
Desde o gupo municipal do BNG de Leiro vimos manifestar e denunciar, por este medio, a situación actual da ponte das Poldras de Leiro.
A mesma, cedeu dos seus pilares de carga, causando unha focha de importante consideración.
Alén disto, perdeu unha das pezas que a conforman.
Por isto todo, vimos de introducir un escrito no concello pedindo explicacións ao alcalde do municipio.
Esiximos que fique claro que aconteceu, quen foi o causante de dita situación e que se especifique que medidas vai tomar o concello para a súa restauración.
En Leiro a 14 de Xaneiro de 2020

Aconteceu na madrugada e tamén durante a mañá deste martes 14 de Xaneiro, e nalgunhas localidades dos municipios do Carballiño e Maside como Banga, O Lago ou Fonteboa, entre outras, estiveron máis de dúas horas sen suminstro eléctrico.
En Dacón, as anomalías foron por barrios, e nalgunhas zonas da localidade permaneceron máis de sete horas sen servizo eléctrico, dende a mañá ata pasadas as oito da tarde deste martes. Nas primeiras horas da noite tampouco tiveron iluminación pública nesta localidade.
Tamén noutros concellos, como nos de PIñor, San Cristovo de Cea, San Amaro, Boborás ou O Irixo, foron varios os cortes no fluído eléctrico, aínda que de menor duración.
No mesmo casco urbano do Carballiño e zona industrial, rexistrouse un apagón eléctrico xeralizado neste mediodia de martes, que tivo según as disntintas zonas unha duración entre un e cinco minutos.
Algunhos veciños, mesmo tamén do casco urbano do Carballiño, como aconteceu na rúa Compostela, aseguraron a esta emisora de radio que estiveron polo menos unha hora, sobre as catro desta pasada madrugada sen suministración eléctrica nos seus fogares. Tamén en varias aldeas do rural carballiñés, como en Cabanelas, Banga, Sagra ou Partovia, aseguran que estiveron toda a madrugada e boa parte da mañá sen luz eléctrica.

O PSdeG-PSOE de Leiro critica a “neglixencia” e a “deixadez” do alcalde do PP de Leiro, Francisco José Fernández, que non cumpriu cos prazos do convenio asinado entre Deputación de Ourense e Concello de Leiro para o arranxo e execución da obra de mellora da rúa Casanova. Ante os incumprimentos, o consistorio perdeu unha subvención de 80.000 € que aportaba o ente provincial para a realización dos traballos e deberá esperar o futuro para acometelos.
Os socialistas denuncian que esta situación “non é nova” e que “amosa unha vez máis a falta de xestión e a deixadez do alcalde do PP”, o que acusan de “neglixente o non cumprir os convenios asinados e deixar tirada a veciñanza de Leiro”. Para o PSdeG na vila está claro que o único culpable “é o alcalde, non os técnicos do Concello, nin ningunha outra persoa”.
O convenio para o arranxo da rúa Casanova foi asinado o 22 de agosto de 2019 por Concello e Deputación, e no mesmo figuraba unha subvención provincial de 80.000 euros coa que o ente provincial se comprometía a financiar integramente a obra, tendo o Concello nada máis que aboar os honorarios da redacción do proxecto.
“A obra tiña que comezar a execución a finais de 2019, pero atopámonos que tras realizar unha pregunta formal a través do grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación, a subvención para a realización do convenio, perdeuse, xa que o alcalde non cumpriu co asinado”, explica Manuel Rodríguez, voceiro socialista en Leiro.
O arranxo da rúa ben motivada por unha moción do Grupo Municipal Socialista na que solicitaban que se arranxara de xeito urxente as deficiencias da rúa Casanova o tratarse dunha rúa moi transitada pois está situada nas inmediacións ou na mesma o cuartel da Garda Civil, Colexio e Tanatorio e “é unha demanda histórica da veciñanza do Concello”, subliña o voceiro socialista. Para Manuel Rodríguez o incumprimento do convenio e a perda da subvención non é máis que “unha nova neglixencia do alcalde, que está máis pendente do seu posto de senador e do que acontece en Madrid, que da veciñanza de Leiro, a que ten totalmente abandonada e deixada a súa sorte”.
O propio voceiro socialista apunta tamén que “o alcalde acumula postos públicos como o de alcalde de Leiro, presidente da Mancomunidade do Ribeiro, do GES ou Senador entre outros, pero é evidente que non pode facer fronte polas graves carencias e a neglixencia manifesta nunha situación como a perda dunha subvención para o arranxo dunha rúa central de Leiro”.

Espazo Común manifestaba onte a súa preocupación por este asunto, pola falla de novas relativas a un novo Obradoiro de Emprego, e mesmo pedía explicacións aos gobernantes municipais para aclarar esta "situación de confusión"
Preguntábanse dende esta formación política se o motivo poidera ser non telo solicitado "por desidia ou por no consideralo importante", ou se acaso si fora solicitado pero denegado por algunha razón "que debería explicarse".
Esta mañá foi o Partido Popular quen dfundíu un comunicado no que desvela as posibles causas ao asegurar que "por parte do concello presentouse unha solicitude e cando dende a Xefatura da Xunta requiríronlle a documentación necesaria para completar o expediente a tramitar non se contestou dende o concello, polo que se desistíu da tramitación".
Os populares consideran "grave" o acontecido "pois estamos a falar que a deixadez do concelleiro responsable desta materia, Manolo Dacal, e do propio alcalde, que deixan sen Obradoiro de Emprego a O Carballiño, e tamén aos concellos de Maside, San Amaro e Boborás, que nos últimos anos viñan participando deste proxecto supramunicipal".
En manifestacións a esta emisora de radio, o portavoz do grupo popular Ricardo Perea lamentou os feitos e dixo que "coa maioria absoluta, deben pensar que xa está todo feito, porque é a primeira vez en moitos anos que esto sucede ", remarcou.

As rúas Brasil, Uruguay, República Arxentina e Venezuela serán asfaltadas por tramos a partir de mañá e ata o venres, suspendéndose este traballo o xoves pola celebración da feira do 16.
O plan previsto pola empresa adxudicataria destas obras, que son as únicas que quedan para finalizar a mellora destas rúas no entorno de Xullo R. Soto e a Avenida do Balneario, é o seguinte:
Mañá, mércores, asfaltarase o fondo da rúa Brasil, e o fondo da rúa Uruguay desde a rúa República Arxentina, así como a rúa República Arxentina desde a rúa Brasil ata a rúa Uruguay.
O xoves estas rúas quearán abertas e non haberá asfaltado pola celebración da feira do 16.
E o venres asfaltarase a rúa Venezuela en todo o tramo.
Desde o concello pídese a colaboración veciñal e dos conductores para deixar libres de coches estas rúas co obxectivo de poder levar a cabo estes asfaltados que completarán o proxecto de mellora de todoas estas rúas.

O líder non deu opción e mostrou a súa solvencia ante un Arenteiro que estivo por debaixo do seu nivel dos últimos partidos e non pudo contrarrestar as acometidas dun Compostela que, ademáis, aproveitouse dun regalo defensivo dos verdes aos 18 minutos para marcar o seu primeiro gol da tarde e xogar co vento a favor no Vero Boquete de San Lazaro.
Saíu o Arenteiro co seu debuxo habitual, esperando aguantar ben armado atrás e facer rápidas transicións para tratar de xogar as súas bazas, pero desta vez a estratexia non obtivo resultado positivo, e moito tivo que ver nelo a calidade fútboliística que atesoura este Compos, como demostrou na segunda parte primeiro con Brais Abelenda e despóis Gabri Palmás para marcar outros dous goles de bela factura e proclamarse campión de inverno ante o seu público.
Ao Arenteiro tócalle pensar no partido deste próximo mércores dia 15 (21 horas) no campo do Somozas, que fora aprazado polo temporal do 21 de Decembro, e no do próximo domingo, que será xa o primeiro da segunda volta en Calabagueiros ante os valdeorreses do Centro de Deportes Barco.
Crónica do partido en "El Correo Gallego": https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/aliron-invierno/idEdicion-2020-01-13/idNoticia-1223502/

A demografía empresarial da Comarca do Carballiño mostra que das 2.387 empresas que se contabilizan (1.628) son autónomos que non teñen asalariados, o que representa o 68% do total das unidades empresarias existentes, según os datos que recolle no seu último informe o Instituto Galego de Estatística.
Ademáis, outras 460 empresas teñen entre un e dous asalariados, o que pon de manifesto o gran minifundio empresarial da Comarca do Carballiño.
Tan so unha empresa aparece no rango entre os 250 e os 499 empregados, que ten a súa actividade no parque empresarial do Carballiño, e tan so outras 3, dúas do Carballiño e unha do concello de Piñor, teñen máis de cen traballadores, e tan so unha do Carballiño está no rango entre 50 e 99 traballadores.
Entre 20 e 49 empregados están 24 empresas, o resto son pequenas empresas que teñen entre 3 e 19 asalariados.
Por concellos, a capitalidade comarcal, O Carballiño conta con 1473 empresas.
San Cristovo de Cea é o segundo municipio con máis empresas, ao contabilizar 238, mentres que Maside con 227 está en terceira posición en número de empresas no ámbito comarcal.
Xa a bastante distancia está PIñor, que conta con 117 empresas, Boborás con 99 unidades empresariais e O Irixo con 89, respectivamente.
Despois, completan este ranking comarcal polo número de empresas, está San Amaro con 70 empresas, e as últimas posicións son para Punxín con 39 e Beariz con 35 empresas., según os datos que recolle o informe.
Esta es una denuncia dirigida a quien corresponda la responsabilidad en el concello de Carballiño:
Creo que no es la primera vez que se llama la atención publicamente sobre los peligros que persinten en el parque infantil de la Alameda, hoy sábado dia 11 de enero, un niño sufríu una pequeña herida tras utlizar el tobogán, parece ser que no es el primero que le pasa esto, pudiera ser que provocado por algún tornillo o elemento de la estructura. Por favor, revísenlo, por seguridad de los niños,.
Y lo mismo debe hacerse con la cama elástica, que sigue con las aristas sin protección, no entiendo como pueden cumplir las normativas de seguridad, no esperemos a lamentarnos,

Parece incrible pero é certo, O Carballiño rompe estatísticas, e en apenas tres meses acumula tres premios do Millón do Euromillóns, un premio único por sorteo para toda España.
Son tres millóns de euros en tan so un intervalo de tempo de tres meses, o primeiro foi no Bar Lérida o dia 15 de Outubro de 2019, o segundo no Restaurante Fuchela, o dia 12 de Novembro de 2019, e agora o terceiro, no Bar Paco, na rúa Perfectino Viétez nº 26, no sorteo deste venres dia 10 de Xaneiro de 2020.
O boleto premiado con este millón de euros é o que se corresponde co código BST33327
Nun intervalo de tempo de menos de tres meses, O Carballiño suma tres premios millonarios, e ademáis, curiosamente, no mesno xogo, o Euromilóns. De auténtico record.

O certame de Cantos de Taberna “No bico un cantar”, que este ano chega á súa sexta edición, será o de maior participación tanto de grupos de música popular como de locais hostaleiros nos que se desenvolverá esta actividade. O evento, que reunirá a once grupos, e no que participan once locais hostaleiros, foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura,
Diego Fernández, e a integrante da asociación cultural Terras do Arenteiro, Asun Adá, que organiza o festival en colaboración co concello do Carballiño. A partir das 8 da tarde deste sábado, 11 de xaneiro, e ata pasada a medianoite, os grupos “Música Tradicional Rubulir”, de Ramirás; “Lembranza Solpor”, de Celanova; “Os da Cuña”, de Ourense; “As Faíscas”, de Boborás; “Feitizo de Pau”, de Cea; “Banda de Gaitas do Irixo”, “Cotovías”, de Maside; “Tokaide”, de Partovia; “Serandeiros”, do Carballiño; “O Canto do Viri”, do Carballiño, e “Terras do Arenteiro”, tamén do Carballiño, actuarán nos locais Brioche, Caserío, Don Paco, Ernesto, Estate Quieto, A Fuchela, Ningures, Plaza, Riquirmo e Soldado, ademais de O Fiadeiro, onde será o fin de festa.
En cada local actuarán tres grupos, alternándose nos diferentes locais, ás 8, 9, 10 e 11 da noite. O festival ábrese ás 8 no Ernesto, e o fin de festa será a partir das 12 da noite no Fiadeiro.
Diego Fernández dixo que esta edición supoñía un récord de participación de grupos e locais, e que o obxectivo era recuperar a música popular e tradicional de Galicia. Agradeceu a colaboración dos once locais adheridos a esta iniciativa e a da asociación cultural Terras do Arenteiro, organizadora do evento.
Finalmente, animou á participación veciñal así como da xente da comarca e a todas as persoas interesadas na recuperación da música e as cancións populares de Galicia.
Asun Adá agradeceu ao concello a confianza depositada na asociación cultural Terras do Arenteiro para organizar o festival, e asegurou que se trata dunha das mellares iniciativas para resaltar a cultura tradicional deste O Carballiño. Tamén dixo que ainda que había máis grupos propostos, fíxose unha selección para que a xente poida acudir a todos os lugares. Neste senso detacou a participación de grupos do Carballiño, así como da comarca, das Terras de Celanova e da capital ourensá.
Tamén resaltou que no fin de festa actuarán todos os grupos participantes ademáis de Terras do Arenteiro. E finalmente, agradeceu a todos os grupos a súa participación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- …
- seguinte ›
- última »