1, Febreiro 2020

O mozo foi localizado sen vida ás 17:30 horas deste sábado por efectivos do GES de Avión a escasos metros da vivenda familiar, na capitalidade municipal do concello de Avión.

A.B.G., de 22 anos de idade, estaba sendo buscado nas últimas horas e despóis de que a súa familia notara a súa falta dende a pasada madrugada.

A autopsia deberá aclarar a causa concreta da morte, ainda que os indicios apuntan a que pudo ser consecuencia dun golpe accidental tras caerse dende un muro dunhos catro metros de alto.

A Garda Civil, como ocorre nestes casos, investiga as circustancias nas que se producíu o suceso.

 

 

 

31, Xaneiro 2020

O PSdeG-PSOE denuncia publicamente que "ao alcalde de Leiro “lle importa máis ben pouco ou nada que a veciñanza do Concello teña un bo acceso a Internet e se asente poboación".

Os socialistas fan estas criticas porque afirman que o alcalde retirou da orden do dia do pleno deste pasado lúns unha moción do grupo municipal socialista na que se pedía a mellora da cobertura móbil e de Internet no municipio. Un feito ante o que o PSdeG na localidade “non da creto” e que amosa “a falta de miras e de futuro do grupo de goberno do Partido Popular”.

A deficiente cobertura das tecnoloxías da información e comunicación "convertéronse nun problema grave en Leiro" e por elo os socialistas pretendían debater no pleno do Concello unha moción na que pedían realizar tódalas xestións pertinentes diante das administracións públicas e as empresas operadoras de telecomunicacións para rachar dunha vez con todas con este problema e mellorar a cobertura tanto móbil como de Internet.

“A resposta que obtemos ante un problema que afecta a veciñanza de Leiro e impide un mellor desenvolvemento das novas tecnoloxías é a de non entrar na materia e deixar todo no estado no que está o do abandono e as graves deficiencias de cobertura que nos atanguen”, explica o voceiro socialista Manuel Rodríguez.

Dende o Grupo Municipal Socialista pretendían "solucionar a través desta moción a fenda dixital reinante no municipio e que provoca que haxa fogares que teñan dificultades e que incluso non teñan a posibilidade de realizar unha simple chamada telefónica".

“A tecnoloxía está avanzando a pasos axigantados, e estes cambios tecnolóxicos están separando as poboacións urbanas e rurais, algo o que Leiro non é alleo e sabemos de primeira man os problemas que sufrimos debido a esta fenda”, sinala Rodríguez.

Problemas de cobertura que afectan tamén o problema do despoboamento e que impiden que moitas persoas fixen a súa residencia en Leiro, ante a falta de acceso as novas tecnoloxías. “En Leiro temos un grave problema co despoboamento, pero comprobamos que o Partido Popular non lle preocupa para nada a situación e non poñen medidas para frealo como ben podía ser solucionar o tema da cobertura móbil, algo que facilitaría as comunicacións e permitiría fixar nova poboación”, destacan dende o PSdeG-PSOE no municipio.

Para os socialistas de Leiro “é grave que un obxectivo común” como é o de eliminar a fenda dixital “non se teña en conta por parte do grupo de goberno” e sinalan que esta situación provoca que “non teñamos as mesmas oportunidades laborais, de formación, de emprendemento e de ocio que outros concellos”. O voceiro do PSdeG-PSOE no municipio é contundente a hora de expresar o seu malestar pola decisión do PP de non debater a moción “esta é unha nova mostra de que o Partido Popular non lle interesa o futuro de Leiro, atraer nova poboación e dar uns servizos dignos a poboación que é o obxectivo principal de calquera concello”.

31, Xaneiro 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comezou as obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón, a rúa principal da localidade de Boborás, e na que se ubican a casa do concello, o centro de saúde e a farmacia do municipio.

A Consellería de Medio Ambiente financia as obras cun importe de case 240.000 euros, e que consisten na mellora integral da rúa Cristobal Colón, dentgro do núcleo tradicional de Boborás.

Os traballos consisten no levantado do firme de rego asfáltico, sumidoiros e arquetas do tramo, abriranse gabias para canalización de redes de alumeado público, electricidade, telecomunicacións e rede de pluviais e tamén se procederá á renovación da canalización de recollida de augas pluviais, o soterramento das liñas de electricidade e de telefonía e concluirán coa instalación dun novo pavimento. O prazo de execución das mesmas é de oito meses.

30, Xaneiro 2020

Hora 14.00, Xoves dia 30 de Xaneiro: Colchón atravesando a beirarrúa frente a servizos sociais.

30, Xaneiro 2020

Faleceu en Dacón, onde nacera fai 105 anos, a aboa da Comarca do Carballiño, e a súa vez unha das galegas máis lonxevas, e tamén a segunda muller con máis anos na provincia de Ourense.

Carmen González Filgueira pasou os seus últimos anos de vida na Casa de Maiores de Dacón, conviviendo ata o seu falececemento, fai agora tres anos, co que foi o seu esposo, Manuel Crespo, nacido no lugar de Agro de Quinta, nesta mesma parroquia de Dacón.

Probablemente, o matrinomio formado por Carmen e Manuel, é o máis lonxevo da historia da nosa Comarca, xa que o esposo faleceu cando contaba 103 anos de idade, asi pois, entre os dous sumaron 208 anos de vida. ¿ Quén se atreve a superar o record ?

Na foto, o dia no que Carmen celebraba o seu 100 cumpleanos.

29, Xaneiro 2020

Os datos recollidos sobre as visitas guiadas ao mosteiro de Santa María A Real de Oseira reflícten un descenso notable se o comparamos coas cifras de fai unha e dúas décadas atrás, cando por Oseira pasaban unhas 40.000 persoas ao ano.

En 2019 realizaron a visita guiada ao mosteiro cisterciense algo máis de 26.000 persoas. En datas concretas do verán e Semana Santa acadáronse ata unha media de 300 visitas diarias, mentres que no mes de Decembro foi o de máis baixa afluencia.

Centro de Interpretación da Ruta Xacobea da Vía da Prata

O alcalde de Cea, José Luis Valladares, confirmou en COPE O Carballiño que a Xunta elixíu Oseira para ubicar o Centro de Interpretación do Camiño da Prata, concretamente na chamada "casa do cura" unha edificación anexa ao mosteiro, de cuxo recinto forma parte.

Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, outorgan un valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e o roteiro que están a percorrer en particular.

Ademáis, esta variante do Camiño Xacobeo que se achega dende a vila de Cea ata o mosteiro de Oseira contará cun novo albergue de peregrinos, que sustituirá ao que ofrece na actualidade a comunidade cisterciente nas dependencias do propio mosteiro.

29, Xaneiro 2020

Estas axudas, explicou Miranda, están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornada ou retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que se pode obter por cada un dos beneficiarios ou beneficiarias será de 8.000 euros

Esta es parte de la entrevista del secretario de la Xunta de emigracion que vino a visitar en Carballiño a un retornado que le dieron una subvencion para montar un negocio en el pueblo

Me parece muy bien las ayudas de los retornados y a los de aqui 0 patatero los que estamos cansados de pagar impuestos queremos montar algun negocio y todo son problemas yo cada vez entiendo menos las politicas de este Pais.

28, Xaneiro 2020

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou hoxe na súa visita a O Carballiño polo retorno emprendedor galego como eixo vertebrador sobre o que impulsar o reto demográfico e as melloras no eido empresarial.

O Secretario Xeral achegouse esta mañá no Carballiño á tenda de José Antonio Cota, emigrante retornado, que reabríu a antiga bouqtique do pan de panadería Manolo, na avda. de Julio Rodríguez Soto.

“Desde a Xunta estamos a traballar no retorno do talento galego espallado polo mundo”, salientou Miranda durante a súa visita a unha panadería artesá situada en O Carballiño. José Antonio Cota, emprendedor de 51 anos que regresou de México para impulsar unha Boutique na que ofrece, entre outros produtos, o tradicional pan da panadería Manolo, tradicional na vila ourensá, e que nas próximas datas incorporará produtos mexicanos a súa oferta.

“José Antonio amosa como se pode emprender recuperando un oficio tan antigo como o de panadeiro dende outra perspectiva innovadora”, proseguiu o secretario xeral, quen destacou as facilidades ofrecidas nesta volta á casa polo programa de apoio ao retorno emprendedor.

Estas axudas, explicou Miranda, están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornada ou retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que se pode obter por cada un dos beneficiarios ou beneficiarias será de 8.000 euros.

Desde a posta en marcha do programa, Miranda destaca que foron postos en marcha un total de 188 proxectos co apoio da Xunta. Destes, o titular do departamento autonómico subliña que no último ano a provincia de Ourense presentou un total de 13 proxectos, repartidos en 6 municipios: Ourense, Barbadás, Celanova, O Carballiño, Cualedro e Parada de Sil.

28, Xaneiro 2020

COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS

 

O Grupo Municipal de Emerxencias, e tras os comunicados destes días por parte da Xefatura da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e posteriormente do grupo municipal do Partido Popular, queremos facer as seguintes aclaracións.

1ª Tras as acusacións deste colectivo de que están mal os voluntarios, que se sinten ninguneados e desprezados por nós, ou de que unha parte da culpa de que estea a mermar o voluntariado é nosa, queremos expresar que esto é rotundamente falso, e máis: moitos dos membros do grupo son voluntarios.

 Que en ningún momento houbo ningún tipo de enfrentamento nin nada parecido máis alá dos típicos roces que poda haber entre dous grupos que comparten a mesma sede, e que na maioría dos casos hai boa relación e incluso lazos de amizade entre membros dos dous colectivos.

2ª Que o Grupo Municipal de Emerxencias foi creado polo Partido Popular cando gobernaron o concello, e que para elo se fixo un proceso selectivo de concurso-oposición libre, onde se crearon 12 plazas, anteriormente no Grumir con 15, e das 12 plazas somentes pasaron o proceso selectivo 8 dos anteriores Grumir, entrando xente nova incluso da provincia da Coruña, nun proceso totalmente limpo de toda dúbida realizado por un tribunal externo ao concello, polo que as aseveracións de que que sempre se contrataba a mesma xente e tamén falsa.

3ª Ante a afirmación de que xa non se fan quendas de noite, aclarar que en ningún momento se deixou de facer a quenda de noite, que dende sempre, ao igual que na actualidade, hai xente traballando as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

4ª Queremos aclarar que non somos nin queremos ser parte  responsable dos problemas que poda haber entre a Administración Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, polo que expresamos o noso desexo de que se nos manteña á marxe nesta polémica.

 

O Carballiño, 28 de xaneiro de 2020

27, Xaneiro 2020

Espazo Común recorda que "foron moitos os meses que a cidadanía do Carballiño tivo que agardar para ver finalizada a obra dunha infraestrutura esencial no día a día de moitas familias como é a do Parque Infantil da Alameda".

No seu relato afirman como "atrás queda o despropósito do incomprensible e nunca explicado con veracidade tempo de atraso na súa execución; as promesas incumpridas por parte do goberno en canto a prazos e a máis que dúbidosa inversión de 170.000 € en dito proxecto.
Atrás quedan tamén a chapuza das pirámides e o verán perdido por usuarios e comerciantes que sufriron as consecuencias do oportunismo electoralista do partido no poder".

Engaden que tras a súa inauguración e a pesares dos rigores climatolóxicos do inverno galego, podemos comprobar que practicamente sempre hai nenos e nenas xogando nesta área de lecer, case a única destas características no centro da vila e, polo tanto, un dos poucos recursos dispoñibles para o esparcemento dos máis cativos".

E conlúen que "esto dá conta, aínda máis, da relevancia da Alameda e ao mesmo tempo tamén trouxo consigo as primeiras queixas por deficiencias estruturais e perigos diversos que, se ben poden ser comprensibles xusto despois dunha obra deste tipo, non se entende que, a pesares dos avisos, irrresponsablemente o Concello do Carballiño faga ouvidos xordos ante as queixas máis que habituais recibidas por tódalas canles".

Dende o Grupo Municipal coidan que sería fundamental revisar concienzudamente todas estas problemáticas antes de que chegue o bo tempo e a masificación dos columpios leve a un previsible incremento dos incidentes e obrigue a ter que tomar medidas cando sexa moito máis complexo ou incluso a ter que privar, de novo por outra pésima decisión política, do seu disfrute á veciñanza.

Por todo elo, Espazo Común solicitará ao pleno da Corporación Municipal do Carballiño o seguinte acordo:

1.Que se realice por parte do Concello do Carballiño unha auditoría de seguridade no Parque Infantil da Alameda.

2.Que en función dos resultados desta se fagan, con urxencia, as melloras necesarias para garantir un parque seguro para tódalas moitas familias que fan uso do mesmo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS