
A productora responsable do ciclo de monólogos "O Carballiño Comedy 5" ven de comunicar a suspesión do espectáculo de Moncho Borrajo, programado para este domingo 15 de Marzo no auditorio municipal do Carballiño.
Na comunicación difundida pola empresa promotora non se fai referencia á alerta sanitaria polo coronavirus como motivo desta suspensión e afírmase que é debido "a motivos persoais e ineludibles do artista Moncho Borrajo".
Piden disculpas por esta suspensión e comprométense a buscar outra data "para gozar no Carballiño do talento de Moncho Borrajo".
Tamén comunican que o diñeiro das entradas vendidas, será devolto a través da mesma canle pola que foron adquirídas.

O forte temporal acaecido o 21 de decembro pasado, e que provocou a caída dun piñeiro de grandes dimensións sobre a estrada entre O Carballiño e Ribadavia, á altura do Torrón, non só deixou cortado este vial unha boa parte da noite, senón que afectou á base do cruceiro que se atopa na beira do monte onde tivo lugar o incidente.
Ante o perigo de derrube do cruceiro, a Concellería de Medio Rural, que dirixe Rosa Fuentes, leva realizando hai tempo os trámites pertinentes ante Patrimonio para proceder ao seu traslado a outra ubicación. Entre estes trámites figura un informe documentado que lle foi encargado pola concelleira ao historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e que acaba de rematar.
Polo tanto, agárdase que en breve se consiga a autorización para trasladar o cruceiro de lugar sen que sufra ningún dano e contribuir así á súa preservación. Estúdanse varias ubicacións posibles, e para isto mantéñense conversas cos veciños.
Dase a circunstancia de que este cruceiro xa fora trasladado nos anos 90 do seu emprazamento orixinal a raíz da construcción do Eixo do Ribeiro, e, de feito, dende aquela ubícase nun monte que é propiedade privada.

Momentos de confusión no pleno de aprobación dos orzamentos celebrado esta mañá por parte da corporación municipal do Carballiño.
A condición de directivos de clubs que reciben subvencións directas, nominativas, consignadas nos orzamentos deste ano, por de dous concelleiros do grupo de goberno socialista provocou esta situación, que levou aos grupos da oposición a anunciar que ambos serían recusados por entender que estarísase vulnerando a legalidade. É o caso de Manuel Sotelo, directivo de CD Arenteiro e Silvia Baranda, directiva do Carballiño Fúbol Sala.
Tras momentos de moita confusión, o alcalde decidíu dar continuidade ao pleno e tras unha intervención do Secretario e Interventor muncipais, e tras aclarar éstes que o acordo de aprobación dos orzamentos sería legal, outra cousa sería despóis poder facer efectiva as subvencións aos clubes nos que figuran como directivos os citados concelleiros.
Finalmente, e chegado o momento da votación, Manuel Sotelo ábstivose, mentres os oito membros restantes do grupo socialista votaron a favor, incluida Silvia Baranda, tras manifestar que presentara a renuncia como directiva do Carballiño Fútbol Sala. Como queira que os tres grupos da oposición votaron en contra, producíuse un empate, que desfixo o alcalde co seu voto de calidade.
No caso de prosperar a recusación á concelleira Silvia Baranda, o acordo sería nulo, tal como advertiron dende a oposición municipal.

O grupo municipal socialista (na foto) contou co apoio do grupo de goberno do Partido Popular, polo que a moción que presentou ante o pleno da corporación foi aprobada por unanimade.
Na mesma, acórdase que o concello do Irixo se interese por un novo enlace da autovía Ourense-Santiago, en dirección Ourense, a altura do concello de Dozón, na parte próxima á parroquia de San Cosme de Cusanca. Tamén que se requira a colaboración tanto da Xunta como das Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra para a mellora da estrada de San Cosme de Cusanca, entre O Irixo e Dozón, para asi facilitar un acceso á vecñanza do Irixo coa AG-53.
Nesta mesma sesión de pleno tamén foron aprobadas, e tamén por unanimidade, outras dúas mocións do grupo municipal socialista, unha para que o concello presente unha queixa formal ante a empresa subministradora de enerxía eléctrica polos cortes no suminstro que sufríu o municipio nos últimos meses, e a outra para pronunciarse sobre "os recortes de servizos sanitarios nos hospitais da provincia de Ourense"
Sinais caídas sobre o solo, e tramos que se fan practicamente intransitables ou transitables con moitas dificultades, con árbores caídas sobre os sendeiros, cando non a maleza e o deterioro debido a falla de mantemento, éste é o estado no que se encontra este roteiro natural que percorre polas parroquias carballliñesas do Varón e Partovia.
O Ministerio de Medio Ambiente investira neste proxecto 1,5 millóns de euros sendo a titular do Ministerio a ourensana Elena Espinosa, no ano 2008, e con Carlos Montes na alcaldía do Carballiño.
Usuarios deste roteiro natural fixeron chegar a esta emisora de radio as súas críticas polo estado de abandono e deixadez no que se encontra, e piden aos responsables municipais do Carballiño que presten atención para un recurso natural e turístico totalmente infravalorado.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do Concello de Leiro.
Este contrato, que foi adxudicado á empresa Diagrama Ingeniería Galicia S.L por un investimento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses.
A intervención consistirá na renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro.
As actuacións teñen como obxectivo resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se veñen producindo neste treito de condución que abastece á ETAP e ao depósito de Leiro.
Para isto, no proxecto analizarase a situación actual destas instalacións e definirase o conxunto de actuacións necesarias para acadar a mellora na rede de subministro de auga neste municipio de Leiro.
Os dous actos organizados este 8 de Marzo no Carballiño reuniron a máis de 400 persoas na matinal deste domingo, na que a escultura da polbeira da Praza Maior, á que vestiron cun mandil, é sen dúbida a fotografía da xornada.
A Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño foi a promotora desta acción reividicativa, que acompañou cun tendal na Praza Maior na que se colgaron os mandís, unha iniciativa para chamar a atención sobre a situación que viven as mulleres coidadoras de cativos e maiores, sen recoñecemento nin económico nin de cobertura social "que recibirán pensións miserables".
Ao mediodia, unha manifestación que percorreu durante 45 minutos as rúas máis céntricas do Carballiño e a lectura dun manifesto na Praza Maior, completaron esta convocatoria de AMICA, unhos actos nos que partiiciparon máis de 200 persoas, mulleres e homes, e nun ambiente feminista moi reivindicativo.
Antes, ás 10 da mañá e previa a lectura dun manifesto a cargo da concelleira de igualdade Guadalupe Sobrado, partíu da Praza Maior a Andaina "O Carballiño camiña pola igualdade", que se ven celebrando dende fai varios anos dentro do programa do concello carballiñés con motivo da celebración do 8 de Marzo.
Os incidentes cualificados como machistas rexistrados no pleno da corporación municipal do Carballiño a pasada semana condicionaron a participación dos grupos políticos nesta xornada, xa que ningún representante dos grupos da oposición municipal participaron na andaina organizada polo concello, mentres que sí acudiron á convocatoria da Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño

"Fai 764 días dende o 1 de febreiro de 2018 que se aprobara en pleno o poder ter unha ordenanza de Emerxencia social a petición do Grupo Popular",poñen de manifesto dende esta formación política.
Según os poñulares "455 días ata o 2 de maio de 2019 en ter aprobado inicialmente esta ordenanza en pleno".
E tamén aseguran que "agora levan 242 días sen contestar as 6 alegacións que se presentaron o 8 de xullo de 2019".
Dende o Partido Popular manifestan que "sendo esto grave, unha partida que no seu día o Alcalde Fumega comprometía en 40.000 euros anuais, quedou en 20.000€ no ano 2019 e pasa a 10.000€ nos orzamentos previstos para o ano 2020 e con todo, motivado da falta de ordenanza, resulta que durante o ano 2018 só se gastaron 300€ e no 2019 foron 1.854,85€".
Engaden que "o concello do Carballiño, así segue a derivar a todas/os las veciñas/ños que precisan de axudas, para solventar situacións puntuais de emerxencias que poden cubrir gastos como aluguer, recibos de luz, auga ou teléfono, ou situacións transitorias á espera de axudas doutras administracións, a asociacións beneficas como Caritas e Cruz Vermella que fan unha laboura encomiable, e que a subvención que lles da o Concello do Carballiño, tería que ser para cubrir gastos de funcionamento".
Nunha sociedade moderna e solidaria, ten que estar o Concello para estas necesidades e non deixando a responsabilidade en asociacións benéficas,proclaman os populares.
E conclúen anunciando que "o Partido Popular pedirá que de unha vez por todas se remate este expediente de ordenanza de emerxencia social, para que poida ser de aplicación canto antes, e pedirá non obstante as reponsabilidades a quen corresponda, pois parécenos, canto menos, un acto de irresponsabilidade".

Os tres grupos da oposición municipal, Partido Popular, Espazo Común e BNG, ademáis de Podemos, fixeron público que non asistirán aos actos organizados polo concello do Carballiño con motivo do Día Internacional da Muller, fano en sinal de protesta tanto polo incidente protagonizado polo concelleiro Manuel Sotelo como a falla de reprobación por parte do alcalde e do grupo de goberno no pleno do pasado lúns, asi como a posterior comparecencia do concelleiro socialista que, entenden, aínda agravou máis a polémica suscitada.
Ademáis, o BNG fixo público un comunicado no que insta ao alcalde a retirarlle todas as competencias en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero ao concelleiro Manuel Sotel.
O BNG manifesta que "diante da lamentable situación acontecida o pasado día 2 no pleno do Concello do Carballiño, onde a nosa compañeira e voceira Sofía García Hermida, quen estando no uso da palabra, tivo que soportar a machista e groseira interrupción do concelleiro, o Sr. Manuel Sotelo, así como a actitude cómplice do resto de membros do grupo de goberno do PSOE que riron a cachón tal fazaña, censuramos
sen ningún tipo de paliativos a falla de talante democrático amosado polo grupo de goberno e nomeadamente do alcalde, señor Fumega, por non ter saido inmediatamente, e de forma colexiada a facer unha condena expresa do acontecido na sesión plenaria".
Engade a formación nacionalista que "é moi evidente, basta con ver a gravación do pleno, que o señor Sotelo non trata de igual xeito a homes que a mulleres e non é capaz de recoñecer un acto de machismo tan indiscutible, cremos que non está, en absoluto, capacitado para exercer competencias relacionadas cunha materia tan sensible coma a defensa dos dereitos da muller".
Por iso, a través deste escrito instan ao alcalde do Carballiño a retirarlle de xeito inmediato todas as competencias en materia de igualdade e violencia de xénero asignadas ao concelleiro en cuestión" unmha petición que o o BNG fundamenta "nas finxidas, forzadas e ofensivas desculpas posteriores do Sr.Sotelo.
O BNG non aprecia "ningúnha asunción da súa maleducada e machista intervención, autoxustificandose nun pronto, mintindo sobre a falla de ocasión de pedir disculpas a unha voceira da que nin se molestou en aprender o apelido e coa que viña de estar reunido unha hora nunha comisión, e rematando cunha frase tan elocuente como que “con ela non teño nada que falar” desprendéndose de todo isto que a súa saída ós medios, foi forzada pola gravidade recoñecida pero non asumida dos feitos, saída, seguramente, propiciada polo valente alcalde, que novamente ocúltase nunha covardía vomitiva tentando quitarse o problema de enriba sen lixarse", subliñan.
Advierten que "de non ser atendida tal petición o BNG reservase as accións que considere oportunas nos ámbitos correspondentes".
E por último dende o Bloque Nacionalista Galego agradecen "a multitude de mostras de afecto e solidariedade para a nosa compañeira Sofía García, por parte de veciños e veciñas, movimento asociativo e grupos políticos, nomeadamente Podemos, Espazo Común e Partido Popular, grazas a tod@s".

Este domingo 8 de marzo con motivo do día da muller AMICA convocou un acto no que se reivindicará "que a día de hoxe segue sendo a muller a responsable dos coidados, ven sexa na casa ou coas persoas, nenos ou maiores". "Tareas organizativas da familia e todo elo sin recoñecemento como traballo en sí, nin remunerado, nin cotizado.
O que leva a miserables pensións no futuro para aquelas mulleres que dedicaron a súa vida a este tipos de coidados e unha sobrecarga persoal e vital para aquelas que os asumen a maoires da súa profesión", remarcan dende esta asociación feminista carballiñesa.
Como representación de mulleres coidadoras que o 8M colgan as suas tarefas en protesta e reivindicación dun recoñecemento social e económico , Amica convida a que todas aquelas mulleres que queiran se sumen á marcha cos seus mandís, as 12:00 do domingo dediante do concello e percorrerá varia rúas ata a chegada á Praza Maior onde colgarán os seus mandís en sinal de protesta. Animan dende a Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño a todas as mulleres que non poidan achegarse por mor de non poder abandonar as súas tarefas de coidadoras que colguen os seus mandís para visivilizar que ainda querendo non poden deixar o seu traballo.
Posteriormente leeráse un manifesto elaborado por esta agrupación feminista que loita "pola visibilización de todo o que aínda queda por avanzar para acadar a igualdade".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- …
- seguinte ›
- última »