19, Febreiro 2020

Trátase do pior dato dos últimos anos, O Carballiño perde 140 traballadores activos nun só mes, este pasado de Xaneiro de 2020.

E esto acontece polo descenso no número de cotizantes na industria, que rexistrou unha caída de 135 afliacións. Ademáis, tamén é o balance negativo entre os autónomos, 3 menos, e 2 traballadores adscritos o rexime do fogar. Permanece inalterable o rexime agrario, que tan so ten 9 cotizantes no municipio do Carballiño.

Desta maneira, o dato actualizado deixa as afiliacións á Seguridade Social en 4.089 persoas no concello carballiñés.

No resto dos municipios da Comarca, a evolución tamén é negativa en Maside (-9), San Cristovo de Cea (-5), Boborás (-3) Beariz (-3) e Punxín (-1).

Os únicos datos positivos dánse nos concellos de PIñor, onde a industria consigue 11 novos cotizantes, e no concello do Irixo, con seis altas como traballadores autónomos.

18, Febreiro 2020

"Ourense decide" ésta podería ser a marca electoral coa que Espazo Común se presente ás próximas eleccións autonómicas en Galicia para o vindeiro dia 5 de Abril.

O que sí está decidido, e asi o avanzou o presidente desta formación política Pachi Vázquez é que Espazo Común presentaráse a esta autonómicas coa idea "de que a provincia de Ourense teña voz no Parlamento de Galicia", e asi "influencia na política galega".

E asi o confirmou tamén o portavoz municipal de ESCO Adolfo Nogueira en COPE O Carballiño "estamos á espera de posibles alianzas de última hora, pero o que sí temos claro é que Ourense ten que ser decisivo", dixo.

Como cabeza de lista da candidatura dase como moi posible o nome de Francisco José Fraga, actúal portavoz e exalcalde do concello de Piñor.

18, Febreiro 2020

As concelleiras socialistas en Punxín veñen de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para pedir que se inicien os trámites para a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín.

Dende o Grupo Municipal Socialista indican que se trata dunha medida que podería supoñer, sen dúbida, un pulo para Punxín. Segundo as concelleiras socialistas, “Punxín sempre destacou pola súa riqueza hortícola e nun momento no que se está a poñer en valor o producto de proximidade e ecolóxico, non podemos quedar sen facer nada”.

A voceira socialista, Lorena Peleteiro, destaca que “temos un producto cunhas características propias e que o fan singular fronte a outras variedades, temos que comezar a poñelo en valor. Punxín gozou sempre dun recoñecido prestixio en canto a productos da horta e a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín pode supoñer un revulsivo para a economía de Punxín”.

O PSdeG de Punxín destaca que está claro que as políticas de abandono á que ten sometido o grupo de goberno ó noso Concello non nos van a levar a ningún lado, precisamos un cambio, políticas que fagan virar a dinámica deste Concello, e dende a oposición, as Concelleiras socialistas están a traballar para que así sexa, e esta é outra demostración delo.

18, Febreiro 2020

O populares presentan unha moción na que na súa parte expositiva subliñan que "no Carballiño e comarca, temos como clube de futbol de referencia, ao CD Arenteiro, que na actualidade compite na terceira División nacional".

E recordan como "dende fai moitos anos, o estado do cespede do campo de futbol de Espiñedo é lamentable e duramente criticado non só polos equipos que nos visitan ao Carballiño, senón que tamén por parte de toda a afición que acude a ver ao seu equipo cada 15 días, que falan de que parece mentira que un pobo como O Carballiño teña o campo de futbol con estas condicións do seu terreo de xogo, de feito, moi dificílmente se poderá acabar esta tempada xogando os partidos da casa en Espiñedo".

En canto ás luminarias afirman que "dado o seu desgaste, non son o suficientemente potentes para poder xogar os partidos en horarios atractivos para o público e o seu consumo, incluso nos entrenamentos é elevado para o Concello polo tipo de luminiaria".

En canto ao sistema de iluminación do municipal de Espiñedo lembran os populares que foi a Deputación Provincial de Ourense quen as financiou xa fai unhs 15 anos e recentemente as instalacións en xeral xa se viron melloradas por importantes aportacións económicas da Deputación Provincial de Ourense, sendo que se fixo unha actuación integral de mellora dos vestiarios e colocáronse cadeiras en toda a grada de tribuna.

Por todo elo, o grupo municipal popular demandará do pleno da corporación os seguintes acordos:

PRIMEIRO:Que se realice por parte do Concello do Carballiño o proxecto técnico para a unha obra íntegral de renovación do cespede natural de Espiñedo que leve aparelladda un mantemento durante os 4 primeiros anos, así como o cambio de sistema de iluminación a led.

SEGUNDO: Que se solicite dende O Concello do Carballiño á Deputación Provincial de Ourense e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a execución das obras de cambio cambio de cespede natural e cambio de luminarias a led.

TERCEIRO: Se proceda a adxudicar estas obras no menor tempo posible.

17, Febreiro 2020

Esta semana a Plataforma pola Defensa do Transporte Público vai celebrar as primeiras reunións previstas cos alcaldes da Comarca, para demandar dos rexedores municipais "que se involucren con esta causa, a mellora dos servizos de transporte público".

Ademáis, dende esta Plataforma cidadán esperan poder reunirse en breve co presidente da Deputación de Ourense, para pedir este mesmo apoio á entidade provincial.

Tamén anuncian contactos con todo tipo de colectivos e asociacións, tanto do Carballiño como do resto dos concellos, para sumar apoio cidadán a unha reivindicación que se considera funfamental para o presente e futuro da Comarca.

Está en marcha unha recollida de sinaturas entre a veciñanza, que se agarda sexa masiva para acompañar o texto do Plan Integral do Transporte Público no que estáse a traballar por parte desta Plataforma cidadán.

16, Febreiro 2020

Vale para algo ese chiringuito?

Vou faceer un escrito ao Valedor do Pobo para a disolución deste organismo.

Que acontece cos poboados xitanos que teñen todo que dñá noxo. Podía facer algo neste aspecto o valedor/a

boa tarde

15, Febreiro 2020

A queixa ante a Valedora do Pobo de Galicia sobre as deficiencias en materia de seguridade no parque infantil da Alameda fora presentada por Manuel Nogueira, integrante de Podemos O Carballiño.

Na contestación remitida pola institución autonómica, dase por admitida a queixa e informa que vai requerirlle ao concello do Carballiño información sobre os problemas que motivan esta actuación.

Para descargar a contestación da Valedora do Pobo prema no arquivo adxunto:

15, Febreiro 2020

A Casa da Cultura do Carballiño acolleu nesta mañá de sábado o acto de entrega do premio "Ágora do Orcellón", que desta vez outorgouselle por parte do Instituto de Estudios Carballiñeses ao arquitécto nacido no Carballiño, Manuel Gallego Jorreto.

Dase a circustancia que é o segundo galardón que recibe en apenas unhas semanas Gallego Jorreto, xa que ven de recibir recentemente o premio nacional de arquitéctura, por segunda vez na súa traxectoria profesional.

O xurado do "Ágora do Orcellón" acordou por unanimidade outorgarlle este recoñecemento "valorando a súa obra arquitectónica en Galicia, a súa profesionalidade como mestre na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e o respecto ao medio ambiente nos seus proxectos".

No Carballiño, onde Gallego Jorreto é o autor do proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de papel, ten pendiente de iniciarse a tan agardada obra de ampliación e modernización do balneario.

Ademáis, coincidindo co acto solemne de entrega deste premio na casa da cultura, no que a laudiatio ao homenaxeada foi ofrecida polo escritor e académico Xesús Alonso Montero, presentouse o número 36 da publicación do Instituto de Estudios Carballiñeses "Ágora do Orcellón", dedicada de forma monográfica a Manuel Gallego Jorreto.

14, Febreiro 2020

Ruta das Tapas. A partir das oito da tarde deste venres, nova edición desta ruta gastronómica da hostalaría local, desta vez tapas a dous euros cos sabores do entroido.

Cine. Dunha parte, o Cine-Club Carballiño ofrécenos na tarde-noite do venres no auditorio municipal a película chinesa "Hasta siempre hijo mio", ás 20 e 23 horas, nesta última sesión en VOS. Mentres, no NOVOCINE de Leiro son dúas as películas en carteleira para esta fin de semana: "SONIC, La película" e "Adú", co galego Luis Tosar no reparto.

Lembranza a Suso Vaamonde. Unha proposta musical por iniciativa da Agrupación Cultural Avantar e conmemorativa do 20 cabodano da morte dun dos iconos da música galega do século pasado, este venres dia 14 de Febreiro ás 21:30 horas no "Sete Flores", coas actuacións das pandereiteiras Nébeda, e os cantautores Andrés Fernández e Mini Rivas.

Leo Bassi no "Carballiño Comedy", o sábado dia 15 de Febreiro ás 21 horas no auditorio municipal, o famoso humorista fai parada no Carballiño para, co seu estilo provocador  e mordaz, presentarnos o seu espectáculo "The Best of Leo Bassi".

3º Enduro Concello de Piñor. O espectáculo das motos na matinal deste domingo dia 16 de Febreiro, a Liga Galega de Moto de Montaña protagoniza esta xornada domincial polos montes da Madanela e Sestos, no concello piñorense, unha competición, sempre espectacular,  na que participarán 203 pilotos.

13, Febreiro 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Maside na eliminación de varios puntos de vertido incontrolado (PVI) localizados neste municipio. Así o comprometeu a conselleira Ángeles Vázquez durante a reunión que mantivo co alcalde José Manuel Iglesias para tratar diversos asuntos de interese municipal relativos a áreas da súa competencia.

Os puntos de vertido nos que se van acumulando residuos sólidos de moi distinta natureza, supoñen un risco para a saúde pública, poden ser orixe de incendios e accidentes, constitúen un importante foco de contaminación e producen un impacto paisaxístico negativo, co prexuízo que supón para a contorna desde un punto de vista ambiental e visual.

Neste sentido, Ángeles Vázquez confirmoulle ao rexedor que o mes pasado o seu departamento publicou a encomenda das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza destes puntos para todo o ano 2020 e explicoulle que os traballos concretos a acometer determinaranse en función das solicitudes recibidas por parte dos concellos e da valoración técnica que faga a Xunta dos mesmos.

Tamén en materia de xestión de residuos urbanos, o alcalde de Maside trasladoulle á conselleira o seu interese en dotar ao seu municipio dun punto limpo móbil a través das axudas que ofrece a Xunta para facilitar a súa implantación. A este respecto, a conselleira confirmoulle que nas próximas semanas publicarase unha nova convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais para mellorar a xestión dos residuos urbanos e que incluirá unha liña específica, precisamente, para a instalación de puntos limpos móbiles.

Por outra banda, o rexedor ourensán tamén lle trasladou á conselleira os plans do Goberno municipal con relación ao edificio do vello colexio de Maside, un inmoble que nestes momentos xa se utiliza con fins culturais pero que necesita dunha obra de rehabilitación para poder destinalo de forma permanente como centro sociocultural.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS