21, Xaneiro 2020

Trátase dunha petición que, recordou a deputada Noela Blanco, remóntase ao ano 2010 cando "aprobouse por unanimidade na Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia, unha iniciativa do PSdeG transaccionada co PP na que solicitaba á Xunta de Galicia estudar a execución dun enlace de comunicación dos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside coa Autovia AG-53 e que se poidesen utilizar para iso as infraestructuras da futura área de servizo prevista no quilómetro 80+400 desta via de alta capacidade".

A Deputada socialista manifestou nesta comparencia que tivo lugar na sede socialista do Carballiño "sertirse especialmente orgullosa" desta infraestructura "unha autovía que foi liberada de peaxe por un presidente socialista como foi Emilio Pérez Touriño, plasmando o seu compromiso e aposta polo desenvolvemento do interior de Galicia.

Agora, os socialistas volven reivindicar a execución deste proxecto por medio dunha proposición non de lei, asinada este pasado dia 17 de Xaneiro, para o seu debate no pleno do Parlamento de Galicia no que piden o apoio para instar á Xunta de Galicia a proxectar e dotar do orzamento preciso, a execución dun enlace directo dende a AG-53 cos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, éste último concello dispón de enlace co ramal do Carballiño, a chamada AG-54.

Na comparecencia ante os medios, Noela Blanco estivo acompañada por concelleiras socialistas de Punxín e Amoeiro, o alcalde de Maside, o deputado provincial socialista pola Comarca do Carballiño, e o ex-alcalde de Amoeiro e secretario provincial do PSdeG-PSOE.

20, Xaneiro 2020

Manuel Nogueira, do Círculo carballiñés de Podemos, fai ambas reclamacións ante a Valedora do Pobo "como consumidor e en nome propio".

Os escritos remitidos á esta institución xa foron presentados para que as peticións sexan atendidas.

Apela Nogueira á "responsabiliade subsidiaria que debería ter Naturgy á hora de indemnizar aos fogares que tiveron perdas económicas polos cortes de suministro eléctrico de longa duración" que tiveron lugar os dias 21,22,23 e 24 de Decembro pasado.

No outro escrito, pídelle á Valedora que traslade ao concello do Carballiño a obrigatoriedade de cumplir as medidas de seguridade no parque infantil da Alameda.

Para acceder a ambas reclamacións presentadas á Valedora do Pobo, preme nos arquivos adxuntos:

20, Xaneiro 2020

Quince anos despois dende que o fixera Manuel Fraga un presidente da Xunta volveu a Boborás, como recordou na súa intervención a alcaldesa Patricia Torres, para asistir ao acto de inauguración do novo centro sociocultural "Manuel Chamoso Lamas", chamado a nuclear toda a actividade social e cultural do concello de Boborás.

Alberto Nüñez Feijóo destacou deste proxecto as súas características técnicas, no que se empregaron as últimas tecnoloxías da aerotermia, nunha decidida aposta pola sostenibilidade, dixo o presidente autonómico.

A obra de reconversión das antigas casas dos mestres neste novo centro sociocultural supuxo un investimento de medio millón de euros, que aportaron a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Ademáis de actividades sociais e culturais, as novas dependencias acollerán algúnhos servizos municipais, como a biblioteca ou a aula CEMIT.

O novo centro leva o nome de "Manuel Chamoso Lamas", o insigne arquelógo que vivíu unha parte da súa vida na localidade de Moldes, neste concello de Boborás.

 

20, Xaneiro 2020

O termalismo será o tema central de promoción do Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro na Feira Internacional de Turismo “Fitur 2020”, que se celebra a próxima semana en Madrid. Este organismo, ao que pertence o concello do Carballiño, exporá o día 23 de xaneiro no recinto feiral de Madrid os principais recursos cos que conta para atraer ao turismo nacional.

No acto, que terá lugar ás 4 da tarde no stand da Xunta de Galicia, intervirán o presidente do xeodestino e alcalde de Leiro, Francisco Jose Fernández; o alcalde do Carballliño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Por este motivo, o día 22 viaxarán a Madrid o alcalde e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

Na súa intervención, Francisco Fumega porá en valor os dous balnearios cos que conta O Carballiño: Caldas de Partovia e Gran Balneario. Destacará, sobre todo, a cualidade terapéutica das súas augas, e a ampla gama de servizos que ofertan, así como as novas instalacións do Balneario das Caldas e o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto para ampliar e modernizar o Gran Balneario. Tamén se referirá á fonte pública do Bañiño de Arcos.

Finalmente, o alcalde carballiñés falará do patrimonio natural e cultural así como da gastronomía, con especial referencia ao parque municipal, aos sendeiros, ao conxunto etnográfico do Arenteiro, á tradición pulpeira do Carballiño e á Festa do Pulpo.
Como complemento da intervención, poderán verse nunha pantalla xigante imaxes dos recursos turísticos e termais do Carballiño.

18, Xaneiro 2020

Para descargar o comunicado conxunto de Partido Popular, Espazo Común e Bloque Nacionalista Galego, preme no arquivo adxunto:

17, Xaneiro 2020

O suceso, que causou abatimento entre a veciñanza, tivo lugar ás duas da tarde deste venres, na estrada de acceso á aldea da Touza, no municipio de Maside.

Unha furgoneta, ao parecer realizando unha manobra de marcha atrás, atropelou a unha muller, Carmen F.B., de 83 anos de idade e veciña desta localidade.

Tras recibirse a chamada na que se daba conta do accidente, o 112 mobilizou aos servizos de urxencia sanitaria 061, que non poideron facer xa máis nada que certificar a morte da muller. Tamén foron alertados os bombeiros do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.

A falecida veláse no velorio municipal de Maside ata as cinco da tarde deste domingo dia 19 de Xaneiro, cando será a condución para o funeral na igrexa parroquial de San Miguel de Armeses.

17, Xaneiro 2020

Este venres a última hora da tarde soltouse un dos elementos elevados que integran o tobogán instalado no parque infantil da Alameda, afortunadamente non pasou, que si pudo pasar...se un dos nenos ten unha mala caída. Puxemos a incidencia en coñecemento da Policia Local.

 

17, Xaneiro 2020

A vindeira semana vaise celebrar o xuizo pola demanda interposta polo ex-concelleiro de Alternativa Veciñal, Bernardo García, contra a RPT do Concello de Carballiño.

O sindiato CSIF "expresa a súa fonda preocupación pola dita demanda e a falta de información por parte do Concello de Carballiño en relación coa mesma".

Dende esta central sindical manifestan que "no caso de prosperar a demanda caería unha RPT, que foi un primeiro paso de moitos, que ten que dar o Concello do Carballiño, para a mellora das condicións laborais e económicas do persoal. Sendo a primeira RPT do Concello do Carballiño e que se acadou logo dunha longa negociación, de mais de dous anos, e cun amplo consenso da parte sindical e política".

Consideran que no caso de prosperar a demanda "cousa que a priori vemos difícil, xa que conta con todos os informes favorables, o persoal do Concello do Carballiño, veríase moi perxudicado nos seus dereitos laborais e económicos e isto afectaríalle aos vecinos do Carballiño na prestación de servizos".

Dende o CSIF pídenlle expresamente ao alcalde do Concello do Carballiño, como máximo responsable da política de persoal que adopte as medidas oportunas e se implique sen “medias tintas” na defensa da RPT, xa que a súa anulación "afectaría tanto ao persoal como a veciñanza do Concello de Carballiño",subliñan.

16, Xaneiro 2020

Son datos que se correponden á evolución de afiliacións á Seguridade Social durante o ano 2019, e dos que se desprende que a comarca do Carballiño mantén practicamente inalterable o seu número de afiliacións no transcurso do últimoa ano, aínda que o balance é desigual según os concellos.

Asi, no Carballiño sube o numero de afiliados no sector da industria (+30) e mantense no do fogar e agrario, pero desplómase entre os autónomos (-58) o que da un balance negativo de 26 afiliados menos.

Tamén baixas as afiliacións en San Cristovo de Cea (-14) Maside (-9) e Beariz (-9).

Pola contra, a sorpresa positiva é que no cómputo do ano 2019 aumentaron as afiliacións á Seguridade Social en catro concellos, no de PIñor (+25), Boborás (+17) O irixo (+6) e San Amaro (+5).

Finalmente, no de Punxín a cifra permanece inalterable, e ten o mesmo número de afiliados que fai un ano atrás.

Cos últimos datos actualizados, a Comarca do Carballiño conta con 6.386 afiliacións á Seguridade Social, das que 4.229 corresponden ao municipio do Carballiño

 

16, Xaneiro 2020

A esta conclusión chegouse tras unha reunión celebrada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entre a representación da Xunta e o presidente dos comuneiros de Cristimil e A Torre José Modesto Rodríguez, que acudíu acompañado dos seus representantes legais.

A oferta da Xunta consiste no pago dun aluguer anual aos comuneiros pola ocupación da propiedade comunal do monte da Cidade, onde se localiza o asentamento castrexo e a Xunta edificou o museo da cultura castrexa. Ambas partes volverán reunirse próximamente para ultimar as condicións deste acordo.

Antes, o dia 26 deste mes de Xaneiro celebraráse a asemblea convocada pola Xunta Rectora, que deberá dar luz verde a este acordo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS