
Se a do ano pasado fora sen dúbida a mellor da súa historia, a 26ª Festa da Cachucha, a deste 2020 resultou a máis flouxa dos últimos anos.
Tan so á hora do xantar nos restaurantes carballiñeseses que servían o cocido de cachucha mantívose a afluencia de comensais, aínda que en menor número do ano pasado, e nalgún restaurante mesmo tiveron cancelación de reservas.
Tampouco o ambiente no desfile matinal foi o de outros anos, e eso que durante toda a mañá non houbo chuvias, pola tarde a celebración pasou practicamente desapercibida.
Sen dúbida, que o tempo condicionou negativamente a convocatoria, asi como a suspensión das actividades festivas da tarde, tanto o desfile de comparsas como a actuación da orquestra. Precisamente, algunhios hosteleiros non comparten a decisión de anunciar a suspensión das actividades con tanta antelación, fíxose na mañá do venres, o que tamén tería restado afluencia de visitantes.

A Sociedade Proincasa, propietaria dos terreos, renuncia ao proxecto inicicial que tiña previsto a construcción de cinco novos bloques de vivendas, que deberían sumarse aos tres xa iniciados e paralizados na súa construcción dende fai anos.
No estudo de detalle tramitado ante o concello do Carballiño, e inicialmente aprobado pola Xunta de Goberno, contémplase a ordenación dos 10.290 m2 que tén de superficie a parcela, sita ao leste da estación de ferrocarril do Carballiño, e con fachada á Avenida 25 de Xullo e á explanada de acceso á estación.
O novo proxecto mantén a licenza para os tres bloques de vivendas xa iniciados, cun total de 81 vivendas, mentres que en substitución dos cinco bloques restantes, dispónse unha nova edificación para uso comercial, que ocupa 3.060 m2 e cunha superficie construída total no conxunto de dúas plantas de 6.120 m2.
Aínda que o proxecto foi tramitado a instancias da sociedade Proincasa, por ser a propietaria dos terreos, fontes consultadas por COPE O Carballiño apuntan á firma valenciana Mercadona como promotora da superficie comercial, e coa finalidade abrir un gran supermercado nesta ubicación.
O concello deberá agora someter o expediente a información pública durante o prazo dun mes para que as persoas ás que poida interesar poidan examinar o mesmo e, se é o caso, presentar as alegacións que consideren oportunas.
No Grupo Municipal do Partido Socialista de LEIRO fáisenos difícil de entender a postura do BNG, polo rexeitamento dunha enmenda o cal era beneficiosa o conxunto da veciñanza do noso municipio e que coa única razón de que si o portavoz do BNG aprobaba a nosa enmenda o Grupo do Goberno do Partido Popular non votaba a favor de dita Moción a cal iba sobre a declaración do Concello libre de Glifosato, e por outro lado si aprobou este mismo portavoz a enmenda que presentou o Partido Popular coa única intención de que lle fora aprobada a moción “o mundo o revés”.
Os socialistas de Leiro queremos trasladar a opinión pública que a nosa enmenda tiña como propósito “Que o Concello de Leiro se responsabilice da protección da saude dos veciños do noso Concello e do seu patrimonio natural tal e como recomenda o Real Decreto 1311/2012 prohibindo a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos agrarios nos espacios de uso público, estradas ou redes de servicio na totalidade do noso termo municipal”.
O noso portavoz lles explicou no Pleno que había outros métodos alternativos.
Como o uso de desbrozadoras, xa sexan de laser, descargas eléctricas, microondas. Polo cal este procedemento supon un enorme potencial para crear emprego.
Uso de herbicidas a base de ingredientes (naturais)no nocivos, como o hidroxifosfato natural, os aceites esencias, a fariña de millo o vinagre de madeira.
Mediante acolchados(con pallas, virutas, serrin) enareados (con area e pedras) ou con cultivos tapizantes ( se pode sustituir o césped por a vexetación natural, controlable mediante sega).

Debido á previsión de chuvia para este domingo, 1 de marzo, e "tendo en conta que hai unha certa probabilidade de que escampe entre as 12,00 e as 18,00 h., o concello tomou a decisión de manter o desfile e animación de rúa do mediodía, coas charangas, folións e entroido de Amoeiro, e suspender o desfile da tarde co resto das comparsas, así como a actuación da orquestra D´Moda", confirman dende o concello do Carballiño.
Tanto os folións como as charangas animarán a rúa do Paseo tamén pola tarde e debaixo da carpa instalada na Praza Maior.
Este cambio no programa -comunican dende o concello do Carballiño- non afecta ao xantar da cachucha e cocido do entroido nos establecementos hostaleiros, que a día de hoxe contan cun número elevado de reservas.

Cine para todos os gustos e idades, ata cinco películas ofrece para estes dias e ata o xoves da semana entrante o Novocine de Leiro.
Os horarios de proxección son os que podes ver nesta carteleira.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou un acordo polo que se autoriza a tramitación do expediente do gasto relativo á contratación administrattiva para o servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia na Residencia pública do Carballiño.
Ademáis, o centro incrementará o seu número de prazas para persoas dependentes, que pasará das 25 actúais ás 50 que terá co novo contrato. A
principal novidade na licitación que sairá agora a concurso público ven dada polo incremento de prazas en relación ao contrato en vigor que remata o vindeiro dia 3 de Maio.
O importe da licitación ata final deste ano 2020 ascende aos 605.000 euros, dos que a Xunta achegará o 80% (484.000 euros)
Ademáis o contrato contemplará a posiblidade de que poida seguir en vigor ata o ano 2025, cun valor estimado de cinco millóns douscentos sesenta e sete mil euros.

O Consello da Xunta celebrado este xoves dia 27 de Febreiro ven de aprobar a declaración de "Festa de Interese Turistico Galego" para a Festa da Vendima de Leiro.
Este acontecemento festivo celébrase o derradeiro domingo de Agosto nesta vila ribeirán, e a súa singularidade radica no desfile de carrozas, con motivos aos traballos nas viñas e as adegas do ribeiro, e todo aquelo que ten relación co mundo do viño, un dos motores económicos da comarca ribeirán.
Esta declaración como "Festa de Interese Turístico Galego" vai permitirlle ao concello de Leiro o acceso a mellores subvencións para promover este evento, asi como unha mellor difusión nas guias festivas.

Asi se desprende dos datos oficiais do INE, recollidos a través do último Padrón de habitantes, e que converten a O Carballiño no núcleo poboacional número 17 de toda Galicia.
Por diante do Carballiño (11.338 habitantes), e a maiores das sete grandes cidades, figuran os núcleos de Narón (32.655) Vilagarcía (19.742) Carballo (19.002) Monforte (16.043) Marín (15.935) Ribeira (13.545) Milladoiro (13.149) Arteixo (12.656) e Ponteareas (11.494).
Completan a poboación municipal carballiñesa as 2.689 persoas que están empadronadas no conxunto das 15 parroquias do rural, e que dan o número total de habitantes do municipio no último Padrón, 14.027 persoas.
Non obstante, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega asegurou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño que a dia de hoxe, e tendo en conta o Padrón contínuo, o número de habitantes empadronados supera xa as 14.300 persoas.
Tamén subliñou o rexedor municipal que dos datos que manexa o concello "a poboación do Carballiño achégase aos 18.000 habitantes, se temos en conta a gran cantidade de veciños que viven no Carballiño e están empadronados noutros concellos da Comarca".

A concellería de Igualdade e o Centro de Información da Muller organizan a IX Andaina solidaria “O Carballiño Camiña pola Igualdade”, que se celebrará o domingo 8 de marzo e que terá un recorrido de 15,7 km, cun trazado dun gran interese paisaxístico e histórico, pois transcurre polo sendeiro do Arenteiro ata Castro Cavadoso e regreso pola Reguenga, Miomás e o parque municipal.
A inscrición é gratuita e pode realizarse ata o próximo dia 5 de marzo no CIM, no correo: cim@carballino.gal ou no telf. 988531076. È absolutamente indispensable cubrir a folla de inscrición co nome, apelido, nº DNI e teléfono, pois a organización contratou un seguro colectivo, e é preciso aportar estes datos.
Ainda que a inscrición é gratuita, por tratarse dunha andaina solidaria a prol de Cáritas, os donativos irán destinados a esta entidade benéfica.
Nesta andaina, que partirá ás 10,00 h da Praza Maior, colaboran a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Ministerio de Presidencia, Asdifica, Cruz Vermella, Policía Local e os supermercados Gadis e Eroski, que facilitan o avituallamento.
Eso pretende do entroido no carballiño, seica. Un entroido que termina con calles vacias, igual que os negocios que esperaban estas fechas como unha axuda para afrontar o ano neste concello sin vida economica, negocios morrendo, sen traballo e conactividades repititivas ano tras ano que non funcionan. Un martes de entroido pola tarde con xente non e referente de nada. Moita foto-cartel pero promocionar o carballiño nada. Para a xente que apostamos fai anos por vivir e emprender actividades economicas aqui xa estamos fartos pola pasividad que hay.Xa somos moitos q opinamos igual.
Non se pode confundir REFERENTE con DECADENTE. eso xa e mais creible e triste.
Saludos e paciencia moita paciencia
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- 385
- 386
- 387
- …
- seguinte ›
- última »