coa AG-53.
Nesta mesma sesión de pleno tamén foron aprobadas, e tamén por unanimidade, outras dúas mocións do grupo municipal socialista, unha para que o concello presente unha queixa formal ante a empresa subministradora de enerxía eléctrica polos cortes no suminstro que sufríu o municipio nos últimos meses, e a outra para pronunciarse sobre "os recortes de servizos sanitarios nos hospitais da provincia de Ourense"
Sinais caídas sobre o solo, e tramos que se fan practicamente intransitables ou transitables con moitas dificultades, con árbores caídas sobre os sendeiros, cando non a maleza e o deterioro debido a falla de mantemento, éste é o estado no que se encontra este roteiro natural que percorre polas parroquias carballliñesas do Varón e Partovia.
O Ministerio de Medio Ambiente investira neste proxecto 1,5 millóns de euros sendo a titular do Ministerio a ourensana Elena Espinosa, no ano 2008, e con Carlos Montes na alcaldía do Carballiño.
Usuarios deste roteiro natural fixeron chegar a esta emisora de radio as súas críticas polo estado de abandono e deixadez no que se encontra, e piden aos responsables municipais do Carballiño que presten atención para un recurso natural e turístico totalmente infravalorado.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do Concello de Leiro.
Este contrato, que foi adxudicado á empresa Diagrama Ingeniería Galicia S.L por un investimento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses.
A intervención consistirá na renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro.
As actuacións teñen como obxectivo resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se veñen producindo neste treito de condución que abastece á ETAP e ao depósito de Leiro.
Para isto, no proxecto analizarase a situación actual destas instalacións e definirase o conxunto de actuacións necesarias para acadar a mellora na rede de subministro de auga neste municipio de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- …
- seguinte ›
- última »