27, Setembro 2024

En COPE O Carballiño comezamos unha nova tempada na Tertulia dos Venres.

Nesta primeira tertulia do novo curso participaron José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal.

Escóitaa aquí:

26, Setembro 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Redondo, para abordar posibles solucións á "complexa situación" que atravesa este organismo polo reducido número de concellos que o integran.

Dos nove concellos da comarca carballiñesa que integraban a entidade cando se creou a Mancomunidade, a maioría deles, que son cinco foron abandonandoa progresivamente, os concellos do Carballiño, Maside, Punxín, San Cristovo de Cea e o último en facélo, o concello de Piñor.

No pleno celebrado esta semana pola corporación municipal do Irixo, debatiuse a proposta para a saída da Mancomunidade por parte desde concello, aínda que a decisión aprazouse tras o debate, e por non ir acompañada a proposta dun estudo económico.

Os seus alcaldes, tanto do PSOE como do Partido Popular, xustificaron a saída da Mancomunidade sempre en base a criterios económicos, dando a entender que resultan máis viables e de menor coste os servizos xestionados directamente polos respectivos concellos.

Neste contexto actual, "o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade co obxectivo de garantir a prestación dos seus servizos como poden ser a atención temperá, a axuda no fogar ou o de desbroces nos concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro -adheridos a este organismo-, así como para potenciar a súa presenza na comarca", aseguran nun comunicado emitido pola entidade provincial.

26, Setembro 2024

Después de escuchar a nuestra señora alcaldesa en la ser  hablar del nivel de las gente de irixo 

Mejor Mírese usted el nivel que le esta dando a nuestro ayuntamiento que da pena oírla señora alcaldesa 

26, Setembro 2024

Como se pode apreciar o lixo sen recoller estendese por Boboras de este a oeste, de Moldes a Cardelle,, de onde son as imaxes, levando dende maio así sen  que se recolla, e dando unha pesima imaxen.

O recibo do lixo sube cada vez mais, pero o servizo vai a peor, calquera pode entender que non se poden recoller as cousas dun dia para outro, pero botar varios meses ahi tirados, sabendo os responsables que esta ahí, non e normal.

25, Setembro 2024

A Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño, a través da concellería de Termalismo e da de Turismo, organizaron unha visita á vila termal do Carballiño dirixida ás delegacións internacionais representadas en Termatalia e aos investigadores e relatores do Congreso Internacional da Auga da Universidade de Vigo.

A deputada provincial de Política Social, Patricia Torres, participou nesta xornada técnica que permitiu aos participantes visitar a única vila da provincia con dous balnearios en funcionamento. Durante a mesma, puideron coñecer as instalacións dos dous balnearios do municipio, así como afondar na historia e tradición desta vila termal da man do seu alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de termalismo do concello carballiñés, Elvira Torres.

Esta visita técnica a O Carballiño permitiu promocionar o presente e o futuro termal da vila entre profesionais e expertos mundiais que traballan no ámbito do termalismo.

25, Setembro 2024

A 41 edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía de Canto Coral trae este sábado 28 de setembro (20:00 horas) ao auditorio do Carballiño á Coral Santa María de Oleiros e ao Grupo Coral da Gaia, da localidade portuguesa de santa María da Feira.

Xunto ás dúas agrupacións invitadas, completa o programa os organizadores e anfitrións da Coral Polifónica do Casino do Carballiño. A entrada ao auditorio será gratuíta.

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a José Antonio Barge (Secretario) e Jaime Gonnzález Pichel (Director) da Coral Polifonica Casino do Carballiño

24, Setembro 2024

Tenso pleno celebrado esta mañá por parte da corporación municipal do Irixo, convocado con carácter extraordinario por iniciativa do grupo popular, que contou co apoio do concelleiro Juan Manuel Villanueva e sumaron maioria para retirarlle o soldo e as competencias delegadas á alcaldesa Susana Iglesias.

O portavoz do Partido Popular, Mnauel "Lito" Cerdeira lamentou en COPE O Carballiño e mesmo pedíu perdón á veciñanza do Irixo polo acontecido nesta sesión plenaria, na que asegurou que "en 20 anos que levo en política nunca vivín nada asi" en referencia aos instultos e ataques personais que -asegurou- tiveron que soportar no transcurso do pleno.

Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño:

23, Setembro 2024

Os alumnos do IES Chamoso Lamas gañan o primeiro premio na sección de cine feito por escolares do Festival Internacional de Curtas de Bueu (FicBueu) coa súa película Cen anos doces, realizada fai dous cursos por un grupo de alumnos de 3º de ESO.

A curta foi escrita, rodada e montada por eles mesmos coa axuda do grupo de profesores de audiovisuais do centro, e nela reflicten a vida de tres xeracións da familia Cerviño adicadas á respostería.

O documental era un complemento á exposición fotográfica que estes mesmos alumnos, en compañía doutros compañeiros do mesmo nivel educativo, realizaron sobre a Confitería Cerviño, e que se pode ver aínda exposta na rúa a carón da propia pastelería.

Na foto podedes ver a Nerea Rodríguez, profesora que participou no proxecto e titora dos alumnos que realizaron a curta e a Francis Meneses, que segue no centro e na actualidade cursa 1º de Bacharelato, e que porta a distinción do Ficbueu á mellor película de Educación Secundaria nesta a súa 17 edición.

21, Setembro 2024

Boas, quero denunciar públicamente todo o que está facendo a empresa que fai a obra para Avatel en Corzos. Xa está ben de mirar pra outro lado por parte das administracións municipais e darlle carta libre sen facer cumprir a lexislación. Nestos días atrevéronse incluso a barrabasada de pasar a rozadora por riba do tableiro de formigón da ponte sobre a carretera Ribadavia-Cea a altura do ximnasio comprometendo a seguridade da sua estructura. É imposible que a consellería de turno da Xunta dise licenza para acometar a obra de tal xeito. Somentes é posible facelo colocando duas arquetas a cada lado da ponte e pasando os tubos vistos ben grapados os pretiles de formigón existentes na parte superior ou ben grapados pola cara inferior a viga de formigón pretensado. Outra solución sería facer a beirarrua nesa ponte, que o ancho da mesma quedou preparado para facela e aproveitar o espesor da mesma para pasar os tubos sen necesidade de tocar a estructura da ponte. Xa non falamos da solución de toda a vida, nada estética, pero eficaz de colocar cadanseu poste a cada lado da ponte para salvar o problema. En ningún caso se pode facer a toleria de pasar directamente a rozadora sobre a estructura do tableiro de formigón da ponte. Esa ponte somentes ten un baño superficial de asfalto que nin siquera terá un centímetro de espesor. Unha auténtica animalada o que fixeron, ou que están facendo, porque inda andan por alí traballando.

Como non conto que Cadavid e compañia fagan nada o respecto informarei en persoa e por escrito dos feitos na delegación en Ourense na conselleria de turno.

Saudos.

 

20, Setembro 2024

Venres 20, ás 00.00 horas comezará o folión anunciando as festas. A verbena estará animada pola orquestra New York e Aqua Music.

Sábado 21, nesta xornada festiva haberá alborada con Feitizo de Pau e verbena coa orquestra Aché e o grupo América SL.

Domingo 22, a Banda Municipal de Celanova será a encargada de animar o pasacalles e de ofrecer, ademais, un concerto. A animación musical da xornada correrá a cargo de Feitizo de Pau.
A orquestra París de Noia e o grupo Zona Zero amenizarán a verbena.

Luns 23, no último día de festa a a Banda de Música Popular de Muimenta realizará un concerto e a orquestra Os Satélites e a charanga Ardores poñerá a nota musical á verbena.

Na programación relixiosa, o domingo 22 haberá misas rezadas ás 9, 10 e 11 da mañá e solemne con procesión e homenaxe á Virxen na Praza do Santo Cristo ás 12 do mediodia.
O lúns 23, misas rezadas ás 9, 10 e 11 da mañá e solemne con procesión ás 12 do medidaida, a misa será cantada pola coral "Lembranzas" de Pontevedra. Ademáis á medianoite terá lugar unha gran tirada de fogos de luz a cargo da parroquia.

No PODCCAST de COPE O Carbaliño podes escoitar a entrevista ao alcalde de Cea, José Luis Valladares.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS